Ecologismo
A bomba silenciosa do amianto

A maioría das uralitas presentes nos nosos edificios e vivendas do rural ademais de canceríxenas convertéronse en ilegais.

Uralita

Coordinador do Instituto Resiliencia

4 nov 2020 06:03

É ben sabido que o amianto ou asbesto é unha das substancias con maior potencial canceríxeno que se coñecen, e que por iso está prohibido en boa parte do mundo. Tamén sabemos que se instalou masivamente en España, como noutros países, durante décadas (desde os anos corenta), que foi limitada nos anos 80 e finalmente prohibida no ano 2001. Así, a maioría das edificacións construídas nos vinte anos que van de mediados dos sesenta até mediados dos oitenta, conteñen amianto. Isto é, edificacións urbanas ou rurais, tanto nunha escola ou nun edificio na vila coma un hospital da cidade ou en calquera pendello ou tellado das nosas aldeas.

Tamén é ben coñecida a loita en todo o mundo de numerosos colectivos profesionais que se viron afectados durante a súa vida laboral por usaren este material de maneira descontrolada e que moitos anos despois desenvolveron diversas patoloxías graves, entre elas o mortal mesotelioma pleural, un tipo de tumor maligno cuxa única causa practicamente é este material. As autoridades sanitarias mundiais recoñeceron xa en 1977 que non existe ningún limiar de exposición segura. En teoría abondaría unha soa microfibra de asbesto inhalada para producir, potencialmente, un mesotelioma, que normalmente non se faría patente até pasados 20 ou 30 anos da exposición. Así que milleiros de traballadores expostos durante boa parte da súa vida laboral ás fibras que desprende este peculiar mineral ignífugo levan anos en longas e moi duras loitas legais en diversos países contra as empresas fabricantes ou contra as empresas nas que traballaron (estaleiros, ferrocarrís, construción...). Loitas que traxicamente deron froitos demasiado tarde para moitos deles, que morreron a causa da exposición laboral ao amianto antes de poderen recibir indemnizacións ou veren os responsables na cadea.

En Galiza coñecemos ben os casos dos estaleiros de Ferrol ou de RENFE/ADIF, onde aínda hoxe segue a aparecer amianto instalado hai anos. As cifras que se manexan de mortes en todo o mundo a causa do emprego deste mineral son de varios millóns; así é que Paco Puche, un dos activistas que máis ten pescudado e publicado sobre o asunto en España adoita falar de “epidemia” e dun auténtico “xenocido impune” do que se lucraron empresas e propietarios con nomes e apelidos coñecidos, como Stephan Schmidheiny ou a Banca March, principal accionista da empresa Uralita nos anos 70, coa cooperación necesaria das autoridades estatais.

O amianto supón un ‘xenocidio’ realizado por empresas que contaron coa cooperación do Estado

O que xa non é tan coñecido é que, ademais dos problemas de saúde laboral derivados do antigo uso deste material en determinados sectores, asemade dos casos localizados en diversos países de poboacións enteiras situadas en lugares cunha presenza moi elevada de amianto no ambiente, o amianto segue moi presente en tellados, depósitos e canalizacións de auga en calquera punto do país. Isto supón unha ameaza sanitaria de primeira orde que afecta á inmensa maioría da poboación, pois non só a rotura ou fragmentación de calquera destas pranchas, a demolición dun edificio que as conteña na nosa veciñanza, unha vertedura ilegal nun camiño ou a disolución das fibras na auga da traída, un perigo aínda pouco recoñecido, exponnos a calquera de nós a un dos tipos de cancro máis terribles.

