Culturas
Honor e honra: os valores milenarios que aínda regulan a vida pública

Coidar dos outros e coidarse dos outros. O eterno paradoxo da vida nas comunidades rurais.
23 oct 2021 08:06

Hai un tema do que non podo falar con Rosa. Resúltalle moi doloroso. É por iso que, para escoitar a historia de novo, teño que esperar a que o impulso xurda dela. Eu, pola miña banda, non son capaz de parafrasear a súa historia. E non é que sexa íntima, escura nin complicada de contar. Pola contra. Mais eu quitaríalle todo o sentido, faría dela unha anécdota que carecería de importancia. Porén, Rosa logra transmitir a dor. Unha especie de dor que non se coñece nas cidades. Falo da dor que supón que unha vaca che morra ao dar a luz nun eido ao carón da estrada. Que morra mentres toda a aldea se xunta arredor dela e ti, desesperada, intentas contactar ao veterinario sen éxito. Que morra mentres asumes con derrota que o animal vai terminar os seus días en agonía fronte ao mar de ollos expectantes.

Unha ollada ao pasado

Durante gran parte da Idade Media, a lealdade, o honor e a honra eran virtudes esenciais que se espallaron por toda a sociedade sen distinción das condicións sociais. É dicir que non só pertencían á nobreza, senón que eran compartidos por todo o pobo e eran valores indivisibles do que implicaba a cidadanía. Segundo un artigo do especialista medieval Juan Torres Fontes, na época referida, o acto deshonroso dun veciño ou veciña repercutía na vida colectiva do mesmo xeito que afectaba á súa familia. Xa que logo, un acto que fixese patente e destacase algunha desas virtudes, era tomado como exemplo a seguir por toda a comunidade e toda a familia da persoa virtuosa formaba parte dese orgullo.

A importancia destes valores para a poboación en xeral repercutía en que, ao non poder acceder á nobreza, pois esta se herdaba ou se gañaba na guerra, a honra, a lealdade e o honor, así como a vergoña, eran acequibles ao seren resultado das propias accións e xeitos de comportarse. Con todo, o honor non só se debía aos feitos e accións realizadas por alguén, senón que influía moito máis a opinión da comunidade.

A covardía, a deslealdade, a infidelidade -da muller-, a falta de cumprimento do deber ou a falta de fe e de vergoña, por exemplo, eran motivos de deshonra. Hoxe, tantos séculos despois, na miña pequena aldea, a maioría destes motivos fican vixentes e, de cometer algún, fícase exposto ao escarmento.

Os valores milenarios

A defunta Hermosinda vivía soa cos seus dous fillos, pois o seu marido migrara a Portugal.  Non saíra nunca da aldea e nunca exerceu unha profesión nin traballou para ninguén a excepción de cando ía ao xornal. Como moitas outras familias da aldea, o seu sustento e reprodución estaba baseado nos seus animais e colleitas, polo que tiña ao seu coidado moito máis do que ela soa podía coidar. Tiña vacas, ovellas, galiñas, porcos e varias fincas labradas e sementadas. Así, tan pronto o seus fillos, Antonio e Xosé, tiveron a idade suficiente, ensinoulles todo o traballo agrario para, alén de axudarlle a ela, mandalos ao xornal.

Cando Antonio tiña arredor de trece anos, foi ao monte a coidar as ovellas dun veciño. Ninguén sabe moi ben o que pasou, mais unha das ovellas morreu. A culpa recaeu no rapaz, quen xuraba a súa inocencia. Os rumores correron rápido por toda a veciñanza e pronto a presión social precipitouse na casa de Hermosinda. Deixara de importar se o seu fillo era inocente ou non. A situación tornouse tan insostible que a única solución foi exiliar ao seu fillo, mandalo a Portugal co pai para tentar deixar atrás aquilo que non só lle custaba un fillo, senón o seu vínculo coa comunidade. Hoxe, Antonio, con mais de 80 anos aínda vive en Portugal. Nunca regresou. Cando lle preguntei por que marchou da aldea, os seus ollos entristecéron e mudou de tema dicindo: Não lembro. Mais a súa mirada suxeríame outra cousa.

