Medios de comunicación
Faro de Vigo despide ao seu traballador número 20 nunha década mentres asina beneficios de 2,5 millóns

O comité de empresa e o Colexio de Xornalistas reprenden a decisión da empresa do grupo catalán Prensa Ibérica e convocan unha protesta semanal nas redaccións do xornal por toda Galiza.
Faro de Vigo sede
Oficinas del Faro de Vigo en Redondela. Foto: Wikipeedia Commons HombreDHojalata

A empresa que edita o diario Faro de Vigo despediu ao seu traballador número vinte en pouco máis dunha década. Así o fixo público o comité de empresa amparado, ademais, polo Colexio de Xornalistas. Aínda que despedimentos houbo bastantes, a profundidade da cifra é, en realidade, máis grave: foron vinte os postos de traballo eliminados dunha plantilla que xa viu mermada a súa forza de traballo tras un ERTE durante a pandemia de Covid-19 e que, agora, segundo o Rexistro Mercantil, xa só conta con 142 persoas traballadoras para toda Galiza e a elaboración diaria de seis edicións. O dato é do ano 2023, o das últimas contas presentadas, de onde tamén se desprende que obtivo un beneficio de 2.552.023,95 euros.

A solvencia económica da empresa dirixida por Juan Carlos da Silva, pero controlada desde Catalunya polo grupo Prensa Ibérica da familia Moll-Sarasola, fixo que o comité de empresa do xornal se revolvese máis que nunca: “A nós non nos parece unha boa estratexia de futuro nin de presente reducir gastos de persoal despedindo traballadores e traballadoras para aumentar a conta de resultados”, denuncian desde o comité en conversa con O Salto.

A resposta da dirección da empresa ata agora, explican, “é o silencio”. Pero non é ningunha novidade. “Así vén sendo en todos os temas que lle presentan os representantes das persoas traballadoras, ás que ignoran constantemente nas súas demandas, entre elas a solicitude de medidas de conciliación de vida laboral e persoal ou o teletraballo”, explican desde a redacción.

Ademais, aínda que aseguran que a calidade informativa segue estando garantida pola profesionalidade do persoal, “cada vez asumen máis tarefas e teñen maior sobrecarga de traballo”, algo que non só afecta ás súas vidas e á súa saúde, senón que se persiste a estratexia da empresa, pode acabar tendo un efecto directo na cobertura da información local e galega e na opinión pública: Faro de Vigo é o segundo xornal máis lido de Galiza. De feito, o propio comité amplía as súas queixas respecto da negociación da vida nos seus centros de traballo: “Actualmente estamos nunha AGA para tentar sacar adiante o Plan de Igualdade, tras catro anos de negociación infrutuosa”.

Unha empresa engordada con millóns de diñeiro público

A empresa Faro de Vigo e o grupo Prensa Ibérica —editan tamén La Opinión de A Coruña e El Correo Gallego— gozaron, desde a instauración do réxime do 78, da sintonía política necesaria coas dúas grandes organizacións políticas do bipartidismo. Iso tradúcese, en esencia, en ter recibido millóns de euros en axudas directas á prensa e en centos de contratos publicitarios a dedo dos gobernos do Partido Popular e do PSOE. Non só da administración local de Vigo de Abel Caballero, onde resulta complexo atopar informacións críticas coa súa xestión, senón tamén con calquera das deputacións galegas, as entidades dependentes da Xunta de Galiza e tamén do Goberno do Estado.

A iso habería que sumarlle, ademais, as inxentes cantidades de diñeiro público recibido pola publicidade de subcontratas como Aqualia ou FCC e de empresas públicas como Adif ou Aena, entre outras decenas. Moito máis complexos de fiscalizar pola falta de transparencia das entidades.

O Colexio de Xornalistas reprende á dirección

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a única entidade que, ademais dos sindicatos, representa ao colectivo, reprendeu duramente a decisión da empresa: “Se a perda e precariedade dos xornalistas xa é preocupante pola redución da calidade da información, é aínda máis grave nun xornal que presentou bos resultados económicos todo este tempo, cun beneficio no último exercicio presentado aos traballadores, o de 2023, de 2,5 millóns de euros”, explican no comunicado emitido este mércores.

O Colexio, que falou coas persoas traballadoras e ofreceulles a súa man, xa expresou en numerosas ocasións “que os recortes de persoal son un síntoma máis da precariedade do traballo dos xornalistas, que se ven obrigados a producir un maior volume de información en menos tempo”. O resultado desta situación, din, “é o menoscabo do dereito á información dos cidadáns, así como un aumento do descrédito da profesión. É inaceptable que, co simple desexo de aumentar os xa considerables rendementos económicos, as empresas de medios de comunicación condenen aos profesionais ao desemprego, esquecendo que sen xornalistas o xornalismo e a información non son posibles”.

Elecciones
Eleccións municipais Abel Caballero rega con 2,5 millóns de euros a medios afíns a semanas das eleccións
Contratos para publicitar concertos coas entradas case esgotadas, eventos organizados por xornais e un opaco e millonario plan de medios: o goberno local coa maioría absoluta máis prominente do Estado apura a repartición de fondos públicos.

Unha protesta inspirada na loita sindical e social da CRTVG

Con motivo desta manobra da empresa, traballadores e traballadoras acordaron vestir cada mércores de negro nos seus postos de traballo. Emulando a inspiradora e coñecida protesta do persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), as empregadas de Faro de Vigo crearon a súa propia denuncia, os 'mércores negros'.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La esperanza de la gestión colectiva frente al expolio: la Comunidad de Montes de Tameiga contra el Celta
Mientras varios proyectos industriales intentan privatizar y destruir los ecosistemas gallegos, algunos grupos de vecinos y vecinas organizadas hacen oposición social construyendo alternativas comunitarias. A veces, también ganan al gigante.
Galicia
Galicia Ourense se organiza para combatir patrullas de extrema derecha en los barrios más empobrecidos de la ciudad
Vecinas y vecinos y los movimientos sociales responden al discurso del miedo promovido por Frente Obrero y señalan su estrategia de criminalizar la pobreza y sembrar odio en contextos de exclusión y abandono institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.