Decrecimiento
Partidos políticos e Decrecemento: quen lle pon o cascabel ao gato?

Por primeira vez, un partido no poder atrévese a reflexionar publicamente sobre o Decrecemento.
sustentar gato
Bjella på katten (La Fontaine - Conseil tenu par les rats). Imaxe de akg-images. Licencia CC BY-NC-SA

Coordinador do Instituto Resiliencia

27 abr 2022 07:30

A defensa do Decrecemento como proposta sociopolítica adoitou circunscribirse durante moito tempo aos ámbitos académicos e activistas, nomeadamente por parte do movemento ecoloxista e algunhas correntes económicas alternativas á hexemónica e acientífica escola neoclásica marxinalista, emperrada en medrar até o infinito nun mundo de recursos e sumidoiros finitos.

Froito destes xermolos intelectuais e do activismo social xurdiría alá por 2006 en Francia o primeiro partido político que apostaba expresa e nominalmente polo Decrecemento dentro do ámbito electoral nas chamadas democracias liberais: el Parti pour la Décroissance. Malia ser duramente cualificado nos seus inicios polo máximo referente do decrecemento francés, Serge Latouche, coma un partido “ridículo”, e clasificado coma un “intento errado” por Giorgos Kallis, o PPLD continúa en activo e non só iso senón que a influencia se foi multiplicando en forma de escisións (o PPAC de Christian Laurut) e tamén a formacións máis convencionais, até o punto que xa houbo unha candidata expresamente decrecentista nas primarias da coalición ecoloxista ás presidenciais francesas que se veñen de celebrar, a ecofeminista Delphine Batho, presidenta de Génération Écologie, formación que ten dous deputados no parlamento daquel país, e que fora Ministra de Ecoloxía, Desenvolvemento Sustentable e Enerxía entre 2012 e 2013 cando formaba parte do Partido Socialista.

Este xurdimento de persoeiros máis ou menos destacados dentro das formacións políticas, case sempre de esquerda e/ou verdes, que se identifican de maneira pública con esta aposta política e social por decrecer (aquí para que outros poidan crecer aló, e así todos en conxunto volvamos aos límites de seguridade que o planeta marca para a civilización humana), tamén se foi dando noutros lugares, coma na nosa terra, co caso máis notable de Antón Sánchez, líder de Anova e durante anos parlamentario e voceiro do seu grupo na cámara representativa galega.

Desde a formación do Parti pour la Décroissance en 2006 foron xurdindo principalmente en Francia, Italia e España outras forzas e líderes políticos a prol do Decrecemento.

A CUP marcaría un fito histórico no Estado español en 2017 cun debate na cámara catalá en defensa do Decrecemento que desafortunadamente ficou tapado polo referendo independentista que se poría en marcha unhas semanas despois e por todas as derivadas que estoutro suceso carrexaría, e que máis tarde tería continuidade co primeiro programa decrecentista presentado ás eleccións catalanas en 2021. O acontecido no anticapitalismo independentista catalán viríase sumar ao precedente dunha defensa máis retórica ca práctica dun peculiar partido italiano, o Movimento 5 Stelle de Beppe Grillo, que hai unha década, antes de acceder ao poder en Italia (en coalición, en 2018), defendía o concepto de decrescità felice (acuñado por Maurizio Palante e defendido en España por Julio García Camarero), pero que unha vez cogobernando substituíron polo crecemento verde. Con todo, o que faltaba até o de agora era que algún partido estando en responsabilidades de goberno falase da necesidade de decrecer de maneira expresa, e non só como debate interno (o cal se vén dando desde hai anos de maneira máis ou menos discreta en diversas formacións coma EH Bildu), e tampouco só como declaracións puntuais e de baixo alcance dunha persoa ou grupúsculo dentro das formacións.

Decrecimiento
A proposta decrecentista da CUP para Catalunya
“Falando de decrecemento non se gañan eleccións”, afirmou hai uns anos Juan Carlos Monedero. Mais a CUP semella non ter medo a presentar un programa decrecentista ás vindeiras eleccións catalás.

Aínda que os posicionamentos afíns de alcaldes de cidades importantes como Ada Colau (Barcelona) ou Tomislav Tomašević (Zagreb) foron pasos tamén notables nesta progresiva apertura ideolóxica das esquerdas, foi neste abril de 2022 cando se deu finalmente este paso adiante dun partido estatal gobernante, pioneiro a nivel internacional: Izquierda Unida e o seu coordinador xeral, Alberto Garzón, abriron o melón recoñecendo a necesidade de decrecer de maneira democrática e xusta, e convidando toda a sociedade, comezando por outras formacións políticas e movementos sociais, a reflexionar xuntos sobre como construír un programa político de país (enténdase España) encadrado no Decrecemento.

