O prelo
César Lorenzo: “A xente do rural ten o dereito de acceder a proxectos culturais de calidade na súa contorna” 

Aira Editorial leva máis dunha década desenvolvendo a industria literaria desde onde non está garantida a accesibilidade á cultura por mor da exclusión territorial que se vive no rural.
César Lorenzo, directo Aira Editorial
Foto: Arquivo César Lorenzo
17 sep 2022 09:00

Hai doce anos, Carlos Airas e Margarita Fernández decatáronse de que en Allariz facía falta unha libraría que respondese ao contexto cultural da vila. Tempo despois, inauguraron a que hoxe é unha das librarías máis afamadas de Ourense, Aira das Letras. Seis anos máis tarde, Airas quixo deixar de adicarse exclusivamente á venda libros e comezou a editalos. Hoxe, o proxecto de Aira Editorial transcende tanto a libraría, como o proxecto editorial. É unha referencia de dinamización cultural en toda Galicia e, sobre todo, un paradigma importante no eido das iniciativas culturais que nacen e teñen impacto directo na vida das comunidades que habitan no rural.  

César Lorenzo, quen comezara como cliente frecuente da libraría desde a época na que traballaba como xornalista en A Nosa Terra, é agora o director editorial de Aira. Falamos con el sobre o proceso de edición, os plans editoriais, así como da importancia dos proxectos culturais que inciden positivamente nas poboacións non urbanas ao garantirlles o acceso á cultura. 
 

Publicades textos moi heteroxéneos, desde literatura infantil, poesía, narrativa galega contemporánea e narrativa traducida de varias linguas. Como definiriades a vosa liña editorial? 
A palabra que nos define mellor é xeneralista. Nos últimos anos, en Galicia houbo unha eclosión de proxectos editoriais. E creo que hai dous camiños editoriais a tomar: o da hiper-especialización -por exemplo, unha editorial que só se adica á tradución ou á poesía- ou a vía xeneralista. O que sucede é que o mercado é tan cativo, que non che permite cousas medias. Como experiencia cultural e comercial, Aira procura darlle ás lectoras unha oferta moi ampla, para que cada quen atope o que máis lle interesa. Desde unha novela máis comercial, até un libro de poesía para rapazas e rapaces.  
Este é un modelo que funciona nos mercados editoriais de todas as linguas. En Galicia funciona principalmente a través de Xerais e Galaxia. Pero mesmo outros proxectos como Kalandraka, que comezou como un selo hiperespecializado, cada vez éo menos. É certo que o centro desta última segue a ser a literatura infantil, pero desde hai catro anos vemos que as súas traducións de novela son moi potentes e que tamén están a apostar por ese camiño.  
Para nós, aínda que nun principio pensamos que ao cabo dos anos atoparíamos unha liña de especialización, vemos necesario seguir na xeneralización porque é o que nos permite chegar a diferentes públicos. E notamos que o público percibe a nosa identidade non porque nos dediquemos a un xénero en concreto, senón polo tipo de libro que publicamos a nivel de obxecto.   
 

Cal é o proceso de escolla das obras? 
Somos unha empresa pequena, polo que o noventa por cento da escolla fágoa eu. Cada ano tentamos que haxa cómic, poesía, novela, literatura infantil... Tamén miramos que o texto cumpra os criterios mínimos de interese. Nós non só procuramos a rendibilidade económica per se. Os textos teñen que ter un valor. É dicir, para manter a nosa viabilidade, sabemos que debemos ter polo menos dous libros que superen o nivel de vendas ordinario, porque é o que nos vai permitir apostar por outros proxectos.  
Por exemplo, o noso libro 21 poetas do século XXI, é un libro de autoras e autores que ninguén coñece aínda porque é a súa primeira obra. Nós temos que ter a seguridade de que os libros de María Oruña ou os da Historia da Galicia pequeniña, que teñen unhas vendas extraordinarias para o mercado galego, permítannos asumir as posibles baixas vendas dos outros produtos.  

