Laboral
O pacto “polas costas” de CCOO e UGT coa patronal deixa un convenio do metal onde “perden os traballadores”

Tras anos cos salarios conxelados pactouse un novo acordo que, pese a subir un 2% o salario anual dos traballadores fixos, pon “nun alto risco” o plus económico dos eventuais, que representan un 80% do total. O descontento cos sindicatos tradicionais propiciou a creación da nova Plataforma dos Traballadores do metal de xeito independente.
folga metal plataforma vigo
A Plataforma dos Traballadores do Metal na manifestación do 3 de xuño en Vigo. Miguel Núñez

Ano e medio. Iso foi o que se tardou en pactar un novo convenio do metal para a comarca de Pontevedra. Asinárono UGT e CCOO en solitario coa patronal, representada por ASIME, ASTRA e INSTAELECTRA. Hai preto de 25.000 traballadores afectados polo novo pacto. A maioría, ve un “expolio á clase obreira” e unha “traizón aos traballadores” por parte dos sindicatos, segundo as fontes consultadas.

Segundo o pacto do novo convenio —que aínda non se publicou no BOPP, pero ao que si tivo acceso O Salto—  os traballadores eventuais deixarán de cobrar mes a mes o seu plus de eventualidade e pasarán a cobralo ao final do contrato. Desde a CIG, sindicato que asinou en contra do acordo e é maioritario no metal, consideran isto “a perda dunha conquista histórica conseguida nas folgas”. “Antes, había unha chantaxe que se lles facía aos eventuais, unha vez remataban o contrato dicíaselles que se querían renovar ese plus de eventualidade non o ían cobrar”, asegura Xulio Fernández, secretario comarcal da CIG-Industria de Vigo. Por iso, “non nos fiamos de que non volva a chantaxe e queremos poder levar un control neses pluses mes a mes”. Ademais, ese plus mensual de 90 euros tamén cotizaba para o desemprego e para a Seguridade Social en caso de enfermidade ou baixa.

“Non nos fiamos de que non volva a chantaxe para renovar e queremos poder levar un control nos pluses eventuais mes a mes”, defende Xulio Fernández,

No pacto, CC.OO e UGT sinalan de maneira “positiva” o incremento salarial para os traballadores indefinidos dun 1,75% do seu salario base para os próximos tres anos, é dicir, até o 2024. Contan con que “os atrasos do 1,75% deberán pagarse nun período máximo de 3 meses”, tal e como estipulan no documento. Sen embargo, había unha subida salarial pendente en 2020 dun 0,5% do salario base que non se pagou. “Débennos todo o 2020, non van pagar os retrasos desa subida?”, pregúntase un traballador indefinido da nova Plataforma de traballadores do Metal nunha empresa auxiliar que traballa en Freire, quen prefire manter o seu anonimato polas presións empresariais xa sufridas ao falar coa prensa. 

“O metal cada vez vai a peor e esta é a gota que colma o vaso”, valora o mesmo traballador sobre o convenio. Concorda con Xulio Fernández en que “perder o plus de eventualidade é engordar o peto do empresario á costa de perdas nos traballadores”. Estima que hai un 80% de traballadores do metal que son eventuais. “É un roubo a man armada amparado polos sindicatos”, lamenta. 

“Cando hai unha baixada de produción poden finalizar o contrato no momento que queiran, ainda que siga en vigor e sen pagar unha compensacion economica”, predí Lorenzo, traballador eventual en Benteler

Para Anxo Lorenzo, traballador eventual en Benteler —empresa automobilística adicada ás pezas metálicas e soldaduras— até o pasado 25 de maio , “como sempre, os máis prexudicados fomos nós”. “Até agora as empresas facíannos contratos dun mes ou dunhas semanas e, cando remataban, pagábannos o finiquito e volvían contratarnos. Tras o convenio din que cho pagan despois do ano enteiro, pero tamén hai que ter en conta a xente que non chega ao ano”. Deste xeito, “cando hai unha baixada de produción poden finalizar o contrato no momento que queiran, ainda que siga en vigor e sen pagar unha compensacion economica”, predí Lorenzo. “Xogan co medo da xente”, ratifica.

