Medio rural
Labregas e labregos xa temos dereitos (oficialmente)

A ONU aproba finalmente a declaración impulsada por Vía Campesina hai 19 anos.

La Vía campesina
Una de las activistas de La Vía Campesina, en la sede de la ONU. Foto:Victor Barro - Amigos de la Tierra Internacional

O pasado domingo 31 de marzo o Sindicato Labrego Galego celebrou no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago, un acto de Lectura pública da Declaración de Dereitos Labregos, que ven de ser aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 2018, despois de 17 anos de redaccións e debates. Foi a Vía Campesina, organización internacional de labregos e labregas que aglutina a numerosos movementos sociais e organizacións aliadas —como é o caso do Sindicato Labrego Galego— a que no ano 2000 iniciou o proceso que culminou agora. Na votación, que se gañou por 119 votos a favor, 7 en contra é de salientar que o Estado Español fora un dos 49 países que se abstiveron. Máis aló do seu valor simbólico, as convencións das Nacións Unidas teñen carácter obrigatorio para os estados membros, polo que esta declaración pode ser unha ferramenta importante que invocar á hora de pedir contas e fiscalizar a actuación dos gobernos en todas aquelas decisións nas que se vulneren os dereitos das labregas e labregos, que teñen moito que ver con agresións ao territorio e co aproveitamento dos recursos naturais.

Ao acto de Compostela asistiron numerosas organizacións convidadas, así como persoas a título individual, que foron dando lectura aos 28 artigos dos que consta a declaración, a cal comenza cunha ampla introdución onde se recoñece a especial relación dos labregos e labregas coa terra, coa auga e coa natureza e as achegas por eles feitas ao desenvolvemento e á conservación da biodiversidade, así como a súa contribución para garantir o dereito a unha alimentación axeitada para todas as persoas. Así, amosa a preocupación pola carga que representa para as labregas a degradación do medio ambiente ou o cambio climático, os desaloxamentos forzosos a que se ven sometidas estas persoas nalgunhas partes do mundo polas presións dos monocultivos industriais, as dificultades cada vez maiores no acceso á terra, á auga e ás sementes, a especulación sobre os alimentos e a concentración crecente dos sistemas de produción e distribución dos mesmos. Tamén se fala nesta introdución do concepto de soberanía alimentaria definido como o dereito dos pobos a definir os seus sistemas agroalimentarios, e o dereito a unha alimentación sá e culturalmente axeitada, producida con métodos ecolóxicos e sostibles, que respecten os dereitos humanos. Os 28 artigos cos que continúa a declaración, instan constantemente aos estados a velar porque estes dereitos se cumplan, e a implementar as medidas necesarias para que así sexa.

Sindicato Labrego
Lectura pública da Declaración de Dereitos Labregos en Santiago de Compostela. SLG.

Desde diversos ámbitos e organizacións campesiñas destácase a importancia de que o campesiñado sexa recoñecido como suxeito político de dereito. No Artigo 1 da declaración dise: "Enténdese por labrego/labrega toda persoa que se adique ou pretenda adicarse, de maneira individual ou colectiva, á producción agrícola en pequena escala, á agricultura artesanal, gandeiría, pesca, silvicultura. A declaración aplícase a estas persoas e tamén ás familiares ao seu cargo, e tamén se aplica aos pobos indíxenas, ás comunidades locais que traballan a terra, ás trashumantes, nómades e persoas sen terra, así coma ás persoas asalariadas empregadas en explotacións agrarias ou en industrias agrarias de pequena escala".

A declaración faise extensiva tamén a outras persoas que traballan nas zonas rurais, coma as que se adican a artesanías relacionadas coa agricultura ou a outras ocupacións conectadas co mundo rural. De facto, pode entenderse que todos os habitantes do medio rural, que viven e traballan nel, son dalgún xeito obxecto desta declaración de dereitos.

O Artigo 2 fai referencia a que os estados respectarán e farán efectivos estes dereitos e adoptarán as medidas lexislativas, administrativas e doutro tipo axeitadas para alcanzalos progresivamente, nos casos en que non poidan garantirse de maneira inmediata. Tamén fai especial mención das persoas de idade, as mulleres, as mozas e mozos, as nenas e nenos e as persoas con discapacidade. Así mesmo insta aos estados a dialogar cos labregos e labregas antes de tomar decisións que lles afectan, e de aprobar leis e políticas tendo en conta os desequilibrios de poder e asegurando unha participación activa, libre, e informada. No Artigo 3 dise textualmente: "Os labregos e labregas e outras persoas que traballan nas zonas rurais teñen dereito a definir e desenvolver prioridades e estratexias para exercer o seu dereito ao desenvolvemento." O Artigo 10 volve recoñecer o dereito a participar activamente, xa sexa a nivel persoal ou a través de organizacións representativas, na preparación e aplicación de políticas, programas e proxectos que poidan afectar a súa vida, á súa terra e aos seus medios de subsistencia.

