Medio rural
A faciana rural do feminismo

As mulleres labregas non teñen os mesmos ideais nin os mesmos xeitos de organizarse, mais iso non quere dicir que non loirten contra a violencia machista.
5 jun 2021 09:40

PROXECCIÓN 1 

Un mar violeta percorre as veas da cidade. É unha marea que avanza lento, mais que fai vibrar o pavimento das avenidas máis grandes. Mudo de canle. A imaxe semella a mesma. Repito. Mesmo resultado. Se detemos cada unha das imaxes, podemos ver as caras da liberdade. Son distintas unhas doutras, mais hai algo nelas que coincide. Será a enerxía, o xeito de moverse, de apropiarse o espazo, de berrar en comunidade?  

VISIÓN 1 

Apago o televisor e miro a través da fiestra. Non pasa moito tempo até que a miña veciña Isabel camiña pola estrada. Está a vestir o xa tan típico mantón azul. Leva unha carretilla baleira, porque ven de levarlle herba a súas cabras. Pola hora do día e polo compás que marcan os seus pasos, sei que leva présa, que o seu pai xa ten que tomar as súas pílulas e pronto o seu marido chegará a casa, sentará na mesa e esperará que chegue o prato de sopa quente.  

Lembro a proxección, as imaxes dos maremotos irrompendo a cidade. Penso nas mulleres de alí. Logo penso en Isabel.  

***

O feminismo occidental, ao longo dos anos foi creando unha idea - máis ben un ideal- de muller liberada, daquela que logrou desencadearse do xugo do patriarcado. E, co pasar dos anos, fíxose tan concreta que, se tivese que  describir a unha muller libre hoxe, describiríaa coma unha muller con acceso á educación, coa posibilidade de profesionalizarse, de realizarse laboralmente; unha muller emancipada e “moderna” en tanto que se desprende do pasado, da tradición; unha muller que avanza cara a adiante na historia da civilización. 

Nesta mesma liña, a filósofa e activista antirracista e decolonial Yuderkys Espinosa sinalou que, ademais, adoitamos pensar que as mulleres nas filas do movemento feminista teñen que ser, sobre todo, capaces de emanciparse da familia, de liberarse da maternidade, dos coidados. E foi así que esta pensadora dominicana notou a semellanza desta proxección de liberdade feminista coas reflexións desenvoltas polos grandes símbolos do pensamento moderno occidental, Kant e Hegel, pois ambas concepcións ligaban a liberdade cunha noción de progreso. E, a min, neste punto sorpréndeme e asústame a coincidencia que pode ter este ideal coa axenda neoliberal que non perde nunca un minuto para intervir e manipular a loita feminista.

Mais, se o ideal do feminismo occidental é a muller moderna e liberada: onde quedan as mulleres do rural?, Que espazo ocupan na loita aquelas que a súa vida está profundamente enlazada coa tradición, na que as costumes e o pasado están presentes en cada decisión e en todos os ámbitos da súa vida?

Antes de seguir, gustaríame dicir que non estou a defender os micro nin os macro machismos que oprimen ás mulleres do rural nin estou a idealizar a tradición. Tampouco estou a renegar das imaxes e ideas do feminismo que moveron montañas, as que reivindicamos e grazas ás que logramos conquistar os dereitos que gozamos hoxe. Simplemente quero poñer sobre a mesa o froito do pensamento feminista feito desde o sur global, pois bríndanos outra maneira de ollar, de comprender non só o mundo, senón o feminismo mesmo. Que tanto podemos alcanzar a ver dos contextos que nos son alleos? Por que, desde as cidades e desde a academia, continuamos a pretender comprender a outras comunidades como se os valores morais e afectivos fosen universais? 

