Energía
A alerta sobre o 'Peak Oil' chega á ONU

O representante do Servizo Xeolóxico Finés avisa das imposibilidades da chamada 'Transición Enerxética'.
Exxon Mobil
Una refinería de ExxonMobil a la orilla del río Mississippi, Louisiana. Foto: Terekhova

Coordinador do Instituto Resiliencia

28 sep 2022 09:00

“Se non chega para todos, temos que desenvolver un plan alternativo que non deixe ninguén fóra. A alternativa é a guerra”. Esta dramática conclusión foi exposta polo profesor Simon Michaux, representante do Servizo Xeolóxico de Finlandia (GTK) na 31ª sesión do Comité sobre Enerxía Sustentable da ONU que tivo lugar a pasada semana en Xenebra. O experto en xeometalurxia e requirimentos materiais para a Transición Enerxética interviu dentro dunha sesión dedicada á “Modernización da xestión de recursos”, nun evento cuxo lema global era “Seguridade enerxética, resiliencia e cero neto”. Na súa intervención puxo sobre a mesa o espiñento tema do Teito mundial da extracción de petróleo (o coñecido en inglés como Peak Oil), un concepto que máis preto de nós levan tempo anunciando expertos coma Xoán R. Doldán, Antonio Turiel, Pedro Prieto, Antonio Aretxabala ou o equipo do GEEDS da Universidade de Valladolid e colectivos de activistas e investigadores ecosociais coma Véspera de Nada, AEREN, Oil Crash Observatory ou Ecoloxistas en Acción.

Neste encontro científico Michaux explicou que o punto máximo de extracción de petróleo a escala global xa quedara, probablemente, varios anos atrás. Cómpre lembrar que non está só nesta análise: Turiel coincide con esta análise e marca tamén novembro de 2018 como data a partir da cal o conxunto de todos os líquidos asimilables ao petróleo comezou a devalar, e que a propia Axencia Internacional da Enerxía xa recoñecera que o petróleo de verdade, o cru, xa estaba a devalar desde 2006. En consecuencia, avisou de que precisabamos un plan “pospetróleo” que estivese operativo xa.

O 'Peak Oil' xa foi, probablemente, no 2018. Precísase un plan pospetróleo xa.

Por outra banda, Michaux como experto na enxeñería da minaría, leva anos estudando as posibilidades da reciclaxe, da economía circular, e as limitacións que teñen, desde o punto de vista da dispoñibilidade de minerais, os plans da chamada Transición Enerxética ou Verde. Na liña do que el adoita denominar “cegueira ante os minerais“ das autoridades que deseñan os plans para a devandita transición —e que se sumaría á ”cegueira ante a enerxía“ que outros autores denuncian— tamén advirtiu neste encontro que eses plans transicionistas, malia seren un valente intento, non deixan de ser unha ”trapallada“, e que precisamos outros moito mellores que partan dunha análise realista da dispoñibilidade de materiais. Simon xa ten atacado noutras ocasións a fermosa retórica das elites europeas acerca da sustentabilidade sinalando, diante dos responsables da Comisión Europea, que a inmensa maioría dos minerais precisos para eses plans veñen do Sur global e mais de China. E adoitar achegar, asemade, unha perspectiva non eurocéntrica e anticolonialista que sinala que esa sustentabilidade que procura a rica Europa xa a conseguiran hai milleiros de anos culturas aborixes que foron precisamente destruídas hai tempo polos europeos. Nesta nova ocasión sinalou que se non se inclúen os pobos do Sur nestes plans de Transición, a alternativa volverá ser o expolio e a guerra.

Guerra ucrania energia
Non hai suficientes minerais no planeta para reemprazar o petróleo.

Noutra ocasión Michaux presentara deste xeito tan clarificador a situación da que vimos e á que agora nos enfrontamos: “[Vimos de] un ecosistema industrial dun tamaño e complexidade sen precedentes, que levou máis dun século construír co soporte da fonte de enerxía barata de maior poder calorífico que veu xamais o mundo (o petróleo), o cal tivemos en cantidades abundantes, con crédito doadamente dispoñible e recursos minerais sen límite. Agora pretendemos construír un sistema aínda máis complexo cunha enerxía moi cara, cun sistema financeiro fráxil e saturado de débeda, sen suficientes minerais, cunha poboación humana dun tamaño sen precedentes, e inserto nun medio ambiente en proceso de deterioro”.

As súas advertencias foron recibidas positivamente pola maioría das persoas asistentes a esta sesión do organismo de Nacións Unidas. Un pequeno paso máis, nos ámbitos de primeiro nivel científico internacional e institucional, cara ao recoñecemento da dura realidade enerxética e material que temos por diante. Agora só falta que as persoas que gobernan cada país acepten tomar nota do que científicos contundentes e valentes coma Simon Michaux nos levan tempo a advertir. O vindeiro ano comeza un ciclo electoral en España: atoparemos o nome deste científico nalgún dos programas electorais ou dos discursos das persoas que se nos ofrezan para dirixir os nosos pasos cara a un mundo pospetróleo?

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Oriente Próximo
Oriente Próximo Israel pone la región al borde del abismo
La región vive una escalada de la tensión tras el ataque de Israel a Irán y la respuesta de este. El intercambio de ataques no ha cesado en todo el fin de semana.
COP30
COP30 Rumbo a la COP30: entre la retórica de eliminar los combustibles fósiles y la perforación de la Amazonía
Mientras el presidente de la COP30 insta en una carta a abandonar los combustibles fósiles en los sistemas energéticos, la agencia ambiental brasileña autoriza la perforación en una cuenca petrolera de alta sensibilidad cerca del río Amazonas.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.