A Xunta asfixia a sanidade galega no comezo do verán: 243 médicos menos e 810 camas eliminadas

A plataforma SOS Sanidade Pública denuncia cunha investigación que non haberá cobertura vacacional no próximos tres meses, que o 9,3% das prazas de médicos de Atención Primaria estarán baleiras e que o 11,4% das camas están pechadas.
manifestación santiago sanidade febreiro 2024
Praza do Obradoiro ao rematar a manifestación en defensa da sanidade pública en febreiro deste ano.
2 jul 2024 11:13

A Xunta de Galiza de Alfonso Rueda volveuno facer e este ano mesmo bateu marcas. Malia a situación de saturación que as listas de espera acumulan desde hai anos, este verán, a Consellería de Sanidade, dirixida por Antonio Gómez Caamaño, decidiu que se pechen máis camas hospitalarias que nunca: 810 en toda Galiza e 145 mais que o ano pasado. A súa operación seguramente poida esperar os tres meses de verán. Así o revela o traballo de investigación que publicou na mañá deste martes a plataforma SOS Sanidade Pública, unha das referencias sociais na loita pola defensa duns servizos sanitarios públicos de calidade no país.

Nos centros de saúde, a situación é case peor. É a tónica xeral desde que en 2009, Alberto Núñez Feijóo, coa súa flamante experiencia como presidente do Instituto Nacional da Saúde (Insalud) decidiu desde os despachos recentemente estreados da Xunta, conxelar até novo aviso a contratación de médicos en Atención Primaria. Aínda que Alfonso Rueda quere ter un perfil propio que o faga distinguirse do que foi o seu xefe durante anos, a axenda neoliberal e o desmantelamento dos servizos públicos compártenos. A situación é polo menos igual, senón peor.

Existe unha clamorosa falta de persoal médico en Atención Primaria: 243 das prazas están vacantes. 133 son de carácter permanente por falta de titular e os 110 restantes pola ausencia do profesional adscrito. As prazas vacantes supoñen o 9,3% do total. É dicir, as persoas que viven en Galiza (ou que vaian de visita) no tres meses de verán non terán acceso a un de cada dez médicos nos centros de saúde.

“Este verán non haberá substitucións por vacacións e para afrontar a falta de persoal o conselleiro de Sanidade anunciou que investirá 12,5 millóns para un aplicar unhas medidas que se poden cualificar de ocorrencias, mentres que ameaza con suprimir as prazas de pediatría nos centros de saúde”, denuncian desde a plataforma SOS Sanidade Pública á vez que lembran que en numerosos concellos viñéronse convocado mobilizacións de protesta contra o peche de consultas de pediatría e falta de persoal nos centros de saúde por toda a xeografía galega. Pero na Xunta, herdando o relato imposto entón polo gabinete de Feijóo, céntranse en responsabilizar ao Goberno español das carencias da sanidade cuxas competencias a súa administración xestiona.

As ideas para afrontar os déficits do verán foron tachadas de “insuficientes ou simples ocorrencias”, pola maior parte dos sindicatos. A saber, incorporar a médicos con segunda residencia nas zonas costeiras máis saturadas, ampliar a bolsa de voluntarios para cubrir vacantes, utilizar co mesmo obxectivo aos médicos do 061 e, de maneira máis polémica, usar como reforzo aos MIR de último ano en medicina de familia e pediatría.

Urbanismo
Expropiacións e sobrecustos: os restos da xestión de Feijóo na reforma do hospital da Coruña
A ampliación do principal centro sanitario do norte de Galiza enfronta administracións e levanta en pé de guerra a corenta familias que poden quedar sen casa
Sanidad pública
Decenas de miles de persoas desbordan Compostela en defensa da sanidade pública
O presidente da Xunta Alfonso Rueda tacha de “electoralista” unha mobilización masiva que secundaron todos os sindicatos e partidos políticos con representación no parlamento galego excepto o PP.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...