Memoria histórica
José Miñones, o home que trouxo luz

Historias da dignidade é unha serie de reportaxes elaboradas para O Salto Galiza polo xornalista Lois Alcayde Dans coa colaboración de Carmen García-Rodeja, investigadora da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). O xornalismo como fornecedor da verdade e do activismo da nosa memoria común, contar a historia para crebar o silencio. Vítimas, familias, persoas represaliadas e castigadas no lugar onde cada día se lles lembraba como os vencidos. Un rumor compartido ao que devolver a voz.

Pepe Miñones 1
José Miñones, nunha fotografía de estudo. Foto: Arquivo familiar.
16 jul 2019 10:30

Cando José Miñones e María del Pilar Vilas-Durán casaron un xornalista dunha publicación da Arxentina, editada para os emigrados galegos, relatou cada un dos numerosos agasallos da boda: froiteiros de prata, axuares, teas, compoteras de cristal e prata, entre outras moitas xoias e alfaias. Pilar Miñones saca da súa carpeta rosa un recorte de prensa dos anos 20 da voda dos seus pais, unha foto de aire Gran Gatsby con invitados con chaqué e mulleres de sombreiro campá e falda curta, encaixes, brancos e abalorios. Media hora antes abriume a porta da súa casa na rúa de Alfredo Vicenti na Coruña, a dous pasos do mar. Hai unha foto da súa nai, Maruxiña, con Pepe Miñones, o seu pai, na que os dous se miran e sorrín. Ambos van moi ben vestidos, con abrigo, e detrás está a Torre de Hércules, arredor dela, só monte e herba. A foto foi tirada na praia do Orzán, preto da do Matadoiro. Daquela en dirección ao Faro só había unha estrada que levaba á recén inaugurada Prisión Provincial. Neste edificio foron retidas centos de persoas que na última metade de 1936 atoparían a morte a mans dos fusís nos paseos do Campo da Rata e Punta Herminia. A Torre está nas fotografías estivais dos Miñones como un recordo do que pasou e un presaxio do que estaba por vir.

Continuamos da man de Pilar percorrendo os obxectos que decoran a casa: pratos conmemorativos dunha animada cea en 1928, un aparador con numerosos libros, algúns deles asinados por Valle-Inclán, a Torre de Hércules de Sargadelos agasallada polo Concello da Coruña no ano pasado, na conmemoiación á vida de José Miñones na rúa da Coruña que leva o seu nome -“un homenaxe agasallo do concello, foi unha celebración fantástica, con música”, conta Pilar-. Pilar é mestra, retirada dende o 2000, aínda lembra a moitos dos seus alumnos. A súa casa está chea de memoria. Pilar lévanos a unha sala ao fondo do corredor, sentamos cada un nun sillón.

Pepe Miñones 2
Pilar garda cada recorte de prensa que fala do seu pai e da súa familia. Tamén recordos, cartas manuscritas, documentos e escaneados. Foto: Cristina Varela.

Como chegas a saber del, do teu pai? Tardei moito tempo en saber moitas cousas. O tema do meu pai era tabú na casa. Miña nai falaba… pero en canto ao que pasou, non. Nin das represalias. Vivíase con moito medo. Parte da familia da miña nai era moi de dereitas. O meu avó foi case o meu pai, acolleunos despois do asasinato de Pepe. Miña nai, nós, quedamos sen nada. Tivo que alquilar o piso amoblado e gardar toda a prata. Xa a avisaran cando colleron ao meu pai que gardara todo o que puidera ter valor, xa que se rumoreaba que despois do meu pai pasarían a por nós na casa. Grazas a Deus non viñeron. Deixáronnos sen nada… nada, e cunha multa de máis dun millón de pesetas da época. Agora comprendo moitas cousas.

