O prelo
Música para os días de inverno: a posibilidade dun debate cultural en tempos do franquismo

A obra de Pablo Nogueira senta as bases dunha discusión que involucra os problemas das experiencias culturais e a represión durante a ditadura.
Musica para Laiovento
6 feb 2021 10:15

Apenas o ano pasado, Laiovento presentou Música para os días de Inverno  de Pablo Nogueira, unha novela breve que atende o problema da represión cultural e o exilio galego durante o franquismo.

Parecido a un espello, Nogueira presenta a historia de Alfredo e Balbina. Coma nun xogo paralelístico, as historias suceden de forma simultánea: os capítulos pares desenvolven a historia da personaxe feminina e os impares do masculino. O efecto é similar ao de dúas narrativas que suceden nun mesmo lugar, pero non son capaces de se atopar. Nun xogo de perspectivas, una historia amosa o que a outra oculta. O lector atende as sutís semellanzas entre cada unha e agarda o encontro inevitable entre os protagonistas.

O primeiro personaxe descrito é Alfredo, un músico novo que descobre a música de jazz nos primeiros anos da ditadura, e despois se presenta a Balbina, quen traballa nunha escola rural onde imparte aulas en galego. Ambas son sinaladas polo réxime e súa vida convertese nunha resposta á persecución e o medo.

O franquismo operante atendeu desde moi cedo a chamada política da vida cotiá: as palabras, as expresión culturais, a memoria. Estas personaxes son vítimas da importante forma de dominación que perseguía a dimensión íntima da vida. Nesta novela, o debate pola represión primeiro aparece no estamento cultural. Nin Balbina nin Alfredo son heroes de guerra, senón cidadáns comprometidos coa transmisión cultural e o ensino. É este é un dos temas máis importantes da novela: que significaban as prácticas culturais durante a represión e que papel cumprían no contexto do terror sistemático?

Nogueira recupera no sétimo capítulo unha orde do 25 de xuño de 1943, que nos axuda a entender a imposición cultural do franquismo. O documento leva o título de ¿POR QUE COMBATIMOS LA MÚSICA NEGRA?  Algúns fragmentos definen o proxecto cultural da ditadura. Neste describe o problema que supón a música de jazz: “Nada más alejado de nuestras viriles características raciales; que esas melodías muertas, dulzonas, decadentes e monónotonas, que como un lamento de impotencia, ablandan y afeminan el alma, adormeciendola frente a una enfermiza languidez; nada más lejos de nuestra dignidad espiritual, que esas danzas dislocadas, desconcertadas en las que la nobleza humana de la actitud, la seleccionada corrección del texto, desciende a un ridículo y grotesco contorcionismo”. Neste caso, o criterio de imposición cultural era racial.  Fundamentábase no suposto da conservación dun espírito étnico. Unha versión cruel da vontade de poder que avalía a dignidade cultural. 

Alfredo atende isto como un rexeitamento ao gozo da experiencia cultural individual. Unha forma de negación dunha estética singular e inesperada. Este conflito tan profundo é apenas un comentario na novela. É un detonante na historia que permite a Alfredo asumir certa responsabilidade na súa vida, pero que no nos permite atender un problema que se converteu nun mal sistemático: o consentimento cultural que formou unha vontade de superioridade cultural.

Para Nogueira, o réxime non só tiña intencións de dominio nas prácticas con intencións estéticas senón tamén nas experiencias. Era unha administración da sensibilidade, Alfredo por iso vive con frustración o momento en que escoita a outro personaxe dicir: “(...) o rexime franquista ten prohibido o jazz e nós so podemos e nós so podemos tocalo ás agochadas, mentres os seus vasalos da División Azul, fan festas onde non se privan de nada e contratan músicos para que interpreten pezas dese xénero música”. O problema sitúase aquí na regulación da experiencia estética dun territorio. Alfredo é o personaxe que responde a esa lóxica do réxime e opta con premura polo  exilio.

Balbina, pola outra banda, presentase dun modo diferente. Filla dun home perseguido polo réxime, ela é interpelada por dous oficias durante unha sesión de traballo. Alí eles descobren que imparte as aulas en galego. Balbina, ao igual que Alfredo, é unha personaxe que afrontan as polémicas da ditadura con certa inocencia. Como quen comeza a entender unha nova forma de relacionarse co mundo.  A defensa que fan da súas posicións apenas se concentra en supostos e impresións xerais do seu presente. A súa bondade parece contrastar coa tiranía do réxime, pero pode fundamentarse na idea de que os axentes de oposición política están libres de contradicións. É a idea dunha militancia impoluta. Balbina é descrita así no momento en que o seu interrogador perde o sentido fronte a ela e podería escapar: “A educación e a moral, foran aspectos que lle transmitiran na casa dende que era só unha nena. Axudar aos demais sempre foi unha máxima na súa vida, sen importar a que se lle prestaba tal axuda”. O xeito en que os sistemas de representación afrontan a exposición da subxectividade militante forma parte dunha discusión moi longa. Esta novela ofrece unha posibilidade que é cuestionable porque sumase a idea de que a disidencia supón un tipo de honor incuestionable.

Balbina é obrigada a traballar nun campo de explotación mineral. Alí eran enviados os homes e as mulleres detidas. O paso de Balbina polo campo de traballo forzado serve para lembrar os mecanismos de sometemento empregados polo réxime e a importancia que tiveron estes espazos para o mantemento dunha importante relación entre o franquismo e a Alemaña nazi ata 1944. Nogueira recupera ese episodio esquecido do papel que tiveron os montes galegos no fornecemento do armamento alemá.

O exilio de Balbina e Alfredo relátase como unha experiencia de liberdade cultural que dialogo coa importante tradición intelectual que herdou a migración galega durante o réxime. Está escrito como en oposición á administración da vida sensible que iniciou franquismo.

A prosa de Nogueira recupera algunhas ideas que é importante cuestionar: o proxecto aspiracional do artista varón  que se limita ao seu desexo de grandeza ou a o suposto dun amor espontáneo que se converte nunha promesa romántica. Con todo, continua co debate polas implicacións do réxime na vida sensible e resulta importante atendelo. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.