Ocupación israelí
Miles de persoas enchen as rúas de 24 vilas galegas para berrar contra o xenocidio palestino

Convocadas por Mar de Lumes, Galiza por Palestina, BDS e a Asociación Galaico Árabe Jenin, as prazas de toda Galiza erguéronse unha vez máis contra a ocupación israelí.
6 nov 2023 21:30

Decenas de miles de persoas encheron rúas e prazas por toda Galiza para esixir o Estado sionista de Israel que cese o xenocidio que está a cometer sobre a poboación palestina na Franxa de Gaza, pero tamén en Cisxordania. Que remate coa ocupación ilegal de territorios palestinos e que acabe o castigo colectivo contra unha poboación civil cada día máis illada e indefensa. Foron 24 prazas de 24 vilas e cidades. Malia a choiva. Malia o frío. De norte a sur e de leste a este, as bandeiras palestinas volveron á rúa como xa vén sendo habitual, semana tras semana, en todo o país. Veciñas e veciños indignados da Coruña, A Guarda, Allariz, As Pontes, Burela, Cangas, Carballo, Santiago de Compostela, Corcubión, Ferrol, Lugo, Monforte, Noia, O Barco de Valedorras, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Redondela, Ribadavia, Ribeira, Vigo, Vilagarcía e Vilar de Barrio decidiron non quedar na casa.

Como xa vén sendo habitual dende o sete de outubro, en Vigo, varios miles de persoas concentráronse na rúa de Urzáiz á altura da Farola e os berros que xa asolagaran unha das rúas máis céntricas da cidade nunha das últimas mobilizacións volveron escoitarse: “Non é unha gerra, é un xenocidio!”, “Estado sionista, estado terrorista!” ou “Israel asasina, Europa patrocina”. A cidade máis grande por número de habitantes de Galiza tamén acolleu este luns unha das concentracións máis grandes do país. 

Pola súa banda, en Santiago de Compostela, as asistentes á manifestación encheron a praza de Platerías ao berro de “Boicote a Israel”, “Netanyahhu Asasino” ou “Israel asasina, Europa patrocina”. Sami Ashour, presidente da Asociación Galaico Árabe Jenin, falou ao peche da manifestación preguntándose onde están os dereitos humanos dos países occidentais e lembrando ás asistentes máis novas de que isto non é algo de agora: “Pasou no 56, no 67 e seguirá pasando. Pero o pobo palestino repite ata a saciedade que non se vai rendir. Non nos imos doblegar nunca”.

Tamén no interior de Galiza houbo movemento. Arredor de 150 persoas, o dobre que na última convocatoria, congregáronse fronte a Subdelegación de Defensa de Ourense baixo o lema “Galiza e palestina, solidaridade”. “É responsabilidade de todas, de cada unha de nós, denunciar a complicidade dos nosos Gobernos, en particularidade o Goberno español e da Unión Europea, co Estado terrorista de Israel”, rezaba o manifesto que arrincou un aplauso xeralizado entre todas as persoas que asistiron.

Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 1
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 2
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 3.1
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 4
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 5
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 6
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 7
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 8
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 9
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 10
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 11
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 12
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 13
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 14
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 15
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 16
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 17
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 18
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 19
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 20
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 1
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 2
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 3
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 4
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 5
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 1
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 2
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 3
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 4
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 5
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 6
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 7
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 1
Ampliar
Manifestantes en solidariedade con Palestina en Pontedeume.
Manifestantes en solidariedade con Palestina en Pontedeume.
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 2
Ampliar
Manifestantes en solidariedade con Palestina en Pontedeume.
Manifestantes en solidariedade con Palestina en Pontedeume.
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 1
Ampliar
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 2
Ampliar
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 3
Ampliar
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 4
Ampliar
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Manifestación palestina galiza 6 de novembro - 5
Ampliar
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Miles de manifestantes nas rúas céntricas de Vigo en solidariedade co pobo palestino.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Movimiento BDS
Movimiento BDS Sidenor cede a la presión y anuncia que dejará de vender acero para las armas israelíes
La acerera vasca toma esta decisión después de que los sindicatos ESK, LAB y ELA requiriesen información y exigiesen acciones para frenar la complicidad con el genocidio.
Palestina
Palestina Israel bombardea un cumpleaños infantil y asesina a 39 personas en otra jornada mortífera en Gaza
Las Fuerzas Armadas de Israel siguen extendiendo la muerte por todo el territorio de Gaza. Un ataque contra una cafetería frecuentada por periodistas acaba con la vida de varios niños y niñas, un fotoperiodista y una artista plástica.
Palestina
Palestina 72 personas asesinadas en Gaza en las últimas horas
Los ataques se han intensificado en el norte del enclave y la población continúa siendo atacada por el ejército israelí en los puestos de distribución de comida de la Fundación Humanitaria Gaza.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.