Memoria histórica
A Casa Cornide segue o ronsel de Meirás: os Franco terán que abrila ao público

O Diario Oficial de Galicia fai efectiva a declaración como Ben de Interese Cultural do inmoble do século XVIII situado no centro da Coruña, que aínda está en mans dos netos do ditador.
Casa Cornide
Casa Cornide , propiedad de la familia Franco.
12 may 2023 17:00

Durante a mañá deste venres, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou un dos anuncios máis esperados dos últimos días en materia de memoria histórica: a declaración como Ben de Interese Cultural da Casa Cornide (A Coruña), propiedade da familia do ditador Francisco Franco, despois de que o Goberno galego aprobase o decreto que a antecede. Aos Franco complícaselles a estratexia de manter a privacidade do patrimonio que acumularon durante a Ditadura e agora ostentan. Neste caso, a esposa do ditador, Carmen Polo.

O Concello da Coruña busca recuperar o histórico inmoble por vías xudiciais. Por agora lograron seguir a senda do Pazo de Meirás e os descendentes de Franco estarán obrigados a abrir a Casa Cornide ao público polo menos catro días ao mes definidos con antelación e, polo menos, durante catro horas ao día. Ademais, no DOG, establécese ordenar a inscrición no rexistro de bens de interese cultural e comunicalo tamén á administración estatal para a súa correspondente anotación.

Enfoques
Exclusiva: O Salto entra no Pazo de Meirás
En decembro de 2020, a familia Franco tivo que entregar a posesión do Pazo de Meirás (A Coruña), que a familia do ditador ocupou durante máis de oito décadas. Esta selección das fotografías exclusivas de Álvaro Minguito mostra as presenzas fantasmáticas que aínda percorren as salas deste inmoble.

Durante os anos sesenta, Carmen Polo teimou en facerse co edificio do século XVIII de estilo barroco que hoxe preside a Cidade Vella da Coruña. O luxoso inmoble foi propiedade de José Andrés Cornide, un eixo fundamental para entender a ilustración de Galicia. Tras unha operación sobre a que axexan numerosas irregularidades aínda sen resolver, os Franco conseguiron facerse coa propiedade para compatibilizar as súas estancias na Galiza co Pazo de Meirás.

A declaración da Casa Cornide como BIC coloca baixo a máxima protección á histórica edificación, polo que os titulares, os netos de Franco, están obrigados por lei a conservala para evitar a súa deterioración. Ademais de a calquera cidadá, os herdeiros do ditador terán que facilitar as prospeccións de inspectoras, persoal investigador e ao persoal técnico da Administración que o solicite no marco das condicións legais establecidas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Memoria histórica
Andalucía Excavar la historia que no cesa, el trabajo invisible de las exhumaciones de fosas del franquismo
Bajo la tierra, donde el franquismo quiso borrar nombres y duelos, jóvenes arqueólogos y antropólogos desentierran no solo restos, sino la memoria viva de un país.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.