O Artigo 15 fala do dereito á soberanía alimentaria, termo no que se engloba o dereito a participar nos procesos de adopción de decisións sobre a política agroalimentaria e o dereito a unha alimentación sa e suficiente, producida con métodos ecolóxicos e sostible que respecte a súa cultura.

Lei de depredación
Tecidos pola defensa da terra

Plataformas veciñais galegas traballan por un rural vivo. Nacen a partir do rexeitamento a proxectos extractivistas, de grande impacto no medio natural e escaso na economía local. En rede, loitan contra o crecemento económico a calquera prezo.

Outra cuestión primordial recóllese no Artigo 17, e refírese á tenza da terra, así dise que as labregas e labregos e outras persoas rurais teñen dereito á terra, á auga, aos bosques, para utilizalos e xestionalos de maneira sostible, e para ter un lugar onde vivir con seguridade, paz e dignidade. Así mesmo di que os estados deben adoptar medidas a favor do recoñecemento xurídico dos dereitos de tenza da terra, incluídos os dereitos consuetudinarios de tenza que actualmente non estean amparados pola lei, recoñecendo a existencia de modelos e sistemas diferentes, e protexendo os labregos de desaloxos ilegais. O recoñecemento deste dereito ten a ver tamén co freo ao acaparamento de terras por parte de grandes empresas e capitais. Marina dos Santos, do MST do Brasil, presente o domingo no acto de lectura dos dereitos, contaba que no seu pais o 1% de propietarios ostentan a propiedade do 45% da terra. O Artigo 18 fai referencia ao dereito á conservación e protección do medio ambiente e da capacidade produtiva das terras, e no 19 recoñécese o dereito ás sementes, a protexer os coñecementos tradicionais relativos aos recursos fitoxenéticos, a participar equitativamente no reparto dos beneficios derivados da utilización deses recursos, así como a participar na toma de decisións para un uso sostible destes recursos. Recoñécese o dereito a conservar, utilizar, intercambiar e vender as sementes ou o material de multiplicación que se teña conservado despóis da colleita e dise que "os estados velarán por que as políticas relativas ás sementes, as leis de protección das variedades vexetais e outras leis de propiedade intelectual, os sistemas de certificación a as leis de comercialización de sementes respecten e teñan en conta os dereitos, as necesidades e as realidades campesiñas".

No Artigo 20 ratifícase a necesidade de conservación da biodiversidade e dos coñecementos tradicionais en materia de agricultura, pastoreo, silvicultura, pesca, gandeiría e agroecoloxía.

O Artigo 21 desenvolve o dereito á auga potable e limpa, reclamando a protección dos sistemas consuetudinarios ou comunitarios de xestión dos recursos hídricos. Tamén insta a protexer os ecosistemas relacionados coa auga, como as montañas, os bosques, brañas, ríos, acuíferos ou lagos, fronte ao uso excesivo ou a contaminación por sustancias nocivas, en particular os afluentes industriais e as concentracións de minerais e produtos químicos. Darase prioridade ao uso da auga para satisfacer as necesidades humanas fronte a outros usos.

Outros dereitos recollidos son por exemplo o dereito á seguridade social, á vivenda, á saúde, á formación e a información ou a desfrutar da propia cultura.

Desde logo, moitos destes dereitos hoxe recoñecidos e postos por escrito polas Nacións Unidas entran claramente en conflito coa explotación dos recursos por parte de empresas transnacionais, tanto de producción de alimentos a gran escala, como doutras producións (madeira, empresas extractivas mineiras, empresas de xeneración de enerxía que ocupan grandes superficies de territorio e monocultivos de todo tipo), actividades que non responden normalmente ás necesidades das sociedades nas que se implantan, senón a intereses empresariais.

Dedúcese, pois, desta declaración de dereitos labregos a contraposición da actividade do pequeno campesiñado, relacionada co coidado da vida, a biodiversidade, as sementes, as variedades e razas locais, a conservación dos ecosistemas, coa actividade case sempre depredadora das empresas mercantís, onde o que prima ven ser o beneficio inmediato e a miúdo a desolación que deixan tras de si, con territorios esquilmados e contaminados. Desde as organizacións impulsoras desta declaración cosíderase un enorme logro, que dá cobertura a innumerables loitas campesiñas.