Pasaches de lectores a editores. Como inflúe a experiencia lectora no voso proxecto editorial? 
Eu, ademais da experiencia de lector, teño a experiencia de critico literario, de persoa que se dedicou moito tempo a facer informes de editoriais, etc. Pero tamén sumo a experiencia como libreiro, que penso que é moi importante. Eu sempre digo: se o editor ten a oportunidade de ser libreiro, que o sexa porque muda completamente a súa perspectiva sobre o libro. Cando te enfrontas ao que busca o público ao entraren nunha librería, ás preguntas que che fan, aos seus comentarios sobre os libros, dáste de conta que hai moitas cousas ás que ti, na túa casa como lector, non te enfrontas. E ao estaren nunha libraría, si. Nós témolo moito en conta. Non hai un libro que non publiquemos, que non estean mirados antes polas nosas libreiras. Para min, a libreira de Aira das Letras, Jose Corderí, é unha asesora máis. Porque é unha persoa que está todos os días a escoitar e a falar coas persoas que queren mercar libros. Para nós esa é unha información fundamental. 
 
Por outra banda, tamén queremos que as lectoras atopen o que se lles está a ofrecer. Eu como lector encontro cousas no mercado que non son o que parecen. Falo de editoriais que están a venderme unha cousa e logo te decatas que está mal editada. Nós podemos publicar cousas variadas, desde novelas literarias, até novelas comerciais que van ter outro público obxectivo, pero o que buscamos é que cada un cumpra a súa función. Se publicamos unha novela literaria, queremos que o nivel literario brille. Non nos conformamos con menos.   

aira das letras
Libraría Aira das Letras, en Allariz. Imaxe: Aira das Letras.

Baixo que consideración está a de editar libros de gran formato, con tapa dura, mentres que o mercado editorial opta por deseños e formatos cada vez máis miúdos? 
Nun primeiro momento ten que ver coas novas dinámicas do mercado e do que eu chamo a “resaca do libro electrónico”. Durante a primeira década do novo milenio houbo unha sensación de que o libro íase acabar e que sería substituído polo libro electrónico. Mais, na década seguinte, houbo unha especie de resaca na que o libro electrónico chegou até onde chegou e comezaron a xurdir preguntas sobre o futuro do libro en si. Creo que alí comezou un proceso de revalorización do obxecto libro. A xente non só compra unha lectura, senón unha experiencia que vai alén do inmaterial. Eu creo que agora estamos nun momento en que o valor inmaterial segue a ser o motor do libro, mais que se está a valorar máis ca antes a tipografía, o tipo de papel... a edición en si. Iso nós viámolo na experiencia que tivemos na libraría e vémolo agora como editores. É dicir que hai lectoras que non só lle dan valor aos nosos libros pola escolla do catálogo, senón tamén a nivel material.  
 
A lectura non é só unha experiencia co texto, é tamén unha experiencia co obxecto. Ao final é un diálogo entre o editor e o público. Os produtos de grandes formatos e de certa edición non efémera, supoñen outra dinámica. Por exemplo, nós traducimos moitos libros. Gran parte deles, son clásicos que a xente xa coñece. A maioría das lectoras, ao entrar nunha libraría, coñece Frankenstein ou O nome da rosa. Como convencemos as persoas de que merquen un libro que xa coñecen? Pois publicamos unha edición de tapa dura, con sesenta ilustracións polo medio, con certo tipo de papel, cunha nova tradución... estamos a dicirlle ás lectoras: “Pensas que coñeces este libro, pero nunca cho deron desta maneira”. Ese é o noso camiño.   
Como libreiros víamos moito esa dinámica. Chegaba xente coleccionista de O principiño ou de Drácula. E, cando tiñamos as edicións dos selos O zorro rojo ou Edelvives, pedíannos as dúas edicións desa mesma historia. O texto era o mesmo, pero non eran os mesmos libros.  
 

