Medio rural
Uxía Iglesias: “As ‘Aldeas galas’ son realidades que resisten”

A xornalista retratou o día a día da xente do Viso, na periferia compostelá entre o urbano e o rural

Lugar de O Viso (Santiago de Compostela)
Vistas da veciña Compostela dende O Viso (Aldeas Galas)
30 jul 2019 10:00

No século XXI a canción dedicada ao Monte Viso podería mudar a súa letra para andar cos tempos. De “Unha mañá fun ao Viso, xunto a ribeira do Sar” por “Unha mañá fun ao Viso, a ribeira de Fontiñas e a AP-9, detrás o Gaiás e o estadio Vero Boquete-San Lázaro”. A xornalista Uxía Iglesias (Xanceda, 1997) retratou no seu Traballo de Fin de Grao o día a día dun lugar onde as vacas pacen ao carón da autopista. Na web do seu proxecto “Aldeas Galas” pódense escoitar as testemuñas de José Antonio, Marisol, Rocío e Jesús, quen narran como é vivir nesta periferia entre o urbano e o rural.

O proxecto de Aldeas Galas é tamén o teu Traballo de Fin de Grao en Xornalismo, como xorde a idea?
Son do rural, de Xanceda, é unha realidade da que sempre parto para traballar. Quería que no meu TFG fose así e unha das miñas ideas partía da interacción entre o rural e o urbano. O meu profesor de Historia, Daniel Danero, tratara o tema nalgunha investigación. A idea “Aldeas galas” non foi miña, senón dun veciño do Viso. Falando con el repetíame seguido “eu sempre digo que o Viso é unha aldea gala”. Eu coñecía Astérix e Obélix, mais non manexaba ese concepto. Cando cheguei a casa e procurei “aldeas galas” dinme de conta de que recollía a idea chave do meu traballo: son realidades que resisten.

Esta curiosidade parte das súas aulas ou é unha realidade que chamara a túa atención ao coñecela en Compostela?
Eses espazos sempre me chamaron a atención. Paréceme que son interesantes por ese choque de dous mundos. Chamábame a atención que ao carón duns edificios pastasen unhas vacas, o estilo de vida que se pode dar nestes lugares. Quería saber se esas interaccións son amigables, respectuosas, ou se se xeraba un conflito.

“O Viso está moi afogado por todas as estruturas urbanas que o rodean

En Santiago hai varios lugares onde se da esta convivencia, por que o Viso?
Foi miña irmá quen me falou do lugar do Viso. É un lugar que responde a aquilo que eu investigaba. Detrás da páxina web do proxecto hai todo un marco teórico. Vin que o Viso está moi afogado por todas as estruturas urbanas que o rodean: a AP-9, a Cidade da Cultura, a propia Santiago co barrio de Fontiñas, o estadio de Vero Boquete-San Lázaro ou o Multiusos Fontes do Sar. Parecíame un arquetipo daquilo que eu quería analizar. O tempo non me permitía retratar outras aldeas da mesma forma que o fixen no Viso, por iso creei unha canle de Instagram na que comparto imaxes de outros lugares parecidos. Quería ampliar as miras do proxecto, amosar que esta realidade espállase por todo o país e que aldeas hainas ao pé de calquera cidade galega.

Como presentas a túa investigación á veciñanza?
Contacteina a través da asociación veciñal, coa axuda do seu presidente Xurxo Salgado. Concertamos unha primeira reunión e a xente respondeu moi ben. Comecei a contactar con veciños e veciñas do lugar e fixen varias entrevistas, entre as que escollín perfís que daban diversidade ao documental.

Que papel cumpre a asociación veciñal do lugar?
No lugar está moi xeralizada a idea de que o Viso está esquecido, apartado. Lembro que me chamara a atención cando unha entrevistada me comentaba que o Viso “é unha aldea remota”, estando ao pé de Santiago. Todos os servizos, como a recollida de lixo, tarda máis que na propia Santiago. Intentan facerse oco nos medios de comunicación e na política local. Ademais levan tempo loitando polas ampliacións da AP-9, as expropiacions. Hoxef aise moi complicado comunicarse cos terreos que están ao outro lado da autopista e iso dificulta os labores agrícolas e gandeiros. A maiores canalizaron as augas de tal forma que cando chove moito o Viso inúndase. A asociación é a que trata de chamar a atención disto.

“Historicamente os lugares da periferia de Santiago funcionaban como produtoras para a cidade

Nas entrevistas Santiago é mencionada coma “o pueblo”. Como é a relación coa urbe?
A maior parte das persoas traballan en Santiago ou preto da cidade, tamén fan vida social “no pueblo”. Chamoume a atención que a xente do Viso vai á praza de Abastos facer a compra. Historicamente os lugares da periferia de Santiago, como o Viso, funcionaban como produtoras para a cidade. Agora as hortas e a gandaría son de autoconsumo, pero esa relación segue aí.

