O prelo
A testemuña dunha década

Unha antoloxía de crónicas que relata tanto a traxectoria autoral de Fran P. Lorenzo como unha parte da vida xornalística na nosa lingua.
11 feb 2023 14:20

Foi no momento en que me acheguei ao xornalismo neste país que aprendín unha nova acepción ao vocábulo “queimar(se)”. “Estou queimada”, escoitaba dicir ás miñas compañeiras cada vez de xeito máis sistemático. E, conforme pasaron os meses, fun descubrindo os estragos desas queimaduras que son os xornais que, baixo unha consigna política, precarizan as súas redactoras, ou a pouca remuneración do noso traballo, que implica unha imposibilidade de investigar e cubrir temas en profundidade. Mes a mes ás voces perdían o gusto pola escrita e, unha a unha foron converténdose en cinzas. Atopar traballos estables, facer oposicións, afastarse, en fin, da vocación para sobrevivir, foron as saídas de emerxencia para unha chea de amizades que se viron forzadas a abandonar o recinto e deixar o eido xornalístico como unha casa abrasada.  

Ao respecto, hai un par de semanas, Patricia Simón tuiteaba: "Ás miñas compañeiras que se viron forzadas a deixar o xornalismo porque non lles daba para vivir, a quen o abandonou para non contribuír ao envelenamento da sociedade. Desde que vos fostes estamos peor informadas. Oxalá poidades volver pronto”. A cita remíteme a A festa equivocada, de Fran P. Lorenzo, un espazo literario que evoca unha loita persistente contra a impotencia. 

“Escribir tamén é iso: reparar os danos, os propios e os alleos. Permanecer nun escenario xa pouco fotoxénico, quizais devastado, mentres os demais marcharon a outra parte. Ocorre o mesmo nas festas: alguén ten que limpar, contar o que alí pasou (...)” 

Así aparece a vontade do autor, indistinguible neste caso, da vontade do xornalista. Hai un deber, unha responsabilidade asumida por deixar constancia de todo aquilo que sucedeu, de sinalar o cinismo, e de enmarcar a beleza. De facelo todo antes de que sucumba ao esquecemento, fose este individual ou colectivo. As palabras libres de Fran, o seu espírito rebelde e a súa necesidade de escribir e, ao facelo, tratar de remover a realidade, móstranos o que algunha vez fomos, e devólvenos o reflexo do que somos agora.  

Ademais da súa longa traxectoria como xornalista, Fran P. Lorenzo desenvólvese como escritor. No 2015 publica a novela Cabalos e lobos (Xerais), coa que gaña o XXXII Premio Blanco Amor. Tamén foi un dos fundadores do xornal dixital Dioivo. Desde 2016 dedícase á comunicación política e actualmente traballa como asesor no Ministerio de Traballo e Economía Social e na Vicepresidencia Segunda do Goberno.  

Oito anos despois da súa primeira publicación, o seu segundo libro sae do prelo do proxecto editorial ao coidado de Berta Dávila e Carlos Meixide, Rodolfo e Priscila. Autodefinida como “editora indecisa”, a súa liña editorial non se constrinxe a ningún xénero literario, o que se reflicte no seu catálogo composto por xa case unha decena de libros, nos que podemos atopar poesía e narrativa galega, textos traducidos, un caderno de viaxe ilustrado, unha colección de aforismos sobre a poesía e, finalmente, un libro de crónica xornalística, A Festa equivocada (2022).  

Esta antoloxía, que recolle unha escolma de centos de artigos de opinión escritos polo xornalista entre o ano 2003 e 2010, no xa extinto Galicia Hoxe, transcende o xénero de crónica xornalística máis tradicional -referíndome con “tradicional” a aquela escola rancia que aínda non concibe que un bo xornalismo pode traballar sen procurar a obxectividade absoluta e que, pola contra, atopa na subxectividade das autoras a súa potencia-. Como bo amante -e escritor- de blogs, a prosa de Lorenzo mestura a análise, a crítica, a opinión e a literatura. A escolma que compón o libro é unha testemuña en primeira persoa de como se viviu a primeira década do século XXI na Galiza. E é que o autor logra transmitirnos unha experiencia completa, mesturando as esferas da política, da cultura e da vida cotiá. 

Así, en A Festa equivocada atendemos a relectura da historia recente. Fran P. Lorenzo lévanos de volta ao momento de desconcerto ante a escura (des)información dos atentados do 11M, así como ao clima político que produciu a tormenta do Nunca Máis.   

“Cando non agarda nada, logo xa non se estraña de que non chegue. Pasa co carallo do Plan Galiza, que naquela revolta social pos-Prestige actuou de bálsamo reparador da queimadura, espellismo dun futuro máis próspero, disolvente do chapapote, sordina do rouco son. Logo, ben mirado, non había nada, fume e máis fume, a aceleración ficticia de prazos e a compresión, en formato publicitario, de promesas e débedas históricas nunca cumpridas”.  

Mais, ademais de cubrir os temas que daquela conformaban a actualidade, e de adicar varias páxinas á defensa dos dereitos LGTBIQ+, o autor da lugar tamén á nostalxia da infancia e o seu ritual de merenda, así como as pequenas idiosincrasias que nos vinculan.  

O ton e o estilo de Lorenzo goza dun especial sentido do humor. Hai así, nas súas palabras, unha ironía voluntaria que, en moitas ocasións, demostra una iconoclastia declarada:  

“Aquel resplandor catódico (non católico)  que tinguía de azul as brancas colchas hospitalarias, propiciou a miña primeira e única fuxida mental do réxime penitenciario”. 

O xogo é evidente: ofrece unha explicación innecesaria ao vincular o parentesco fónico da palabra “catódico” con “católico”. Introducir o segundo termo nun enunciado que non o require parece un xeito de liberar á palabra da súa propia importancia. Trátase de facer do adusto un material lúdico, un xeito de xogar co importante.   

E é que a prosa de Lorenzo reproduce continuamente esa arte tan especial que consta de introducir o insospeitado nun texto que aparentemente non o precisa. Ao igual que sucede co “católico”, a presenzas de certos significados permite establecer conexións pouco habituais e outras formas de dar sentido á discusión pública. De alí que Feijóo atope relación con Chateaubriand ou que cultura da mocidade galega sexa explicada con Madonna.  

Con todo, a escrita de Lorenzo é, neste caso, tamén a testemuña da súa propia desaparición. Non só dá conta do exterminio repetido de xornais galegos como Vieiros ou Galicia Hoxe, cuxa perda Lorenzo describe con máximo detalle, senón que tamén relata a experiencia da súa propia censura e a perda da escrita. Quizais por iso estamos  ante un conxunto de textos que tomaron a forma dun libro coa intención de marcar unha traxectoria que se perdeu no tempo. Entre a pericia contida en Vai de blog, en Galicia Hoxe, e Un país en lata, o seu proxecto de escrita libre e persoal. A festa equivocada é así tanto unha antoloxía da súa obra, como a busca da súa propia desaparición, unha forma de reconstruír o baleiro que deixa o silencio obrigado.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Perú
Literatura José Carlos Agüero enseña en ‘Persona’ que recordar es necesario cuando olvidar se convierte en la norma
‘Persona’, segunda obra del autor peruano José Carlos Agüero, se convierte en una exploración profunda sobre los cuerpos desaparecidos, la identidad fragmentada y las múltiples formas que puede adoptar una misma vida marcada por el conflicto.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.