“Eu tiña contrato até o 28 de maio e cortáronmo o 25, pero vai ti a pedirlles eses días”, recoñece o antigo eventual. “Os sindicatos non se comprometen cos eventuais case nada. Dan moito máis polos fixos”, lamenta. Ve un gran problema no feito de que “nas empresas saiban que a maioría somos xente nova”, o que en moitas ocasións xera “descoñecemento á hora de facer unha nómina ou de saber os nosos dereitos, como que, por exemplo, vaian suprimir tamén os días de asuntos propios nos eventuais”. 

“Vemos que a falta de seguridade está a provocar un grande número de accidentes laborais e a perda de vidas humanas”, defende un traballador da nova Plataforma dos traballadores do metal

Outro dos puntos que perigaban no novo convenio era a inclusión das Empresas de Traballo Temporal (ETTs) no sector. “Iso salvouse”, recoñece o delegado da CIG. Pero “as empresas auxiliares están funcionando como ETTs na práctica para os estaleiros”, sinala o traballador asociado á Plataforma dos traballadores do Metal. Defende que apenas cobran 1.200€ por un traballo cunha gran carga física, “vemos que a falta de seguridade está a provocar un grande número de accidentes laborais e a perda de vidas humanas”. “Noutros países e mesmo no Estado español cobran uns 2000€ e teñen máis dereitos laborais”, asegura. “Somos a man barata para eles da que extraen unha maior plusvalía”, puntualiza. 

preacordo convenio metal
Preacordo do Convenio do Metal na provincia de Pontevedra. Cedido: CiG

A SITUACIÓN DOS ASTELEIROS

Mais, recapitulemos: que pasa cos asteleiros, empresas históricas na cidade de Vigo? A industria do metal, e sobre todo a dos asteleiros, está de capa caída na Galiza. Vulcano pechou hai dous anos tras un ERE que afectou a todo o plantel. Barreras está nunha situación similar sen ter barcos en construción, xa que o único movemento que se ve é a saída de camións cara a Astander —en Santander— para a construción do cruceiro de The Ritz Carlton Yacht Collection que se estaba a facer en Vigo. Ademais, unha gran parte das empresas auxiliares “fuxiron”, cara a Cantabria, Euskadi e Asturias para seguir a traballar.

botadura Carlon
Día da botadura do buque de Ritz Carlton que foi cara Santander a ser pintado e non se prevé que volva á Ría viguesa. Miguel Núñez

Barreras conta actualmente cuns 800 traballadores. Nos últimos meses, despediu a medio centenar de eventuais e a perda de traballadores no último ano ascendeu a 2.500; 5.400 desde o 2009 (datos segundo a EPA). A propia patronal da empresa chegou a admitir que non podía asumir novos contratos co seu actual estado financeiro. Porén, as empresas que se aproveitan desta situación son Armón e Freire, mais “acóllense a outros convenios cos que pagan menos aos traballadores”, lamenta o traballador indefinido da auxiliar en Freire. Isto acontece porque cada asteleiro ten un convenio propio para os seus traballadores e a quen afecta o convenio colectivo do metal é aos empregados nas empresas auxiliares. “Por iso os asteleiros cada vez apostan máis por reducir os cadros de persoal propios e subcontratar traballos ás auxiliares”, asegura o traballador.

Por este motivo, “cada vez se precariza máis o sector”, defende o mesmo traballador. “As empresas motrices escollen sempre os orzamentos máis baratos que lles chegan, a competencia entre as empresas auxiliares é brutal, precarizando os salarios e as condicions dos obreiros até nin sequeira cumprir o convenio, obrigando a traballar practicamente sen seguridade”. “De aí que haxa tantos accidentes laborais ultimamente”, puntualiza.

