O Salto Galiza
Millóns a dedo á industria dos festivais: a estratexia do PP en Galiza para controlar a cultura

Nunha lexislatura, a Xunta repartiu máis de 19 millóns de euros para festivais de maneira arbitraria a un pequeno grupo de empresas producindo unha distorsión do mercado e xerando un teito que impide o crecemento de iniciativas independentes.

Tan só na última lexislatura, a Xunta de Galiza, gobernada polo Partido Popular, repartiu a dedo 19.131.514 euros de diñeiro público para financiar festivais, principalmente, de música e outros concertos. Sen concorrencia competitiva, sen criterios obxectivos de repartición e, sobre todo, deixando fóra da ecuación a decenas de asociacións, cooperativas e empresas culturais que, algunhas desde hai décadas, sacan adiante algúns dos eventos culturais máis valorados do país. Os adxudicatarios das licitacións máis avultadas adoitan ser os mesmos nas 50 que fixeron públicas desde que Alberto Núñez Feijóo revalidou a súa maioría absoluta no verán de 2020 até hoxe, baixo o mandato de Alfonso Rueda: Live Nation, Old Navy, Sweet Nocturna, Esmerarte e mesmo unións de traballo temporal creadas entre as mesmas sociedades, fundamentalmente.

Tras eles, os festivais máis convencionais, creados da nada a calor da Axencia de Turismo de Galiza e unhas decisións políticas de repartición: O Son do Camiño, O Gozo Festival, Latitudes ou Morriña Fest, entre outros moitos. O último deles e o máis cuantioso da historia de Galiza deixouno asinado a Xunta hai apenas un mes, co Goberno en funcións e coas eleccións xa convocadas. Nada menos que 3.388.000 euros nun contrato negociado sen publicidade para producir en 2024 a segunda edición de O Gozo Festival un festival xurdido tamén da nada en 2023 arroupado pola Xunta e que, na súa primeira edición, xa levou o terceiro contrato a dedo para un evento musical máis grande da historia galega: outros 1.815.000 euros de diñeiro público. A adxudicataria de ambas? A empresa Sweet Nocturna, unha sociedade que se limita a facer de recadadora galega para a multinacional que realmente produce o evento, Live Nation. Ambas foron as empresas que estiveron tras o polémico concerto dos Guns N' Roses en Vigo para o que o Concello, liderado por Abel Caballero (PSOE), simulou un concurso público ao que só se podía presentar unha empresa que revelou esta redacción e que, finalmente, recoñeceu pactalo co Goberno local semanas antes. Hoxe, o caso está a ser investigado pola Xustiza. Outro dos xigantes que tamén pescou nas arcas públicas galegas é o empresario Francisco Castroman Santos que, a través da súa sociedade Zircozine, captou 2.480.500 euros cun contrato para producir o concerto da banda Muse en 2022 na cidade de Vigo. Segundo os datos do Rexistro Mercantil, Castroman tamén está no consello de administración doutras grandes empresas que producen macrofestivais como o Mad Cool de Madrid.

Ao mando da Axencia de Turismo de Galiza está, desde o pasado verán, José Manuel Merelles Remy, un xornalista vinculado aos sucesivos gobernos do Partido Popular na Xunta de Galiza desde tempos de Manuel Fraga durante os primeiros noventa, afín ao actual presidente Alfonso Rueda. Traballou en varios medios de comunicación até chegar á Xunta de Galiza no ano 1991, onde foi redactor no gabinete de comunicación de Presidencia, así como xefe de prensa na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e en Sogama. Desde xaneiro de 1999 ocupaba a Xefatura da área de Comunicación da Axencia de Turismo de Galiza. Este domingo, dará o salto oficial á política, xa que ocupa o posto número 11 nas listas do PP pola provincia de Ourense.