Que significa ou que proxecto hai detrás de ser unha editora asentada no medio rural? 
Nós somos moi conscientes de onde estamos. De feito, unha das primeiras cousas das que se falaron ao fundarmos a editorial era que tiña que ser en Allariz. Para nós, Allariz, como concepto, é importante. Pero somos conscientes que alén do imaxinario que envolve a vila, hai unha realidade sobre ela. Non deixa de ser unha vila da 6,000 habitantes da periferia de Ourense, que ven sendo a periferia de Galicia, que ven sendo a periferia de Europa. É unha comunidade cunha poboación moi envellecida, onde se ten a sensación que as cousas importantes están a pasar noutros lugares e no que a mocidade vive certo desacougo. Eu coñezo a xente que está a desexar cumprir os dezaoito anos para marchar porque aquí non hai oportunidades. Hai unha serie de condicionantes socioeconómicos que te obrigan a dar unha resposta. Nós temos a sorte de que, como efectivamente hai un imaxinario sobre Allariz, hai un sector turístico que nos permite que este tipo de ideas [a libraría e a editorial], poidan empatar no seu contexto. 


Estades involucrados con proxectos que non adoitan suceder no rural, como o novo Festival Literario de Allariz (FLAZ) ou Allariz debuxado. Semella que hai un traballo de mediación de lectura e incidencia social que transcende o labor de editar. 

Si, a nosa intención é crear comunidade. Primeiro en Allariz, porque a súa poboación ten o dereito de escoitar a xente que vén de fóra a falar de literatura. Ademais, nesta primeira edición do FLAZ non quixemos que fose un festival que xuntase unha chea de escritoras e escritores para que se sentasen a falar durante un fin de semana sen máis. Non. Os perfís das persoas convidadas estiveron moi pensados. Procuramos non só converter Allariz na capital do libro durante un par de días, senón que aquí se falasen e debatesen cousas. 
 

O medio rural sofre de xeito sistemático de exclusión territorial, o que supón unha falta de acceso á cultura. Na vosa experiencia de todos estes anos, que impacto tivo Aira na comunidade de Allariz?, é replicable noutras vilas? 
Por suposto que si. Pero precisas de alguén que cumpra o papel de Carlos Airas: alguén coa posibilidade económica que, en lugar de investir o capital nunha casa de turismo rural, aposte en montar empresas culturais con todo rigor e seriedade.  
E despois, doutro lado, ten que haber un certo compromiso da propia comunidade para recibir estas iniciativas. Non é casualidade que a maioría dos mecenas que temos sexan de Allariz. Nótase que á xente de Allariz está implicada e que lle interesa noso proxecto. O principal sería crear esa comunidade. Ten que ser unha simbiose de ambas partes. O que si quero dicir é que non fai falta o plan institucional. Nós adoitamos pensar no apoio dos concellos, pero, aínda que tivesen a sensibilidade, non teñen a capacidade económica. Galicia é un país que non ten unha figura que a defenda a nivel político, mais a súa sociedade civil leva séculos a facer cousas sen o apoio institucional. A editorial Axóuxere, de Rianxo, foi unha iniciativa cultural desa liña. Xuntáronse un grupo de persoas, crearon unha editorial, crearon unha residencia literaria e de pensamento e foron capaces de facer sobrevivir o proxecto unha serie de anos até que se puido. Sería fantástico que ese modelo aparecese máis a miúdo precisamente na extrarradio e que non todo sucedese en Vigo, en Santiago ou na Coruña.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Altri
Altri Centos de persoas enchen o río Ulla nunha protesta histórica contra a celulosa de Altri e a mina de Touro
O río potencialmente máis afectado por ambos proxectos converteuse este domingo nunha vía de protesta e conciencia ambiental grazas á decida de decenas de embarcacións dirixidas por activistas de todo o país.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.