Muíños eólicos mariños. Cedida de Wikimedia Commons.
Muíños eólicos mariños. Wikimedia Commons.

Energía
Proxecto MEDEAS: malas novas para a Transición Enerxética

O proxecto liderado desde o Estado Español está á vangarda mundial da modelización de políticas enerxéticas.

Coordinador do Instituto Resiliencia

9 sep 2020 06:03

Moito se fala da Transición Enerxética pero poucos saben en realidade como levala a cabo, se tan sequera é factible nin que implicacións tería realizala dun xeito ou doutro. Nese baleiro de coñecemento cobra unha enorme importancia un proxecto científico como MEDEAS, siglas en inglés de “Modelizando o desenvolvemento enerxético baixo restricións ambientais e socioeconómicas”. O termo “restricións” (constraints) xa nos trae ecos daqueles “límites” (limits) ao crecemento que anunciaba en 1972 o que fora o proxecto pioneiro na aplicación dunha ciencia daquela nacente — a Dinámica de Sistemas — á modelización informatizada do metabolismo da sociedade industrial mundial: o informe ao Club de Roma The Limits to Growth realizado desde o Massachusetts Institute of Technology, baixo a dirección de Donella Meadows. De feito, MEDEAS aplica os mesmos principios científicos pero aproveitando os avances producidos desde entón tanto na propia System Dynamics como no hardware e mailo software empregados para a modelización, e engadindo datos e perspectivas novidosas, procedentes en parte da Economía Ecolóxica.

Así, sinalan os seus autores que, en concreto, neste modelo “tanto a dispoñibilidade de enerxía coma os impactos do cambio climático teñen un efecto de realimentación e poden converterse en factores limitantes do proceso económico”, algo que non se adoita ter en conta nos habituais modelos económicos que guían as políticas públicas dos nosos gobernantes. Se xa os escenarios debuxados polo equipo do MIT hai case 50 anos atinaron coas incipientes ferramentas dispoñibles daquela, podemos comprender que os resultados deste novo modelo que pescuda nos futuros posibles son algo ao que deberiamos prestar a máxima atención.

Case 50 anos despois de The Limits to Growth, un modelo de dinámica de sistemas volve poñer en cuestión as políticas de crecemento actuais

Mais cal é o obxectivo concreto do proxecto? Nada menos que crear un modelo computarizado para definir e probar o efecto de diferentes políticas enerxéticas a nivel da UE destinadas a realizar a chamada Transición Enerxética cara ás enerxías renovables e a unha economía “baixa en carbono”. É dicir, ofrecerlles aos gobernos europeos unha ferramenta para saber o tipo de políticas de despregue dos sistemas de captación destas enerxías e do abandono das fósiles, que se deben poñer en marcha para realizar unha transición axeitada e a tempo. E concretamente unha ferramenta que sexa “holística”, como adoita facilitar o enfoque da Dinámica de Sistemas, e que polo tanto non se fixe tan só no propio sector enerxético, senón nas variables medioambientais, sociais e económicas que se ven retroalimentadas coas variables enerxéticas. Outra característica moi interesante que ten o modelo é que foi desenvolto con software libre (Python) e o propio modelo está publicado en aberto, cun detallado manual e instrucións para ser utilizado por persoas non especializadas, e xa se comezou a empregar mesmo no ensino secundario. Tamén existe un breve documental acerca do proxecto, dispoñible en Youtube, e unha reportaxe realizada pola TV pública catalá.

Proxecto Medeas

E cal é o resultado concreto, as conclusións que ofrece o modelo MEDEAS para o goberno da UE? Unha das súas publicacións principais é o chamado Libro Branco de Recomendacións, aínda que non todos os grupos de investigadores participantes apoian todos os consellos aí incluídos e existen certas diverxencias entre eles. Un dos sectores máis pesimistas é precisamente o equipo encargado da creación do modelo, o GEEDS vallisoletano, que ten publicados unha serie de interesantes artigos describindo os diferentes escenarios que debuxa MEDEAS e que agora se acha embarcado nunha continuación do proxecto, baixo o nome de Locomotion. E tamén salientaron importantes achados acerca da cuestión da Taxa de Retorno Enerxético (TRE) e do seu papel na Transición Enerxética, advertindo que de realizarse esta dun xeito demasiado rápido podería levar ás nosas sociedades ao que denominan unha “trampa enerxética”, o cal supón todo un torpedo de realismo na liña de flotación dos soños dun crecemento verde. Un dos seus membros, o profesor Carlos de Castro, afirma que MEDEAS mostra que escenarios similares aos propostos polo Green New Deal permitirían que o sistema no seu conxunto “crecese durante un tempo para despois caer máis rápido, é dicir, que trasladariamos o comezo do colapso global un pouco máis adiante no tempo pero este sería despois máis rápido e, polo tanto, máis difícil de xestionar”.