“Este convenio é dos máis baratos no Estado español, temos que organizarnos e pelexar até melloralo”, expón o traballador da auxiliar de Freire. “Levamos cos salarios conxelados 12 ou 13 anos a medida que a vida vai subindo”. “Tamén perdimos o dereito a antigüidade coa reforma laboral do PP”. Pero lamenta que “agora mesmo é complicadísimo conscienciar e mobilizar á xente. Hai moito medo a perder o traballo”. Relata que en ARMON, outra das empresas auxiliares, “chamaron un por un aos traballadores preguntándolles se ían ir á folga do 22”. “Non saiu case ninguén, esa empresa é como unha cárcere”, lamenta. 

OS CONFLITOS SINDICAIS 

Nun inicio, a mobilización sindical estaba prevista porque “até a data resultaran infrutuosas as negociacións do Convenio Colectivo do Metal na provincia de Pontevedra”. Sen embargo, tal e como conta o delegado da CIG, o día 20 de abril “chega un WhatsApp nun grupo con UGT e CCOO dicindo que hai reunión coa patronal para a negociación”. Ao chegar á mesa de negociación, “tiñan todo xa falado, o que fixo que saltasen tensións entre os sindicatos”. A CIG, cun 38,32% da representación sindical no convenio, non asinou o documento, pero CCOO (29,92%) e UGT (30,23%) si, polo que se deu o pacto como válido. “Fixérono polas costas e sen avisar, parécenos unha traizón aos traballadores”, critica Xulio Fernández e engade que “días antes até falabamos de facer varios días de folga”.

O novo acordo trouxo unha gran polémica no seo do movemento obreiro do metal: a cancelación da folga do 22 de abril. Como un dos motivos da mobilización era o de non ter chegado a un pacto, en palabras do representante da CIG: “Non puidemos efectivizala pola nosa parte, contra a nosa vontade, había que explicar aos obreiros o que estaba a pasar e propor novas liñas de actuación”. Tal e como se recolle na desconvocatoria presentada á Delegación Provincial da Consellería de Emprego e Igualdade, o motivo desta foi “a sinatura de preacordo na negociación do convenio colectivo polas centrais sindicais de UGT e CCOO, que ostentan a maioría suficiente”.

Manifestación CiG metal
Manifestación da CiG do día 12 de maio nas rúas do centro de Vigo. Miguel Núñez

A Plataforma de Traballadores do metal naceu deste feito, ao sentirense “traizoados” polos sindicatos. “Creamos un grupo de Telegram cun par de persoas onde nos queixabamos do que acontecía, a día de hoxe somos máis de 450 persoas”, relata o traballador da auxiliar de Freire. “Son CGT e a CUT, que quiten a careta”, afirma Xulio Fernández da CIG. Segundo recoñece o traballador da auxiliar “si que houbo contacto con eses sindicatos, pero só para ter formación de como asentarnos como asociación, moitos de nós somos traballadores sen formación en dereitos laborais, pero a CGT e a CUT non meten man na organización”. “A xente está moi queimada polo modo de operar dos sindicatos e nós organizamonos de xeito independente” explica. 

“Ao final o convenio non o asinan os traballadores, senón os afiliados sindicais”, lamenta Anxo Lorenzo, traballador eventual afectado polo Convenio do metal

Ademais, “eu mesmo estiven 15 anos afiliado á CIG, pero sentín que non me defendían”. Pola súa banda, Anxo Lorenzo si que recoñece simpatizar co sindicato nacionalista, mais critica que nos sindicatos, en xeral, “mandan xente de 50 anos, moitas veces desconectados da realidade que vivimos os máis mozos”. Na súa empresa só había representación de CCOO e UGT e confesa que che “mirában mal se eras de outro sindicato, hai moito amiguismo entre eles e a patronal”. “Loitan moito máis polos traballadores fixos porque o que queren é que pagues a cuota e saben que os indefinidos son más estables e duradeiros na empresa do que os eventuais”. “Ao final o convenio non o asinan os traballadores, senón os afiliados sindicais”, lamenta.

folga metal plataforma vigo 2
Os traballadores do metal na manifestación do 3 de xuño en Vigo Miguel Núñez


Desde a CIG convocaron unha folga o pasado 12 de maio dunha media xornada alegando “a elevada precariedade existente no sector e o incumprimento do convenio colectivo”. Desde a Plataforma dos Traballadores do metal identifican este movemento como “un lavado de cara despois dun gran erro”. Desde este colectivo convocaron unha manifestación paralela con escraches a CC.OO e UGT ao que a CIG estaba convidada, pero “non quixeron vir porque lles pedimos que levasen a mínima propaganda e rexeitárono”, asegura o traballador da auxiliar en Freire. “Para nós os dereitos da clase obreira están por diante dos simbolismos”, defende.