Mais o que moi pouca xente sabe é que, aínda por riba, todas estas toneladas de amianto que nos arrodean están converténdose en ilegais. Isto é debido a que foron instaladas na súa maioría entre os anos 1970 e 1980 e a súa vida útil é duns 35 anos, e polo tanto venceron entre 2005-2020. Ben, pois a lexislación sobre a materia indica que ao final desta vida útil deben ser obrigatoriamente retiradas (Orde de 7 de decembro de 2001: “O uso de produtos que conteñan as fibras de amianto mencionadas (...) que xa estaban instalados ou en servizo (...) seguirá estando permitido ata a súa eliminación ou a fin da súa vida útil.”), e de non facelo podería teoricamente expor ás persoas, empresas ou administracións propietarias a multas.

Basura Uralita
Residuos de uralita David F. Sabadell

Con todo, non parece existir aínda un réxime sancionador para estes casos concretos, e non coñecemos polo momento casos nos que se faga efectivo por manter instalado o amianto tras rematar a súa vida útil; as multas polo amianto, de contías moi elevadas, adoitan ser por retiradas sen permiso e por verteduras ilegais. Esta norma parece razoable, dado que un elemento de fibrocemento que rematou a súa vida útil aumenta o seu risco de deterioro e desprendemento de fibras carcinoxénicas. Pero as consecuencias legais e económicas, sobre todo para os particulares, supoñen unha auténtica bomba legal e económica, que chega ademais nun momento histórico de crise terminal, acelerada pola pandemia do novo coronavirus.

Decrecimiento
Causas e consecuencias da fin do crecemento económico

A nosa civilización áchase nun intre final da súa historia, enfrontada á imposibilidade de seguir a medrar, mais cun ADN que a empuxa ao crecemento continuo.

A maioría das uralitas instaladas no país están xa fóra do seu prazo de vida útil, e polo tanto son ilegais

Non faltan voces que ante esta situación, diante desta xigantesca ameaza á nosa saúde e á nosa economía, piden que sexa o Estado quen se faga cargo do custo e das operacións de retirada segura deste amianto caducado e polo tanto dobremente perigoso. O fundamento xurídico e moral desta demanda estaría en que foi o Estado español durante a ditadura quen deu autorización á importación, fabricación e instalación deste material, co descoñecemento absoluto da poboación do perigo que implicaba e de que décadas despois suporía unha carga económica moi importante, xa que as empresas autorizadas a retiralo coas medidas obrigadas por lei non son precisamente baratas. E o Estado español actual, ao non se realizar no seu día unha ruptura democrática co Estado franquista, é a efectos legais responsable das accións daquel.

A mobilización non só dos colectivos de traballadores senón tamén da veciñanza organizada está a obrigar a diversas administracións locais a mover peza. Porén, tan só algunha administración autonómica, como é o caso pioneiro da Comunidade Foral Navarra, ten un plan en marcha para dar cumprimento á normativa europea que recomenda a completa eliminación do amianto no prazo de tempo máis breve posible. En Galiza cabe logo preguntarse: canto tardará en chegar unha lei integral do amianto ou un plan público coma o navarro que nos libere da carga medioambiental, sanitaria e económica que supoñen millóns de toneladas de uralitas aínda presentes no país, que xa remataron o seu prazo de vida útil e legal, e que comezaron un perigoso proceso de deterioro e fragmentación no aire que respiramos acotío.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Minería
Cáceres Denuncian que la mina de Cañaveral no cumple los criterios para ser proyecto estratégico
Contaminación por nuevas sustancias sin testar, reducción de disponibilidad de agua dulce, cambios en el uso del suelo y pérdida de biodiversidad protegida y de integridad del ecosistema, principales argumentos contra el proyecto.
Córdoba
Opinión ¿Cabra, ciudad sostenible? La lucha colectiva para conservar lo que aún es nuestro
Los vecinos de las Huertas Bajas de Cabra, Córdoba, han comenzado una lucha para salvar lo más preciado que tenemos: nuestras tierras.
Educación
Madrid Familias exigen pacificar los entornos escolares tras el atropello mortal de un niño en Usera
Piden más seguridad en los centros escolares y en todas las zonas que son frecuentadas por niños y niñas pequeñas. Hace seis años, muchas familias impulsaron la llamada Revuelta Escolar.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.