energia eolica, energía eólica, molino, molinos
29 jul 2020 06:00

Quen máis quen menos xa terá oído falar a estas alturas da Transición Ecolóxica e dunha das súas facetas, a máis fundamental, poderiamos dicir: a Transición Enerxética. O grupo EmerCiv defínea como o “proceso de cambio dun modelo enerxético baseado nun determinado tipo de enerxía(s) a outro no que é preponderante outro tipo de enerxía” e apunta a que na historia humana teñen existido varias transicións enerxéticas, principalmente a que se realizou da biomasa ao carbón ao comezo da Revolución Industrial (século XIX principalmente), e a seguinte na que o petróleo (posteriormente complementado polo gas natural) desbancou o carbón como principal fonte de enerxía, xa a mediados do século XX. Aínda que tamén se poden considerar transicións prehistóricas a que levou ao dominio do lume e mais a que implicou o paso do modelo recolector-cazador aos asentamentos nos que se explotaba a enerxía dos cultivos e dos animais domesticados. Agora da transición da que se fala é a que deixaría de empregar maioritariamente (e chegado a un punto, totalmente) as fontes de enerxía non renovables (fósiles + uranio) para pasar a usar principalmente (e despois unicamente) fontes de enerxía renovables e de moita menor emisión de carbono, de aí que se denomine tamén comunmente a este proceso “descarbonización” da economía ou do metabolismo socioeconómico.

Unha cuestión fundamental que raramente se aborda cando se fala desta nova Gran Transición nos alicerces enerxéticos da humanidade é a do tempo que vai ser preciso para completala. Para responder a esta pregunta podemos utilizar diferentes métodos. Un sería recorrer ás transicións anteriores, e tentar extrapolar ao caso actual a información histórica que aquelas experiencias nos achegan. No caso da transición da biomasa ao carbón, falamos basicamente do proceso inverso ao que teriamos que realizar agora, pois a sociedade preindustrial tamén era 100% renovable, pero nun contexto totalmente diferente, cunha biosfera que non estaba esgotada nin moi danada, e cunha poboación humana sete veces menor. Aquel proceso levou, no caso dun país como os EE. UU., practicamente un século: alí o carbón non superou á leña como principal fonte de enerxía até a década de 1890. Nos principais países europeos levou entre século e século e medio. E teriamos a cifra de 60 anos como referencia para a seguinte transición, cara á predominancia dos hidrocarburos, se contamos os países da OCDE, ou entre 47-69 se tomamos as potencias europeas. No caso de España foron 111 anos de transición da biomasa ao carbón, e 69 do carbón a petróleo+gas+electricidade. Así, é común atopar a cifra aproximada do medio século como estimación histórica do tempo que require unha transición enerxética na época moderna nun país industrializado. Teremos agora tanto tempo?

As transicións enerxéticas anteriores levaron como mínimo medio século. Hai base para pensar que agora nos vai levar menos tempo?

Outro dos métodos que podemos empregar para tentar albiscar como sería e canto duraría unha transición enerxética deste tipo é a modelización mediante Dinámica de Sistemas, como se ten realizado no proxecto europeu MEDEAS, continuado agora no proxecto Locomotion. Mais o que achegan estes modelos é que forzando determinados parámetros si que se podería na teoría facer unha transición para 2050, mais a conta de provocar unha “dependencia de minerais escasos, unha ocupación con infraestruturas humanas de moito máis territorio” e que, ao final, mesmo así non se puidese evitar un colapso en forma de profunda e rápida caída dos parámetros económicos, segundo explica un dos seus modelizadores na Universidade de Valladolid, Carlos de Castro.

In the Black contry
In the Black Country, 1890. Constantin Emile Meunier

Outro dos autores que máis ten estudado as transicións enerxéticas, Vaclav Smil, afirmou que as transicións enerxéticas son normalmente procesos longos (varias xeracións), e que “soamente economías pequenas dotadas dos recursos axeitados poden realizar transicións moi rápidas” dun recurso (enerxético) a outro, no cal coincide con algún outro estudo que apoia esa posibilidade da transición local e parcial rápida. En consecuencia, Smil cualifica os obxectivos políticos como o de conseguir o 50% da enerxía de fontes renovables para 2050 como “non realistas” (non sabemos como cualificará entón o obxectivo europeo de conseguir o 100%), e apunta ao feito de que, aínda que a captación de enerxía de fontes renovables continúa a aumentar, tamén o seguiu facendo durante as pasadas décadas o uso dos combustibles fósiles, e polo tanto, no canto de estarnos librando deles, seguimos a depender nunha proporción abafadora da tríade petróleo-gas-carbón. A conclusión á que poderiamos chegar é que a Transición Enerxética, en realidade, aínda non arrincou, ao contrario do que moitos políticos, industrias do sector e mesmo activistas ambientais, aseveran. Smil concluía o seu texto para o Foro Económico Mundial en 2013 advertindo de que malia ser un futuro non-fósil “altamente desexable e, ao final, inevitable”, unha “civilización construída sobre os combustibles fósiles non pode facer esa transición nin doada nin rapidamente”.

