Ecologismo
Razóns ecolóxicas para abolir a competencia

E se a sacrosanta competencia fose a peor estratexia posible nun contexto poscrecemento?
panal abejas
Panal de abejas. Imagen: Waugsberg

Coordinador do Instituto Resiliencia

26 oct 2022 09:00

Competitividade, vantaxe competitiva, tribunal da competencia, concorrencia competitiva, prezos competitivos, competir nos mercados... as linguaxes económica e administrativa moderna están pragadas polos conceptos xemelgos de competitividade e competencia, que se foron abrindo paso no último medio século desde o terreo da competencia de mercado máis pura e dura a ámbitos coma o das entidades non lucrativas, o mundo educativo-académico e mesmo o cultural. Semella xa parte do sentido común que ninguén cuestiona: hai que competir para trunfar, en todos e cada un dos ámbitos da vida social e económica e quen non for competitivo, queda fóra da carreira cara a non se sabe moi ben onde. Mais este concepto, tan integrado na cultura capitalista de raíces hobbesianas e neodarwinistas, podería ser totalmente disfuncional precisamente no momento en que o sistema civilizatorio onde se desenvolveu ese sistema da valores comeza a perder pé.

Se, como apunta a ciencia, estamos a nos adentrar nunha nova época de declive de recursos, non só enerxéticos (teitos máximos dos combustibles fósiles e do uranio) senón tamén de todo tipo de minerais, de terra cultivable, de auga doce, etc., en parte polos propios límites xeolóxicos pero tamén, cada vez máis, agravado polo acelerado caos climático, cómpre preguntarse se competirmos por estes recursos é a estratexia máis acaída. Por unha banda temos que a Ecoloxía nos ensina que as especies máis especializadas en explotar un nicho ecolóxico concreto son as máis eficientes e as que mellor prosperan en contextos de abundancia enerxética e material, mentres que en contextos de crise ecolóxica e de escasez de recursos, as especies menos eficientes e máis xeneralistas son as que teñen máis posibilidades de sobrevivir. Así que a Ecoloxía nos pode dar pistas sobre os contextos sociometabólicos nos que é mellor competir e aqueles nos que é mellor, por contra, colaborar. Algunha desas pistas reside na constatación de certos organismos funcionaren con criterios individualistas cando hai pouca densidade de poboación, mais cando esta supera un certo umbral varían a un comportamento coordinado de grupo, mediante a chamada percepción de quórum. Outra poderían ser os estudos do pioneiro da ecoloxía social W. C. Allee sobre os fundamentos biolóxicos da cooperación. Todo este campo das ciencias naturais supón unha achega valiosa que engadir aos estudos xeoestratéxicos que xa levan tempo analizando se a escaseza de recursos vai derivar en conflitos ou vai primar a cooperación para un reparto xusto entre Estados con graos de dependencia variable de cada recurso.

A Bioloxía e mais a Ecoloxía ofrecen a lección de que a cooperación é a mellor estratexia para afrontar a escasez.

Sabemos, cando menos desde Darwin, que tanto competencia coma colaboración son estratexias ubicuas no mundo da vida, malia que o neodarwinismo agachase a relevancia da segunda estratexia como maneira de apuntalar con pretensións científicas o Capitalismo, e ignorando tanto as conclusións do propio Darwin coma as análises de Kropotkin, quen tamén tentou extrapolar leccións biolóxicas para a organización social, mais nun sentido oposto: o do apoio mutuo, un dos fundamentos do seu pensamento anarquista. O Capitalismo fixo da competencia o seu modus operandi por defecto, e co neoliberalismo consagrouse como máximo mandamento en entornos económicos coma o da UE: Tribunal da Competencia, Normas da Competencia, etc. Calquera normativa que poña o máis mínimo atranco á “libre competencia” é considerada anatema, malia coartar así políticas económicas plenamente racionais coma a priorización dos produtos de proximidade. E velaí onde comeza a renxer o sistema: nun contexto de recursos minguantes, onde os combustibles fósiles comezan a escasear (comenzando polo diésel, “o sangue do sistema“ en palabras de Antonio Turiel), é precisamente ese tipo de políticas que lle poñen límites e condicións á competencia as que cómpre aplicar.

Carlos de Castro achega outra explicación moi interesante desde unha óptica metabólica e de sistemas, pois se vencella directamente cun dos supostos santos graais do Desenvolvemento Sostible, primeiro, e da Transición Ecolóxica na actualidade: a reciclaxe. A famosa terceira R da tríade Reducir-Reutilizar-Reciclar debería ser precisamente a menos importante mais, aínda así, convertiuse na máis famosa, debido a que a primeira R é basicamente incompatible co crecemento perpetuo do capitalismo, e a segunda R conleva demasiados problemas para un sistema industrial baseado no usar e desbotar e na obsolescencia programa. Porén, o de reciclar semella non contradicir a primeira vista ningún principio básico do funcionamento do capitalismo industrial. Pódese seguir producindo e desbotando unha e outra vez, aparentemente até o infinito, porque os materiais poden ser reciclados desde os contenedores onde son desbotados polos consumidores. Tanto ten que as taxas de reciclaxe dunha esmagadora maioría de materiais sexa ínfima, séguennos a falar cunha pretenciosidade disparatada de que camiñamos cara a unha ”economía circular“, coma se iso fose: a) tecnicamente factible coas nosas capacidades e recursos devalantes (non esquezamos que reciclar costa enerxía, e esta medra logaritmicamente a medida que pretendemos aumentar as taxas de reciclaxe dos produtos); e b) compatible cun sistema que precisa medrar (lembremos que o círculo ten un radio constante, non é unha espiral a se abrir).