A historia de Pepe Miñones é a historia do home que quixo traer luz, en moitos sentidos. Licenciado en Profesorado Mercantil, en Dereito en Madrid, foi empresario e emprendedor con asento no consello de administración en preto de seis compañías de grande peso a nivel nacional. Quixo traer luz á Coruña coa creación de Electra Popular Coruñesa, unha compañía na que Miñones lanzou accións populares repartidas entre os clientes e traballadores. “Tiña un concepto da empresa e de ser empresario moi avanzado á súa época” di Luís Lamela, historiador e investigador galego nado en Corcubión, a mesma vila de nacemento que a de Pepe Miñones e a súa familia. Lamela é autor de Pepe Miñones: un crimen en la leyenda (1900-1936) (1991, Edicións do Castro) un libro no que a través dos datos, das testemuñas e das cartas persoais de Miñones enviadas dende a prisión provincial reconstrúe a vida dun home que se desprazou de punta a punta de España a erguer proxectos de magnitude como o ferrocarril Úbeda - Jaén - Utiel ou, na súa terra, defendeu a construción dun ferrocarril Coruña - Carballo - Corcubión. Unir xentes, outorgar a luz: “non foi só un empresario, foi un empresario avanzado. Investiu en proxectos de futuro: a industria eléctrica, o metro de Bos Aires… o proxecto, tamén, da Cidade Xardín da Coruña, a empresa de autocares de Ribadeo…”.

Nas fotos da época as praias de Riazor e Orzán remataban no que hoxe é o colexio de Las Esclavas, unha pequena península enfrontada ao mar e hoxe, de cando en vez, engulida polas ondas nos temporais. Na época de Miñones estos terreos eran uns xardíns, detrás tiñan a recén construída Cidade Xardín, proxecto en expansión, e no corazón da cidade uns Cantóns ferventes de vida. A Segunda República estaba a piques de chegar cando en 1930 edítase o Libro de Oro de la provincia de La Coruña, un libro de prosa grandilocuente que Pilar Miñones me deixa abrir e curiosear. Entre anuncios de pasaxes trasatlánticas, de sastrerías, de radios ou de refrixeradores primitivos, aparecen fotos e retazos de vida; un museo de Belas Artes da provincia de marcado estilo modernista, nunca construído; a ilusión dun Sanatorio en Cesuras en construción mais nunca usado, hoxe en ruínas; a reseña da inauguración do “Novo pazo de Xustiza”, tamén modernista e ubicado na Praza de Galicia, no corazón do ensanche coruñés, hoxe é alcumado Vello Pazo de Xustiza.

Pepe Miñones 4
Dí a guía: “Los Cantones; himno de alegría, ráfaga saturada de exquisitas fragancias; lugar atrayente de animado bullicio.” Foto: Libro de oro de la provincia de A Coruña 1930.

“Era un home de empresa e, sobretodo, cú inquedo”, apunta Pilar. José Miñones foi dinamizador cultural de Galicia e da súa zona, con só 20 anos funda a revista Nerio, ademais de exercer de correspondente para varios xornais de Madrid dende Galicia. Nas súas tribunas fará defensa da mellora dos portos e das condicións da pesca, da mellora do agro e dos dereitos dos que traballan a terra coa creación de cooperativas agrarias e da erradicación dos foros, ademais da mellora da industria dos encaixes e a defensa da mellora da economía das palilleiras. Miñones escribía no mesmo compás de movemento que os dedos das palilleiras: crear, refacer, tecer. Teceu cultura con semanarios como “Región Gallega”, “El Noroeste” ou “Finis Terre”, mais, sen sabelo, teceu inconscientemente envexas nunha cidade que viu como aumentaba a súa fortuna e influencia. “Creaba envexas… moitas”, di Pilar e corrobora Lamela: “unha persoa moi humana. Un home bó. Tiña moitas virtudes, esas virtudes axudaron á envexa de moitos”.

