Unha traballadora de Stellantis sofre un accidente grave na planta de Vigo e corre o risco de perder un pé

A CGT denuncia que o accidente “poderíase ter evitado”. O sindicato galego CUT lamenta que a información chegue antes ás centrais de Francia que á propia planta e sinala a recorrencia de accidentes que conlevaron amputacións.
stellantis vigo
Entrada principal de la fábrica de Stellantis-Citroën en Vigo.
3 abr 2025 16:57

Unha traballadora da planta de Vigo da empresa Stellantis —antiga Citroën— sufriu un grave accidente no transcurso da súa xornada laboral e, á falta de confirmación oficial, os sindicatos CGT e CUT aseguran que podería perder un pé por amputación. Acceder ao detalle pormenorizado dos feitos non é sinxelo, tanto a empresa como a prensa hexemónica en Galiza decretaron o mutis.

De feito, o silencio é tan abraiante, que nin os propios delegados sindicais da factoría galega teñen aínda acceso á información, malia que o incidente produciuse a semana pasada: “Ten narices o tema, nin sequera a nosa delegada de prevención ten aínda datos”, denuncia Vítor Mariño, delegado na planta pola Central Unitaria de Traballadores.

De feito, lamenta Mariño, “publicouse información antes en Francia sobre o sucedido que en Vigo”. O delegado refírese á única comunicación formal do ocorrido que houbo ata agora e da que se fixo a sección de CGT en Stellantis Hordain (Francia). O comunicado relata o accidente: “Mentres o carretilleiro percorría o corredor, este quixo evitar un tren de subministro de paneis de portas que viña en sentido contrario. Viuse obrigado a invadir a zona verde (anchura insuficiente e non conforme) e golpeou a unha empregada que collía obxectos persoais da súa taquilla. Golpeouna no pé. Actualmente está en intervención cirúrxica, pero corre o risco de perder o pé por amputación”. E engade: “Emprenderanse as seguintes accións. Comunicación a toda a liña de mando para a súa difusión aos equipos (peóns e carretilleiros) e a verificación da nosa implantación para corrixir o risco se existe (colocación de barreiras, revisión de percorridos, etc...)”.

Industria
El sindicato ELA se prepara para demandar a la multinacional Stellantis por el cierre de la fábrica Mecaner
Considera que Stellantis ha podido vulnerar derechos básicos como la tutela judicial efectiva y la libertad sindical al empujar a los trabajadores a elegir una indemnización que triplica el mínimo y que implica renunciar a una demanda colectiva.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...