A fachada litoral, unha oportunidade no horizonte

Cando as empresas que están instaladas nos peiraos interiores trasladen a súa actividade á dársena exterior de punta Langosteira, estas instalacións perderán o seu uso portuario. Unha oportunidade para que a cidade reformule a súa relación co mar ou unha condena a cumprir os convenios do 2004?

PEIRAOS de BATERIA
Sandra García Rey O Porto exterior significa desplazar toda a actividade portuaria lonxe do centro da cidade.
29 ago 2018 09:30

A Coruña enfróntase ao seu futuro, á posibilidade de decidir que quere ser cando sexa maior, mais como cando iso lle pasa a calquera adolescente, todos ao seu redor teñen algo que dicir, todos cren saber cal é a mellor opción. Hai quen pensa que cómpre facer realidade as promesas dadas, que é imposíbel deixar de lado as herdanzas recibidas e que non hai máis opción que seguir o camiño marcado… Outros, como quen decide estudar Filosofía, apostan pola idea de loitar por cambialo todo. Poucos, porén, queren escoitar o que á protagonista lle gustaría facer coas liñas da súa vida, neste caso, con esas linguas de formigón que lle comen espazo ao mar e que, nuns anos, van perder o sentido para o que foron construídas.

E agora… Agora cómpre decidir e facelo ben. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, fala de darlle a volta ao destino marcado, a eses convenios asinados o 2 de febreiro do ano 2004 polo Concello, que entón tiña como alcalde ao socialista Francisco Vázquez, polo titular da Consellería de Política Territorial e agora presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, polo ministro de Fomento, Francisco Álvarez-Cascos, e polo alcalde de Arteixo, Manuel Pose, estes tres do PP. Eses convenios seguen en vigor, porque, a pesar dos protocolos asinados, dos anuncios, dos debates e das fotografías, non cambiou nada que faga que ese documento careza de valor actualmente.

Pero, a hai que temer? O convenio divide os futuros espazos liberados en dúas zonas. A primeira é a dos peiraos da Batería e de Calvo Sotelo, nos que se desafectarán —que perderán a súa actividade actual— 54.533 metros cadrados. Este documento deixa en mans da Autoridade Portuaria outros 22.200 metros, xa que conservará unha franxa duns 20 metros de ancho ao longo do bordo dos peiraos. Para esta zona, os usos previstos eran “institucionais e lucrativos terciarios”, iso, realmente, significa que 34.458 metros cadrados pasarán a ser propiedade de empresas, que 8.615 serán para un hotel, 7.753 para oficinas e 18.090 para centros comerciais e de lecer. 

Non está todo falado neste conflicto, a Autoridade Portuaria segue a súa propia folla de ruta e non renuncia a ela

A segunda zona afecta a San Diego e ao peirao Petroleiro; en total, 376.192 metros cadrados, ademais dos 18.560 metros que vai manter para ela a entidade portuaria, cunha franxa de 20 metros en San Diego e dez no Petroleiro. Neste caso, os usos lucrativos teñen unha superficie de 51.687 metros cadrados, dos que 7.753 se reservan a oficinas, 33.597 a centros comerciais ou de lecer e 10.337 a locais comerciais. Nesta zona permítense usos residenciais nunha superficie de 344.581 metros cadrados, dos que 275.665 serán para vivenda de prezo libre e 68.916 para a construción de vivenda protexida.

Cambios na travesía

Por que, entón, habendo esta folla de ruta estabelecida, houbo cambios na travesía da cidade-barco inmóbil, como lle gustaba dicir a Wenceslao Fernández-Flórez? É certo que estaba no programa electoral do BNG e da Marea Atlántica pero non se poden obviar tampouco as desfeitas da crise económica, a perda de poder financeiro de empresas galegas que, en teoría, poderían instalarse neses terreos, tamén o estoupido da burbulla da vivenda, nin o empoderamento dunha cidadanía que, esta vez, pensou que o seu futuro non tiña por que estar escrito dez anos atrás.

O arquitecto do estudio MMasa e codirector do proxecto A Cidade dos Barrios, Luciano G. Alfaya, apunta a que “a transformación do peirao da Coruña non pode ser independente da planificación do resto da cidade”, e considera “incomprensíbel”, que as cidades sigan a planificar “as súas fachadas litorais como pezas illadas cando por dimensión e centralidade son determinantes no desenvolvemento urbano global”.