Despois do seu asasinato Electra Popular Coruñesa pasaría, no 1948, a mans do seu principal competidor e rival de Miñones en vida, Pedro Barrié de La Maza; un industrial, banqueiro e amigo da familia Franco -conseguidor para esta do Pazo de Meirás, hoxe reclamado polo Goberno de España e demais administracións públicas para patrimonio público da cidadanía-. A empresa fundada por Miñones foi integrada pola Ditadura Franquista nunha sociedade encabezada polo Banco Pastor, da propiedade de Barrié, ademais de serlle confiscados aos descendentes, como relata Pilar, todos os bens empresariais e posibles herdanzas. Hoxe Pedro Barrié de La Maza da o nome á avenida que rodea parte do paseo marítimo do Orzán e de Riazor, a mesma praia onde se tomaron tantas fotos dos Miñones, despois de casarse, ollándose e disfrutando das tempadas estivais. A historia das fortunas amasadas polas familias próximas ao réxime de Franco é contada na obra de teatro Masacre: una historia del capitalismo español, de Alberto San Juan, unha obra á que unha familiar de Pilar puido asistir no Teatro del Barrio madrileño e na que, por sorpresa, puido escoitar o nome dunha das vítimas, o propio José Miñones.

Pepe Miñones 5
Os fillos de Maruxa e José Miñones, no centro a máis pequena, Pilar. Foto: Arquivo familiar.

Pepe Miñones teceu cultura e teceu política: “orador e político fogoso e rebelde, é igual a un himno da Marsellesa (...)”, dicían del unha crónica local de 1924. Coa fin da Ditadura de Primo de Rivera e a chegada da Segunda República da o salto á política nacional. Funda na Costa da Morte o Partido Socialista Agrario e, no 1933, preséntase como deputado ás eleccións xerais a Cortes da man do Partido Radical de Lerroux, aínda sendo independente. Abandona esta formación seguindo os pasos de Martínez Barrio e nas eleccións de febreiro de 1936 Miñones é elixido deputado nacional pola Fronte Popular, militando en Unión Republicana igual que Martínez Barrio. Miñones foi tamén responsable de calmar os ánimos nos días despois ás eleccións na Coruña, evitando sucesos como a queima do colexio da Compañía de María, algo que foi unha débeda para con a familia Miñones: “As monxas, despois da morte do meu pai, nunca nos cobraron nin nos esixiron nada de cartos por estudar alí. Era a súa maneira de agradecerlle ao meu pai que salvara o edificio do lume”. Hoxe a Compañía de María comparte espazo cos terreos da Cidade Xardín, a ilusión naturista e arquitectónica dunha época.

Dentro do devalar da familia de Pepe Miñones Pilar destaca o caso do seu avó materno, Ramón Vilas González, presidente da Deputación da Coruña entre 1922 e 1923. O ex-presidente non tiña retrato na galería da Deputación, algo que se solventou despois dunha conversa entre Pilar e a, daquela, vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. Meses despois o organismo colgaba o rostro de Vilas González nun acto que contou coa presenza de Sanmartín, o presidente Valentín González Formoso, Pilar Miñones e do autor do cadro, o pintor Jano Muñoz.

Pepe Miñones 6
O ilusionante proxecto da Cidade Xardín coruñesa. Foto: Libro de oro de la provincia de A Coruña, 1930.

A memoria escapou da queima. Foi grazas a Emilia, unha rapaza que entrou ao servizo da familia Miñones aos 20 anos -morrendo aos 90 tras 70 anos de servizo- que se conservan moitas anécdotas, penurias e lamentos dos que foron alcumados como vencidos.

Quen che da a información do teu pai? Matárono cando só tiñas un ano de vida. Foi Emilia. Emilia entrou moi moza a traballar para os meus pais xa en Utiel. Por Emilia souben cousas… estivo toda a vida con nós. Falábame de todo, do bo e do malo, e tamén da familia en tempos nos que eramos case refuxiados na nosa propia cidade (...). Emilia adoraba ao meu pai, contoume como Pepe saiu no último tren Coruña - Madrid antes de que se curtara a liña despois do golpe de estado. Despedírono na Estación do Norte (hoxe Chamartín) o escritor Blanco Amor e Emilio González, tamén deputados. Emilio, igual que Blanco-Amor, foi unha mente privilexiada, acabaría exiliado e foi profesor universitario en Nova York”. Ambos tentaron que Miñones non collera ese tren, “el respondíalles que non fixera nada. ‘Eu non fixen nada!’ e subiu, e tiña razón, el non fixera nada malo, todo o contrario.

