Minería
Steven Emerman: “O proxecto de Touro é unha maldición para as xeracións futuras”

O experto en valoración do impacto medioambiental de proxectos extractivistas Steven Emerman afirma que o proxecto da mina de Touro é "o peor" que estudou na vida.

Steven Emerman, doutor en xeofísica, profesor da universidade de Utah (EE.UU.), consultor internacional en minería e augas subterráneas e experto en valoración do impacto medioambiental de proxectos mineiros, leva uns días na Galiza dando conferencias sobre os perigos da mina de Touro-O Pino. Cando lle preguntamos que lles diría aos encargados deste proxecto, Emerman teno claro: que non o fagan, que simplemente o esquezan porque hai demasiadas cousas en xogo. Falamos con el sobre as consecuencias que podería ter sacalo adiante a pesar das advertencias e da multitude de informes na súa contra.

Por que dis que é unha loucura o proxecto da mina de Touro?
Eu quixera poñer este proxecto nun contexto global. Por exemplo, despois do fallo da presa de relaves en Brasil o pasado xaneiro, introduciuse unha nova lexislación mineira neste país. Esta lexislación introduciu o concepto de “zona de propio salvamento” que é esa zona onde xa non é posible ningún rescate e a persoa que se atope nela só pode tentar rescatarse a si mesma. A extensión desta “zona de propio salvamento” é de dez quilómetros debaixo dunha presa de relaves, polo que, se acontece algo, para a xente que estea antes deses dez quilómetros ningún rescate sería posible. No proxecto de Touro, hai un plan para colocar unha presa de relaves a 200 metros dunha poboación que ten uns vinte fogares (en referencia a Arinteiro). Esta poboación pode desaparecer en segundos. A distancia é tan pequena, que 2-3 segundos bastan para que a presa de relaves simplemente caia sobre a aldea tragándoo todo. O meu español non é tan bo, polo que non sei a palabra adecuada para esta situación. Loucura ou absurdo non son suficientes para describilo, pero é o que é.

O primeiro que hai que facer é establecer a inundación máxima probable (IMP) e o terremoto máximo crible (SMC), mais en tódolos plans para o proxecto da mina de Touro, en seis mil páxinas, nin sequera se mencionan estes conceptos.

É máis, en tales circunstancias, cando hai un risco de perda de vidas humanas no evento de fallo dunha presa, é necesario deseñar a presa para dúas situacións: a inundación máxima probable e o terremoto máximo crible. Para poder levar ao cabo este deseño, o primeiro que hai que facer é establecer a inundación máxima probable e o terremoto máximo crible, mais en tódolos plans para o proxecto da mina de Touro, en seis mil páxinas, nin sequera se mencionan estes conceptos. Nos plans simplemente discútese a precipitación media anual que non é relevante para o deseño dunha presa. Unha presa é preciso construíla de xeito que resista unha inundación ou un terremoto, pero nos plans non hai nin sequera unha consideración cara estes conceptos, que son os máis básicos de seguridade. E nesas circunstancias, cales son os criterios para o deseño da presa entón? Hai outros problemas, pero a seguridade das poboacións que viven cerca da presa debería ser sempre o máis importante.

Sería posible unha mina sostible en Touro? E de ser así, que requiriría?
Todo é posible, pero para iso hai que pagar os costos de lograr seguridade. Nesta situación, cunha explotación dun xacemento cunha concentración baixa de cobre, non é posible xerar un lucro e, ao mesmo tempo, pagar os costos para garantir a seguridade. Podo poñer un exemplo en dous áreas. Primeiro, o problema de xeración de acidez. Hai un plan para conter os relaves, que son xeradores de acidez, cunha presa construída de rochas que non son xeradoras de acidez. A base da estimación do porcentaxe das rochas que non son xeradoras de acidez é de 72 mostras de 144 gramos. 144 gramos a partir dunha proxección da explotación de 169 millóns de toneladas.

Que facer se a estimación non é correcta? Como construír entón a presa de relaves? Hai varias posibilidades, mais todas elas son malas. Poderíase construír a presa de relaves con menos material de construción, aumentar a inclinación da presa —o que a faría máis insegura—, cambiar o valor do límite entre as rochas que son xeradoras de acidez e as que non o son para colocar na propia presa rochas que van a xerar acidez...

Segundo os plans para este proxecto, non é posible diferenciar esas rochas polo seu aspecto; é preciso probalas para comprobar a súa potencia de xerar acidez. Pero non é posible probar as rochas gramo por gramo, polo que é moi probable que ocorra unha colocación de rochas que son xeradoras de acidez na propia presa, polo que a presa vai ser unha fonte de xeración de acidez e esta acidez vai afectar a toda a zona. Hai un plan para colocar un revestimento para previr a entrada de acidez no auga subterránea. Estes revestimentos teñen vidas útiles longas, máis neste contexto de revestimento —xeomembrana— unha vida útil longa quere dicir uns 100 anos. Porén, no contexto de protección das xeracións futuras, 100 anos non son nada.