A Lonxa
O muro coruñés é o que máis pesca fresca descarga diariamente de Galiza. Sandra García Rey

“A cidade está a xogar a relación do seu tecido urbano coa auga na fronte na que as condicións para establecela son as naturais”, xa que, “historicamente a fachada de Orzán-Riazor era de protección e non de relación”, explica. E apunta, ademais, a que a cidade a nivel global debe entender este espazo “coma unha área de oportunidade para o reequilibrio do conxunto edificado nos barrios”.

Para o concelleiro Xiao Varela, que chegou ao Concello no 2015, hai tres fitos que cómpre seren sinalados no devir dos futuros terreos liberados: o primeiro, que o PSOE, daquela actor principal dos convenios do 2004, virase o seu criterio para aprobar no pleno unha moción, presentada polo propio partido socialista, que dicía “que era necesaria a revisión” destes textos. O segundo, “a paralización da poxa da Solana”, porque demostrou “que é posíbel”mudar algo.

A cidade de A Coruña enfróntase ao seu futuro, á posibilidade de decidir que quere ser cando sexa maior

O último, para Varela, é o convenio asinado entre a Xunta e Puertos del Estado, de costas ao Concello. “Para nós foi moi molesto, porque ningunearon ao Concello dun xeito consciente, pero demostra que a Autoridade Portuaria e a Xunta se decataron de que tiñan que cambiar o ideario e que xa non valía o tema de facer negocio, neste caso, con Batería e Calvo Sotelo e deixando apartado San Diego”, explica o edil.

Neste tempo, o Concello presentou un protocolo alternativo ao que se refire Varela, no que a Xunta e Puertos del Estado anunciaban que Batería e Calvo Sotelo terían usos públicos, avogando por unha solución global para toda a fachada marítima, que incluíse todos os peiraos, o hotel Finisterre e A Solana.

Outra folla de ruta

Pero non está todo falado, a Autoridade Portuaria segue a súa propia folla de ruta e non renuncia a ela., de feito, está a elaborar unha nova proposta co urbanista Joan Busquets, que é o responsábel dos convenios do 2004 e, ademais, o redactor do plan xeral da cidade.

A Comisión Aberta en Defensa do Común, que se creou cando o Ministerio de Defensa anunciou que ía poñer á venda as parcelas da Maestranza, iniciou unha loita cidadá para conseguir que os terreos portuarios liberados pasasen ao patrimonio municipal de xeito gratuíto. O 7 de maio de 2017, xunto con outros colectivos sociais da cidade, entre eles asociacións veciñais e sindicatos, reuniu a máis de 4.000 persoas nas rúas baixo o lema: A Coruña non se vende, en contra da especulación.

Porque a venda dos terreos ten unha razón de ser, alén da transformación da fachada litoral, que é o pago das débedas contraídas pola Autoridade Portuaria para a construción da dársena exterior de punta Langosteira, que vai ser o lugar ao que se trasladen as empresas que deixen os peiraos interiores. “O problema aquí é que se aproban mocións e mocións no pleno e, despois, non se executan”, di Manolo Monge, un dos voceiros da entidade. Neste senso, a plataforma avoga porque sexa o Estado, como xa o fixo noutras cidades, quen se faga cargo desta hipoteca.

A plataforma propuxo tamén unha consulta para que fosen os veciños e as veciñas da Coruña quen decidisen sobre o seu futuro. Ese referendo, que foi aprobado no pleno “hai ano e medio”, segundo lembra Monge, aínda non saíu adiante tal e como se tiña falado, algo que abre unha fenda entre o movemento e o Goberno local.

O concelleiro de Rexeneración Urbana non renuncia á consulta, aínda que fala xa de lle dar voz á cidadanía doutro xeito. Convocarase un concurso antes do mes de agosto e un xurado, formado por representantes institucionais e da cidade, será o que elixa os gañadores. A partir do mes de decembro, segundo a folla de ruta do Concello, abrirase unha fase de valoración que concluirá en febreiro, cunha votación na que os veciños e veciñas escollan a súa proposta preferida.

Que o porto non deixe de ser un porto, que os terreos liberados sexan lembranza do que esta cidade foi e oportunidade para novas empresas, para a Universidade, para a investigación e o emprego sostíbel seguen a estar sobre a mesa, mais agora, a quen lle toca tirar? 

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...