Condenan a Mercadona por non pagarlle a prima anual a unha traballadora de Ourense pola súa afiliación sindical

A empresa de Juan Roig usou a baixa médica da afectada como pretexto para xustificar non pagarlle 5.000 euros que agora deberá aboarlle con intereses á muller afiliada á CIG.
mercadona cig monforte
Sindicalistas da CIG ás Mercadona en Monforte.
20 ene 2026 10:52

As resolucións xudiciais contra Mercadona por vulnerar a liberdade sindical acumúlanse nos últimos meses. A mais recente procede dun xulgado do Social de Ourense, que volveu condenar á empresa por represalias contra unha traballadora afiliada á CIG. O fallo considera acreditado que a compañía lle negou de maneira discriminatoria unha prima de 5.000 euros e obrigaa non só a aboala, senón tamén a indemnizala con outros 30.000 euros pola vulneración dos seus dereitos fundamentais.

Non se trata dun caso illado. Na provincia de Ourense, os xulgados do Social números 1 e 3 xa ditaran sentenzas condenatorias por diferentes vulneracións de dereitos sindicais cometidas pola cadea de supermercados.

Así mesmo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) confirmou noutra resolución que o despedimento dun traballador estaba directamente relacionado coa súa participación como candidato da CIG unhas eleccións sindicais. Agora, o xulgado do Social número 4 súmase a esta liña de pronunciamentos xudiciais.

A traballadora afectada levaba na empresa desde 2016 e contaba con avaliacións positivas sobre o seu desempeño. Con todo, a comezos de 2025 recibiu unha valoración negativa que lle impediu cobrar a prima anual correspondente a 2024, fixada en 5.000 euros. A empregada estivera de baixa por un accidente laboral e, ademais de estar afiliada á CIG, formou parte da candidatura do sindicato no proceso electoral.

Segundo recolle a sentenza, Mercadona non logrou xustificar de forma obxectiva esa avaliación negativa, apoiándose unicamente nunha entrevista persoal na que se aludía a “unha determinada actitude” da traballadora, un criterio que o xulgado considera dificilmente avaliable. Para o maxistrado, os argumentos achegados pola empresa carecen da entidade necesaria para respaldar a súa decisión: “Existe vinculación entre a denegación da prima correspondente ao ano 2024 e a circunstancia de pertenza ao sindicato CIG e participación no proceso electoral, así como a situación de baixa de longa duración, e o certo é que a acción de Mercadona devén nula por vulneración de dereitos, sen que a proba achegada pola demandada servise para desvirtuar esta conclusión”, reza a sentenza.

O fallo conclúe que existe unha relación directa entre a denegación da prima e a afiliación sindical da traballadora, a súa participación nas eleccións sindicais e a súa situación de baixa prolongada, polo que declara nula a actuación da empresa por vulneración de dereitos fundamentais. En consecuencia, Mercadona deberá pagar a prima debida e aboar unha indemnización adicional de 30.000 euros polos danos causados.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...