Contra a obriga de gustar

Detrás do aparentemente nimio acto da depilación, agóchase o sistema heteropatriarcal que, co seu cariz racista, perpetúa a presión estética baseada nunha ficción.
21 ago 2022 09:00

Amar o noso corpo como é. Non importa que lésemos completo A mística da feminidade de Friedan nin todas as críticas e aportacións ao redor dos mitos da beleza que lle seguiron. A realidade é que é moito máis sinxelo lelo e comprendelo ca facelo e sentilo. A depilación é só un exemplo das múltiples accións que temos interiorizadas até tal punto que deixar que apareza o pelo por tódalas nosas pernas aínda pode suxerir o fracaso daquela “feminidade” que a sociedade espera de nós. Porque ter pelo nas pernas, pube ou nos sobrazos aínda se relaciona coa sucidade.  

Así que, para evitar conflitos e mesmo agresións verbais ou físicas, desde pequenas aprendemos a nos adaptar. Entón, axustámonos ao sistema e mercamos un paquete de cera. 

A contrapelo é un ensaio que aborda os motivos polos que recorremos á depilación e tamén todos os efectos e implicacións que isto ten en nós, desde as afeccións á autoestima e ata a submisión a un sistema heteropatriarcal que continúa a castigarnos se a nosa aparencia non corresponde aos estándares de beleza brancos. 

A autora, Bel Olid (Mataró, 1977), é escritora, tradutora e profesora do departamento de Filoloxía Catalá da Universidade Autónoma de Barcelona. No 2009 recibiu o premio Qwerty ao mellor libro do ano con Crida ben fort, Estela, unha obra sobre o abuso sexual infantil. No ano seguinte, gañou o célebre galardón Documenta 2010 pola súa primeira novela Una terra solitària. Foi presidenta da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (AELC).  A súa obra literaria inclúe desde literatura infantil e até o ensaio feminista, como Feminismo de bolsillo: kit de supervivencia, Fodemos? e A contrapelo. Este último foi traducido ao galego por María Alonso Seisdedos para Edicións Embora.  

Bel Olid refresca o xa tan empregado “o persoal é político” ao falar do que hai detrás da aparente libre e trivial elección de depilarnos ou non. A autora fai que repensemos sobre ese acto cotián, aínda se, coma ela, deixamos de depilarnos desde hai tempo.  

“Dicir que a depilación é unha decisión persoal, que o facemos libremente e que niso non se ten que meter ninguén, pódenos dar unha certa sensación de liberdade, pero estámonos enganando. Sería unha decisión persoal sen máis transcendencia se as consecuencias que implica depilarse e non depilarse fosen equivalentes. Canto depilarse ten premio social (que guapa estás!) e non depilarse atrae o castigo (que noxo!), a decisión deixa de ser inocente e pasa a ser política” 

Nese sentido, A contrapelo convértese nun ensaio sobre as condicións que limitan as mulleres en termos de representación pública. Ao igual que o sinalara Mary Beard no seu ensaio Mulleres e poder, Bel Olid describe a exixencia de reproducir estereotipos de xénero dunha “feminidade” heteropatriarcal no momento de ocupar espazos de poder.  

  

No ano 2000, Marjane Satrapi logrou concretar nun par de viñetas o proceso en que as mulleres recuamos de diferentes intereses e proxectos persoais, por mor da presión estética. Aínda que noutro contexto social e histórico e máis de vinte anos despois, Olid retoma o problema e expresa no seu ensaio que “Non é só a reprodución banal de estereotipos de xénero; é tamén o recordatorio constante de que o primeiro que as debe preocupar é a mirada allea sobre o seu corpo”, describindo así como o sistema heteropatriarcal continúa a exercer o control sobre a vida das mulleres. 

