Migración
Migrar da cidade ao campo: mudar as terrazas polos hórreos

O campo ofrece valores distintos ao recoñecemento, ao éxito e a competición que se vive nas cidades. Ensinoume que é posible vivir doutra maneira, na que se reforzan valores sociais que nos benefician a todas.

14 mar 2019 06:03

Unha cousa foi migrar da Cidade de México a Barcelona. Experimentei a crise de identidade que se suscita ao ser agora vista, primeiro de nada, como unha migrante máis do sur. Por riba do choque cultural, todo isto traduciuse corporalmente nunha nova sensación de illamento ao atoparme de súpeto soa no medio dun lugar do que non sabía nada.

Pero outra cousa foi migrar da vida de cidade á vida rural dunha aldea galega. Cambiar a contorna de edificios, bares e centros comerciais que comparten as dúas grandes capitais culturais nas que vivín, ao de casas de pedra entre os montes verdes e baixo os espectáculos que ofrecen a diario os ceos de Sabaxáns, en Mondariz.

Eu, que sempre gocei dos privilexios dunha vida urbana de clase media, nunca me crin capaz de vivir no campo. Pero o destino é unha cousa estraña. A miña parella -a cal coñecín en México- é descendente dunha familia de migrantes galegos que hai máis de trinta anos abandonaron a súa casa na aldea e mudáronse a un piso na gran Cidade de México na procura de sorte. Nunca voltaron a Galicia.

Cando eu viaxei a Barcelona para estudar, a miña parella veu visitarme a finais de ano e aproveitamos a súa viaxe para coñecer as súas raíces culturais. Grazas ás redes sociais, a súa nai aínda gardaba contacto cos seus antigos veciños e parentes, así que ao chegar atopámonos con esa familia afastada, e ata entón descoñecida, que nos recibiu na súa casa con confianza cega e levounos a coñecer a casa que foi abandonada hai xa tanto tempo.

Esperabamos atoparnos con muros de pedra comidos polo brión e vigas podrecidas. Pero a casa aínda conservaba o teito, os chans de madeira, a cociña de ferro, a bañeira… todo estaba case intacto baixo unha densa capa de po e arañeiras. Incluso a neveira funcionaba!

Foi entón, logo do gran recibimento e de ver as condicións da casa, que o meu compañeiro decidiu, sen máis pertenzas ao lombo que unha maleta de roupa para as tres semanas que en teoría duraría a súa viaxe, non tomar o voo de regreso a México e quedar a vivir na aldea co obxectivo de levantar a casa da súa familia e facer un cambio radical de vida. Cando terminei os meus estudos en Barcelona, tras varios conflitos coas leis racistas de estranxeiría, vin tamén vivir á pequena casa de pedra en Sabaxáns.

Non hai casa nesta aldea que non fose tocada pola sombra da morriña. Decateime de que era unha migrante en terra de migrantes.

Cando cheguei, non podía crer o que vía. A comunidade axudáralle á miña parella dunha maneira que nunca vira na cidade. Non só lle brindaron hospedaxe e lle regalaron roupa mentres o meu compañeiro puido limpar a casa, senón que toda a aldea cooperou para que puidese pagar a instalación eléctrica. Por teléfono contárame que lle regalaran un colchón, unha estufa, unha bombona de butano, un quentador, microondas… todo o bo que servise e sobrase. Tamén foran os mesmos veciños instalarlle o quentador, as chaves da auga e a cociña de leña sen cobrarlle un peso.

Non levaba nin unha semana cando puiden comprobalo en carne propia: todos os días Rosa traía feixóns, leitugas e tomates do seu horto; Lourdes axudounos a baixar á cidade e aprendeunos as leccións fundamentais sobre como vivir no campo; María convidounos a comer sempre que podía e de cando en vez traía algún que outro pito que mataba; Margarita prestounos as súas ferramentas…

Chamoume a atención ver moitas máis mulleres que homes. Puiden constatar que aínda se vive na vella estrutura na que a muller queda na casa e faise cargo das tarefas de reprodución e coidado dos vellos, mentres que os homes van ás cidades para traballar ou saen ao monte para cazar.

