Ciencia
A ameaza das tormentas solares

Unha tormenta xeomagnética podería ocasionar graves danos á nosa civilización electrodependente
Aurora boreal sobre Europa vista desde la Estación Espacial Internacional
Aurora boreal sobre Europa vista desde a Estación Espacial Internacional, 2017.

Coordinador do Instituto Resiliencia

29 may 2024 06:00

O pasado día 8 a mancha solar xigante AR3664, dun tamaño dez veces o da Terra, lanzou ao espazo en dirección ao noso planeta unha CME, unha exección de masa coronal, unha laparada solar composta por plasma da nosa estrela e por enerxía magnética, á que nas seguintes horas se uniron novas laparadas, todas dirixidas cara a nós en forma de vento solar. Varias laparadas lanzadas consecutivamente polo sol na mesma dirección forman o que se adoita denominar unha CME caníbal, que son boas candidatas para provocar as chamadas tormentas xeomagnéticas cando impactan coa magnetosfera, o escudo magnético natural que cubre o noso planeta.

As entidades científicas que fan seguimento destes fenómenos solares, como a estadounidense NOAA, axiña alertaron de que podían producirse, ao impactaren estas laparadas coa Terra, unhas tormentas de moita intensidade, clasificadas como G4 ou G5, as máximas da escala coa que miden os científicos as repercusións deste tipo de tormentas, e que poden chegar até o completo “colapso dos sistemas eléctricos”. Porén, até impactar coa magnetosfera non se pode saber exactamente o dano que van causar, pois depende da orientación do campo magnético, da velocidade e doutras características físicas do vento solar e tamén das zonas máis directamente expostas do noso planeta nese momento. Ao final, os problemas causados concretamente por esta tormenta foron escasos: apagamentos temporal dos sistemas de comunicacións en determinadas frecuencias e rexións do planeta, fallos no servizo de GPS nalgúns lugares, e deixando inutilizados noutros tractores guiados por satélite e causando a caída de drons. A tormenta o que si que ofreceu foi o agasallo para os ollos de moitas persoas afortunadas que puideron gozar dun fenómeno como as auroras boreais, en latitudes moi pouco habituais, como foi o caso de Galiza ou do Caribe, onde non as viran desde 1921 e, antes ca iso, en 1859!

A última tormenta solar alcanzou o máximo valor na escala mais as súas repercusións foron escasas.

Foi precisamente en 1859, durante o chamado evento Carrington, cando se produciu unha tormenta solar de dimensións similares a esta que acabamos de experimentar, e que ocasionou escasos danos máis alá de liñas de telégrafo que, polo fenómeno da indución electromagnética, prenderon lume ou que emitían sinais sen que ninguén as activase. Porén, desde aquela, téñense producido moitos outros eventos de menor intensidade astronómica pero de maior impacto sobre a sociedade humana, debido a que a nosa civilización se foi electrificando de maneira acelerada até os elevados niveis actuais. Así é que nas tormentas xeomagnéticas de orixe solar de 1972, 1989, 2000, 2003 e 2022 se produciron graves danos en instalacións de transformación eléctrica, destrución de satélites, fallo de radares anti-mísiles e de todo tipo de sistemas de telecomunicacións, detonación de minas mariñas magnéticas, corrosión acelerada en tubaxes, e outro tipo de incidentes.

Despois de todos estes avisos os gobernos coñecen perfectamente que un vento solar desta intensidade é un fenómeno probable en determinados momentos dos ciclos solares, e tamén que determinadas armas nucleares están pensadas para producir este tipo de efectos, de maneira moito máis intensa e localizada, mediante detonacións na atmosfera orientadas a causar pulsos electromagnéticos (EMP), e que poden deixar todos os sistemas eléctricos e electrónicos dun país inutilizados de maneira temporal ou permanente, e mesmo causar un número simultáneo de accidentes como o de Fukushima por todo o planeta. Así pois, moitos gobernos dos países industrializados contan con plans ante este tipo de ataques, e que poden incluír tamén os efectos dunha tormenta solar como a deste mes de maio, a cal simplemente por azar non acabou afectando grave e permanentemente ningún sistema vital de ningún país.

As tormentas solares desta intensidade e os EMP producidos por armas nucleares poden causar efectos devastadores.

