Compostela mobilízase por unhas urxencias dignas

As urxencias compostelás reclaman máis persoal e novo material de traballo para poder prestar uns servizos sanitarios dignos.

mani sanidade Compostela 2
Pablo Santiago Os manifestantes reclamaron melloras nos servizos de urxencias.
10 ene 2019 11:14

Arredor das sete da tarde do nove de xaneiro, máis de 5.000 persoas encheron a Praza Roxa, en Compostela, para se manifestar por unhas urxencias sanitarias dignas por mor da mala xerencia e das poucas dotacións que ofrece a Consellería de Sanidade. A marcha dirixiuse ata a Praza das Praterías, onde o persoal de urxencias e o resto de manifestantes amosaron as súas pancartas con frases como a que encabezaba a manifestación: “Por unha sanidade pública e de calidade. Urxencias dignas xa!"

As e os manifestantes reclamaron a dotación ás salas de urxencia de máis material e, sobre todo, máis persoal para a correcta atención dos pacientes que chegan día a día. “O que pedimos é que nos doten de máis persoal e máis material, para atender digna e decentemente aos usuarios” aclaraba durante a manifestación Chus Tarrío, vogal das e dos auxiliares de enfermería. “Estanse formando colas, aínda que a xerencia o negue”, explicaba.

Manifestación sanidade Compostela

Segundo explica Raquel Iglesias —enfermeira de urxencias no CHUS— as persoas que chegan ao servizo de urxencias do hospital son cada vez máis ao longo dos anos, e o estado no que chegan é peor, porque a poboación cada vez e máis maior. Por iso considera que o que máis precisan agora é unha ampliación do persoal. Recalca ademais que dispor de material novo tamén é unha necesidade latente entre todo o persoal do hospital: “Temos material que leva con nós desde que fixemos o traslado do hospital hai 19 anos: todo obsoleto.

Chus Tarrío: "Só pedimos unha ampliación de persoal e material

”A falta de persoal produce que se acumule cada vez máis o traballo a realizar por enfermeiros, médicos e auxiliares. Chus conta que esta sobrecarga de traballo está a producir moitas baixas no persoal por estrés ou ansiedade. “O día 2 de xaneiro, dous traballadores tiveron que ser atendidos por crises de ansiedade, xa que querían facer ben o seu traballo e poder prestar a atención aos doentes, mais non daban máis”, comenta.

Recentemente, o Sergas tentou chegar a un acordo para parar a folga, mais o acordado estaba moi lonxe do que o persoal sanitario solicitaba. Raquel Iglesias explica que levan dende o 2012 esperando por uns medios que nunca foron dotados. “Estase poñendo en xogo a sanidade pública”, advirte a enfermeira.

manifestación sanidade compostela 3
A manifestación foi convocada pola Comisión de Centro do CHUS. Pablo Santiago

“PACs en pé de Guerra” e a CIG tamén se uniron á manifestación

Por outra banda, desde o colectivo “PACs en pé de guerra”, Ana Turnes —médica de familia— explica que os PACs están a reivindicar melloras nas súas condicións laborais: por un lado denuncian que o número de persoal de enfermaría e de medicina non é igual, polo que os facultativos quedan en ocasións desprovistos. Por outro lado, piden tamén que se elimine o “aplicativo”: o método polo que se lles contabilizan as horas de traballo. Deste xeito os empregados acaban debendo horas cando alguén solicita un día de asuntos propios, como pode ser polo falecemento dun familiar.

Outra parte da manifestación estivo composta pola Confederación Intersindical Galega. As traballadoras e traballadores das ambulancias solicitan que se elabore un convenio colectivo, xa que, segundo explica Ramón Núñez —delegado da CIG en Padrón— levan 3 anos sen el. Pretenden polo tanto evitar a precariedade laboral e o mal estado do material de que dispoñen.

Rematada a manifestación, Chus Tarrío insiste de novo en que os traballadores de urxencias non piden cartos nin días libres: “Só pedimos unha ampliación de persoal e material, para poder traballar dignamente e atender aos usuarios como se debe”.

Sanidad pública
Vigo sae á rúa por unha atención primaria de calidade
Perto de 37.000 persoas percorreron o xoves 27 de decembro o centro da cidade olívica.
Sanidad pública
Peche de 24h para denunciar a situación nos PAC
O persoal dos PAC de Ferrolterra organiza un peche no Marcide para visibilizar as súas reinvindicacións e “garantir unha atención de calidade aos doentes”.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...