Memoria histórica
A ikurriña de Atotxa

Domingo. 5 de decembro. 1976. O partido vai comezar. Os dous equipos vascos máis potentes volvían atoparse. O Athletic Club, como visitante e tras unha tempada de altos e baixos, quería por fin enganchar coa parte alta da táboa. A Real Sociedad, que xogaba como local, era unha das sorpresas da tempada, quería seguir coa vaga de bos resultados, e aspiraba a xogar de novo en Europa. Os equipos están a piques de saltar ao terreo de xogo. Cando, de súpeto, algo estraño acontece no túnel de vestiarios.

Ikurriña de Atotxa
Inaxio Kortabarria e Joxe Anjel Iribar saíndo a Atotxa coa ikurriña. Foto: Real Sociedad
4 dic 2020 07:01

3 de marzo de 1976, tras dous meses de revoltas e dúas folgas xerais, ese día había unha folga xeral en Gasteiz. Era a culminación de dous meses de paros en varias fábricas. Forxas Alavesas foi a primeira empresa en sufrir os paros en Gasteiz, despois, uníronse practicamente todos os traballadores das outras empresas da cidade. Os traballadores reclamaban 5.000 pesetas ao mes de aumento e outra melloras laborais; a saber, xornadas de 40 horas semanais, o 100% das baixas por enfermidade ou accidente laboral e o rexeitamento aos xurados de empresa, o sindicato vertical do franquismo. Os donos das factorías non cedían, apoiados en último termo polas autoridades franquistas. A loita dos traballadores de Gasteiz transcendía xa os límites da cidade. Franco morrera cinco meses antes, o 20 de novembro de 1975; e ese 3 de marzo, mércores de cinza, convocaran un paro xeral en Gasteiz.

Aquel 3 de marzo Gasteiz espertou paralizada. A folga fora un éxito. “Comercios, estudantes ou gandeiros secundaron a folga en apoio e solidariedade”, lembra Andoni Txasko un dos traballadores presente en Gasteiz ese día. Pola mañá xa houbo algún altercado coa Policía, e pola tarde estaba convocada unha asemblea na igrexa de San Francisco no barrio de Zaramaga, convertida en escenario habitual de asembleas despois da prohibición da patronal a facer xuntanzas nas fábricas. Ás cinco da tarde, a asemblea pretendía avaliar a xornada de folga. Media hora antes, a Policía Armada rodeou o recinto, permitindo que enchesen o templo. Dentro quedaron perto de 4.000 persoas, e un número semellante quedaba fora. A Policía esixiu que desaloxaran a Igrexa, unha negativa foi a resposta dos traballadores coñecedores que fóra o que lles agardaba eran porras e golpes. Asembleas como esta xa aconteceran, pero esta vez o Goberno temía que o exemplo puidese contaxiar a revolta cara outros puntos do Estado.

Franco morrera cinco meses antes, o 20 de novembro de 1975; e ese 3 de marzo, mércores de cinza, convocaran un paro xeral en Gasteiz. Aquel día Gasteiz espertou paralizada. A folga fora un éxito.

“Se desaloxan polas boas, vale. Se non, a pao limpo. Cambio”, comentaba un mando policial nas gravacións da radio daquela tarde. “Os párrocos mediaron dicindo que non había necesidade de intervir, xa que era unha xuntanza pacífica. Pero a Policía rompeu as xanelas, botou gases lacrimóxenos e botes de fume dentro. A xente afogaba”, lembra Andoni Txasko. Cando a xente comezou saír da igrexa, a policía disparou á multitude. “Que tal está o asunto por aí? Cambio. Xa podes imaxinar, despois de disparar mil disparos e romper toda a igrexa. Cambio. Moitas grazas, bo servizo. Cambio”. Máis dun centenar de persoas resultaron feridas. “Aquí houbo unha masacre, de verdade unha masacre. Cambio”, a Policía Armada concluía unha xornada co saldo de tres asasinados e outros dous feridos de gravidade que morreron os días seguintes.