O pasado 3 de xuño, a Plataforma de Traballadores organizou unha mobilización en Vigo coa fin de “salvar o metal de Pontevedra”. Alí puido escoitarse de novo: “Non nos representan”. “Ninguén fixo nada durante os ultimos 10 anos. Para que están os sindicatos? Se non defenden ao obreiro; están a chupar das subvencións do Estado”, critica fortemente o representante da Plataforma de Traballadores do Metal.

A EXPROPIACIÓN DO SECTOR DO METAL COMO SOLUCIÓN

Os dous representantes das formacións consultadas concordan na necesidade da intervención pública no sector do metal. “Ten que poñerse un sector estratéxico como o metal en mans do público, habería que expropialo e nacionalizalo”, demanda o delegado da CIG. “Vigo é unha cidade con moito traballo industrial, con Barreras case desaparecido e o automobilismo deslocalizándose cara a Portugal”, engade. “Hai que adaptar o traballo de antes aos tempos de hoxe, só do turismo das luces non mantemos á cidade e é algo que se viu coa COVID”, conclúe Fernández.

Ambos, pese as súas diferenzas, coinciden na importancia “da unión da clase obreira”, ao seren preguntados por iso. “A loita é o único camiño”, ratifica o traballador da Plataforma. 

metal cig manifestacion 2
Manifestación da CIG o 12 de Maio Miguel Núñez
folga metal plataforma vigo bengalas
Industria
O que non se di sobre Alcoa
A Xunta non ten plan ante a marcha de Alcoa, que deixaría unha desfeita ambiental e socioeconómica resultado dunha desfeita política de décadas.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Subida salarial Las cuidadoras de Madrid suspenden la huelga tras la promesa de nuevos pliegos que permitan subir salarios
Dos de los tres sindicatos convocantes han dejado en suspenso el conflicto hasta la publicación de los pliegos, momento en el que desconvocarían oficialmente la huelga. OSAD se abstuvo de firmar el acuerdo con la patronal por ser “insuficiente”.
Comunidad de Madrid
Madrid Díaz y sindicatos denuncian dos convenios por coartar el derecho a la protesta de empleados públicos
CGT y SATSE se han querellado contra la firma de los convenios; Trabajo ha impugnado uno de ellos a la Fiscalía. Ambos textos explicitan el “compromiso” de los sindicatos firmantes a no convocar protestas mientras esté vigente el convenio
Reducción de jornada
Derechos laborales La reducción de la jornada laboral que no llega: una historia de cesiones infructuosas y choques con el PSOE
El ministro de Economía abre la puerta a retrasar otro año más la reducción de las horas de trabajo. Este es otro obstáculo más en una historia plagada de cesiones y desilusiones
Feminismos
Feminismos As mulleres galegas ocupan o segundo posto de menor retribución por hora de todo o Estado español
A súa precariedade maniféstase na contratación temporal, oportunidades limitadas de promoción e acceso limitado a postos de dirección. A desigualdade estrutural afecta especialmente ás traballadoras do sector primario, onde permanecen invisibles.
Culturas
Cultura ‘O minuto heroico’ racha co silencio sobre o Opus: “É un documental sobre a vulneración sistemática de dereito
Dirixido pola prestixiosa xornalista Mònica Terribas, o documental destaca os testemuños de 13 mulleres que relatan os malos tratos e coaccións sufridos no seo da organización. Falamos con Terribas e Marina Pereda, antiga membro do Obra.
Historia
Descifrando a historia As 4.000 cigarreiras da Coruña: a primeira folga de mulleres na historia de Galiza
O 7 de decembro de 1857, as mulleres da Real Fábrica de Tabacos iniciaron unha revolta polos seus dereitos que fixo historia no imaxinario do sindicalismo galego.
Rusia
Guerra en Ucrania Kagarlitsky, desde la cárcel, sobre las negociaciones de alto el fuego: “Sin liberación de presos no hay paz”
Borís Kagarlitsky es una de las figuras más reputadas de la izquierda rusa. Desde 2023 escribe desde la cárcel. El Salto publica dos cartas recientes ante la perspectiva de un alto el fuego en la guerra que Rusia sostiene con Ucrania.

