Mina da Penouta - 5
Estado actual da mina de Penouta en Viana do Bolo, Ourense. Estela Barone

Minería
A única mina de coltán de Europa enfronta a veciños, ecoloxistas e unha multinacional na Galiza despoada

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza corta de raíz os intentos da mineira canadense Strategic Minerals e da Xunta de tratar de anular a suspensión da mina de Penouta no Concello ourensán de Viana do Bolo.

O conflito é recorrente nas zonas deprimidas economicamente e con explotacións de recursos naturais: Crear postos de traballo ou deixar de arruinar a biodiversidade dunha zona devastada medioambientalmente? A nivel teórico, resulta complexo fiar solucións que satisfagan ambas as expectativas. Na práctica, é case imposible. A mina de Penouta, no Concello ourensán de Viana do Bolo, non é ningunha excepción nesa dualidade. Éo, en cambio, no que alí se busca. É a única mina da que se extrae coltán en toda Europa.

A pesar dos intentos da Xunta e da multinacional canadense Strategic Minerals de anular a paralización cautelar que impuxo o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), nin uns nin outros conseguiron nada con argumentos practicamente indiferenciables. Polo de agora, alí non se moverá unha pedra. A Xustiza galega así o decidiu a petición de Ecoloxistas en Acción, que impugnou a autorización para operar nos termos nos que o Goberno galego aceptou seguir sacando minerais alí: “Ante a mera posibilidade de que se produza un dano irreparable ou de moi difícil reparación, debe prevalecer a suspensión da execución da actividade que pode producir ese risco, ao ser prevalente o interese xeral de manter indemnes eses espazos públicos”.

Minería
Verteduras contaminantes Guerra xudicial da patronal mineira contra ecoloxistas que denuncian as súas verteduras contaminantes
Ecoloxistas en Acción leva á ONU a empresa explotadora da mina galega de San Finx por “denuncias abusivas e infundadas” mentres a Cámara Mineira anuncia accións legais contra a organización tras unha protesta pacífica na súa sede.

Aínda que as potencialidades da mina foron descubertas a comezos do século XX, o período de maior intensidade de explotación levou a cabo entre os anos sesenta, setenta e comezos do oitenta onde se chegaron a extraer preto dun millón de toneladas de diferentes minerais, pero principalmente granito e wolframio segundo o testemuño documental do Instituto Xeolóxico e Mineiro do Estado español. Era outro tempo, existían outras necesidades e as medidas de protección do medioambiente brillaban pola súa ausencia. E daquela desfeita, este padecer. A mina foi abandonada en 1987 sen a súa respectiva restauración posterior a pesar de ser de propiedade estatal naquel momento. Tras iso e extinguidas as concesións e a responsabilidade polos pasivos ambientais, en 2013 a Xunta de Galiza concedeu unha autorización para reprocesar balsas e vertedoiros da mina abandonada, aínda que os traballos non empezaron ata 2018. Pero en 2020 suspendeuse a actividade. Mentres tanto, a empresa estaba a tramitar os permisos para unha nova mina ao descuberto, que se concederon en 2022 e que a Xustiza acaba de paralizar.

Mina da Penouta - 6

A empresa canadense Strategic Minerals, operadora da mina de Penouta, expresou a súa “total desconformidade” coa decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TXSG) de manter a suspensión cautelar da mina. Nun comunicado dirixido aos medios, a compañía confirmou a súa intención de apelar a decisión. Strategic Minerals rexeita o contido do auto emitido polo alto tribunal galego o 1 de decembro, que ratificou a suspensión cautelar da mina, decidida en setembro e previamente desestimou os recursos presentados tanto pola empresa como pola Xunta. O comunicado sinala que o auto, notificado a Strategic Minerals o mércores, confirma a paralización da explotación e volve dar a razón a Ecoloxistas en Acción, á vez que advirte sobre posibles omisións na tramitación administrativa do proxecto mineiro.

