O prelo
A illa, o ceo e outras tempestades

En 2021, Editora Urutau presentou o “O resto é céu” de Silvia Penas, unha obra que crea unha impoñente xeografía íntima.
4 sep 2022 11:30

NUNCA SOUBE DIFERENCIAR O POEMA do mundo

O primeiro verso de Silvia Penas en O resto é céu anticipa unha poética que se achega aos pregos, aos lindes entre superficies e sentidos. Non é, xa que logo, unha obra que descansa sobre a base dos obxectos, senón sobre as liñas que os limitan, a súa relación con aquilo que os precedeu, os ocos que definen a súa propia forma. Atende as marxes e as diferenzas sutís que se atopan entre as cousas. Esta obra fórmase de imaxes en que se disputan os bordos que definen o espazo, o corpo e o tempo:

não existe a meta nas ilhas pela sua
extrema circularidade
não existe uma linha reta entre o passado
o presente o futuro
  

De aí, a importancia da illa na súa obra. Estes espazos suspendidos no mar son máis delimitacións que superficies. Da illa apreciamos as súas marxes co mar, co ceo, con outras illas. Son máis lindes que obxectos. A illa apréciase porque atopa con présa o seus propios límites. Iso sepáraas doutras masas de terra depositadas no mar. Non toda superficie é unha illa porque non todas están concibidas polos seus propios bordos. A poeta alimenta esa experiencia. 

A illa de Penas pasa por formas de determinación e indeterminación constantes. Ás veces parece estar situada nunha xeografía concreta en que a voz poética é unha visitante atenta e contemplativa. Noutros casos, é un espazo propio, un depositario da memoria e da dor persoal: 

ENSINARAM-ME A COMEÇAR O PRATO pelas bordas
para não me queimar na boca do vulcão
e assim, interno-me na ilha

habitando as costuras e a margem do regato (...)

A illa, en O resto é céu, é tamén unha forma de asumir o corpo. É o espazo en que a voz poética é quen de auto-imporse, de asumir a súa mesmidade. Nese exercicio, a illa deixa de ser terra para ser sangue, órganos e feridas. A voz poética, nese esforzo que supón a transformación material da illa, ten tamén a vontade de atravesar a historia das mulleres que a constrúen. É dicir, a illa non é só un equivalente do corpo material, senón tamén un espazo en que se econtra a memoria compartida. “Cavar” non é só atravesar pel e sangue, senón experiencias e dores comúns.

A illa, así pois, é corpo e pasado propio:

hoje trago o meu saber ancestral e cavo
muito fundo para abrir a carne da ilha
vejo como pinga o sangue do meu pulmão
para o lado esquerdo do tarrafal
acodem-me as mulheres já deixei para trás (...)

Ao igual que a palabra e o mundo son territorios de confusión, espazo e corpo son formas que non teñen lindes claros nesta obra. O corpo e a illa, pero tamén a idea suxerida de “tornar-me cidade” nun dos poemas máis importantes da obra. Trátase de falar de si desde o espazo e as formas especiais en que pode ser habitado. Noutras palabras: a escrita de si desde as experiencias que o espazo ofrece. Nun só verso o valor da vida e o espazo toman unha forma concreta e poderosa: “ou porque pertencer a um lugar / é questão de vida o morte”.

Pero  non só hai na obra de Penas unha reflexión sobre o horizonte do espazo propio. Está viva a intención de recoñecer o seu pasado, a sucesión de experiencias que organizan a seu propio presente. Nese camiño, visita as  mulleres que forman e preservan a vida. É dicir, o xeito en que se constrúe a transmisión de saberes vitais entre iguais: a transmisión dunha lingua, o coidado da terra, o uso de ferramentas no campo, a carta que unha nai escribe ao seu fillo. Nesa exploración, posúe un sentido extraordinario o verbo “tecer”, que nesta obra está vinculado coas mulleres e o mantemento da vida. Un tecido que tamén é un soporte construído desde as lágrimas e a violencia.  

Só no último gran segmento desta obra, Penas deixa atrás o sentido dos bordes e lindes. Atopa refuxio nunha forma contraria: o ceo. Como nun peche progresivo, o que primeiro foi bordo agora parece quedar espido. A dor e a ferida quedan suspendidas e “apenas o céu” imponse coa súa inmensidade. A súa poética transita da materialidade da terra e a carne, e remata no horizonte idenfinible do ceo. Xa non se trata de observar os espazos de transición, senón de experimentar a imposición dun corpo inmobil e inabarcable. O ceo recobre por completo a experiencia dx lectorx para quen as palabras e as imaxes van desvanecendo:

apenas levantar a vista é
céu
apenas empunhar a vista é
céu
empunhar o fundo dos olhos é
céu
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.