Uns días despois, en maio de 1976 o ministro de gobernación (Manuel Fraga) viaxou a Venezuela, nunha entrevista na televisión a xornalista Sofía Imber preguntoulle por que estaba permitida a exhibición de outras bandeiras, mais non a ikurriña. Manuel Fraga respondeu: “Contéstolle con gusto. Autorizamos todas as bandeiras rexionais agás a vasca porque non é unha bandeira rexional, é unha bandeira separatista. É unha bandeira, se é que me permite, falsa. A maioría dos vascos non a queren. En todo caso, antes de permitir a exhibir esa bandeira, pasarán polo meu cadáver”. Cómpre lembrar que por esas datas a reivindicación da legalización non era só unha esixencia nacionalista, senón unha reclamación democrática.

Autorizamos todas as bandeiras rexionais agás a vasca porque non é unha bandeira rexional, é unha bandeira separatista”, dixera Fraga nunha viaxe oficial a Venezuela

“En 1976 o movemento a favor da legalización era moi forte. Sabiamos que estabamos cerca. Pero había que dar un último empurrón”, di Joxean de la Hoz Uranga, máis coñecido como Uranga para o mundo do fútbol. Uranga nacera en Getaria, unha vila mariñeira de Guipúzkoa, e era xogador da Real Sociedade en 1976. Así a semana do 5 de setembro chegaba o derbi vasco en Atotxa. O getariarra Uranga, entón, tivo unha idea... e se os dous equipos saían da man cunha ikurriña? Tivo unha xuntanza, con un par de compañeiros, é seguro que un deles foi Inaxio Kortabarria. “Falei con el porque sabía o que pensaba ao respecto. Puxémonos de acordo”, lembra Uranga. E mantiveron o segredo ata o día do partido. Nese intre Uranga foi o encargado do labor loxístico.

Hora e media antes do partido, Kortabarria e Uranga pasaron ao vestiario do Athletic para contarlle a idea a Iribar

Entón unha ikurriña non podía ser comprada, claro estaba prohibida, así que Uranga encargou á súa irmá (Ane Miren) coser unha, Ane Miren descoñecía o uso que lle pensaban dar. Uranga non entrou na convocatoria do partido. O domingo pola mañá saíu de Getaria coa ikurriña agochada no coche, un FIAT 128 azul: “Metina no oco da roda de reposto, que ía encaixada baixo o maleteiro”. A cautela non sobrou; “paráronme o coche e non viron nada”, nin sequera o getariarra Uranga dixo que era xogador da Real. Pasou o control, e despois meteuna no vestiario nunha bolsa. Colouna por unha das xanelas do vestiario que daba ao exterior no paseo Duque de Manda. Hora e media antes do partido, Kortabarria e Uranga pasaron ao vestiario do Athletic para contarlle a idea a Iribar. Txopo Iribar respondeu que non debía facerse se non existía unanimidade nos dous vestiarios. Dixéronlle que existía unanimidade no vestiario da Real, Iribar pediu que saísen mentres consultaba cos seus compañeiros. Tras un pequeno intre, respondeu que si. Todos de acordo.

Había que meter a ikurriña no campo. “Metémola nunha bolsa de plástico, debaixo das toallas e as esponxas, e alguén a sacou ao banco de suplentes”, lembra Uranga. En Atotxa, cheo, había prevista unha homenaxe a Gaztelu que cumpría 11 anos na Real. No céspede había majorettes e unha banda de música pola celebración. Os grises rodeaban o rectángulo de xogo; pero estes non estaban pola homenaxe a Gaztelu. A ikurriña quedou no banco de suplentes, Uranga foi ao palco. “Cando Kortabarria e Iribar saíron do túnel, saltei e uninme a eles. Iribar e Kortabarria tomaron a bandeira e fomos cara o centro do campo”. Uranga non foi convocado pero forma parte da fotografía. Si, é a persoa con jeans que sae trala ikurriña sostida polos capitáns de ambos equipos. A imaxe foi un impacto. Iribar e Kortabarria encabezando sendas filas. Nese intre era posíbel palpar a tensión en Atotxa. A pesar de que a exhibición da ikurriña estaba prohibida, a policía non interviu, unha actuación represora deixaría un efecto contraproducente. En Atotxa a sorpresa inicial deu paso a unha ovación.