Porén, a seguinte vez pode que non teñamos tanta sorte e que un novo evento Carrington leve por diante todo o que funciona con electricidade nun área extensa do planeta, algo que dramatizou o podcast creado en 2016 guionista bilbaíno de orixe galega José Antonio Pérez-Ledo, e que foi posteriormente convertido en serie televisiva: El Gran Apagón. Con outras causas, a desaparición súpeta da civilización eléctrica é un tema recorrente na ficción destas últimas décadas, como tamén puidemos comprobar coa serie estadounidense Revolution de 2012-14. Este súpeto colapso é algo que, se cadra, algúns esperan de maneira máis ou menos inconfesable coa esperanza de que deteña en seco o avance da nosa civilización cara a un suicidio que ameaza con levar toda a biosfera por diante.

O que sen dúbida poñen en evidencia as tormentas xeomagnéticas é que o progreso tecnolóxico implica un retroceso en resiliencia ante diversos riscos moi importantes. Así, unha tormenta G5 na metade so século XIX apenas se saldou con algunha queimadura a algún telegrafista en Norteamérica, mentres que hoxe en día podería causar millóns de mortes nunha civilización electrodependente e que aínda por riba creou case medio milleiro de bombas nucleares en potencia, espalladas por todo o planeta, e que precisan alimentación eléctrica permanente para non estoupar: as centrais nucleares. Porque se unha tormenta solar destrúe un número suficiente de transformadores eléctricos nunha rede nacional (algo difícil de substituír de maneira rápida, sobre todo, se se ven afectados un número importante deles de maneira simultánea), mantería sen corrente eléctrica durante semanas ou meses áreas máis ou menos amplas do planeta, nas que probablemente habería centrais nucleares que se verían obrigadas a tirar de xeradores de emerxencia alimentados con combustibles fósiles e que, antes ou despois, habería que reencher, algo que podería non ser doado nestas excepcionais circunstancias, xa que surtidores das gasolineiras tamén dependen da electricidade para funcionaren.

Esta dependencia tamén se estende ás estacións de bombeo tanto de auga potable como de augas residuais, o cal podería provocar que as cloacas das cidades privadas de subministración eléctrica comezasen a botar por fóra aproximadamente ás 72 horas, co conseguinte risco de epidemias. Por non falar das enormes dificultades que os servizos públicos coma os hospitais, servizos de emerxencia, trens, aeroportos e todas as telecomunicacións terían para seguir a funcionar sen electricidade, e por descontado todas as empresas privadas, Internet e a telefonía móbil. Se a nosas sociedades xa non saben vivir sen unha subministración constante e xigantesca de petróleo, tampouco o saben facer sen a conveniente corrente eléctrica, dispoñible como por arte de maxia en calquera enchufe ligado á rede, a calquera hora do día, todos os días do ano.

Isto fai que a prevención sexa indispensable, mesmo vital para a supervivencia ante un evento infrecuente pero seguro cada certo número de anos. Aparte do que poidan preparar as administracións públicas nacionais e locais ante unha eventualidade deste tipo (sexa de orixe natural ou por ataques EMP), a continuación enumeraremos moi esquematicamente algunhas medidas preventivas que calquera familia pode adoptar, baseadas nas publicadas hai máis dunha década por Protección Civil de Estremadura (a única do noso Estado que se preocupou polo tema) e por diversas entidades gubernativas internacionais. En primeiro lugar trátase de ser conscientes do perigo, falalo na familia e cos nosos achegados (familia extensa, comunidade local, colegas do traballo) e trazar un plan que inclúa a posible evacuación do noso lugar de residencia cara a algún sitio máis seguro e con recursos onde poder aloxarse polo tempo indefinido que durase o apagamento xeneralizado. Acordar lugares de encontro con familia e amigos, previamente a un posible fallo masivo dos teléfonos, ter sempre o coche con polo menos medio depósito de combustible, e diñeiro en efectivo por se os caixeiros non funcionaren, serían outros consellos de tipo xeral.

Aínda que os gobernos coñecen o perigo e dispoñen de plans de emerxencia, apenas informan a poboación.

Os consellos orientados a aguantar mellor nun piso, en caso de residirmos na cidade, incluirían aprovisionarse de alimentos de longa duración, de auga e produtos de hixiene como papel, tampóns, compresas, xabón... Manter reposto de lentes quen as precisar, así como unha caixa de urxencias ben abastecida, sobre todo se precisamos unha medicación permanente, e un manual de primeiros auxilios (en papel). Dispoñer dalgún medio para cociñar que non precise electricidade (cociña de leña, cámping gas, etc.), combustible e medios para acendelo. Se se dispón de balcón ou terraza procurar ir cultivando algúns alimentos na casa. Estudar como nos afectaría se non funcionan sistemas que dependan da electricidade como ascensores, montacargas, portas de garaxes, etc. Illar ben o piso para o caso de suceder a tormenta xeomagnética durante o inverno e non poder quentalo, e dispoñer de medios de alumeado non eléctricos: candeas, lanternas recargables manualmente, lámpadas de aceite ou solares, etc. Dispoñer dun aparato de radio a batería, e baterías suficientes, protexido, a ser posible, xunto con outro material eléctrico ou electrónico importante, nunha caixa de Faraday. Dispoñer de cargadores manuais, solares ou conectables ao coche, para móbiles e ordenadores. Bidóns para carrexar auga e cubos para usar de retrete en caso necesario, e serraduras ou algún outro material compostable axeitado para xestionar o humabono. Dispoñer dalgún medio químico de potabilización de agua e extintor para caso de incendio.