Pepe Miñones 7
Emilia, a transmisora de memoria. Foto: Arquivo familiar.

Despois de chegar á Coruña, xa cunha cidade en fervenza pre-bélica, Miñones personouse na Capitanía Xeral da Coruña para poñer sobre aviso ao xeneral Salcedo -executado en Ferrol no novembro do 36 xunto co tamén xeneral republicano Caridad Pita- apelando á calma e facendo de entente a favor do consenso entre o Gobernador civil e o xeneral. Retírase despois coa familia á residencia de verán de Oleiros, situada a poucos metros da Ponte Pasaxe en dous edificios que seguen en pé: Maruxa e Carmela. Construcións unidas, hoxe abandonadas, de marcado estilo racionalista. Alí apresaron a Miñones. “El pasaba alí o verán, en Perillo, Oleiros. Localizárono despois de que os irmáns da lexía repostaran gasolina en Perillo e pasaran por casa de Miñones a preguntar pola situación” relata Lamelas.

Memoria histórica
Zurdo e deportivista, até a última pinga
Falemos claro, o que aconteceu en Galicia despois da sublevación militar de xullo de 1936 foi un exterminio por motivacións políticas.

“Mais tarde o soltaron, tivo varias oportunidades para exiliarse e marchar pero estaba convencido de que non lle ía pasar nada… ás veces penso en como houberan cambiado as cousas de ter colllido un barco que lle ofreceron ou de ter cruzado a fronteira por Tui”, lamenta Pilar.

Despois de ser apresado por segunda vez foi retido no penal da Coruña xunto con moitos máis compañeiros. Nas súas cartas escritas dende prisión, das cales Pilar me deixa ler algunha, Miñones relata como na cela son primeiro 7, logo 5, logo só queda el. Cada noite é unha ruleta rusa sen xustiza nin amparo da lei. Pepe Miñones foi sometido a un consello de guerra sumarísimo no que se verten bulos e feitos sen sostemento algún, como que no tren no que ía de volta á Coruña levaba un cargamento de armas. “Parte das historias e das testemuñas foron vertidas polo tenente nacional da garda civil Rodrigo Santos Otero”, conta Luís Lamela nesta entrevista e na súa obra. Miñones foi asasinado en Punta Herminia o 2 de decembro de 1936.

Pepe Miñones 8
Familia Miñones, Maruxa e Pepe, acompañados dos seus fillos. Foto: Arquivo familiar.

A tata Emilia, co seu traballo de ir e vir, de recoller aos nenos, de coidar, de dar cariño, de ser case unha nai, foi transmisora invisible de memoria, como unha pulsión eléctrica das centos de millóns diarias da Electra Popular Coruñesa ou un movemento das ducias de palilleiras ou os centos de mariñeiros e gandeiros que lle agradeceron a Miñones a preocupación polas súas condicións laborais e a loita pola súa mellora. Un movemento invisible e continuado de solidariedade que se estendeu xa rematada a Guerra Civil.

Como sobrevivides despois do asasinato do teu pai? Imos vivir cos meus avós. Puidemos sobrevivir ben ata a morte do meu avó no 44. Despois diso miña nai tivo unha perfumería e despois un kiosko no Cine Avenida, no Cantón Pequeno. Foi un lugar curioso…

Pepe Miñones 9
Na parte de atrás da foto dos irmáns Miñones o pai escrebe unha despedida na que pide gardar a imaxe. Leva no día da súa morte a imaxe dos seus fillos e un retrato do seu amor, Maruxa. Foto: Arquivo familiar.