A CUP, Bildu, Antón Sánchez, Beppe Grillo, Ada Colau... e agora Izquierda Unida, que desde o goberno español propón deseñar un programa decrecentista en común.

Algo que sería aínda impensable en moitos países —e até non hai moito tamén por estes nosos— está a acontecer: primeiro un grupo de destacados cargos e militantes de IU (entre eles a eurodeputada Sira Rego, o ex concelleiro madrileño Carlos Sánchez Mato e a ex deputada Eva García Sempere) publican unha carta aberta, seguida dun manifesto que aparece no sitio web oficial da formación, para nos días seguintes ser apoiada por un denso e inequívoco artigo no que nada menos ca un ministro dun país industrializado occidental avoga pola necesidade de decrecer de maneira xusta e democrática. “A comunidade científica alerta de que o tempo se esgota e de que a única forma de evitar un colapso medioambiental, de consecuencias catastróficas especialmente para os sectores sociais máis vulnerables, é reescalar a actividade económica até o nivel que sexa compatible cos límites do planeta”, afirma o heterodoxo economista marxista Garzón en clara alusión ás filtracións de Scientist Rebellion e a traballos académicos coma os de Hickel e Kallis.

alberto garzon misnitro consumo manual superviviencia

O texto de Garzón na revista de IU, titulado “Los límites del crecimiento: ecosocialismo o barbarie” ve a luz precisamente cadrando co 50º aniversario d a publicación de The Limits to Growth (LTG), o seminal traballo do equipo liderado por Donella Meadows, e que trazou cun acerto abraiante as perspectivas de colapso que estamos actualmente comezando a vivir. O artigo publicado en La U ofrece un repaso detallado e didáctico co que o coordinador xeral de IU explica, non só á súa militancia senón á sociedade no seu conxunto, por que o crecemento económico (o principal obxectivo económico do goberno do que el fai parte!), lonxe de ser unha medida do benestar ou algo sinxelamente desexable, supón a causa e atranco principal para resolver a crise terminal na que nos achamos inmersos. E non só iso senón que inclúe unha explícita defensa, en liña con outro dos coautores do LTG, Dennis Meadows, de que “a tarefa central das sociedades democráticas debería ser a de construír comunidades resilientes”. Menos PIB e máis resiliencia sería, logo, a fórmula que propón o líder comunista.

Non falta no movemento colapsista e decrecentista quen opina que este tipo de posicionamentos chegan moi tarde, ou que se preguntan por qué alguén que era consciente disto xa en 2014 cando asinou o manifesto Derradeira Chamada ou mesmo anteriormente, agardou até agora para se posicionar publicamente dunha maneira tan rotunda. Mais tamén hai quen ve un mérito especial en que o faga agora precisamente cando está en posicións de poder, permanentemente no punto de mira da prensa de dereitas, e compartindo partido con moitas e moitos camaradas que seguen a apostar polo produtivismo e o crecemento a todo o custo, e cando comparte goberno con partidos coma o PSOE, situados no campo ideolóxico que se adoita cualificar como socioliberal. Porque seguramente moitos deses camaradas de partido e compañeiros de Consello de Ministros se han dar por aludidos cando Garzón fala de que “a maioría [dos economistas] utilizaron un instrumental teórico totalmente cego á cuestión ecolóxica, isto é, aos prerrequisitos ecolóxicos do crecemento económico e ás consecuencias ecolóxicas do mesmo”.

Segundo Garzón, os defensores do crecemento económico están “cegos” ás súas consecuencias ecolóxicas.
Este proceso que se inaugura en IU tras anos de maduración abre, cando menos, unhas perspectivas de gran interese para todo o movemento internacional polo Decrecemento e no Ecoloxismo Político en xeral, e ao mesmo tempo tamén para a esquerda de tradición marxista, que se ve directamente apelada baixo a bandeira do ecosocialismo, que o ministro de consumo español sinala como “a única saída política democrática á crise ecosocial”, sendo a outra única opción a “barbarie” fascista, parafraseando a Rosa Luxemburg. Un “consumo”, por certo, que é sinalado precisamente polo ministro do ramo como “o motor principal do impacto ecolóxico global”, e un Decrecemento que define como “unha crítica á teoría do desacoplamento e ao crecemento verde, e como unha afirmación da necesidade de reducir a presión do ser humano e o seu modelo económico sobre os ecosistemas e o entorno natural sen xogar todo á carta das promesas tecnolóxicas”.