Uranga non foi convocado pero forma parte da fotografía. Si, é a persoa con jeans que sae trala ikurriña sostida polos capitáns de ambos equipos

A ikurriña quedou no banco de suplentes, Uranga regresou ao palco. “Eu tiña que volver e dous policías dixéronme algo así como que iso non ía quedar impune”. “Tempo despois souben que chamaran ao gobernador civil e este díxolles que o deixasen pasar”, lembra Uranga. Os donostiarras eran quintos, e o Athletic estaba en décimo lugar, pero só a tres puntos. Ese día o “Txopo” Iribar sofreu unha gran tarde da Real. O partido acabaría nada menos que 5-0; era unha gran xeración con tipos como Arconada, Satrústegui ou López Ufarte. Desde ese día, en Donosti hai quen di que cada vez que antes do derbi hai festexos, sinal é que ese día gaña o txuri urdin. Aquela noite houbo altercados e detidos na parte Vella de Donosti, ben, a verdade é que os houbo durante toda unha semana. Gaztelu, autor de dous goles, levou a ikurriña para a casa tralo partido. Ata que a Real lla reclamou para o museo. Si, a bandeira utilizada esa tarde está exposta hoxe no Museo da Real Sociedade en Anoeta.

Despois, tras días de alborotos e reivindicacións, o 15 de xaneiro de 1977 a ikurriña foi legalizada. O 19 de xaneiro a ikurriña ondeaba na praza da Constitución en Donosti. A pesar do que puidesen pensar os implicados, as autoridades non tomaron ningunha medida contra eles. Uranga di que “era o ano 1976, estabamos na transición e o pobo vasco estaba loitando pola súas reivindicacións. Nós tamén éramos parte do pobo e tiñamos que facer algo”. Uranga seguiu un ano máis na Real, que abandonou con 29 anos. Terminou a súa carreira no Lagun Onak. Estudou Dereito e cando se retirou do fútbol converteuse en avogado. Publicamente era coñecido como o avogado de Herri Batasuna en Donosti. En 1987, foi mediador no secuestro de ETA ao empresario vasco Andrés Guitiérrez Blanco. En 1994, a Audiencia Nacional considerou probado que Uranga non só mediara, senón que “actuara como mandatario dos secuestradores”, segundo dicía a sentencia. Condenouno a 8 anos de cárcere por colaboración con banda armada e detención ilegal. Solicitou indulto, cumpriu seis meses de condena no cárcere. En 2009, despois de 15 anos de trámites e esperas, quedou libre e sen causas. Hoxe segue rexentando o seu despacho en Donosti.

Despois, tras días de alborotos e reivindicacións, o 15 de xaneiro de 1977 a ikurriña foi legalizada

En 1977 Inaxio Kortabarria levaba catro partidos coa selección. Tiña 26 anos, entraba nos seus mellores anos, pero non volveu xogar coa selección española. Renunciou. Anos despois, sería o capitán do mellor equipo txuri urdin da historia, o que gañou dúas ligas consecutivas. Na campaña 80/81, con Ormaetxea no banquillo, os donostiarras chegaron á última xornada con opcións de gañar o título, debían sumar na súa visita ao Molinón. E empataron 2-2, o primeiro gol marcado por Kortabarria de penalti, empataron para que a Real fose campión da liga por primeira vez. Na campaña seguinte (81/82) repetiu título de liga, e os de Ormaetxea redondearon a súa época dourada ao vencer a Supercopa contra o Real Madrid. Despois dos títulos a estrela de Kortabarria foi apagando. O de Arrasate tiña 34 anos cando xogou a súa última tempada como txuri urdin. O 3 de marzo de 1985 a Real Sociedade gañou ao Sevilla por 5-1 para despedir ao eterno capitán donostiarra.

Fraga e Martín Villa tiveron unha intervención directa no conflito laboral a petición dos empresarios da cidade

A Lei de Amnistía impediu durante anos investigar os feitos do 3 de marzo de 1976 en Gasteiz. Durante décadas as vítimas e os familiares reclamaron xustiza. O Instituto de Historia Social da Universidade do País Vasco investigou os feitos e concluíu que existían “responsabilidades penais claras” pero non puido identificar as persoas que tomaran as decisións. En 2008, o Parlamento vasco atribuíu responsabilidades políticas a Rodolfo Martín Villa, ministro de Relacións Sindicais neses días, e tamén a Manuel Fraga, ministro de Gobernación. Andoni Txasko, voceiro da Asociación de Vítimas do 3 de marzo que aínda padece secuelas físicas daquela data, di que “por diferentes conversacións soubemos que Fraga e Martín Villa tiveron unha intervención directa no conflito laboral a petición dos empresarios da cidade”. Morto Franco en novembro de 1975, aínda non morrera a rabia en 1976.