Da noite para a mañá os meus días de atravesar a cidade en bicicleta para tratar de aproveitar o tempo ao máximo, ou o que queira que iso significase, cambiaron por sinxelas andainas vespertinas polo monte acompañada polas veciñas maiores. Aos poucos, fun escoitando as súas historias para descubrir que eran historias de migración. Non hai casa nesta aldea que non fose tocada pola sombra da morriña. Decateime de que era unha migrante en terra de migrantes.

Sabaxáns_2

O meu compañeiro e mais eu aos poucos fomos comprendendo que o intercambio de favores e de bens era unha práctica común que facía que esta pequena parte do mundo funcionase. Deste xeito xéranse relacións entre veciñas, as cales son moi distintas ás da cidade. Aquí, os vínculos son case familiares. O apoio mutuo é unha práctica cotiá.

Tamén isto resultou unha sorpresa e volveu a miña mirada máis complexa, pois sabía que Galiza ten fama de ser na súa maioría unha comunidade conservadora. Tras varios comentarios políticos -e outros nos que había unha defensa case cega das tradicións e da relixión-, podo dicir que non é unha reputación sen fundamentos. Pero asómbrame ver como é que, a pesar do que se comente sobre a forma de goberno e aínda que se atope por aí algún que outro comentario con tinturas fascistas, na práctica, a cooperación que procura o benestar xeral é unha forma de vivir que nunca vira nas grandes cidades nas que vivín, por máis progresistas que fosen os seus gobernos.

Na obra El extranjero, de Richard Sennet, puiden ler algo que relacionaba a migración coa gran xenerosidade que estaba a presenciar, e que me axudou a comprender un pouco máis o contexto: “O individualismo económico era o gran perigo da era da expansión capitalista que el vía nos seus comezos. Nacionalismo e capitalismo podían marchar de consumo. (…) Pola contra, as esperanzas nun movemento socialista apoiábanse nos inmigrantes. O seu mero desprazamento dáballes a experiencia, ou polo menos a posibilidade, de mirar alén de si mesmos e manter unha relación de cooperación con quen experimentou un desprazamento similar”.

A opresión económica na que vive gran parte da poboación rural galega -porque hai que dicir que quen máis nos está a axudar non gozan dunha excelente posición económica- é o que segue reforzando esta maneira de vivir, pero tamén o que segue causando que os mozos sigan saíndo, que as aldeas vaian quedando baleiras e que a emigración milenaria de Galiza continúe.

Escribo este texto porque vale a pena difundir que hai outras maneiras de construír a vida. Que hai outros tipos de coñecementos moi distintos aos “necesarios ou indispensables” nas cidades e viceversa. Alén diso, o feito de estar a gastar menos cartos e comendo mellor, porque cultivar a terra e criar animais pode darnos tanto, fíxonos imaxinar que algún día poderiamos lograr crear un fogar autosustentable e desligarnos cada vez máis das alienantes lóxicas capitalistas.

Aconteza ou non, este tempo que levo vivindo aquí resulta unha experiencia curadora e liberadora. O desenvolvemento dunha sensibilidade aguda do tempo da natureza permitiume facerlle fronte á ansiedade provocada pola demanda de produtividade que me oprimía o corazón durante a miña vida urbana. O campo ofrece valores distintos ao recoñecemento, ao éxito e á competición que se vive nas cidades. Ensinoume que é posible vivir doutra maneira, na que se reforzan valores sociais que benefician a todas, e por iso é indispensable que se deixe de oprimir e infravalorar os territorios rurais.

Por agora, o meu compañeiro e mais eu queremos colgar unha placa fóra da casa na que conste que “Esta casa construíuse grazas á axuda da veciñanza”. A nosa situación migratoria -e polo tanto económica- é inestable, pero vale a pena apostar por vivir esta experiencia. Para convencerme disto mentres o escribo, non me fai falta máis que alzar a vista, mirar o monte verde no horizonte e respirar profundamente o aire fresco.

Medio rural
Tronceda: un rural cheo de vida é posible, e desexable
As aldeas abandonadas derrúbanse mais tamén hai persoas dispostas a retornar a unha vida en contacto coa natureza. Este é o caso de Tronceda.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Almería
Derechos Humanos Junto al mar de plástico: más de 7.000 personas viven sin derechos en los asentamientos de Almería
Miles de trabajadoras y trabajadores que sostienen la agroindustria almeriense se someten diariamente a la vulneración de sus derechos básicos, abusos laborales y a pagar hasta 4.000 euros por un contrato de trabajo
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.