E entre esas perspectivas que se abren, xorden tamén numerosas preguntas: Que resposta acharán Garzón e o sector decrecentista de IU dentro da súa propia formación? Serán conscientes os medios xeralistas do verdadeiro alcance do que propón Garzón e darán pé a unha polémica coma no caso da gandaría extensiva? Como reaccionarán os opinadores de dereita que avisaban non hai moito da extensión dunha especie de virus decrecentista creado ao parecer nun laboratorio catalán? Como estará a sentar a cualificación do crecemento coma “fetiche” nos sectores máis neoliberais do PSOE, que ben podería representar a poderosa ministra de economía, a galega Nadia Calviño? E aos sectores do PSOE que son conscientes desde hai anos de que hai que ir substituíndo o PIB como indicador mestre da política económica e que aínda non saíron do armario? Que opinará outra galega, Iolanda Díaz, compañeira de partido de Garzón mais agora incubando un proxecto político novo? E a outra póla de Unidas Podemos, a liderada por unha Ione Belarra discretamente afín ao Decrecemento, formación que a medida que foi “madurecendo” e tocando poder foi deixando atrás as partes anticapitalistas e proto-decrecentistas do seu programa? Aceptarán o convite de IU a unha reflexión conxunta os partidos nacionalistas e anticapitalistas que xa viñan considerando esta cuestión e mesmo sacando o debate nos diversos parlamentos do Estado, coma a CUP, EH Bildu, Anticapitalistas ou Anova? Como influirá en sectores decrecentistas de partidos como Equo e noutros militantes decrecentistas que tiñan abandonado esta formación verde decepcionados pola súa cooptación a prol das estratexias dos seus diversos aliados electorais crecentistas? Como sentarán estes posicionamentos e debates nun sindicato coma CC.OO. historicamente moi vencellado ao PCE e a IU, cando afirma Garzón que “a inmensa maioría da produción teórica respecto ás medidas económicas que tomar en defensa da clase traballadora é cega ante as súas consecuencias ecolóxicas”? E en movementos que xorden con forza desde a consciencia do colapso, coma Extinction Rebellion, e que inclúen cada vez de maneira máis explícita a necesidade de decrecer metabolicamente para evitar a nosa extinción? O paso dado polo sector decrecentista de IU coa cobertura do seu coordinador xeral abofé que abre máis interrogantes dos que resolve, mais nas respostas que se vaian dando residirá posiblemente a clave da evolución das nosas esquerdas ante o choque da civilización cos límites.

Para Garzón a única alternativa a un decrecemento ecosocialista é unha barbarie neofascista.
Sexa como for, o que está claro é que este proceso que agora inicia a súa etapa pública en IU non significa necesariamente que o sector decrecentista se vaia converter en maioritario, nin que esta mostra incipiente da urxente “vontade política” da que fala o artigo de Garzón poida traducirse de maneira automática en “políticas institucionais” decrecentistas desde un goberno coma o presidido por Pedro Sánchez ou en futuras coalicións a nivel español ou autonómico, nin que o virus decrecentista se poida contaxiar rapidamente ao resto de países sobredesenvolvidos. Pero precisamente polos atrancos aos que se van enfrontar os seus impulsores e por daren estes difíciles pasos en público nun terreo totalmente descoñecido, ninguén pode dubidar de que é un avance valente e valioso que paga a pena seguir de preto. Dicía Kallis no seu famoso artigo de 2015 “The Left Should Embrace Degrowth” que “o welfare sen crecemento é teoricamente posible, mais ningún partido de esquerda se atreveu a pensar que é o que sería preciso para poñelo en práctica”. Porén, o que se está a mover agora no comunismo español deixa esa apreciación obsoleta. O movemento decrecentista sabía que tarde ou cedo as formacións políticas e os gobernos terían que recoñecer un tras doutro a necesidade de deixar de medrar, a non ser que quixesen facelo defendendo cinicamente un medre a conta dunha maior destrución e dun acrecentado espolio doutras sociedades. E algún partido, algunha ministra ou ministro, alguén en responsabilidades de goberno tiña que ser o primeiro. Agora, por fin, alguén lle puxo o axóuxere ao gato.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Análisis
Ecofeminismo La minoría que contamina el planeta y la deuda de cuidados
Es necesaria una mirada realmente integral que denuncie la violencia sistémica que se materializa en deudas ecológicas no neutrales.
Desobediencias
Desobediencias Las sublevaciones de la tierra
Con acciones de desobediencia civil coordinadas desde el principio de “solidaridad en la diversidad más extrema”, Les Soulèvements de la Terre han conseguido hacer temblar los cimientos de la Quinta República francesa.
Ecofeminismo
Análisis La perspectiva ecofeminista en un nuevo horizonte ecosocial
El enfoque ecofeminista es fundamental en el planteamiento de un paradigma para un nuevo horizonte ecosocial por su capacidad de fomentar soluciones sinérgicas.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Venezuela
Venezuela en España El PP vuelve a usar el ariete de Venezuela para debilitar al Gobierno de coalición
El partido de Feijoó lleva al Congreso una proposición no de ley para reconocer a Edmundo González Urrutia como “presidente legítimo” de Venezuela. El PNV sumará sus votos a la derecha española para que esta moción, no vinculante, sea aprobada.
Fronteras
Regularización El debate de la regularización: entre la reforma del reglamento de extranjería y una ILP que sigue esperando
Mientras organizaciones en defensa de los derechos de las personas migrantes y solicitantes de asilo apuestan por introducir medidas más ambiciosas en el próximo reglamento de extranjería, desde Regularización Ya piden que se avance con la ILP.
Derechos Humanos
Ecologismo 196 defensoras y defensores del medioambiente fueron asesinadas en 2023
Colombia sigue siendo el país del mundo donde más personas son asesinadas por oponerse a proyectos extractivistas o de deforestación. Un informe alarma de la judicialización contra activistas en los países del llamado norte global.
Alemania
Alemania Volkswagen y el “hombre viejo” de Europa
La semana pasada los medios informaban de que Volkswagen se plantea cerrar “al menos” una planta de producción de automóviles y otra de fabricación de componentes en Alemania.