Fútbol
Iribar History X
“Estiveches con Deus?”, foi a frase que atopou escrita Beñat nun papel que estaba no felpudo da súa casa de Basauri, despois de entrevistar en Lezama a Joxe Ángel Iribar esa mañá do 20 de novembro de 1984. Preferira volver a casa para escoitar a gravación, antes de ir aos estudos de Info7 Irratia para facer a montaxe da entrevista. Sorrindo, entrou na súa casa, coñecedor de que o autor da nota fora o seu pai.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Argentina
Argentina Balas de goma contra jubilados e hinchas
Las hinchadas de varios equipos de fútbol argentinos, enfrentadas entre sí por sus colores, participaron juntas en la concentración de los jubilados que acabó con una fuerte represión por parte de la policía.
Justicia
Juicio a Rubiales Así ha sido la declaración de Rubiales en la Audiencia Nacional
Rubiales mantiene que tuvo consentimiento explícito, niega las consecuencias de los hechos sobre Jenni Hermoso y obvia las presiones que describieron los testigos.
#76125
5/12/2020 17:19

Y al euskera, ya que estás...

3
1
#75975
4/12/2020 9:17

¿Podríais traducir este artículo al castellano?.
Gracias.

4
2
Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.
Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.

Últimas

Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.
Madres protectoras
Madres protectoras Una madre, condenada a tres años y medio por secuestrar a su propia hija, solicita su indulto
La libertad de Jewel Lázaro depende de la respuesta del Ministerio de Justicia de España a su petición de indulto con el fin de no separarla de otro bebé de nueve meses.
Derecho a la vivienda
Manifestación estatal Mapa | Más de 40 ciudades se movilizan este 5 de abril por el derecho a la vivienda
Decenas de miles de personas en más de 40 localidades de todo el Estado español saldrán a la calle el próximo 5 de abril para reclamar medidas para hacer frente a la crisis de vivienda.
Israel
Guerra en Gaza Israel ordena evacuar Rafah ante la previsión de un ataque terrestre
En la mañana del 31 de marzo, las fuerzas militares de Israel han ordenado a la población evacuar gran parte de Rafah, en el sur de la Franja de Gaza.
Más noticias
Opinión
Opinión ¿Cómo acabar con el negocio de la vivienda?
Las reivindicaciones del 5A: bajada de alquileres, paralización de desahucios, desmantelamiento de las empresas de desokupación, ayudarían a acabar con la crisis de vivienda. Pero estas medidas son impensables en este sistema económico.
Francia
Francia Marine Le Pen es condenada por malversación y no podrá concurrir a las elecciones de 2027
Un caso de corrupción con los asistentes del Parlamento europeo golpea a la ultraderecha francesa. Le Pen y su partido, Agrupación Nacional, son condenados por el Tribunal Penal de París.
Precariedad laboral
Precariedad laboral Europa presiona de nuevo a España para que modifique la indemnización por despido improcedente
El Consejo de Europa concluye que el sistema español viola la Carta Social Europea al considerar que la compensación española no repara el daño a los trabajadores ni disuade de hacerlo.
Myanmar
Terremoto Myanmar: un país bajo los escombros
Con el cronómetro en contra, los equipos de rescate de Myanmar continúan buscando bajo los escombros a los supervivientes del que ya se considera el peor terremoto sufrido en las últimas siete décadas en el país.

Recomendadas

Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Literatura
Silvia Nanclares “Moratalaz nace como barrio franquista, solo que no contaban con la presión vecinal”
Con ‘Nunca voló tan alto tu televisor’ la escritora madrileña regresa a su barrio y examina lo que quedaba debajo de la cáscara de progreso que supuso la construcción del edificio de Torrespaña, aun hoy uno de los más reconocibles de la ciudad.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.
Cómic
Cómic Un gran poder conlleva una gran responsabilidad: ¿los superhéroes de cómic son de derechas o de izquierdas?
¿Encarna Superman a la socialdemocracia liberal, es Batman un militante anarcocapitalista y el Capitán América la bandera del nacionalismo? La respuesta no es tan sencilla si se repasa la historia del género.