Energía
A agrogandeiría galega ante o declive enerxético

O noso sector primario está a bater de cabeza contra as consecuencias dun modelo insustentable.

Coordinador do Instituto Resiliencia

25 may 2022 07:07

A finais de xullo de 2009 podiamos ler n'A Nosa Terra as declaracións da gandeira María Martínez, que falando da súa granxa leiteira familiar en Forcarei, admitía estar levando mellor os problemas que xa daquela afogaban o sector ca moitas outras explotacións, pois as súas 40 vacas pacían nos seus prados e así podía aforrar en pensos. “Unha sorte, porque os que teñen granxas estabuladas teñen que pechar”, concluía. Desde aquela a situación non fixo senón empeorar progresivamente, pois aos baixos prezos que reciben este tipo de explotacións por parte da maioría de empresas lácteas, que case non dan nin para cubrir custos, agora viñéronse engadir outros problemas co encarecemento e mesmo desabastecemento de insumos propios dun modelo industrial ao que se viron empuxadas as explotacións galegas desde a entrada de España na Comunidade Económica Europea, antecesora da actual UE. Aumento de tamaño, do número de vacas, da dependencia de pensos, da maquinaria... e das débedas para financiar todo isto e para mercar as infames cotas lácteas. “En canto o prezo do petróleo subiu un chisco este castelo de naipes veuse abaixo: sobe o transporte, sobe o custo de mover as máquinas, sobe o prezo dos pensos, pérdense cartos e fin da historia”, explicaba cruamente hai unha década o biólogo e activista Xabier Vázquez Pumariño.

Xa naqueles anos a asociación Véspera de Nada, pioneira no noso país en lanzar a alerta diante dun panorama enerxético que non ía senón empeorar, aconsellaba ao sector: “Á loita por unhas mellores condicións no mercado do leite (loita política e estratexias comerciais) é convinte unir en paralelo unha loita pola redución de custos e a procura da sustentabilidade. [...] A crise actual non é só económica: hai un decisivo e agachado trasfondo enerxético. Achámonos nun contexto de escaseza enerxética irreversible (declive enerxético), marcado polo chamado Teito do Petróleo. Este contexto socioeconómico que comezou no verán de 2008, marcará o futuro de todos os sectores nas vindeiras décadas, en todos os países.” Nun documento remitido ao SLG suxería incidir en diversos factores coma “maior autosuficiencia,  menor consumo enerxético, menor dependencia de subministracións directa (gasóleo) ou indirectamente (pensos) dependentes do petróleo, diversificación de fontes de ingresos dentro nunha economía ecolóxica (sustentable) e re-localización”.

Aos baixos prezos aos que ve obrigado a vender o sector súmase agora a suba disparada dos custos de produción asociados aos combustibles fósiles.

Mais lonxe de se corrixiren os problemas que afogaban entón o sector lácteo —e en xeral o noso sector primario agrogandeiro—, as posicións de forza das empresas lácteas continúan reducindo os ingresos das nosas labregas e gandeiros, malia os imperfectos avances regulamentarios destes últimos anos, en boa parte incumpridos polas grandes empresas que mesmo recorren a prácticas de extorsión e abuso. Agora, aínda por riba, os prezos disparados da electricidade, dos fertilizantes, dos plásticos e dos pensos, derivados do esgotamento enerxético e acelerados polo conflito bélico na Ucraína, están a poñer contra as cordas, con incrementos de custos que chegan nalgúns casos até o 50%, un sector que fora dos que mellor resistira a pandemia. As restricións sufridas polo conxunto da economía durante o confinamento prefiguraron dalgún xeito a ralentización forzada que sufriremos nun futuro que temos cada vez máis preto, a causa do declive enerxético, e confirman de maneira inequívoca a centralidade do sector primario nun futuro pospetróleo e posmundialización.

Así, cobran agora máis valor as experiencias de resiliencia no sector que —como era previsible— se apoian nunha baixa dependencia dos insumos industriais e do transporte, tal como xa recomendaba aquel documento de Véspera de Nada hai trece anos. De aí que unha reportaxe sobre unha destas granxas á vangarda dunha nova agricultura resiliente, a de Xosé García Freire en Mañente (Pantón), comece preguntándose agudamente se “o futuro das explotacións reside no pasado”. Este gandeiro recolleu unha tecnoloxía robusta de muxidura procedente da década de 1980 e introduciu a innovación (aínda que noutros lugares non o é tanto) de movela polo prado para muxir in situ as vacas. Ademais, a refrixeración non a realiza ao momento, co cal reduce a complexidade e o consumo enerxético. Con todo, non é un exemplo perfecto, pois segue sen ser totalmente sustentable na medida en que depende do gasóleo, mais podería ser adaptable, na teoría, para funcionar cunha cantidade modesta de aceite vexetal reciclado ou autoproducido. Aquí Pumariño referenciaba as granxas doutro país coma modelo: “as explotacións danesas, onde producen ademais o seu propio combustible (aceites vexetais) para a maquinaria (lembremos o que é un motor diésel) e mesmo a súa propia electricidade a través do uso non intensivo da enerxía eólica. En definitiva, a súa marxe de resistencia ante a situación actual é moitísimo maior.”