Últimas

Galicia
Galicia La Xunta del PP ejecuta su última maniobra para hacerse con el control total de la TVG
El PP lleva al Parlamento la nueva ley de medios que otorga al Gobierno gallego la capacidad de elegir al director de la cadena sin mayoría cualificada, elimina la fiscalización de contenidos por profesionales y abre la puerta al castellano.
Tribuna
Tribuna Ladróns de luva branca no Parlamento
As traballadoras e traballadores da CRTVG pagaremos os efectos dunha lei antidemocrática que nos retira algunhas das poucas ferramentas que tiñamos para defendérmonos e esixir respecto pola misión de servizo público que a corporación ten encomendada.
Tribuna
Tribuna Ladrones de guante blanco en el Parlamento de Galicia
Los trabajadores y trabajadoras de la CRTVG pagaremos las consecuencias de una ley antidemocrática que nos quita algunas de las pocas herramientas para defendernos y exigir respeto a la misión de servicio público encomendada a la corporación.
Inglaterra
En Yorkshire Preocupación por posibles vertidos tras el choque de un petrolero contra un carguero frente a la costa inglesa
Se desconoce la mercancía del petrolero o cuán cargado estaba en el momento del impacto, pero la Guardia Costera británica ya está evaluando una “probable” actuación contra la contaminación. Por el momento no se conocen víctimas mortales.
Más noticias
Grecia
Grecia La tragedia griega de Tempi: dos años de dolor y lucha por la rendición de cuentas
El 28 de febrero de 2023, un tren de pasajeros colisionó frontalmente con un convoy de mercancías cerca de Tempi. El impacto dejó 57 muertos, en su mayoría jóvenes estudiantes que regresaban del carnaval.
Opinión
Opinión El belicismo de Europa
Los gobernantes europeos hablan de que ese rearme está destinado a proporcionar paz a Europa. Pero hay que recordarles que armarse hasta los dientes es paz negativa.
Opinión
Opinión Vox y la paradoja del soberanismo subordinado
Mientras denuncian el 'globalismo' abrazan sin fisuras el patrocinio del mayor supermillonario planetario, que no parece tener más patria que el aumento de los dividendos de sus empresas

Recomendadas

Sergas
Sanidade O Sergas dificulta o acceso a máis de 8.500 contratos que suman 57 millóns de gastos
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue indexa miles de pagos sen concepto e imposibilita a súa auditoría. A Xunta de Alfonso Rueda sostén que a opacidade débese a “un erro de codificación”. Porén, esta práctica repítese desde 2018.
Urbanismo
Urbanismo salvaxe Un pobo contra o asfalto: Bembrive e Mos rebélanse contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde
Veciñas e veciños conseguen presentar 25.000 alegacións contra unha estrutura de dez quilómetros, defendida xa só polo PSOE en Madrid e en Galiza, que partirá en dous unha poboación enteira e forzará a expropiación de decenas de vivendas.
Islamofobia
Religión El aumento de vetos al hiyab en escuelas reaviva el debate sobre la islamofobia en España
Cada vez son más los centros educativos que están vetando estas prendas propias de la cultura musulmana a través de disposiciones en sus protocolos internos.
Fronteras
Fronteras Sombras en el acuerdo de cesión de competencias pactado por el PSOE y Junts
El acuerdo sobre transferencia de las competencias en materia de migración entre PSOE y Junts encuentra el 'no' de Podemos y de organizaciones de migrantes y el 'sí' con matices de la izquierda independentista y de Sumar.