O prelo
“Os que se queixan pola comida nunca serán grandes persoas”, un achegamento ao Caranguexeiro de Kobayashi

A obra de Kobayashi foi escrita en 1929, pero tivo unha segunda vida no 2008 durante a crise económica.  Que supuxo a recuperación dun movemento obreiro sometido ao medo e á brutalidade en tempos do capitalismo financeiro? 

28 nov 2020 10:23

Xa a crítica sinalara con sorpresa a nova recepción de O caranguexeiro  no 2008. A novela, publicada en 1929, viviu un momento de gran aceptación durante o ano da crise global. A interpretación xeral asumiu que o motivo era evidente: a crise financeira levou ás lectoras a atender un texto que falara da explotación e a organización proletaria nun barco-factoría. Parecía, entón, que existía un xogo de similitudes que o texto facía explícito entre  os traballadores do navío e a nova clase traballadora precarizada no mundo do capital financeiro.

O xogo de equivalencias xustifica dalgún xeito a nova actividade lectora, pero tamén pode pasar por alto o sutil xogo de experiencias que constitúe a prosa de Takiji Kobayashi.

O caranguexeiro fala dun barco-factoría que navega nas augas da na península Kamchatka despois da chamada guerra ruso-xaponesa. Alí, os traballadores son sometidos a condicións de traballo miserables e sofren o sometemento e as torturas de Asakawa, o superintendente do navío. Xa que logo, o corpo heteroxéneo de traballadores decide mobilizarse para reclamar condicións xustas de vida e castigar así a quen os atenazou durante meses.

A reiteración do sometemento dialoga con formas de exhibición da violencia que tamén serven como expresións que procuran o medo e o desencanto da dimensión transformadora da realidade.

A historia está construída como unha relación de episodios que describen momentos de castigo e medo. Aínda que escritas de forma lineal, cada escena goza de certa autonomía, como se mantivesen una relación apenas suxerida polo feito de suceder no mesmo espazo. Iso anima a idea de que cada unha delas ben podería ocupar un lugar distinto no relato de Kobayashi.  O efecto de autonomía non é só un recurso formal. Posibilita atender cada acontecemento cunha forma de predisposición especial: non é relevante o que sucedeu ou o que sucederá, senón o que sucede agora. O efecto de singularidade está vinculado con atender só e unicamente o presente do que se narra. Apenas importan algúns antecedentes para construír o significado da escena.

O sentido de presente, que Kobayashi mantén case durante toda a obra, tamén está relacionado cun recurso que fundamenta moita da prosa da súa xeración e que animou sen dúbida a atención das lectoras contemporáneas: unha especie de estética da indignación. Kobayashi fai explícita e detallada a tortura cara á clase oprimida:

“Á maña seguinte, cando os grumetes baixaron á fabrica, viron o estudante do día anterior amarrado á columna de ferro do torno mecánico. A cabeza penduráballe sobre o peito, como a un galo co pescozo retorto, de tal modo que se lle marcaban as vértebras”.

Hai nas palabras do narrador unha exposición cruel do castigo e o medo. A indignación, motivada pola violencia da súa descricións é unha forma de animar a furia. Supón que a potencia mobilizadora da escrita está relacionada coa forza dunha estética da crueldade. O valor literario suporía, para a tradición literaria de Kobayashi, a preparación das chamadas condicións subxectivas da revolución obreira, representadas nas palabras de Lenin.

A reaparición do Caranguexeiro supón unha lembranza de aquel primeiro movemento literario que estivo animado pola revolución de outubro. Pero tamén se integra a un debate contemporánea sobre o falso poder liberador da exposición da violencia e o medo.

Sumada á exposición da violencia e o terror, o relato preocupase tamén por ilustrar a Asakawa, o superintendente e xefe supremo da embarcación, como un home atroz e desapiadado. Pouco se pode saber del e apenas é recoñecible polos seus castigos e o seu cinismo:

“Asakawa puxera un aviso segundo o cal, alén dos premios, habería “ferro”  para os que menos rendesen. O castigo consistía en quentar unha vara de ferro até que virase vermella e en marcarlles con ela o corpo.”

Asakawa non é o patrón atormentado pola súa vida íntima nin tampouco o suxeito que foi sometido ao mesmo traballo en tempos anteriores. É, por se mesmo, un ser perverso. O superintendente é visible polo que fai, case determinado pola súa propia condición de xefe. Así, é unha representación máis do xogo da indignación. Un personaxe que cumpre a única función de animar o sufrimento.

O efecto da estética cruel non sempre está vinculada coa organización popular. Aínda que en Kobayashi, no seu momento máis didáctico, mesmo procura ilustrar formas de organización colectiva como nunha especie de guía para o lector. O sometemento explícito tamén dialoga con afectos íntimos e solitarios. No 2008, a indignación solitaria foi sintomática e só en importantes ocasións foi capaz de colectivizarse. A reiteración do sometemento dialoga con formas de exhibición da violencia que tamén serven como expresións que procuran o medo e o desencanto da dimensión transformadora da realidade.

A prosa de Kobayashi, desde os primeiros momentos, tamén establece o que sería un anonimato colectivo. Dos personaxes que traballan no navío apenas se saben os nomes. A súa singularidade é a singularidade da masa traballadora. Interesa entón a resposta colectiva e a organización. Parece dalgún xeito que o poder desdebuxa a súa singularidade, pero tamén o fai a tradición de Kobayashi. Son, neste caso, corpos que deben nutrir a brutalidade do efecto estético.

A reaparición do Caranguexeiro supón unha lembranza de aquel primeiro movemento literario que estivo animado pola revolución de outubro. Pero tamén se integra a un debate contemporánea sobre o falso poder liberador da exposición da violencia e o medo. O Caranguexeiro foi publicado por Hugin e Mumin e a tradución estivo a cargo de Gabriel Álvarez Martínez. Foi publicado neste ano e forma parte da súa colección XX. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.