Chegado o caso de ter que abandonar a nosa vivenda, entrariamos noutro conxunto de consellos, como dispoñer de mochilas axeitadas, sacos de durmir, esteiras e unha tenda de campaña doada de montar, roupa de abrigo, calzado axeitado para longas andainas, impermeables, utensilios e vasos irrompibles. Por suposto, navallas suízas, cantimploras e outros útiles de emerxencia serían aconsellables tamén. Levar en bolsas herméticas a nosa documentación persoal e financeira, xunto con copias compulsadas dos DNIs sería unha boa idea, xunto con bos mapas en papel da nosa zona e das zonas de destino. En canto a onde dirixirmos, polo xa devandito, conviría evitar as zonas onde existen centrais nucleares. Por sorte, as zonas máis afastadas a calquera central nuclear dentro da Península Ibérica resultan ser Galiza e as partes máis ao norte e ao sur do veciño Portugal.

Como con outras ameazas, os gobernos coñecen o risco e teñen os seus plans, así que é hora de facermos nós os nosos baseados nas súas propias recomendacións, públicas pero moi pouco publicitadas. Porque o risco dunha nova tormenta xeomagnética é moi real, cunha probabilidade do 100% no longo prazo, e aínda que non podemos saber se vai suceder a vindeira semana ou dentro dunha década, as consecuencias poden ser potencialmente moi graves e cómpre estarmos preparados como individuos, familias e sociedades. Pola conta que nos trae.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Análisis
Energía El apagón de la liberalización: cómo el mercado eléctrico ha fallado a la ciudadanía
La liberalización no ha cumplido ninguna de sus promesas y ha generado riesgos estructurales para la economía, el medioambiente y la cohesión social
Opinión
Opinión Provoquemos la próxima interrupción
Lo que nos resta es gobernar el apagón que habrá de venir, ser la causa colectiva de las próximas interrupciones, aquellas que lleven al fin de este mundo desbocado y sin sentido.
Electricidad
Apagón Pedro Sánchez: los protocolos de emergencia siguen activos y se abrirá una investigación
El presidente del Gobierno ha comparecido ante los medios de comunicación tras presidir la reunión del Consejo de Ministros para explicar las cuestiones abordadas en relación con la crisis eléctrica.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Israel
Día de la Nakba Ex Libris, la empresa israelí que provee tecnología a las bibliotecas del mundo
Los principales productos de gestión y servicios bibliotecarios provienen de una empresa cuya sede principal se encuentra en el Malha Tecnology Park, sito en el territorio ocupado donde antes se levantaba la aldea palestina de Al Maliha.
Irlanda
Lavanderías de la Magdalena Caelainn Hogan: “Las madres “descarriadas” y sus criaturas eran un desafío a la autoridad de la Iglesia"
Caelainn Hogan, periodista irlandesa nacida en 1988, es autora de 'La república de la vergüenza', donde revela los abusos en las instituciones para mujeres que se desviaban de la norma en Irlanda.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Genocidio
Genocidio 470.000 personas están en situación de hambruna en Gaza, donde continúan los asesinatos
El Ministerio de Salud de Gaza reporta que 52.928 personas han sido asesinadas y 119.846 heridas desde el 7 de octubre de 2023. Trump se reúne con los países del Golfo, pero no se mueve de su apoyo a Israel.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.
Más noticias
Opinión
Opinión Abolir la familia, la perspectiva de une superviviente
La familia se vende como un espacio seguro, un lugar de amor y de cuidados mutuos, algo que no corroboran los datos. ¿Hay alternativas? ¿Cómo llevamos nuestras experiencias de redes de apoyo mutuo al centro de la sociedad?
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.
Reducción de jornada
Reducción de jornada ¿Vivir mejor o más trabajo para todos? las diferentes vías para llegar a la reducción de la jornada laboral
Situar el empleo fuera del eje central de la vida de las personas trabajadoras enfrenta la visión clásica de los sindicatos para lograr el pleno empleo al de asociaciones que buscan la conciliación y el autocuidado.

Recomendadas

Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.