Os disidentes do canto máis (industrialización e tamaño) mellor seguen a ser a proba de que ao final a máxima eficiencia económica, tal como a entende o sistema capitalista-industrial, está gravemente rifada coa máxima resiliencia. E ser resilientes, simples e dun tamaño modesto, nun contexto de progresivo colapso sistémico, significa sobrevivir. O que algúns cualifican como “atraso” acaba converténdose en solidez ante un sistema altamente industrializado pero tamén altamente vulnerable que é incapaz de facer fronte ao encarecemento da electricidade, do gasóleo e a falta de subministración de pensos industriais chegados desde países lonxanos. Se os grandes compradores se resisten a aumentar o prezo do produto, resulta vital reducir custos para compensar un desfase que non deixa de medrar. E se o penso non chega ou ten un prezo prohibitivo, dispoñer de prados para alimentar o gando todo o ano, a vía máis obvia. Ao final, efectivamente, todo isto achega as explotacións aos tamaños e sistemas de manexo máis semellantes aos do pasado preindustrial —ou cando menos protoindustrial— do agro galego, conservando loxicamente todo o que sexa razoable e conveniente aproveitar da tecnoloxía e sistemas desenvolvidos ao longo da historia agroindustrial do país.

Neste contexto ser resilientes, simples e dun tamaño modesto significa sobrevivir.

Con todo isto en mente semella máis intelixente mobilizar todas as terras posibles para aumentar a dispoñibilidade de prados ca subvencionar masivamente a compra de pensos procedentes de cultivos lonxanos e polo xeral xeneticamente modificados, ou ca bonificar de xeito indiscriminado un consumo eléctrico insostible. Un cambio de política agraria consciente do declive enerxético e da fraxilidade da cadea mundial de subministracións, así como da importancia de facer resiliente un sector literalmente vital para a supervivencia de todas as galegas e galegos debería aplicar ese tipo de perspectivas, e lembrar que “o pequeno é grande” e que o modelo de pequena agricultura familiar, é precisamente o que ten máis potencial para soster o país, como afirmaba o coñecido libro dos profesores Carreira e Carral.

Mais o modelo da devandita granxa de Pantón tamén é interesante polo feito de que o tempo e espazos produtivos que libera os decidiron dedicar a producir os seus propios produtos elaborados con marca de seu, e así non depender tanto das empresas lácteas. A relación comercial directa entre produtores e consumidoras tamén é un factor de resiliencia, aínda que implica a necesidade de vender máis na contorna ca pensar en exportar ou en colocar os produtos en grandes cadeas de supermercados por todo o país. Nisto tamén o futuro se vai ir achegando ao pasado, e o leite e outros produtos agrogandeiros que consumamos terán que ser cada vez máis de proximidade, polo declive irresoluble da dispoñibilidade masiva de gasóleo barato, e as explotacións serán numerosas, achegadas aos consumidores, e con menos monocultivos (especializadas) e máis policultivos (xeralistas, precisamente o tipo de organismos que máis resilientes son nos ecosistemas, aínda que a custas dunha menor eficiencia). O xove gandeiro de Mañente sinala o miolo da cuestión: “non son asumibles as granxas moi grandes sen base territorial, onde todos os insumos veñen desde moi lonxe e onde para producir se recorre a todo tipo de sustancias químicas. Iso no leva a ningures.”

Como afirma Óscar Carpintero, seguramente o economista que mellor coñece o metabolismo socioeconómico español, facer depender o que é o fundamento da actividade económica —isto é, a produción de alimentos— duns recursos non renovables como son os combustibles fósiles, é un comportamento “suicida” para a especie. Sen dúbida o argumento da redución de custos é un forte factor que pode e debe levar á transformación do noso agro cara a unha meirande resiliencia e sostibilidade fundada novamente nos recursos renovables e locais. Se non abonda cos valores ecolóxicos, o peto sempre convence.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Grecia
Grecia Diez años del referéndum griego: cuando toda una generación creyó que otro camino era posible
El 5 de julio de 2015, del que ahora se cumplen diez años, marcó un antes y un después en la historia de Grecia, pero también de la Unión Europea y todos los Estados miembros.
Naciones Unidas (ONU)
Cumbre de la ONU ¿Quién teme una arquitectura de la deuda justa?
Aunque muchos Estados habían presionado para que se establecieran compromisos de reformas estructurales ambiciosas, el texto final revisado del 'Compromiso de Sevilla' las eliminó o diluyó. La sección sobre deuda no es una excepción.
Fiscalidad
Impuestos España y Brasil se unen para proponer mayores impuestos a los superricos
La propuesta ha sido presentada en la IV Conferencia Internacional de Financiación para el Desarrollo de la ONU que se celebra en Sevilla.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.