Opinión
O noso rural na banda deseñada: Grandarroiba de Cristian F. Caruncho
Un relato capaz de crear unha narrativa gráfica dos montes de Couzadoiro. Neste primeira obra longa de Cristian F. Caruncho, relátase o rural galego desde a súa forza visual.

A Galiza ten construído unha importante tradición de banda deseñada que suma non só un conxunto de publicacións, senón tamén espazos de ensino e difusión. Nese marco, aparece a primeira obra longa de Cristián F. Caruncho: Grandarroiba.
A obra foi publicada por Demo Editorial, que xa está constituída coma unha referencia no marco das publicacións de banda deseñada no noso país. Foron eles quen colaboraron con Cristian F. Caruncho, procedente de Couzadoiro e quen xa tiña autoeditado algúns comics curtos como O asubío das fouces (2013) ou O voo da vacaloura (2015), na publicación da súa última obra.
Esta banda deseñada inclúe un prólogo escrito por David Rubín quen celebra a obra de Caruncho como un dos artistas máis valiosos e novos da súa xeración. Tamén anticipa unha narrativa capaz de mirar a Galiza rural como motivo da poética contemporánea.
Grandarroiba fala dun home castigado pola opinión pública da aldea onde naceu. É chamado O Cabreiro desde cativo por dedicarse ao pastoreo do gando e crece sendo amedrentado polos homes da súa parroquia. Moncho da Grandarroiba, o seu nome verdadeiro, vive nesta historia un momento de cambio persoal que o axuda a saír dun permanente estado de resentimento e un infinito ciclo de violencia. Así, esta historia fala da exclusión social no ámbito rural e da capacidade do protagonista para recuperarse do abuso e o sinalamento a través do seu reencontro coa solidariedade e o acompañamento.
Esta banda deseñada está debuxada unicamente en branco e negro e conserva só as palabras necesarias para dar sentido á historia. É un percorrido de imaxes que amosan só os xestos dos personaxes e as paisaxes do monte de Cazadoiro. En moitas ocasións non hai palabras que guíen a mirada do espectador: cada páxina é una secuencia de imaxes que o lector é capaz de asociar. A diferenza do comic habitual que está cheo de parlamentos, o Grandarroiba é unha exposición de cadros silenciosos que encadran nunha cadea de detalles que orientan a narrativa da historia. É así como na parte superior dunha páxina encontrase ilustrado un lucecú, no cadro de abaixo un grupo máis grande deles e finalmente, no medio da páxina, unha panorámica do monte de Cazadoiro cun enorme parque eólico adornando a noite. Así, Caruncho invita a facer unha lectura que se constrúe desde o silencio e a forza das imaxes.
A historia de Caruncho súmase a esa gran tradición literaria que se pregunta pola forma de representación do rural galego. En Grandarroiba, o campo galego non é ese espazo puritano e costumista: aí viven mozos e as festas non son representación folclóricas da tradición galega. As preguntas polo rural galego do noso tempo xa non se responde coa historias co mito da homoxeneización cultural.
Mais Caruncho non se separa completamente dese gran interese literario que habita na nosa tradición e procura recuperar as paisaxes máis sorprendentes da noso país. Destacan os cadros dedicados aos montes, á chuvia ou as pequenas manifestación da natureza. As últimas dúas páxinas están dedicadas a unha imaxe en branco e negro que ilustra un ceo estrelado que cubre unha pequena casa illada no monte de Cazadoiro.
Relacionadas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
Últimas
O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Recomendadas
Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!