Ler o mundo

As palabras de Michèle Petit chegan á nosa lingua e acompañan os esforzos de transmisión cultural que crecen neste territorio.
9 ago 2020 11:47

Eu medrei nunha casa con pouco libros. A miña familia asentouse na periferia da cidade de México, nun barrio popular que bordeaba os límites da capital. Como moitos migrantes, a vida tiña empezado de novo para nós trinta anos antes. Pouco se di da delicada arte que  representa volver a iniciar. Eu herdei ese novo inicio que persigue ás comunidades migrantes durante toda a sea vida. A casa na que viviamos tiña un patio enorme na entrada. Alí pasei a maior parte da miña infancia. Inventei xogos e tiven como compañeiro a un querido amigo con quen mantiña conversas infinitas. El mirábame desde a súa casa, nun primeiro andar, mentres eu quedaba a ras do chan nese singular espazo onde gardaban coches, medraban plantas e eu empregaba como campo de exploración. No centro de ese inmenso lugar, lembro pousar sobre o solo as historietas que atesouraba. Alí, en completa soidade, aprendín a ler. Quería saber que era iso que os personaxes que admiraba dicían e, despois de intentar unha e outra vez, descifrei as primeiras palabras. Así foi como comezou a miña relación coa palabra escrita: deitado nun inmenso patio e coa única intensión de escoitar o que me tiñan que dicir aqueles personaxes que tanto me tiñan acompañado. 

Todos e todas temos una historia que describe o noso vínculo coa palabra. É unha biografía -das moitas que temos- na que se repasa a nosa vida con relación no que dicimos, lemos ou escoitamos. A lectura de Petit suxire, de forma implícita e silenciosa, recordar eses espazos da vida que nos axudaron a darlle forma. Trátase desa outra función do relato que nos permite facer “habitable o mundo”: 

Para que o espazo sexa representable e habitable, para que poidamos inscribirnos nel, ten que contar historias, ter unha carga simbólica, imaxinaria, lendaria. Sen relatos (e algunhas lembranzas non deixan de ser mitoloxía familiar) o mundo quedaría indiferenciado, non nos axudaría a habitar os lugares en que vivimos nin construír un fogar interior. 

Ler o mundo é un texto oscilante no que Petit pasa das prácticas reais de mediación de lectura e transmisión cultural á reflexión encarnada nela ou noutras mediadoras e pensadoras. A súas palabras móvense da experiencia ao pensamento coma se se tratase dunha mesma dimensión da vida. O libro entón técese co fío dunha gran xeografía na que se recuperan formas de traballo valentes que procuran a reunión e o coidado da palabra. 

A lectura para Petit supón un acto que se fundamenta nunha inmensa experiencia vital. Trátase dun espazo que non se crea desde a evasión, senón desde a construción de condición que nos permiten imaxinar o futuro: 

Mais o que describen ao evocaren esta saída da súa realidade ordinaria por mor dun texto non é tanto unha fuxida, como adoita dicirse con menosprezo, senón un salto a outro lugar onde se fan posibles os soño, o pensamento, a lembranza e a imaxinación dun futuro. 

Para Petit, a lectura e as experiencias culturais son capaces de crear e coidar os imaxinarios que suxiren outras posibilidades para o noso porvir. De aí que o imaxinario sexa a “expansión dun mesmo” e non só a acumulación persoal de imaxes mentais. Así, a capacidade imaxinativa é algo que, como se relata nas experiencias da autora, debe sementarse en moitos momentos da vida e coidarse como quen atende o crecemento dunha árbore. Nas palabras da autora, o imaxinario non deixa tampouco de ser esa parte poderosa do desexo que nunca está rematada. Noutro sentido, é iso que queda do principio de pracer e que nos permite vincularnos co que “podería chegar a ser pero non é”. 

A lectura e as prácticas culturais supoñen unha posibilidade fronte ao caos. Ese desorde que pode rodear o noso presente ou ben formar parte do pasado, de aquelas experiencias que encerran dor e desconcerto. “O relato é unha especie de segunda oportunidade que se nos dá” porque nos permite dar sentido a aquilo que parece perdido ou nos resulta  desconcertante. É por iso que Michèle Petit regresa constantemente a aquelas experiencias de mediación de lectura en contextos de guerra ou conflito. Ese espazos nos que resulta prioritario crear o sentido de acompañamento e escoita. 

É claro que os procesos que aquí se describen non dan continuidade a instrumentalización da didáctica nas artes nin tampouco insisten na creación de “novos lectores”, senón que aluden á organización de procesos sutís e poderosos como o encontro coa interioridade do Outro, a capacidade para construír as nosas propias narracións ou a posibilidade de encontrar na lectura esa “metáfora especial” que nos permite abrazar o libro como se fora a nosa cabana ou o noso refuxio. 

Como o comentaba un querido amigo en México, “ler o mundo”son tamén as palabras que emprega o gran educador, Paulo Freire, para referirse a esa función fundamental da educación que nos prepara para atender a desigualdade e a inxustiza no mundo. Petit recupera as palabras de Freire para lembrarnos o compromiso oculto e marabilloso que se encontra no xesto da lectura e que supón a capacidade de aprender a interpretar e reorganizar, unha e outra vez, a nosa realidade. 

Petit escribe que nun principio o que hai entre o neno e a palabra é un segredo. Trátase dunha intriga fundacional que se localiza no primeiro impulso por aprender a falar ou a ler.  É un misterio especial porque diso depende obter outro tipo de experiencias e tamén facer intelixible aquelas palabras que xorden do que se ama ou se admira. No caso do rapaz que vivía na Cidade de México, trataba de facer comprensible a voz de aqueles seres que lle facían compañía e lle permitían estar un pouco menos só. Así o di Petit: 

Sexamos conscientes disto ou non, a procura dun segredo está na cerna da lectura ao longo de toda a vida. Dun segredo difícil de situar, nas letras enigmáticas e no noso propio corazón.  

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...