A crecente necesidade de reciclar materiais implica que debemos abandonar a competencia capitalista. 

Ben, pois o que explica o profesor De Castro é que para acadar altas taxas de reciclaxe nun metabolismo (podemos pensar nun corpo humano, nun ecosistema, nunha economía) é preciso priorizar a cooperación sobre a competencia, xa que a fai máis eficientemente. Basicamente, a conclusión sociopolítica desta realidade metabólica dos sistemas complexos é que o Capitalismo queda invalidado en contextos de escasez, e comprería buscar outros sistemas de tipo cooperativo cun alto nivel de organización do uso e da reciclaxe dos recursos... se cadra algo parecido ao ecosocialismo. E quizais, cabe tamén especular con que o Capitalismo se deu imposto grazas á adaptación da estratexia competidora para o contexto de exuberancia enerxética no que se desenvolveu desde o inicio da Revolución Industrial, e que tamén por iso os ensaios históricos de sistemas socialistas atoparon tantos problemas: e sería que aínda non era, desde o punto de vista metabólico, o seu momento? Se así fose, a tortilla tería virado agora totalmente, e ”a fin da abundancia“ podería supor un argumento imbatible para desmantelar dunha vez o Capitalismo e ensaiar unha diversidade de modelos cooperativos poscapitalistas de xestionar os nosos metabolismos socioeconómicos. 

”A nosa civilización tén escrito a súa propia fin e só se apareceren civilizacións reintegradas en Gaia poderían ser estables e perdurar“, sentencia De Castro, autor da Teoría de Gaia Orgánica. E engade unha razón adicional á da reciclaxe para favorecer a cooperación (ou simbiose mutualista, en termos biolóxicos): os propios sistemas complexos disipativos tenden a evoluír cara a macroestruturas que disipen a enerxía máis rápido, é dicir, a aumentar a entropía da contorna. Se un sistema se dá autoorganizado para facelo e existe enerxía dabondo nesa contorna, alcanza a estabilidade. E iso favorece a aparición de sistemas máis complexos, que son os que atopan máis vías e máis rápidas para ese mandato termodinámico a prol de disipar enerxía, aínda que, segundo o científico da Universidade de Valladolid, “a competencia é unha relación menos complexa, porque a cooperación permite facelo mellor”, a través dun meirande número de interaccións e, xa que logo, de diversidade e de resiliencia. Isto implica que unha civilización poscapitalista podería, paradoxalmente, ser máis complexa ca unha capitalista, mesmo dispoñendo de menos enerxía, aínda que se cadra compría mellor describila coma máis diversa. A necesidade que afronta a nosa especie de aprendermos a facer máis con menos, implica, por todas estas razóns científicas, destronar a competencia nas nosas economías e sociedades.

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sobre o blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas as entradas
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Violencia machista
Violencia machista Estadística del INE sobre violencia de género: disminuye un 5% en 2024 tras aumento histórico del 12% en 2023
En 2024 se registraron 34.684 mujeres víctimas de violencia de género correspondientes a los asuntos en los que se habían dictado medidas cautelares u órdenes de protección.

Últimas

Represión
València Activistas valencianos por el derecho a la vivienda enfrentan penas de cárcel y miles de euros en sanciones
El movimiento de lucha vecinal contra la turistificación y la especulación inmobiliaria de Caixers, así como en el proyecto de vivienda conocido como La Peseta, denuncian el hostigamiento represivo.
Más noticias
Madrid
Derecho a la vivienda Izquierda parlamentaria y organizaciones sociales reclaman medidas para acabar con el racismo inmobiliario
Una proposición no de ley ha sido registrada en el Congreso para solicitar al Gobierno que actúe contra las prácticas discriminatorias contra personas migrantes a la hora de acceder a una vivienda.
Música
Música E150, a mil por hora en este matadero
Vuelve, por cuatro noches, la zapatilla hardcore del mítico grupo catalán.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Ley de Extranjería
El Salto Radio El laberinto de la ley de extranjería y la ILP Regularización Ya
La abogada antirracista Florencia Brizuela y la escritora Vivi Alfonsín cuestionan la existencia de la Ley de Extranjería y analizamos en qué punto está la ILP que regularizaría a 500.000 personas.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.