A pregunta é se estes dereitos labregos serán capaces de amparar verdadeiramente as comunidades rurais, verdadeiras sustentadoras da vida. Soporte para facelo ofrecen de sobra, mais sabemos que fiar aos estados a observación e execución dos mesmos pode ser optimista demais, por iso é primordial a difusión e coñecemento das persoas que habitan o medio rural destes dereitos, porque seremos esas persoas as que teremos que esgrimilos e invocalos teimudamente ante as sucesivas agresións aos nosos territorios e recursos.

Feminismos
“O feminismo non só se constrúe nas cidades”

María Ferreiro é gandeira e a responsábel da secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego, fala con O Salto Galiza sobre os froitos que deu a loita das mulleres labregas, o traballo coas mulleres do rural e dos dereitos e espazos que quedan por acadar.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Activismo
Movementos sociais A Comunidade de Montes de Tameiga vence ao Celta de Vigo e frea a construción dun centro comercial e un estadio
Os comuneiros e comuneiras desta parroquia de Mos (Pontevedra) conseguen torcerlle o brazo á empresa de Marián Mouriño que accede a renunciar ao 99% do terreo que tentaba ocupar cunha cidade deportiva que o pobo rexeitou con grandes mobilizacións.
Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Crisis climática
Informe de la OMM El nivel del mar se disparó en un 2024 que contabilizó el mayor número de desplazados climáticos en 16 años
El balance climático de 2024 de la Organización Meteorológica Mundial resalta datos preocupantes en indicadores clave de la crisis climática y confirma que el pasado fue el año más cálido jamás registrado.
Activismos
Movementos sociais Guerra xeopolítica e loitas sociais: un ciclo de conferencias aborda en Vigo as raíces dun mundo en crise
Poñentes como Xosé Manuel Beiras, Miguel Urbán, Queralt Castillo ou Aurora Moreno abordarán algunhas das cuestións clave para analizar o presente e argallar ideas para o futuro nunhas xornadas organizadas polo grupo de activistas Ecoar.
Crisis climática
Informe España experimentó 28 días de temperaturas por encima de la media en invierno por el cambio climático
València experimentó el mayor número de días por encima de la media (33) y Barcelona vivió la mayor intensidad de la anomalía: 1,4ºC sobre el promedio. Casi 394 millones de personas por todo el mundo sufrieron 30 días o más inusualmente cálidos.

Últimas

Más noticias
Arte
Arte y memoria histórica Un artista renuncia a un premio de la Academia de Bellas Artes Canaria por su defensa del monumento a Franco
Acaymo S. Cuesta argumenta que la posición de la Academia con respecto al ‘Monumento al Caudillo’ de Juan de Ávalos es contraria a los principios democráticos que defiende y no recogerá el galardón.
Análisis
Análisis La hipérbole pasa factura a Vox y deja la mayoría absoluta en manos de Sumar y Podemos
La caída de dos puntos de Vox muestra cómo la izquierda y el PSOE podrían seguir teniendo una oportunidad de evitar un Ejecutivo del Partido Popular con la ultraderecha.
València
Racismo El Aita Mari se querella contra Vox Borriana y un diputado ultra por llamarles “barco negrero”
Un edil de Borriana y diputado autonómico ultra les acusó de ser “barco de negreros” y “cooperador necesario de las mafias de tráfico de personas”. El partido difundió estas declaraciones.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente A Xunta desoe a oposición social e dá luz verde ambiental á celulosa de Altri e Greenalia
O informe da administración galega, gobernada polo PP de Alfonso Rueda, conclúe que a proposta é “ambientalmente viable” e pasa por alto as decenas de miles de alegacións presentadas, así como a contestación social.
Costas
Costa A ría de Arousa, ao bordo do colapso ecosistémico
A principal produtora de marisco de Galiza afronta unha crise sen precedentes; o impacto da contaminación actual e a de potenciais industrias como Altri ou a reapertura da mina de Touro poñen en perigo o sector do mar.
Medio ambiente
Medio ambiente Miles de persoas enchen as prazas galegas contra o ‘si’ ambiental da Xunta a Altri
A Plataforma Ulloa Viva logrou mobilizar decenas de concentracións nos concellos da conca do río Ulla e máis alá para protestar contra a Declaración de Impacto Ambiental aprobada polo Goberno de Alfonso Rueda para a celulosa.
Cine
Vicente Monroy “El capitalismo es un ejercicio de destrucción de la curiosidad”
En su nuevo ensayo, Vicente Monroy convierte la penumbra de las salas de cine en protagonista, tejiendo un relato fascinante que une sus dos grandes pasiones: el cine y la arquitectura.