Todas as transicións enerxéticas do pasado realizáronse cando aínda era abondosa a fonte enerxética anterior, que se seguiu utilizando en cantidades crecentes

Un factor que foi sinalado por múltiples autores, ademais do propio Smil, é que historicamente cando se realiza unha transición enerxética non se abandona a fonte anterior senón que continúa o seu uso, mesmo en aumento. Así, a biomasa usada en 1700 era equivalente a 280 millóns de toneladas de petróleo (Mtoe), pero hai 20 anos era xa de 2.500 millóns, é dicir, 10 veces máis (dúas transicións despois!). E nunca se consumiu tanto carbón como na actualidade (medio século despois de ser superado polo petróleo como fonte enerxética principal). De feito, a enerxía que permite realizar a transición é, loxicamente, a enerxía preponderante na fase anterior, porque é a dispoñible. É dicir, foi a leña a que permitiu a minaría do carbón, e foi o carbón o que permitiu a construción e transporte das torres petrolíferas. Así, hoxe, son os combustibles fósiles os que fan posible a minaría do silicio das placas fotovoltaicas ou a fundición do aceiro e a elaboración do formigón dos aeroxeradores, por poñer tan só uns exemplos entre os moitos que poderiamos escoller. É por isto que algúns críticos cos mitos das renovables, como Pedro Prieto, cualifican estes sistemas como “extensións (e non substitutos) das enerxías fósiles” e denomínanos “sistemas non renovables de captación temporal de fluxos de enerxía renovable”. Esta dependencia para a súa construción, funcionamento e substitución ao final da vida útil con respecto ás enerxías que se supón deben substituír é un dos principais puntos débiles do proxecto da Transición Enerxética actual.

Consumo mundial de enrxía

Mais volvendo á cuestión temporal, se observamos as gráficas do aumento do consumo de enerxía mundial ao longo da historia, diferenciando tipos de fontes enerxéticas, veremos que cada transición se desenvolveu ao longo dun período de apoxeo e abundancia da fonte enerxética anterior, o cal ten a súa lóxica, debido ao xa comentado de que é a fonte máis dispoñible nun momento dado a que debe alimentar a parte principal do proceso de desenvolvemento da nova (novas infraestruturas, tecnoloxías de extracción, tecnoloxías que a aproveitan, etc.). Pero non é o caso actualmente, porque se tomamos o momento en que petróleo cru chegou ao seu teito de extracción, xa o temos atrás no retrovisor da historia (2006), e se tomamos o teito de todos os combustibles fósiles estamos practicamente nel, segundo afirman algúns autores. Así que teriamos que realizar a Transición cara ás renovables na fase de declive (en cantidades e calidades) da principal enerxía primaria anterior, algo que nunca antes se realizou (agás, se cadra, no especial caso da crise da leña no Reino Unido nos séculos inmediatamente anteriores ao comezo da Revolución Industrial). Como advirte a Axencia Internacional da Enerxía, fixándose non tanto nas perspectivas de declive de dispoñibilidade de hidrocarburos senón na necesaria redución urxente das emisións de efecto invernadoiro: se non damos feito rapidamente esta transición, quedariamos “atrapados” nas infraestruturas anteriores, sen poder desenvolver as necesarias para a seguinte fase, e sería xa demasiado tarde [para dar feito a Transición].

Ademais, agora existe outro problema engadido que ten que ver coa Taxa de Retorno Enerxético e coa chamada densidade enerxética (enerxía contida por unidade de masa): até a actual, todas as anteriores transicións foron dunha fonte menos densa enerxeticamente a outra máis densa. Mais agora, as fontes renovables son moi pouco densas, e achegan moi pouca enerxía neta por cada watt-hora de enerxía investida na súa captación (agás o caso da hidroeléctrica, que ten unha TRE relativamente alta).

En resumo: factores como os longos prazos das transicións anteriores, o feito de que os combustibles que deben alimentar a nova transición están ante o seu inminente devalo (e aínda por riba debemos parar de usalos para evitar empeorar a mudanza climática), e ter que pasar a usar fontes menos densas enerxeticamente e de menor retorno, fan moi difícil que poidamos realizar a tempo unha Transición Enerxética como se nos vende desde os poderes políticos e económicos. Crer o contrario supón un enorme acto de fe sen xustificación nos datos constatados, e se cadra a única posibilidade realista de facer unha transición rápida sería un colapso rápido a niveis moi inferiores de consumo mentres aínda dispoñemos de cantidades importantes de combustibles fósiles e doutros recursos.

Energías renovables
O mito das enerxías renovables

As enerxías renovables son o futuro, disque. Mais que tipo de futuro poden sustentar?

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Ver comentarios 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver listado completo

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios 1

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...