Nove incendios seguen fóra de control en Ourense con 60.000 hectáreas arrasadas e centos de vivendas en perigo

A crise climática e case dúas décadas de políticas forestais ausentes e erráticas levan a Galiza ao peor verán da súa historia.
avia20251
Alba Cambeiro Un bombeiro diante dunha das frontes do incendio de Carballeda de Avia (Ourense) este domingo.

A provincia de Ourense continúa a ser o epicentro da emerxencia climática en Galiza en forma de lume arrasador, con varios incendios de gran magnitude aínda activos. A Consellería do Medio Rural da Xunta mantén vixente en todo o territorio a situación de emerxencia número dous, un nivel de alerta que implica a mobilización extraordinaria de recursos autonómicos, estatais e internacionais, incluída a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Estes datos do Goberno de Alfonso Rueda, actualizados na mañá deste luns, cualifican como descontrolados aínda nove deses incendios. Catro deles xa acumulan máis de 10.000 hectáreas queimadas. 

O total aproximado de hectáreas calcinadas en Galiza este verán supera xa as 60.000 se se suman os incendios producidos nas catro provincias. Algúns xa extintos ou controlados, pero polo menos nove deles, os máis devastadores, aínda seguen fóra de control no corazón de Ourense. 

A fronte máis grave localízase na zona de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso, onde tres lumes remataron por unirse nun único incendio que xa arrasou unhas 17.500 hectáreas. As lapas estendéronse tamén a concellos veciños como Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza. Para frear o seu avance, traballan na zona máis dun cento de brigadas, apoiadas por medios aéreos e terrestres, ademais de efectivos da UME e coa axuda clave de milleiros de veciños que se organizaron pola súa conta.

Outro dos grandes focos atópase en Maceda, onde dous incendios orixinados nas parroquias de Santiso e Castro de Escuadro se fusionaron nunha única fronte que xa devastou arredor de 3.000 hectáreas. O lume afecta ademais a terreos de Vilar de Barrio. Nos labores de extinción participan brigadas, motobombas, maquinaria pesada e case unha trintena de aeronaves segundo a Xunta de Galiza.

Tamén preocupa o incendio declarado nos concellos de Oímbra e Xinzo de Limia, que tras a unión de dous focos avanza sen control sobre unhas 12.000 hectáreas. As lapas alcanzan áreas de Monterrei, Cualedro, Verín, Laza e Trasmiras. Neste operativo despregáronse decenas de brigadas, preto de 80 motobombas e un dispositivo aéreo con máis de 40 aeronaves.

No sueste da provincia, o lume iniciado na Mezquita–Esculqueira segue activo desde o pasado martes e afecta xa a unhas 10.000 hectáreas, incluídas zonas da Gudiña, Viana do Bolo e terreos da veciña provincia de Zamora. Á UME sumáronse neste caso medios terrestres procedentes de Portugal, dada a magnitude das lapas.

O concello de Vilardevós concentra varios focos preocupantes. O máis extenso, na parroquia de Vilar de Cervos, arrasou unhas 900 hectáreas desde o seu inicio o pasado mércores. En Moialde, o lume reavivado o xoves alcanza unhas 500 hectáreas, mentres que nas parroquias de Fumaces e A Trepa se contabilizan arredor de 100 hectáreas afectadas. En todos eles interveñen brigadas e medios aéreos para tratar de conter o avance.

A situación agrávase aínda máis no concello de Larouco, onde un incendio declarado en Seadur se propagou ata devastar unhas 12.000 hectáreas, afectando tamén aos concellos de Petín, Quiroga, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Rubiá e O Barco de Valdeorras.

Con milleiros de hectáreas arrasadas e numerosos frontes aínda activos, Ourense atravesa o episodio máis grave de incendios forestais da súa historia.

Crisis climática
¿Está el IPCC subestimando la aceleración de la crisis climática? Una eminencia científica dice que sí
James Hansen, el “padre del calentamiento global”, advierte que la crisis planetaria va más rápido de lo proyectado. ¿El motivo? Un diagnóstico deficitario en los aerosoles atmosféricos, que han sufrido una importante alteración estos últimos años.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...