Sei que  a miña veciña Isabel non é o modelo nin referente do feminismo occidental e da cidade. Alguén podería irromper na súa casa e, antes de que lle sirva a sopa ó home, dicirlle co libro de Simone de Beauvoir na man: o que estás a facer son tres xornadas laborais, non naciches para servir a ninguén, tes que ver por ti e defender os teus intereses sobre calquera outra cousa. Mais, por que supoñer que a Isabel non o sabe? Por que instar ás mulleres doutros ámbitos a adecuarse a unha forma de vida que non forma parte dos seus intereses, que non concorda coa súa cosmovisión? Nos intercambios que se dan en encontros feministas ós que chegan mulleres de moitos lugares, realmente estámonos a escoitar? Ou as miramos e avaliamos a partir da nosa concepción da vida? O pensamento que a educación non só radica nos libros, nas universidades ou nos colectivos das cidades. Tampouco o feminismo. Hai tantos xeitos de actuar na defensa dos dereitos e a dignidade das mulleres como linguas no mundo.

PROXECCIÓN 2 

Na serie de televisión Big Little Lies, a eterna Nicole Kidman represena unha nai de clase alta que ama dabondo o seu marido. Todo semella perfecto: viven nunha casa xigantesca, contan cunha seguridade económica que a maior parte da poboación mundial nunca vai coñecer. A personaxe de Nicole vive unha vida de fantasía excepto pola violencia física, emocional e psicolóxica que exerce o seu home contra ela. Conforme pasan os episodios, a violencia aumenta até o punto en que queda claro que a súa vida está en perigo, nós, desde o sofá, berrámoslle á Nicole da pantalla: Sae de alí! Ao final, cando ela toma forzas e decide saír e denuncialo, aínda sendo economicamente dependente do home, alegrámonos. Non podía ser doutro xeito.

VISIÓN 2

Eu non estaba aquí. Quizabes aínda nin sequera nacera. Mais sei que a miña veciña Dalia viviu violencia de xénero a mans do seu marido por varios anos. Curiosa e alarmantemente, é o único caso de violencia machista na miña aldea que coñezo. Debían de ser os anos 70 cando, segundo o conta a veciñanza, o home de Dalia  -aquel sobre o que todos din que fóra da casa sempre foi encantador-  golpeabaa. Non sei cantos anos viviu a miña veciña nesa relación, mais foi logo dun gran golpe que case a deixa cega, que decidiu separarse. As mulleres apoiarona e o home foi, en certo sentido, desterrado da aldea. Exixíronlle que lle pagase a Dalia unha renda mensual –porque ela non traballaba- e esta non se divorciou co fin de poder cobrar a viuvez á morte da súa ex-parella.  

***

Ao falar do lugar que adoitan ocupar as mulleres nas sociedades rurais, parecese que só hai dúas posibles lecturas: ou se di que viven totalmente oprimidas, ou que o rural, en realidade, é un matriarcado. Este tipo de dicotomías son produto da mirada patriarcal coa que se ten mirado ás mulleres dende hai séculos. Mais ningún deses dous estereotipos achégase á realidade  e, ademais, no caso do rural,  ambas lecturas están feitas desde unha perspectiva paternalista urbanista que insiste en definir e en dicirlles ás mulleres quen son, que teñen que facer; que as mira como se estivesen atrasadas no tempo. E o que o que menos precisan é que chegue o feminismo occidental hexemónico a adxudicarlles responsabilidades que non funcionan do mesmo xeito en todos os lugares.

Aínda que non sexa doado de mirar desde a nosa mirada allea, as mulleres do rural teñen capacidades e coñecementos sociais cos que xestionan a convivencia da maneira máis xusta e digna posible. As miñas veciñas teñen tanto o seu propio marco moral, como a súa propia concepción de xustiza e a súa maneira de impartila. 

Tecer redes non implica levar unha idea do feminismo a todos os recunchos do planeta como se dunha predicación se tratase. Pola contra, trátase de aprender, de tender pontes que posibiliten a comprensión entre dous mundos, non de ler os mundos e nomealos con conceptos e retóricas alleas.  

As mulleres do rural tamén se organizan. Organizacións como o Sindicato de mulleres labregas quizabes sexa o exemplo máis visíbel, mais na miña parroquia –a cal non se caracteriza particularmente por ter unha comunidade moi participativa- as mulleres falan, sentencian, regulan a vida e defenden os seus dereitos dun xeito ou doutro. O interesante comezará a suceder cando ningún grupo impoña ou infantilice a outro no nome do feminismo, cando recoñezamos que todas podemos aprender de todas.  

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.