Unha estratexia que distorsiona o mercado en favor dos grandes

En festivais de artes escénica, festivais de cinema e mesmo algúns de música, xeralmente, adoitan existir, desde as administracións máis rigorosas, un certo tipo de competicións que pretenden achegarse a criterios obxectivos que rexan a repartición de recursos públicos de forma o máis xusta posible. É dicir, preséntanse proxectos e proceden a avaliarse. Adoitan existir partes puramente técnicas como os anos de antigüidade, o número e tipo de actuacións, os impactos en medios de comunicación, entre outras, e outra parte máis subxectiva, na que se realiza unha valoración por parte dunha comisión de profesionais externos. De feito, é o método principal de repartición do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, dependente do Ministerio de Cultura, e unha das principais vías de financiamento público de cinema no Estado español. De feito, até a propia Xunta segue estes parámetros coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a repartición dalgunhas das súas partidas. Con todo, o anaco grande do pastel, repártese a dedo desde os despachos de San Caetano.

“Este tipo de prácticas distorsiona dunha forma brutal o circuíto de festivais e da música en vivo en xeral”, reflexiona o xornalista cultural Nando Cruz, que publicou en 2023 Macrofestivales (Península), un ensaio a fondo sobre o desenvolvemento dos grandes festivais de música no Estado español durante o último cuarto de século e as consecuencias da súa implantación. “Cando unha administración pública decide dar un, dous, tres ou mesmo catro millóns a un festival na súa primeira edición, ofrece unha vantaxe a esas empresas que lles permiten poxar moito máis forte polas bandas máis importantes do circuíto”, engade. Isto, loxicamente, ademais de disparar os cachés dos artistas, instala un teito ao crecemento dos festivais non necesariamente máis pequenos, que tamén, senón a todos os que non entran nesa rede clientelar. “España, de feito, foi durante moito tempo un país coñecido internacionalmente por pagar cantidades extremadamente grandes neste tipo de festivais”, matiza Nando Cruz.

Culturas
Culturas Liceo Mutante de Pontevedra: crónica dun rexurdimento cultural colectivo
O centro cultural autoxestionado Liceo Mutante en Pontevedra reconstrúese nun novo espazo tras o complexo peche da primeira ubicación, de onde foi expulsado nun proceso turbio de denuncias e especulación encuberta, segundo este colectivo.

Hai unha visión xeneralizada entre a clase política do Estado español, di Cruz, na que apoiar a cultura significa apoiar grandes eventos en detrimento de os máis pequenos e arraigados aos territorios: “Aquí, a política é que canto máis grande, máis diñeiro se lle dá. Isto seca as arcas por culpa dunha repartición inxusta. A ollos das pequenas asociacións debe ser escandaloso e deprimente e que, ademais, segue unha tendencia ascendente. En absoluto vai a menos”.

Máis aló da música: cinema si, pero para quen a Xunta diga

Aínda que hai moito menos diñeiro para facer cinema que para os eventos musicais, a repartición dos recursos públicos que o Partido Popular domina con man de ferro en Galiza é igual de arbitrario ou favoritista, como se queira enfocar. A realidade destes festivais independentes, algúns que levan décadas en pé, é complexa de cara a conseguir recursos da administración que, por outra banda, nunca son proporcionais á súa repercusión social, cultural e económica nalgunhas das comarcas galegas. De entrada, calquera deles pode acceder a un tope de 40.000 euros de axuda en Agadic e apenas nunca son quen de conseguir partida completa.

En cambio, outros festivais, afíns á órbita do Partido Popular, como o Festival de Cinema Internacional de Ourense (OUFF) recibe partidas a dedo directamente de administracións gobernadas pola dereita como a Xunta ou a propia Deputación que dobran ou mesmo triplican os máximos aos que poden acceder os seus análogos noutros municipios. “É unha competencia desleal e un favoritismo moi claro cara a un festival. Desde Proxecta [coordinadora de festivais de cinema de Galiza] trasladouse esta queixa varias veces á Xunta, sobre por que un festival pode acceder a recursos, pero sempre houbo evasivas”, lamenta un membro destacado do circuíto de festivais.

O Salto medra contigo
O Salto medra contigo Galiza precisa máis que nunca un xornalismo libre que estea financiado polas maiorías sociais
Depois das eleccións do 18 de febreiro, a deriva conservadora e neoliberal do país continúa. Por iso, ofrecémosche seguir traballando en contidos críticos que fiscalicen o poder político e económico. Para iso, precisámoste. Subscríbete ao Salto.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.