Hai cousas que non se abordan na miña aldea. Cousas que se agochan nas sombras. E a causa do agochamento é a conciencia do público, da súa case tanxible incidencia na vida. Aínda que nos ámbitos máis urbanizados tamén adoitamos escoller as partes de nós que imos mostrar ás demais, no campo, esta selección intensifícase e cobra moita máis importancia. E atreveríame mesmo a dicir que esa pulsión por agochar certas experiencias e mostrarse ante a xente dun modo moi particular, deriva deses valores morais que alcanzaron o seu cumio durante a Idade Media: a honra e o honor.

O proceso de individualización intensificado nas urbes borrou o carácter comunitario que, desde o meu punto de vista, é substancial para o honor e a honra. O sentido de comunidade, aínda que en contadas ocasións si que se estende a barrios, o máis común é que se reduza ás esferas sociais íntimas, aos espazos privados. Mentres que no rural aínda impera a interdependencia e as relacións afectivas con aqueles con quen se comparte toda a vida.

Mais digo “honor” e “honra” para nomear e tratar de comprender aquelas paixóns e reaccións desbordadas que xurden de actos que, desde unha mirada tan citadiña como a miña, non son tan fatídicos nin tan vergoñosos como para que sexa necesario agochalos. Mais o funcionamento da vida comunitaria é bastante complexa. Para empezar, ten as súas propias normas de regulación da moral, os seus propios xeitos de xestión dos recursos, o seu modo de facer política e auto-gobernarse. Así, nas comunidades tan “autónomas” e herméticas, calquera acción é moito máis visible, calquera boa ou mala decisión -segundo as normas morais- pode ter unha incidencia na relación coas outras persoas.

Ao coidado das miradas

O exilio de Antonio lémbrame, sen dúbida, á Eneida. Penso no feito de que a guerra entre troianos e latinos foi desatada pola matanza dun cervo. Antes de vir ao rural non concibía que algo así puidese suceder, que o detonador de Virxilio era tan só un recurso narrativo un pouco exaxerado, que non concordaba coa realidade. Mais o que pasaba era que non concordaba coa miña concepción da realidade. Aquelas transgresións, en certos contextos, son erros tráxicos en que o único xuíz que hai é a colectividade con normas e valores estables e sentencias incuestionables.

No rural, hai unha tensión por actuar de xeito “correcto” todo o tempo porque é fundamental manter os vínculos veciñais. Se ben pode resultar un pouco alienante, desde outra perspectiva isto pode ser visto tamén como unha práctica de coidado das relacións, como unha das distintas formas nas que se regula a moral dun colectivo, como un dos xeitos nos que este dá orde e sentido á experiencia.

Así, no rural vívese entre a contradición de coidar dos outros e coidarse dos outros. Na autobiografía de Leonor López de Córdoba, unha muller que viviu na baixa Idade Media, ela relata con horror a tempada na que tiña que saír á rúa para ir xantar á casa da súa tía. Leonor caera en desgraza e perdéralo todo. Ser vista nese pequeno traxecto do espazo público representaba para ela unha deshonra, pois calquera podía ver que quedara sen nada. Penso nela cando vou á casa de Rosa e ela, intuíndo as dificultades económicas que podo estar atravesando, regálame froita, pan ou unha botella chea de leite da súa cabra. Mais sempre insiste en darme unha bolsa para ocultar a comida dos ollos da veciñanza. “Cúbreo ben”. É o seu xeito de protexerme dunha mirada allea que eu non termino de comprender, mais que ela coñece ben. Unha mirada que norma a vida desde hai séculos.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galiza La Xunta y la Confederación del Miño, condenadas por la degradación ambiental del embalse de As Conchas
Las organizaciones impulsoras de la demanda consideran “histórica” la sentencia al vincular un caso de degradación ambiental al menoscabo de derechos fundamentales de residentes de la zona afectada. El fallo aún se puede recurrir.
Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.