Non ter en conta a Taxa de Retorno Enerxético pode abocar a Transición Ecolóxica a unha “trampa enerxética”

Outro dos científicos participantes, Antonio Turiel, que traballa no lugar onde foi concibido e liderado o proxecto, o Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona, dependente do CSIC, sinala outro demoledor descubrimento do MEDEAS: que “o custo enerxético de todas as infraestruturas que terían que termar da transición renovable que se precisarían nos vindeiros 25 anos (...) representa uns 5 anos da produción total de petróleo actual”, o cal confirma as súas anteriores estimacións de que sería preciso manter unha auténtica “economía de guerra” durante 30 anos para poder levar a cabo esta mudanza civilizatoria.

Estas conclusións, moi duras para a concepción dominante acerca da Transición Ecolóxica ou Enerxética, provocaron non poucos problemas para a publicación en revistas científicas dos diversos resultados que ía producindo o modelo, tal como recoñece o pai intelectual do proxecto, Jordi Solé. E non é de estrañar, pois non só demostran a inviabilidade das políticas enerxéticas en curso na UE senón que mesmo poñen en dúbida a validez das predicións do organismo de referencia a nivel da OCDE, a mesmísima Axencia Internacional da Enerxía.

Un dos problemas, como sinala Solé, é que non se están a ter en conta as taxas de retorno enerxético das diferentes fontes de enerxía primaria na planificación da transición cara ás renovables, algo que este modelo demostra que é fundamental para obter un resultado ou outro, mesmo para evitar ou non o propio fracaso da Transición e, polo tanto, evitar un colapso civilizatorio catastrófico. Por non mencionar que, de entre todos os escenarios que o modelo permite probar, tan só resulta viable realizar unha transición que evite un colapso se renunciamos ao crecemento económico, o cal constitúe unha auténtica herexía para o pensamento político hexemónico.

Marga Mediavilla, outra das científicas do grupo de Valladolid, describe este imprescindible escenario da seguinte maneira, partindo do ámbito do transporte: “Consiste nunha aposta radical pola mobilidade lixeira (...) sumada a unha diminución da demanda de transporte aéreo dun 85% e [do] marítimo dun 60% (...) e onde, asemade, os gobernos do mundo se coordinan para trocaren o actual modelo económico baseado na competencia e no crecemento por outro sistema capaz de cubrir as necesidades humanas ao tempo que a actividade económica decrece.” Así, Solé recoñece que os retos que a Transición Enerxética implica, a niveis ambientais, sociais, tecnolóxicos, etc. supoñen poñer en dúbida que esta sexa factible “dentro do actual sistema económico”.

Antonio Turiel advirte que proseguir cunha estratexia coma a actual, que pase por alto os avisos de modelos científicos coma o MEDEAS e as limitacións biofísicas e sociais que este incorpora na súa análise dinámica, pode ser “completamente desastroso”. “O risco de non facer nada (Business as Usual) ou atrasar a transformación é demasiado grande como para non o considerar. Canto máis se tarde en realizar as mudanzas precisas, máis enerxía e maiores riscos teremos que afrontar tanto as xeracións actuais coma as futuras, e todos os ecosistemas do planeta”, conclúe o documento de resultados do proxecto.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Energía
Energía El apagón se originó en Núñez de Balboa, una planta fotovoltaica que Iberdrola litiga para no desmantelar
La empresa lucha en el Supremo para revertir la sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Extremadura, que obliga a desmantelar y devolver a su propietario el 60% de la finca donde se asienta la central fotovoltaica.
Energía
Energía Red Eléctrica echa balones fuera: culpa a las empresas del apagón y de entorpecer la investigación
“No toda la información recibida de las compañías eléctricas ha tenido la calidad deseable, ni ha sido tan completa como era necesario”, ha declarado la presidenta de Red Eléctrica, cuyo informe culpa a las empresas: “No hubo control dinámico”.
Energía
Energía El informe del Gobierno culpa del apagón a Red Eléctrica y a las empresas
Red Eléctrica falló a la hora de programar adecuadamente la demanda; plantas generadoras clave incumplieron la normativa al no absorber tensión o desconectarse del sistema demasiado pronto. El Gobierno descarta el ciberataque.
Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.