Por que? Comezaron a aparecer “desaparecidos”. Xa a finais dos 50 comezaron a retornar, con contagotas, amigos da familia que tiveron que coller a ruta do exilio. Chegaban de pouco en pouco e ían ao quiosco a bicar, abrazar e saudar á miña nai. Tamén, se lles era posible, a axudar. Os primeiros anos despois do asasinato do meu pai a miña nai case non saía, encerrouse nela mesma… foron anos moi tristes.

Que tipo de represalias tiveches ti como filla dun Miñones? Directamente, poucas. Notabas miradas incluso de pena ou compaixón. Directamente foi nunhas oposicións á mestra no ano 1958. Tocoume o asento 15, si, o da “niña bonita”, e levaba unha chuletas coas Leis Fundamentais do Movemento. Eu non mas sabía de memoria e nin interese tiña en sabelas. A cadeira 15 estaba na primeira fila pero non me descubriron. Despois de facer as oposicións atopeime cunha membro do tribunal no Obelisco, de casualidade. Contoume que o presidente do tribunal esixira suspenderme por ser filla ‘dun republicano’.

Pepe Miñones 10
Pluma estilográfica coa que José Miñones escribiu as súas derradeiras cartas á familia e amizades, dende o cárcere da Coruña. Serven de testemuño do medo e da impotencia polo asasinato de numerosos compañeiros e amigos. Foto: Cristina Varela.

Nas súas cartas, José Miñones despídese da familia, da súa muller, da súa sogra e sogro, de cada un dos seus fillos. Decláralles o seu amor a eles e á humanidade. Nas fotografías, narradoras silentes desta historia, o cambio na nai de Pilar é evidente. Desapareceron os abrigos, as xoias, os sorrisos perennes, quedaron as roupas negras, longas, o loito “ata nos nenos, todos de negro” e unha nai máis fraca nun país moito máis fraco.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cuidados
En primera persona Relato de una furgoneta robada y un embarazo que perdimos
Para tener la libertad de sentir sin morir sepultadas en el propio silencio es necesario que sean habilitadas, consideradas y acompañadas todas las maneras, todos los dolores, todas las dudas y todos los lamentos en todos los ámbitos de la vida.
Galicia
Galicia La justicia anula el despido de una trabajadora de Mercadonda por “discriminación por enfermedad”
El sindicato CIG, apoyado en la sentencia, relata cómo Mercadona utiliza formularios dirigidos a encargados y responsables de tienda para recopilar datos sobre los trabajadores que se encuentran en situación de baja médica prolongada.
Galicia
Galicia La TVG, condenada a rectificar por difundir una información falsa sobre el BNG
La justicia también condena al director del ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, por la noticia en la que se afirmaba erróneamente que el BNG no había enviado representantes a un evento organizado por la Xunta para dar inicio al Año Castelao.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
Medios públicos A TVG, condenada a rectificar por difundir unha información falsa sobre o BNG
A xustiza condena tamén ao director do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, pola nova onde se afirmaba erradamente que o BNG non enviara representantes a un evento organizado pola Xunta e mais a Fundación Castelao para dar inicio ao Ano Castelao.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Trump y JD Vance matonean a Zelensky en un show televisivo y alejan el acuerdo entre Ucrania y Rusia
El presidente de Ucrania abandonó Washington DC sin firmar el pacto por el que se comprometía a vender los recursos minerales del país a cambio de garantías de seguridad.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE da muestras de cansancio con Yolanda Díaz
Tanto en Moncloa como en Ferraz la opinión sobre la gestión política de la vicepresidenta está en mínimos. Sin criticar su labor en Trabajo, la tropa de Sánchez ya anhela un socio que impulse la unidad a su izquierda con la mira puesta en el 2027.
Feminismos
En primeira persoa Relato dunha furgoneta roubada e un embarazo que perdemos
Temos que saber que para ter a liberdade de sentir sen morrer sepultadas no propio silencio é necesario que sexan habilitados, considerados e acompañados todos os xeitos, todas as dores, todas as dúbidas e todos os laios en tódolos ámbitos da vida.
Palestina
Palestina Israel prohíbe regresar a los 40.000 palestinos desplazados en el norte de Cisjordania
El ejército de Israel desplaza a miles de sus casas en campos de refugiados en diferentes ciudades de Cisjordania ocupada. Mientras, Israel presiona para no llegar a una segunda fase de alto el fuego.
Turismo
Turismo depredador Poca agua, mucho turismo: la crisis hídrica amenaza las islas Eolias en Italia
Las islas italianas del Mediterráneo están acusando especialmente las consecuencias de la turistificación, pero también de una crisis hídrica sin precedentes provocada por el cambio climático. Es el caso de las islas Eolias, en el norte de Sicilia.

