Duplo miope correndo cara ao abismo

Unha dupla eiva da nosa visión como sociedades dificulta que percibamos o colapso ecosocial a tempo.

Bolsa
10 jul 2019 07:06

Imaxinemos que padecemos unha miopía que só nos permite ver con claridade o que temos máis achegado a nós, e que converte en demasiado borroso o que temos alén duns pasos diante de nós. Nese caso o máis prudente ao camiñarmos sería facelo a un paso moderado, pois se a nosa velocidade excede a nosa capacidade de enfocar a media e a longa distancia, correriamos o risco de chegar aos obstáculos sen tempo de velos anticipadamente, e sería doado caer en fochancas, tropezar coas pedras, coas pólas das árbores ou con calquera outro perigo que se nos cruzar no camiño. O mesmo podemos dicir no caso de conducirmos un vehículo por entre a brétema, e así existen normas de circulación que obrigan a reducir a velocidade e a extremar a precaución nesas condicións. É dicir, a incapacidade de ver ao lonxe aconsella levar unha velocidade moderada.

Porén, as sociedades humanas non estamos facendo caso desta lóxica de sentido común nin aplicando as normas de tráfico ao noso conducir civilizatorio: somos miopes —por partida dupla— e aínda así construímos un sistema técnico e económico en acelerada e irrefreable expansión. En canto ao metabolismo en crecemento acelerado non é preciso dar moitos detalles pois é ben sabido que na chamada Grande Aceleración que comezou mediado o século XX, todas as variables do sistema-mundo disparáronse a velocidades nunca vistas na historia da nosa especie, comezando polo consumo de enerxía, a polución, o esgotamento dos recursos ou os niveis de poboación humana. Segundo Carlos de Castro, experto en sistemas e creador da Teoría de Gaia Orgánica, a nosa cultura foi incapaz de adaptarse a este ritmo de mudanzas e a consecuencia diso foi que non puidemos aplicar correctivos ético-sociais para evitar a extralimitación.

Coa 'Grande Aceleración' construímos un sistema técnico e económico en irrefreable expansión, á que a nosa cultura foi incapaz de se adaptar

O que xa non é tan evidente é a nosa miopía, e que esta sexa dupla, a nivel de especie e tamén de cultura. Por unha banda sufrimos unha incapacidade, froito da nosa evolución, para ver os perigos afastados (no tempo ou no espazo). Un dos autores dos Límites ao crecemento, Dennis Meadows, afirma: “No básico estamos programados exactamente igual que hai 10.000 anos. Se un dos nosos devanceiros era atacado por un tigre, tampouco estaría preocupado polo futuro, senón pola súa supervivencia inmediata. O que me preocupa é que por razóns xenéticas non somos quen de tratar cuestións a longo prazo como a mudanza climática. En tanto non aprendamos a facer iso, non hai maneira de resolver todos estes problemas".

Esta mesma eiva é salientada por outros autores como Elke Weber ou Paul & Anne Ehrlich, quen o relacionan con que, até o de agora, á nosa especie non lle fixo falta esa capacidade de anticipación. O sociólogo ambiental William Catton tamén identificaba expresamente esa incapacidade “de ver alén do horizonte” como resultado da evolución. Jorge Riechmann chama a atención (no seu libro Ética extramuros) sobre esta "miopía intertemporal" vencellándoa coas "curvas hiperbólicas de desconto" propias da especie humana, o que os economistas chaman "a taxa de desconto" do futuro, pola cal tendemos a preferir os beneficios inmediatos aos futuros, e así é que as consecuencias futuras das nosas decisións actuais adoitan non contar moito para nós. Por isto, o que xera a nosa prosperidade a curto prazo pode acabar por destruíla no longo, un fenómeno psicosocial que ten que ver coa externalización de danos metabólicos do sistema económico. Segundo Anthony Giddens, "o desconto hiperbólico é un dos principais factores que explica a actitude tan preguiceira da maioría da xente ante as ameazas do quecemento global" e a resposta tan marxinal ás diversas campañas de eco-concienciación.

A taxa de desconto do futuro propia da especie humana explica en parte o fracaso da concienciación ecolóxica.
Outros autores, como o matemático Albert Bartlett, sinalan factores psicolóxicos agravantes, como a nosa dificultade como especie para comprender intuitivamente a función exponencial e —en consecuencia— o crecemento exponencial resultado de combinar a explotación da enerxía fósil coa mecánica inherente ao capitalismo na procura da acumulación perpetua de ganancia. E aí é onde entrariamos no segundo nivel (macro) da miopía humana... ou máis ben das sociedades humanas modernas e industrializadas.

Explica Riechmann que, mesmo sendo certo que a nivel individual (micro) "padecemos ese nesgo cognitivo [a miopía intertemporal] (...) o que hoxe está determinando o suicida, xenocida e biocida colapso (...) é moito máis decisivamente os efectos inducidos sobre a cultura enteira pola peculiar concepción temporal do capitalismo financiarizado". Esta miopía propia das sociedades capitalistas ficaría rotundamente expresada nun comentario que lle fixera en certa ocasión un banqueiro a James Tobin: "O meu máis longo prazo, amigo, son dez minutos". Así, a ollada posta na rendición trimestral de resultados empresariais sería unha clara expresión desta miopía estrutural.

Porén, o que máis determina o rumbo de colapso é a peculiar concepción temporal do capitalismo financiarizado

E mesmo poderiamos engadir unha capa máis ao nivel da estrutura política: os catro anos dos períodos electorais nas chamadas democracias liberais parlamentarias, que dificultan enormemente a planificación sociopolítica en prazos que superen eses 48 meses. Por suposto, este niveis micro e macro realiméntanse entre si, empeorando as consecuencias. Por se isto fose pouco, os sistemas actuais son a antítese do que recomendaba a científica que liderou o estudo dos Límites ao crecemento, Donella Meadows, ao respecto da necesidade de "honrar" a información: "Alguén que toma decisións non pode responder á información que el ou ela non ten, non pode responder de forma precisa á información imprecisa, non pode responder a tempo a unha información que chega tarde." É dicir, aínda que os sistemas fosen conscientes da miopía estrutural da que falamos e quixesen autocorrixirse, de pouco lles serviría se a información segue a ser retida e agachada, como sucede coa fundamental (a nivel de anticipación de políticas públicas) cuestión do Peak Oil, sen ir máis lonxe. Segundo a experta estadounidense en dinámica de sistemas, "o 99% do que falla nos sistemas vai mal porque falta información ou é defectuosa".

Así, aos atrancos para comunicarmos o abismo que temos por diante, e á información confusa ou directamente errónea transmitida por importantes elementos do sistema, súmase unha dupla e encerellada miopía que se traduce na dificultade para percibir e asimilar esa información vital para a nosa supervivencia como especie e como sociedades e para traducila en mudanzas radicais nas nosas políticas e nos nosos modos de vida.

Decrecimiento
Atrancos para comunicar o colapso

Como transmitirlle a unha sociedade dominada polo mito do progreso perpetuo a mensaxe de que vai colapsar?

Energías renovables
O mito das enerxías renovables

As enerxías renovables son o futuro, disque. Mais que tipo de futuro poden sustentar?

Decrecimiento
A xanela de Overton

A nosa supervivencia como especie require ampliar o rango do aceptable politicamente.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Ver comentarios 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver listado completo

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios 1

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...