Energía solar
O capitalismo comeu o meu panel solar

Dentro dun sistema que procura o crecemento perpetuo é inviable a transición enerxética.

Energía solar 2
Huerto de placas solares en Almería Álvaro Minguito

Coordinador do Instituto Resiliencia

4 jun 2020 06:03

A chamada Transición Enerxética é definida como o paso dun metabolismo socioeconómico baseado principalmente nos combustibles fósiles a un que só empregue as chamadas enerxías renovables. Este proceso, en teoría, consistiría en ir substituíndo fontes fósiles (e nucleares, aínda que a propia industria nuclear, e mesmo algúns autores como George Monbiot ou James Lovelock, defenda que teñen un papel importante que xogar dentro desa transición), por fontes captadoras de enerxía eólica, solar, hidroeléctrica, maremotriz, undimotriz, xeotérmica ou biomasa (aínda que con esta pode implicar importantes problemas, como advirte o polémico documental de Jeff Gibbs Planet of the humans). E para isto o que propoñen todas as administracións públicas embarcadas en procesos deste tipo, como a española ou a galega, consiste basicamente en promover a instalación destas infraestruturas que denominan renovables, aínda que en definición de Pedro Prieto, de AEREN, son en realidade “sistemas non renovables de captación temporal de fluxos de enerxía de orixe renovable”.

Porén, cómpre preguntar: engadir GW renovables é o mesmo ca substituír enerxías fósiles? A lóxica dinos que para que haxa realmente unha substitución debe non soamente poñerse algo novo senón desaparecer o vello. Mais é isto o que está a suceder nesta Transición Enerxética que disque xa comezamos? Non parece tal, á vista dos números.

Para que haxa Transición Enerxética non só hai que engadir enerxía renovable, senón tamén reducir consumo de enerxía fósil

Así, de 2017 a 2018 o consumo de enerxía fósil medrou en 2.543 Mtoe (millóns de toneladas de petróleo equivalente), mentres que a enerxía renovable no seu conxunto só medrou en 100 Mtoe no mesmo período. E algo análogo vénse repetindo ao longo das últimas dúas décadas, sen variacións significativas, agás no ano 2009 (en plena caída da economía pola crise que estoupara no ano anterior), no que caera o consumo das fósiles en 1.731 Mtoe mentres as renovables conseguían medrar nunhas exiguas 19 Mtoe. Lonxe de estaren substituíndo as fósiles, parece claro que as renovables as están simplemente a complementar.

De facto, se acudimos a unha das fontes de referencia, o BP Statistical Review of World Energy 2019, e sumamos toda a electricidade xerada, por exemplo, pola enerxía solar desde o comezo da súa historia, non chegaría nin para alimentar o incremento do consumo da demanda eléctrica nun só ano (poñamos por caso 2018).

Isto quere dicir que para que poida haber unha verdadeira transición a un novo metabolismo alimentado só por renovables, non chega con engadir capacidade de xeración por medio deste tipo de enerxías, senón que se debe poñer freo á expansión do consumo, se non queremos que sexa o comido polo servido. Isto é: se queremos que engadir unha cantidade N de terawatts·hora de renovables signifique substituír esa mesma cantidade de combustibles fósiles, non podemos permitir que o consumo total aumente. Porque no caso de aumentar este nunha cantidade superior a N, tería que cubrirse con máis non-renovables (fósiles+nuclear), co cal non se estaría producindo ningunha transición en absoluto. Se aumentase nunha cantidade igual a N, daquela tampouco, pero polo menos non aumentaría o consumo de fósiles, que ficaría estancado (o cal tampouco é ningunha boa noticia, pois xa sabemos que temos que reducir moi rapidamente as emisións derivadas destes combustibles se queremos sobrevivir, e pola outra banda tampouco vai seguir sendo viable, habida conta do declive post-cénit destes combustibles finitos). Se aumentase o consumo nunha cantidade menor aos novos N TW·h daquela si que se podería dar un modesto avance cara a esa transición tan necesaria. E soamente se o consumo non aumenta, poderemos afirmar que todos eses novos TW·h de enerxía renovable están servindo para quitar outros tantos equivalentes de enerxía fósil.