Nesta situación, cunha explotación dun xacemento cunha concentración baixa de cobre, non é posible xerar un lucro e, ao mesmo tempo, pagar os costos para garantir a seguridade.

Por outro lado, o plan para o peche da mina é deixar os relaves nun estado húmido, cubrilos cunha tapa impermeable e, despois, abandonalos para sempre. Pero non é posible abandonar unha estrutura civil, sen inspeccións nin mantemento, para sempre. Hai ou que desmantelar ou que manter. Mais o plan neste caso é simplemente abandonar, e sen mantemento, calquera estrutura acaba fallando. Por exemplo, na catedral de Santiago houbo reparacións para evitar que caese. Polo tanto, xa sexa antes ou despois do peche, esta presa vai fallar e vai liberar todos os relaves tóxicos e ácidos ao ambiente. Por iso, este proxecto é unha maldición para tódalas xeracións futuras desta zona e é moito mellor non levalo ao cabo.

Steven Emerman
Steven Emerman nun momento da entrevista para O Salto Galiza.

Se finalmente, a pesar de todo, o proxecto continúa, como será Touro dentro de 10 anos? Que pasará?

O máis importante son os impactos na auga subterránea, xa que é unha fonte de auga potable e pode ter consecuencias para a vida de moitos organismos acuáticos que viven nas augas abaixo da presa. A isto hai que lle engadir un feito importante: un evento de liberación de acidez ao medio ambiente ten a capacidade de liberar os metais pesados de proxectos mineiros anteriores. Por exemplo, despois dunha colocación de relaves no leito dun río no pasado, pode haber moitos metais pesados fixados. Isto coñécese como “bombas químicas de tempo” porque, cun cambio de acidez, como unha diminución no ph, os metais pesados fixados nos sedimentos pódense liberar. Este é un problema moi grave nun área cunha historia de mineira no pasado, como é o caso de San Finx.

Especialmente son experto na valoración de proxectos mineiros, sobre todo os que poden ser problemáticos. Pero, nunca vira nada como o proxecto de Touro, é o peor que estudiei na miña vida.

Dedícaste a valorar impactos medioambientais de proxectos mineros. Como experto, que te chamou a atención particularmente do proxecto da mina de Touro?
Efectivamente son consultor en minería e auga subterránea, e especialmente son experto na valoración de proxectos mineiros, sobre todo os que poden ser problemáticos. Pero, nunca vira nada como o proxecto de Touro, é o peor que estudiei na miña vida. Especialmente pola pouca distancia que existe entre a presa de relaves e a poboación, e pola falta de consideración dos criterios máis básicos de seguridade.

Lei de depredación
Tecidos pola defensa da terra

Plataformas veciñais galegas traballan por un rural vivo. Nacen a partir do rexeitamento a proxectos extractivistas, de grande impacto no medio natural e escaso na economía local. En rede, loitan contra o crecemento económico a calquera prezo.

Minería
Contra la megaminería, el pueblo iluminado

Surge poco a poco, sin hacer ruido, pero cuando una minera pone el pie en tu municipio, ya no hay vuelta atrás. O estás con ellos o estás contra ellos.

Minería
Una ecologista en la junta de una multinacional minera
Una activista contra la megaminería se introduce en la junta de accionistas de Atalaya Mining y se ven obligados a escuchar sus reivindicaciones.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Especulación urbanística
Marina de Valdecañas La Junta modificará el Decreto de zonas ZEPA en un intento de legalizar la urbanización de lujo de Valdecañas
Ecologistas en Acción presenta alegaciones contra el Proyecto de Decreto de la Junta de Extremadura para modificar los límites de 11 Zonas de Especial Protección para las Aves (ZEPA) y, así, legalizar la urbanización Marina Isla de Valdecañas.
Minería
Cáceres Denuncian que la mina de Cañaveral no cumple los criterios para ser proyecto estratégico
Contaminación por nuevas sustancias sin testar, reducción de disponibilidad de agua dulce, cambios en el uso del suelo y pérdida de biodiversidad protegida y de integridad del ecosistema, principales argumentos contra el proyecto.
Galicia
Galicia La lucha por los montes gallegos: incendios, eucaliptos y amenazas a la propiedad colectiva
Galicia concentra un tercio de los incendios forestales registrados en el Estado. Mientras la Xunta apunta a los montes vecinales, comuneros y ecologistas denuncian una estrategia política que favorece la privatización y a la industria maderera.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.