Medio rural
A vida entre azueiras

As implicacións políticas dos rumores son evidentes: reafirman unha orden social.
21 may 2021 23:40

De súpeto chega ós teus oídos un relato da túa vida que te fai dubidar do que fixeches, da realidade mesma. Iso pasou? A confusión dura só un microsegundo, tras o cal chega, cunha especie de alivio, o recoñecemento do relato coma un simple rumor. Iso é o que se está a dicir? A cantos chegaría este conto? O alivio esfúmase porque, nunha comunidade pequena e interdependente, o que se di de ti non sempre pode ser intranscendente, mais si inevitable.

As necesidades narrativas das comunidades

Partindo do acordo común de que a literatura excede a palabra impresa, podemos considerar as azueiras, en todas as súas distintas formas e manifestacións, como unha expresión narrativa que vive, sobre todo, no espectro oral. É un acto discursivo que, por máis baseado que estea o relato na realidade, ten certo marco de ficcionalidade.

Non o sei de certo, mais sospeito que os rumores responden a unha necesidade das comunidades. Pero non estou a falar do típico discurso que os adxudica ó aburrimento ("A xente fala porque non ten que facer”) e que o único que fai é menosprezar e simplificar as comunidades desde unha posición de superioridade moral-intelectual. Non, falo de que, quizabes, as azueiras cumpren unhas das funciones máis primitivas da literatura: proxectar un modelo de vida.

Ao manifestarse no mundo da oralidade, as azueiras xorden e están feitas para habitar no ámbito público. Teñen as súas propias dinámicas, distribúense en certos lugares, teñen as súas principais difusoras, pasan por certas bocas e alcanzan a unha cantidade incontrolable de oídos. Na sobremesa do bar, fóra da igrexa ao rematar a misa, no eido durante o traballo... os rumores teñen un espazo e un tempo concreto na vida social.

Narrativas para ordenar e controlar

Ao teren un carácter público, tamén teren un carácter político. As narrativas do que se transmite normalmente reafirma unha orde social. Os sinalamentos das protagonistas dos rumores están vinculados cunha forma de comprender a moral, cunha idea do que é o xusto, do que supón a orde social ideal, o que está permitido e o que está mal visto e, polo tanto, o que é reprobable. Nese sentido, as azueiras regulan o espectro moral e político das comunidades. Contan unha anécdota que, como unha fábula mesma, ten unha mensaxe escondida, unha especie de lección implícita na historia.

Así, como reguladores sociais cun amplo alcance no espectro público, os rumores gardan certo carácter didáctico. Os problemas comezan a aparecer cando a didáctica non é máis que un sinalamento baseado en ideoloxías cunha idea pechada e coercitiva sobre o moral e o político. Os rumores teñen unha gran potencia represiva. A través das historias que inclúen un xuízo sobre as accións doutras persoas, déixase unha marxe para o castigo. A exclusión social, pode ser un, pero as posibilidades son infinitas. Así, o sinalamento de alguén actúa como advertencia, como exemplo do que pode pasar.

Nese marco, as azueiras reprimen desexos, inhiben a expresión de identidades e reafirman narrativas que prexudican e vulneran ás persoas. Todo isto facilitado polo seu carácter anónimo, pois a vía de transmisión e pouco visible: viaxa máis rápido cun trono, mais ninguén é capaz de rastrexar o percorrido nin moito menos saber cal é a súa orixe. Desta maneira, o discurso construído está cheo de ocos que son enchidos de xeito colectivo pola comunidade. E, se o pensamos, é xustamente este carácter indefinido, impreciso, irrastrexable  e descoñecido, o que potencia o terror e asegura o efecto desexado de calquera discurso opresor.

Na lóxica dos rumores o que importa non é tanto o que sucedeu, senón o que podería suceder a partir da anécdota. Partien da realidade, mais, ao mesmo tempo,  están rematados cun certo grao de ficción. Xógase no campo da suposición, do “que pasaría se...”. Hai una necesaria perspectiva sobre o futuro, un ideal sobre este. As azueiras exsudan una preocupación sobre o discorrer deste. E isto pode dar pé a repercusións materiais concretas: as azueiras como axentes mobilizadores. A cuestión crucial sería: cara a que dirección van tirar.

As posibilidades do carácter imaxinativo

Como toda manifestación literaria, os rumores vincúlanse e nútrense da imaxinación. Na súa difusión, recréanse escenas, engádense detalles, póñense en xogo as diferentes formas de dicir unha cousa e perfecciónanse as formas narrativas de causar certos efectos nas interlocutoras. E, aínda que as azueiras respondan á superestrutura, así como a certa orde social que ven ditada de hai milenios, constrúense de tal xeito que se adecúan e funcionan segundo as lóxicas e referentes do presente de cada comunidade.

Así, poderíamos dicir que estes discursos públicos xorden de acordos comúns que non son sempre visibles a simple vista; que as azueiras son a expresión e a construción-in-progress da subxectividade colectiva, da identidade dunha poboación. A súa creación, na que participan moitas persoas, ten ese cariz de cadáver exquisito, un cadáver arquetípico, mais único e propio da comunidade da que xorde.

Entón, se por un momento asumimos que, en efecto, as azueiras cumpren unha das funcións primitivas da literatura, esa que é a de proxectar un modelo de vida, implicaría que tamén contan co potencial transformador propio do literario. Por que si: os rumores poden ser a casa, o vehículo e o refuxio incógnito dos discursos conservadores e dos discursos de odio, pero tamén poden ser casa, vehículo e refuxio do cambio, da defensa da diferenza. Porque os tempos mudan e as ideoloxías, valores e dinámicas sociais tamén. Polo tanto, ao seren produto do presente, con miras ao futuro; por seren produto colectivo dun grupo de subxectividades, o contido – a mensaxe- das azueiras pode mudar tamén. Ao seren inestables, son completamente mudables. Non teñen que estar ancoradas ó seu carácter represor, son e poden ser moito máis que iso. De feito, lémbranme á mítica frase de Audre Lorde e penso que, quizabes, as azueiras poden ser as nosas propias ferramentas.

Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Sobre o blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.