O prelo
Camiñar polas nosas ruínas

Euseino? presenta 'Ninguén queda' de Brais Lamela, unha obra que afronta o problema dos nosos espazos e do seu pasado.
11 dic 2022 13:59

 É certo, penso. Non hai dúbida de que a casa está completamente transformada. Hai algún libro polo chan, seguro que da xente da comuna: O lobo estepario, de Hermann Hesse, O alquimista. Achégome á cociña. Aínda queda unha vaixela detrás dunha vitrina, cuberta polas arañeiras. As portas da vitrina xa podreceron coa humidade, igual ca as gabetas, que se dobraron cara adiante ata desprenderse de todo.  

O fragmento co que comeza esta resención, relata o episodio en que un dos personaxes de Ninguén queda entra a unha casa vella en Ernes, unha aldea do concello de Negueira de Muñiz que foi baleirada polo goberno franquista por mor da construción dun inmenso encoro. A narración semella o percorrido polo interior dunha ruína. Un obxecto que, como escribe Wajcman en O obxecto do século, é case pura memoria. Ou, noutras palabras, unha entidade que ve superada a súa propio materialidade polo peso da súa historia íntima. A ruína deixa de ser o que algunha vez foi, para pasar a ser só exposición do tempo. A escrita de Brais Lamela atópase na tensión que suxire este curioso obxecto: a da materialidade, a memoria e os diferentes xeitos de habitala.

A historia que Galicia mantén coas ruínas é case fundacional. As andainas polos montes galegos non deixan de presentar lugares que se impoñen entre o fento e as silvas, arquitecturas extraviadas que apenas presentan a súas partes máis elementais. En moitos casos, estes espazos deixaron de ser territorios de disputa simbólica e pasaron a ser só formas fósiles. E isto ofrece un conxunto de preguntas importantes para nós: que tipo de compromiso podemos adoptar con eses espazos?, que facemos con eles?  E Ninguén queda é unha desas respostas, un xeito de atopar diálogo coa ruína e coa súa espesura.

Na novela de Brais Lamela acompañamos un estudante que traballa nunha tese sobre o desprazamento forzado cara a Terra Chá, o chamado Instituto de Nacional de Colonización e chegada do desarrollismo a Galicia. Porén, o máis importante non é a súa dimensión documental, senón a súa vontade de imaxinar formas de resolver un conflito silencioso. Refírome ao problema dos nosos espazos, a aquilo que deixan a súa arquitecturas perdidas na vida das persoas: que significa vivir entre as ruínas? Nese sentido, a obra de Brais é case arqueolóxica. Pero non no sentido foucaultiano, senón naquel en que a escrita é un esforzo por animar as presenzas que habitaron un espazo perdido. Como o arqueólogo, Brais traballa coa ruína, cos seus detalles, os seus límites. Neste exercicio tan sutil, distante da crónica histórica, hai un descubrimento paulatino e incerto dos restos que a ruína ofrece. Como o caso dunha personaxe que é, por si mesma, unha memoria que se vai escribindo:

Da súa muller non che sei moito, nunca tiven trato con ela. Érache de poucas falas, unha desas que mira sempre de esguello e non para a falar coa xente despois da misa. A xente deu en culpala pola morte do home. Foi por iso que ninguén se queixou moito cando a botaron fóra.

Xa que logo, esta escrita da presenza non é unívoca, senón que se descobre polo restos perdidos e pola experiencia do narrador. Non hai obxectivación nin reificación dunha entidade perdida, senón formas de inestabilidade mantida. E iso é importante. Brais non clausura o problemas das ruínas ao asumir que a resposta está en expoñer unha historia acabada. Habitar a ruína significa asumir a súa propia continxencia. O obxecto ruína -en tanto memoria- nunca está acabado e iso é Ninguén queda, unha obra que asume ese difícil compromiso co pasado.

Quizabes por iso estamos ante unha obra en que as voces se mesturan. Non sempre parecen amosar os seus límites evidentes con signos ortográficos ou os verbos de fala. En todo caso, parece que ese pasado non pertence só ao narrador, senón que, como todo tempo, pertence a un conxunto de voces que participan do seu propio sentido. Unha vez máis, na obra de Brais, non hai vontade por crear unha historia positiva, senón o compromiso por escoitar un relato inestable, aberto.

Tamén, esta obra non deixa de operar, asemade, coma un exercicio de recuperación  e coma unha forma de ficción:  

Os planos do territorio de colonización da Terra Chá comprenden escolas e comedores diferenciados: un para rapaces e outra para rapazas. Fronte un mundo social de escolas unitarias, búscase reafirmar as división de xénero, comezando polo espazo básico da escola. Os plans de educación tamén reproducen esa diferenza: os rapaces son convidados aos parques de maquinaria para que coñezan as marabillas dos tractores novos mentres que as rapazas pasan a tarde en clase de economía doméstica (...).

O autor propón un exercicio que ficcionaliza o propio proceso de investigación. E este non é un detalle menor porque axuda a propoñer unha relación entre a investigación e a práctica estética. Unha estratexia narrativa que é interesante porque suxire que ambos procesos están sometidos a procedemento que non son alleos. Hai, sen dúbida, na escrita académica -no mellor dos casos- formas de construír sentido, de tecer un relacións inesperadas. Así como a escrita creativa supón, como afirma Cristina Rivera Garza, unha vontade de pescuda.

Alén diso, Brais converte o espazo da imparcialidade académica nun terreo de posibilidades que involucra a todas aquelas experiencias e identidades que acompañan o investigador. Porque o exercicio intelectual, como demostra Ninguén queda, é unha práctica que acariña a dimensión pública. O narrador, aínda que é un pensador atento e reflexivo, non se reafirma como a figura solitaria da erudición. O seu propio proceso involucra unha rede afectiva que se enuncia a través das súas palabras. Xa que logo, o narrador é fiel e amable coas persoas que o acompañan e co pasado que o alimenta.   

Agora ben, non é mentira que Ninguén queda tamén é unha obra sobre a migración. O protagonista está a preparar o seu proxecto de investigación en Estados Unidos e unha parte da historia relata a súa experiencia no estranxeiro.

A tematización dos migrantes na literatura galega é canónica. E non é sorpresa tampouco que novas xeracións de autoras e autores estean dando un xiro na recuperación desa tradición literaria. Con todo, creo que ese “retorno” -se ven ao caso chamalo así-  exixe unha atención especial. E é que a experiencia migratoria nos últimos anos pasou a ser comprendida en espazos de pensamento militante e mesmo universitario como un proceso de difícil universalización. Falar do suxeito migrante como entidade homologable pode derivar nunha mirada inxusta de experiencias que non poden ser equivalentes. Nese sentido, a produción literaria europea non debería perder de vista a disputa e a defensa que autoras e autores migrantes e racializadas exercen da súa propia conceptualización. Quizais, Ninguén queda fica cunha débeda pendente neste importante debate.

No entanto, a obra de Brais Lamela é un exercicio importante sobre os nosos propios espazos. Ao mesmo tempo, demostra unha forma de pensar a relación entre pescuda e creación literaria.  Así, é sen dúbida unha forma de atender con sensibilidade a historia das nosas ruínas baleiras.

Está obra forma parte da colección Rúa do Lagarto dirixida por Berta Dávila e posibilitada polo traballo da Fundación Euseino? Esta última é destacable no sistema literario galego ao ser unha organización non lucrativa e independente no territorio.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.