Últimas

Derecho a la vivienda
Especulación Llega al Congreso la ley que puede frenar el desborde de los alquileres temporales y por habitaciones
Los socios de izquierda del Gobierno llevan al Congreso la norma impulsada por los sindicatos de inquilinos para hacer frente a la expansión de estos tipos de contratos para sortear las regulaciones.
Genocidio
Genocidio Israel pide al Congreso estadounidense que amenace a Sudáfrica por el juicio por el genocidio en Palestina
El régimen de Netanyahu contacta con los legisladores estadounidenses para que amenacen con medidas de boicot al Gobierno de Ramaphosa con el fin de que retire su denuncia en la Corte Internacional de Justicia.
Tortura
Víctimas franquismo Archivada la querella contra Villarejo por torturas durante el franquismo
La denuncia fue interpuesta por Julio Pacheco Yepes, torturado en agosto de 1975 y primero que ha podido declarar ante una jueza en España.
Amianto
Amianto Condenan a Sidenor y Cofivacasa por la muerte de un trabajador expuesto a amianto
El Juzgado de lo Social número 2 de Gasteiz condena a las empresas a pagar 277.000 euros a la viuda e hijos del gruista fallecido a causa de la inhalación de asbesto.
Violencia machista
Ane Lindane “En vez de localizar a mi agresor, los ertzainas me denuncian a mí”
La humorista Ane Lindane advierte de que recibe violencia digital habitualmente. Tras identificar públicamente a de unos de sus agresores, José Alejandro López Guzman, su caso se viralizó.
Más noticias
Memoria histórica
Opinión Euskal Herria: ¿colonizadores o colonizados?
Un enfoque nacional-chauvinista de nuestro pasado justifica, no ya solo un pasado colonial, sino el actual neocolonialismo en el que las élites vascas siguen teniendo su papel
Evasión fiscal
Monopolios Europa sanciona con más de 15.000 millones a Apple y Google
El Tribunal de Justicia de la Unión Europea sentencia el caso Apple e Irlanda y confirma la sanción a Google por abuso de posición dominante.
El Salto Twitch
El Salto TV Escrivá y el Banco de España, ¿para qué sirven los bancos centrales?
En este nuevo programa de Economía Cabreada hablamos sobre la supuesta independencia de los bancos centrales y del nombramiento de Escrivá para el Banco de España con Carlos Sánchez Mato y el periodista Dani Yebra.
Educación
Educación pública Ayuso concede 20.000 becas comedor menos de las prometidas
La Comunidad de Madrid no amplía el número de alumnos y alumnas beneficiarias de becas comedor, pese a la promesa realizada al final del pasado curso escolar.

Recomendadas

Laboral
Laboral El decreto de prevención de riesgos para las trabajadoras del hogar les exige confidencialidad
El texto permite al empleador autoevaluar los riesgos y prosigue con la idea de la “falta de entidad empresarial” de la persona contratante, lo cual dificulta la negociación colectiva del sector.
Partidos políticos
Austria El Partido de la Cerveza llama a las puertas del parlamento austríaco
La formación del médico y líder de una banda de punk-rock Dominik Wlazny se mueve en la ambigüedad ideológica mientras propugna lo que han llamado la “despolitización de la política”.