A autora catalá tamén cavila sobre os efectos da presión estética no autoestima e o amor propio. Ao estaren as mulleres desde pequenas expostas á “ditadura do control social do seu corpo”, adóitase crear un distanciamento da propia corporalidade que moitas veces deriva nun rexeitamento do corpo. Mais unha das grandes preocupacións de Bel Olid é o xeito en que esa “ditadura” estética da “feminidade” pasa de ser unha norma a ter a categoría de produto da natureza.  

En canto se amosa o corpo, deben desaparecer os pelos, polo risco de que a xente rea que unha non é ‘muller muller’ ou ‘boa muller’. O máis fascinante de todo este mecanismo é que un artefacto social (a depilación) se considere mostra de feminidade innata.” 

Por outra banda, un dos grandes puntos deste breve ensaio é o feito de que Bel Olid, como muller cisxénero branca europea, non esquece o lugar de privilexio desde o que está a falar. Así, aínda que non afonda no tema, si abre a porta e menciona como é que certas decisións, neste caso a depilación, revelan que non todas as mulleres podemos exercer a nosa liberdade no espazo público do mesmo xeito, pois non todas gozamos dos mesmos dereitos efectivos. Para as mulleres racializadas, así como para as mulleres trans, disentir dunha expresión de xénero normativa implica sentir medo polo risco de agresións físicas ou verbais. 

As mulleres cis podémonos permitir renunciar á depilación porque non a necesitamos como proba dunha suposta feminidade intrínseca; en cambio, as mulleres trans expóñense a un cuestionamento constante sobre o seu xénero.” 

Como devolver o gozo entón? Algunha vez poderemos celebrar o noso corpo tal cal é sen ningun determinante? Bel Olid demostra o arraigado que está o problema na sociedade, mais tamén asume a posibilidade dunha mudanza. Ao escribir que o desexo é unha cousa que se pode aprender e que, polo tanto, que muda a través do tempo, dos territorios e as culturas, deixa aberta a porta para pensar no futuro e na nosa capacidade de traballar nel. De súpeto, as estruturas que parecían inamovibles e que, por esa mesma razón desarmáronnos e inmobilizáronnos tantas veces, amosan as súas gretas. Xa que logo, Olid convídanos a pasar de obxectos de desexo a suxeitos políticos e, polo camiño, trocar a obriga de gustar pola vontade de facelo. 

As normas parécennos inflexibles mentres as padecemos (ou gozamos, consonte o lado do que nos atopemos), pero en realidade mudan decontino. Se en lugar de aferrarnos ás normas restritivas da nosa xeración nos atrevemos a transgredilas, abrimos camiño (...)” 

A contrapelo é unha breve, pero gran análise que abre varias liñas de debate. O seu carácter didáctico é ideal para comezar a ler pensamento feminista e a agudeza da autora, así como o seu sentido do humor, invita as persoas que levan tempo inmersas no feminismo a reflexionar sobre outras arestas dun tema coñecido.  

Sen dúbida, Edicións Embora fai unha aportación importante ao sistema literario galego con este título de actualidade feminista.  

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

Medio rural
Un grupo de xornalistas e fotógrafos lánzanse a documentar os baleiros do rural galego para que non esmoreza
Logo do éxito da exposición itinerante ‘Habitar o baleiro’, o fotoxornalista Brais Lorenzo e a xornalista Cláudia Morán arrincan o proceso de gravación dunha peza documental xunto coa produtora Metropolis.coop.
Ourense
As embarazadas de Ourense esixen dar a luz con seguridade mentres a Xunta manobra para trasladar o paridoiro
Demandan que se deteña o traslado á ubicación temporal e que o Sergas teña en conta as súas demandas.
Danza
Todo o que podería ser o xénero e como desfacelo dende o escenario
A compañía Disiden.cia rompe os moldes da identidade con 'Bipedestrución' na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que cumpre 41 edicións cunha aposta radical pola diversidade, a memoria e o pensamento crítico.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.

Últimas

Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
El Salto n.79
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...