Últimas

Economía
Economía A Xunta de Rueda privatiza outra das residencias de maiores financiada por Amancio Ortega
Tanto esta residencia como a de Pontevedra, cuxa xestión tamén está en proceso de licitación, serán as próximas en abrir tras a entrada en funcionamento das de Santiago de Compostela e Lugo, que xa operan baixo o mesmo modelo.
Editorial
Editorial O Salto deixa de publicar en X
A asemblea deste proxecto informativo decidiu conxelar as súas publicacións na rede social propiedade de Elon Musk.
Oriente Próximo
Oriente próximo Abdullah Öcalan llama a deponer las armas para lograr la plena democracia para el pueblo kurdo
El líder del Partido de los Trabajadores de Kurdistán llama a la disolución de la organización. Ankara dice que “estudiará” la situación, que también influye sobre Siria, Irán, Iraq y la situación en los países de Oriente Próximo.
Más noticias
Macrogranjas
Maltrato animal Una investigación revela una nueva “masacre” en una granja de pollos que salpica a Mercadona
En España, la granja investigada comercializa el producto ‘Cuartos traseros de pollo’ en la cadena de Juan Roig y está certificada con el sello catalán Welfair de bienestar animal, según denuncia el colectivo ARDE que ha realizado la investigación.
Opinión
Opinión De Errejón a Monedero: reflexiones sobre el ciclo del desasosiego
¿Qué pasa cuando quien abusa ha sido o es tu compañero de filas, tu colega, alguien que se consideraba feminista, y no una caricatura facha o un incel de manual? ¿Cómo manejamos la complejidad?
Ley de dependencia
Derechos sociales Reclaman más financiación para la ley de dependencia ante el nuevo anteproyecto
Bustinduy garantiza como universales servicios como la teleasistencia o recibir sanidad se resida donde se resida, en referencia a los protocolos del covid en las residencias.

Recomendadas

Urbanismo
Urbanismo salvaxe Un pobo contra o asfalto: Bembrive e Mos rebélanse contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde
Veciñas e veciños conseguen presentar 25.000 alegacións contra unha estrutura de dez quilómetros, defendida xa só polo PSOE en Madrid e en Galiza, que partirá en dous unha poboación enteira e forzará a expropiación de decenas de vivendas.
Palestina
Palestina Illan Pappé: “No esperaba esta magnitud de indiferencia europea ante lo que está sucediendo en Palestina”
El historiador de origen israelí no se ha sorprendido la violencia cometida por Hamás en octubre de 2023 ni de la reacción de Israel o el apoyo a Estados Unidos, pero sí de cómo ha abordado la cuestión la sociedad europea.
Argentina
Argentina Gauchito Gil, uno de los nuestros hace milagros
En enero, más de 620.000 personas llegaron a Mercedes, una localidad de la provincia de Corrientes, en Argentina. Caminando, de rodillas, a caballo, para agradecer y hacer promesas a un santo popular: el Gauchito Gil.
Pensamiento
Mar García Puig “Habitar la metáfora es un peligro que merece la pena”
La escritora catalana Mar García Puig publica ‘Esta cosa de tinieblas’, un breve ensayo narrativo que defiende el poder liberador de la metáfora frente a una pureza simplificadora y paralizante.