Consenso político de esquerda a dereita a favor da mina

A medida cautelar que adoptou o TSXG a instancias dos argumentos ambientais esgrimidos por Ecoloxistas a enfrontado a traballadores, algúns veciños e todos os partidos políticos con representación cos activistas. O consenso desarrollista vai de esquerda a dereita sen apenas matices. Tanto o Partido Popular, que goberna o Concello de Viana do Bolo, como a oposición, formada polo BNG e o PSdeG, rexeitan categoricamente que se deixe de explotar a mina nunha zona economicamente deprimida e en pleno proceso de despoboamento que, aínda que con diferenzas de clase, móvese entre o 4% e o 33% da poboación máis pobre de Galiza en renda per cápita, segundo o Instituto Español de Estatística, e sinalan ás “case 200 familias” que se verán afectadas directa e indirectamente polo cesamento da actividade. E entre os sindicatos que forman parte do comité de empresa tamén hai unanimidade: tanto Comisións Obreiras como a CIG claman por manter aberta a explotación mineira ao descuberto.

“Non parece de recibo querer cambiar postos de traballo por veleno na auga”, sentenza Cristóbal López, portavoz de Ecoloxistas en Galiza á mantenta das posicións unánimes dos representantes políticos da zona. “Empéñanse en encomiar bondades do que chaman ouro negro, pero nin nos falan de porcentaxes nin de calidade nin da durabilidade no tempo. Cando deixen de explotar a mina en 30 anos, a multinacional marchará pero a contaminación quedará durante moito máis tempo en recursos fundamentais como a auga”, lamenta López. Aínda que albergan esperanzas en que o TSXG e o Supremo manteñan a mesma liña de argumentación, en Ecoloxistas son escépticos sobre o futuro: “Nós nunca gañamos. Como moito, volvemos á casa de saída”. Mentres a Xustiza paraliza un proxecto de explotación, a empresa e a Xunta preparan outro novo que probablemente se autorice ata que se volva a impugnar e así sucesivamente. Ou polo menos así proceden as multinacionais mineiras en Galiza e en todo o planeta con máis ou menos restricións por parte das Administracións.

Nesa liña, a tese que sosteñen desde a organización ecoloxista baséase en como este tipo de corporacións transnacionais fundamentan o seu negocio na “especulación” coas potencialidades mineiras: “Cunha autorización ambiental favorable e un proxecto de explotación as súas accións soben en bolsa”. Ou conseguen subvencións públicas que manteñen a liquidez da empresa para facer prospeccións aínda que cheguen ou non a bo porto, como está a pasar paralelamente no monte Galiñeiro (Pontevedra) ou en Campo de Montiel (Cidade Real).

Expedientes sancionadores da Confederación Hidrográfica

Historicamente, a mina foi responsable da contaminación por metais pesados en arroios e ríos próximos. Unha situación ambiental crítica que persiste ata o momento. Os niveis de arsénico, cadmio, chumbo e mercurio superan os límites legais en diversos arroios, como Treita de Cortiñas, Rego de Valdafranca e Rego dous Curvos, todos situados dentro dos límites da Zona de Especial Conservación (ZEC) Pena Trevinca na Rede Natura 2000. De feito, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil abriu múltiples expedientes sancionadores á empresa mineira desde o inicio das súas operacións en 2018 vinculados a verteduras contaminantes sen arranxo á lei.

E vén de longo. En 1975, un fallo crítico na presa de lodos resultou nunha catástrofe ambiental que causou unha grave contaminación das terras agrícolas. As balsas de lodos ocasionaron incidentes recorrentes de contaminación, chegando mesmo a interromper a subministración de auga potable na localidade de Viana do Bolo. O máis recente fai apenas tres anos. A mina de Penouta, advirten os ecoloxistas, “é un gran foco de contaminación por metais pesados dos arroios próximos a Pena Trevinca, na Rede Natura 2000”. Isto débese ás características xeoquímicas do xacemento, pero sobre todo á falta de cumprimento por parte das sucesivas concesionarias e da administración das súas obrigacións en materia de restauración do espazo afectado polas actividades mineiras.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.