“Hai unha resistencia e unha defensa da vida nun entorno coma o Viso

Facendo unha comparativa dos ritmos de vida do Viso e Xanceda, de que xeito percibes que inflúe o día a día da cidade na súa periferia?

Inflúe moito, teñen todos os servizos a un paso o cal é moi positivo. Onde eu vivo teño que desprazarme máis para ir ao supermercado, por exemplo. O que non ven tan positivo son todas esas estruturas que se foron construíndo ao seu redo, que lles impide un desenvolvemento normal da súa actividade gandeira. Tamén as expropiacións que supuxeron a Cidade da Cultura ou a AP-9. De aí si parten conflitos. Hai unha resistencia, por parte dalgunhas persoas máis consciente que outras, e unha defensa da vida nun entorno coma o Viso.

Especulación urbanística
A longa batalla de Elviña

San Vicenzo de Elviña leva décadas enfrontando un urbanismo depredador acubillado pola necesidade de crecemento da cidade da Coruña que deu ás costas á súa identidade e ás persoas que habitan nela.

Volvendo ao proceso de recollida de historias, como foi poñer ás veciñas fronte a cámara?
Era a primeira vez que eu soa me enfrontaba a un proxecto así. Fixen unha serie de entrevistas con gravadora, das cales seleccionei catro perfís, as catro persoas que se poden escoitar na páxina web. Concertei con eles e elas un día nos que gravei de novo unha entrevista e varios planos para amosar como é o seu día a día na contorna que habitan. A nivel visual este traballo permitíame moito xogo coas imaxes. O único problema que tiven foi cunha das entrevistadas, unha muller que cando viu a cámara diante non foi quen de falar. Finalmente tiven que entrevistar ao seu marido. Coas entrevistas procuraba diversidade de discursos, visións diferentes. Marisol Andrade fala das súas lembranzas de nova, cando percorría a cidade vendendo o leite. Ten unha visión máis positiva da autopista, tamén porque vive máis afastada dela. Jesús Vieites considera que o futuro do Viso pasa en que se urbanice, que tamén é unha visión que existe! Aínda que creo que o di con certa pena, pensa que o futuro está na apertura de fábricas que dean traballo á xente. Rocío e José Antonio son persoas novas e teñen unha visión máis crítica de como vai mudando a forma de habitar espazos coma o Viso.

Cando decides facer este retrato dun espazo rurubano atópaste coa preocupación de non retratalo de forma idealizada ou folclorizante?
Intentaba fuxir precisamente diso e creo que a selección da música axudoume. De primeiras probei a engadir música tradicional, mais vía que non me cadraba ben, que non me gustaba o resultado. E penso que era porque continuaba a fixar ese tópico que liga rural a gaita e pandeireta. Entón acudín a Mercedes Peón, que mestura eses ritmos de xota ou muiñeira con sons totalmente alleos á nosa música tradicional. Unha mestura que cadraba totalmente con esoutra que eu trataba no meu traballo.

“Hai que poñer o foco naquelas realidades nas que os medios tradicionais non se fixan

Apostas por un proxecto xornalístico que require tempo e presenza, que reflexións tiras desta filosofía de traballo?
Gústame ter tempo para afondar naquilo sobre o que investigo, para achegarme a unha realidade, coñecela ben e a partir de aí ensinala. Creo que é a maneira de traballar máis axeitada. Penso que hai que poñer o foco naquelas realidades nas que os medios tradicionais non se fixan. Realidades e identidades locais que están aí, que son importantes para o país, pero que non se tratan. Este último curso unha amiga remitía a unha xornalista de El Progreso, Marta Veiga, que define este xornalismo como “xornalismo de corredoiras”. Gústame moito ese concepto.

Especulación urbanística
Elviña non se vende

San Vicenzo de Elviña leva décadas enfrontando un urbanismo depredador.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Antiespecismo
Salir del antropocentrismo Solo somos una especie más
“Somos ecosistemas fluidos transitando una biosfera común donde la identidad se forma a partir de la mezcla con los otros.” Salvaxe, salvaxe.
Cine
Cine ‘No other land’: poner rostros y cuerpos al sufrimiento palestino
El documental ganador de un Oscar (y muchos premios más) vuelve a la actualidad a raíz de la agresión y detención sufrida por uno de sus codirectores, Hamdan Ballal. Ya ha sido puesto en libertad, si esta expresión aplica en un territorio ocupado.
Sevilla
Derechos Humanos ‘A dos velas’, la lucha contra los cortes de luz en Sevilla llega a la gran pantalla
Los cortes de luz en varios barrios de Sevilla siguen siendo una realidad diaria que afecta a miles de personas a pesar de años de presión social.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.