Energía solar
Huerto de placas solares en Almería. Álvaro Minguito

Debemos ter en conta que estes cálculos son unha simplificación optimista que non ten en conta o feito de que para xerar eses N TW·h de enerxía renovable faría falta incrementar o consumo de enerxía (principalmente fósil) para fabricar e instalar os novos sistemas xeradores nunha cantidade que dependería da TRE (Taxa de Retorno Enerxético) de cada un deses tipos de enerxía, e que debería ser menor ca N (doutro xeito non tería moito sentido construílos), pero aínda así non sería nada desprezable. Así, por exemplo, se un panel solar de 400 Wp xera durante os apenas 25 anos da súa vida útil uns 12 MW·h de electricidade, a razón duns 600 KW·h/ano nun lugar cunha boa insolación e tendo en conta perdas varias (po, perda de potencia co paso do tempo), e ese panel ten unha TRE de por exemplo 3:1, iso implica que na súa posta en marcha teriamos que comezar gastando 4 MW·h de enerxía principalmente fósil (un terzo de tonelada de petróleo) antes de obter o primeiro W de electricidade solar; agora imaxinemos multiplicar iso por todos os paneis solares instalados cada ano no mundo, e facer o propio cos aeroxeradores, cos encoros hidroeléctricos, etc. Extraer ou captar enerxía consome enerxía, non o esquezamos.

O crecemento da demanda que implica un sistema que procura o crecemento perpetuo, está a devorar calquera aumento da xeración de enerxía renovable

Dito doutra maneira: só hai verdadeira transición enerxética se ademais de engadir xeración enerxética renovable, deixamos de aumentar o consumo enerxético total das nosas sociedades. Nun punto ideal de chegada (o denominado 100% renovable), un consumo anual mundial moi reducido con respecto ao actual, sería subministrado só con enerxías renovables. E reducir o consumo implica —se non acreditamos en máxicas desmaterializacións da economía— reducir o PIB, algo que é incompatible co actual sistema económico, baseado no crecemento permanente: o capitalismo. Mentres permanezamos nel, calquera nova xeración de enerxía renovable será engulida polo propio crecemento do consumo, e non vai servir para transitar a ningún sistema diferente senón para alimentar unha prórroga dun crecemento económico que en última instancia vai ser imposible continuar. A isto engádese o feito xa coñecido (aínda que non recoñecido) de que, ao ser a enerxía renovable que podemos chegar a captar, unha enerxía limitada (por diversos factores), non pode alimentar un crecemento perpetuo.

Con todo, neste ano e posiblemente en menor medida nos inmediatamente seguintes, imos vivir, a causa da pandemia da COVID-19, unha distorsión deste fenómeno que se viñera constatando desde o comezo dos modernos sistemas de captación de renovables, e que vai facer máis difícil recoñecelo: o PIB vai sufrir a nivel mundial e tamén local, importantes descensos, xunto coa xeración e consumo de enerxía de todo tipo, mais previsiblemente vai ser máis notable no consumo de combustibles fósiles, por ser esta a de máis potencia e utilidade. Isto vailles poder dar a impresión aos sectores sociais máis entusiastas das renovables, de que se está a avanzar de maneira efectiva na Transición Enerxética, aínda que a potencia instalada deste tipo de enerxía en realidade non teña máis ca un modesto aumento, se é que logra ter algún. E vai vir demostrar na práctica que só unha forte redución do consumo global é o camiño para deixar de queimar fósiles ao ritmo que precisamos.

Decrecimiento
Causas e consecuencias da fin do crecemento económico

A nosa civilización áchase nun intre final da súa historia, enfrontada á imposibilidade de seguir a medrar, mais cun ADN que a empuxa ao crecemento continuo.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Tribuna
Tribuna La licencia social de las renovables, en la cuerda floja
España tiene que avanzar en sus obligaciones de implementación de renovables, pero debe hacerlo garantizando la licencia social de todos los nuevos proyectos. Para ello, hay que mantener comunicación fluida y tener en cuenta a cada comunidad.
Energía
Energía El apagón se originó en Núñez de Balboa, una planta fotovoltaica que Iberdrola litiga para no desmantelar
La empresa lucha en el Supremo para revertir la sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Extremadura, que obliga a desmantelar y devolver a su propietario el 60% de la finca donde se asienta la central fotovoltaica.
Explotación laboral
Explotación laboral en fotovoltaicas Trabajar 11 horas, 6 días a la semana, a 8 euros la hora: la explotación tras las fotovoltaicas en Extremadura
Trabajadores de la construcción del parque solar extremeño ‘Renopool’ denuncian estar siendo explotados por Imenergy, subcontratada a su vez por Sacyr, para sacar adelante el proyecto de Plenitude, filial de la petrolera italiana Eni.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.