O prelo
‘Álbum’: un campo de tensión entre a imaxe e a palabra

A obra de de Charo Lopes propón unha lectura sobre a ausencia e a súa recuperación a través da escrita e a fotografía.

11 jul 2020 14:45

Un dos problemas da imaxe é o seu alcance para conter o noso mundo. E dicir, o marco no que se atrapa e xestiona o visible. A creación de imaxes podería ser un debate constante no que se negocia o que se mira. Cando temos unha cámara fotográfica nas mans e decidimos capturar o escenario urbano do noso barrio, actívase ese proceso de xestión: desde onde mirar, cando e que debería integrar ao noso cadro. A fotografía ben podería ser un organizador da mirada. 

Con todo, o detalle máis importante deste proceso non decae sobre o aspecto formal da fotografía. Isto non se reduce ao feito en encadrar as formas, suxerir posicións ou orientar as luces (cada unha delas, artes sofisticadas e de gran complexidade). O proceso de xestión ao que me refiro é aquel que xurde mesmo nas identidades  menos coñecedoras das técnicas visuais. É o momento primeiro ao que nos enfrontamos cando temos unha cámara fotográfica e a infinidade do mundo fronte a nós. Alí aparece a pregunta pola  inmensidade, que non é un soporte fixo senón tamén temporal. Quizabes, por iso o inicio de Álbum de Charo Lopes resulta tan poderoso: unha fotografía dunha muller nunha árbore acompañada do comentario “Cinta Rey retratada por Amalia Álvarez no pinheiro onde fuzilaram o seu filho”. A imaxe é o presente no que a miramos, o pasado que alí se representa e un outro pasado anterior que nos sitúa na morte do fillo.  A dor da fotografía non está contido no que se mira, senón nese dobre pasado que apenas se pode contemplar de forma sutil na imaxe. 

O poemario de Charo Lopes é un debate constante no que se discute o alcance da imaxe na inmensidade das cousas. A palabra convértese nun esforzo para aproximarse a esa orde inabarcable de posibilidades. Así, moitos dos seus poemas titulados foto son alusións a referencias ausentes. O lector coñece a imaxe a través da palabra, que non só describe as figuras que conforman a fotografía, senón que axudan conformar a profundidade dos obxectos, as persoas e o tempo. A imaxe non é entón só representación, senón unha forma de gran profundidade. 

A dimensión literaria da imaxe fotográfica é un dos temas de Álbum

acaso a fotobiografía 
não é também uma historia de ficção

Lopes recupera a discusión que procura desvincular a fotografía da súa dimensión meramente imitativa. Aínda na reprodución visual que supón o procesos fotográfico, existe unha condición de sentido que anima o representado. Trátase da historia e das experiencias que gardan as imaxes, como foi o caso da fotografía de Amalia Álvarez.

Na foto 9: joaquina e tomasa, Charo Lopes encárgase de demostrar ese sentido narrativo. A fotografía, que está ausente, é comentada en ambos sentidos: contén o  presente estático das dúas mulleres, pero tamén o seu pasado. Describe o estado das cousas aí fotografadas pero tamén a experiencia oculta das mulleres fronte ao lente. Este é o campo de tensión ao que se expón a escrita de Charo Lopes. Álbum é entón un debate implícito que oscila entre as posibilidades da imaxe e o alcance da palabra. 

A autora recorre, case de forma perturbada, o problema que supón o sentido da inmensidade para as nosas identidades:  

A vida não 
colhe num idioma 
ou numa gama cromática
ou nun resultado estatístico

As veces, a voz de Charo Lopes chega a negar as posibilidades da representación. Nalgún sentido, clausura o sentido da imaxe e da palabra. Iso que resulta inabarcable ou irrepresentable parece vincularse coa angustia ou co resentimento. Non resulta sorprendente que o medo a liberdade sexa un campo ao que volve na súas palabras. Un espazo que produce incomodidade e permanece irresoluto: 

não lembro ter escolhido o medo à liberdade  
e agora abafa-me o esforço
de ter que transformar estas circunstâncias
e mais ainda de ter que as assumir
e  assim medrar em mim o ressentimento
como um frio nos ossos
como morrer um bocado

A voz lírica non se presenta chea de certezas, senón de dúbidas ao respecto do sentido das cousas. Álbum non ofrece aseveracións, senón preguntas. Esta antoloxía presenta en varios momentos episodios que se vinculan co abandono e a dor. Nalgunhas ocasións, sitúase na tensión que supón o crecemento e a adaptación e ante a cal queda a perdida de sentido.  O poema 5 é  así é unha lembranza de aquilo que parece perder a orientación  na idade adulta e fronte ao que case a única resposta e o absurdo: 

e talvez está bem assim  
marchar do mundo assobiando
o himno duma luta justa

Nestes textos de Charo Lopes hai certa insistencia por recuperar a dimensión material do sufrimento. É dicir, o corpo no seu estado exposto e natural. A emotividade non se constrúe desde a soidade e o silencio, senón desde a exposición do corpo convertido en animal ou planta. Na lírica de Lopes, a relación entre o humano e o animal-mamífero é insistente. É un estado que permite comprender a  afectividade humana desde o seu estado máis primitivo e ausente de discurso. 

Os textos da poeta atenden o paso do tempo e a desaparición progresiva de aquilo que coñecemos.  Para ela, nada se salva e o sentido de permanencia é apenas una ilusión. Con todo, o breve xesto supón unha pequena suspensión da vida que se desvanece: 

abraçar é esquecer que morremos 
ou que não importe que morremos
porque somos abraçadas

Álbum foi publicado por editorial Aira, forma parte da colección Fina Rei, que reúne obras de poesía escritas por mulleres e imprimiuse durante o período de confinamento xeneralizado. A autora gañou con esta obra o 35° Premio de Poesía Cidade de Ourense.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.