Expropiación de vivendas e sobrecustos: os restos da xestión de Feijóo na reforma do hospital da Coruña

A ampliación do principal centro sanitario do norte de Galiza enfronta administracións e levanta en pé de guerra a corenta familias que poden quedar sen casa
ampliación chuac
Manifestación dos veciños afectados pola ampliación do CHUAC

Angustia, incerteza e, sobre todo, frustración. Eses son os denominadores comúns dos testemuños das familias que viven nas proximidades do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). O barrio onde se atopan se chama Eirís e alí viven corenta familias sobre as que sobrevoa a pantasma da expropiación. O motivo? A ampliación do centro sanitario de referencia do norte de Galiza. Unha complexo que adoece de grandes feridas estruturais e espaciais e que prometía ser a obra magna da cuarta lexislatura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Non foi tal. Feijóo emprendeu a súa viaxe cara a Madrid e o que aspiraba a ser unha revolución sanitaria, cinco anos despois, é máis unha quimera que un proxecto real. No camiño, atopouse de fronte non só os veciños que poden ser botados das súas vivendas, senón tamén os traballadores e usuarios da sanidade pública, que solicitan un novo hospital e non un vello con remendos.

O sobrecusto en referencia ao primeiro anuncio é de, polo menos, o 25%

O investimento ben vale a crítica. No primeiro anuncio que fixo Feijóo no ano 2019, o orzamento planeado era de 395 millóns de euros. Co proceso case intacto, volveu con el a primeira plana a uns meses de celebrárense as eleccións que el mesmo adiantou para o Parlamento de Galiza. “A política non pode ser oportunismo(...) Hoxe esta cidade [A Coruña], na miña opinión, ten máis servizos públicos, máis oportunidade e máis prestacións das que tivo nunca. A primeira obrigación dun presidente autonómico é tentar mellorar os servizos públicos, e tentámolo cumprir”, dixo entón nunha rolda de prensa que foi recollida de xeito amable polos xornais rexionais. Mais foi papel mollado. En 2021, a Xunta xa elevara a 457 millóns de euros o investimento previsto inicialmente polo agora líder do Partido Popular no Estado español. Hai un mes, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xa colocou a previsión de gasto en “máis de 500 millóns de euros”. É dicir, o sobrecusto en referencia a aquel grande e primeiro anuncio é de, polo menos, o 25%. Fontes dos sindicatos sanitarios implicadas no proceso auguran “unha constante de subidas” que irán chegando nos próximos anos.

Remodelar ou construír?
Pero máis alá do baile de cifras e dos prazos incumpridos, neste polémico proxecto están as persoas. As que traballan e fan uso dun dos hospitais máis punteiros do Estado en transplante renal cruzado, cardiopatías familiares, cirurxía da válvula mitral e cirurxía cardíaca neonatal e infantil, pero tamén tódalas familias que viven nas súas inmediacións e que cabalgan, como poden, o medo de ter que abandonar os seus fogares. Mónica Díaz é a presidenta da asociación de veciños do barrio e, de facto, quen os representa: “Hai mil razóns para facelo dun xeito totalmente diferente, noutros espazos como xa se fixo noutras cidades galegas. Tanto Concello como Xunta argumentan publicamente que non hai terreos públicos onde facelo, como se estas casas que van expropiar si que o fosen”. Dende a Plataforma de Afectadas pola Ampliación do CHUAC argumentan a necesidade dun novo complexo. Denuncian que o vello, con máis de cincuenta anos, está localizado nunha “zona de difícil acceso con pendentes e barreiras para persoas con mobilidade reducida” e que está “mal conectado co transporte interurbano e promove atrancos” nunha das arterias da segunda cidade máis grande do país.

“O hospital está mal estruturado e non se adapta ás necesidades actuais nin futuras da saúde pública”

Dende os sindicatos sanitarios concordan coa plataforma en que o hospital “está mal estruturado e que non se adapta ás necesidades actuais nin futuras da saúde pública”. Nese contexto, sinalan anos de obras, que ao seu xuízo, “serían incompatibles con moitas cirurxías das que o CHUAC é hospital de referencia”. “Pecharon o Hospital Materno Teresa Herrera, o Oncolóxico Labac e as consultas de especialidades en Ventorrillo e Abente”, engaden os afectados. E rematan: “Só aumentan as camas dispoñibles nun 15%. Non hai transparencia, ocultan os informes en que se basea a decisión e favorecen unha confusión mediática que non presenta a realidade con infografías e incoherentes”

Hai unha persoa que coñece as doenzas dende dentro e dende fóra. Lourdes Cordero é doutora de medicina intensiva no Hospital da Coruña e integrante dunha das familias que vive a apenas uns metros del. “O que non está saíndo á luz e o que nos preocupa aos traballadores é o longo período de obras que implica a ampliación dun hospital”, relata. “Só hai que darse unha volta polo centro, polos corredores... Non hai espazo, hai pingueiras... Coas especialidades desbordadas, é unha decisión fatal seguir colapsando o hospital”, engade. Como veciña, Cordero recoñécese angustiada: “Imos perder as nosas casas. Espérannos cinco anos de incertezas. Non sabemos o noso proxecto de futuro”. O caso da familia de Lourdes é representativo da situación colectiva. A súa familia ten unha hipoteca sobre a casa na que viven da que aínda lle quedan quince anos por pagar. “O noso é tráxico, pero é peor aínda o das persoas que levan sesenta anos vivindo no barrio e que agora viven un cambio radical na súa vida. Con setenta anos e algunhas enfermidades vano ter que mudar todo”, relata.

ampliacion chuac 2
Infografía da ampliación do hospital por riba de vivendas en Eirís

Un acordo entre o Concello da Coruña e a Xunta

A Plataforma de Afectadas pola Ampliación do CHUAC piden “escoita e sensatez” aos representantes do Partido Popular e máis do PSOE. A razón é que o proxecto ten o beneplácito do Goberno local da Coruña, da socialista Inés Rey, e da Xunta de Galiza, onde goberna o sucesor de Feijóo, Alfonso Rueda. De feito, ambas administración alcanzaron a semana pasada un acordo para impulsar as obras de ampliación do complexo hospitalario, co obxectivo de comezalas este ano, segundo expuxeron cadanseu representante logo dun encontro conxunto. Alí estiveron presentes a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o voceiro do goberno local e concelleiro de Economía, José Manuel Lage, que destacaron o acordo e a “prioridade” existente para aproximar posturas tras uns últimos meses de desfalcos no contexto político das eleccións municipais.

Nesa xuntanza, deuse unha aparente luz verde e un armisticio entre Xunta e Concello. O goberno municipal manterá  o seu investimento de 22,2 millóns de euros, pero destinará esta partida de forma íntegra aos accesos ao hospital. Unhas estradas que tamén recibiron fortes críticas da sociedade civil pola proxección de novos viarios e viadutos de alta capacidade en zona urbana e que, segundo sosteñen os veciños, “romperá en dous o parque de Eirís”. Pola súa banda, a Xunta asumirá as expropiacións dos terreos necesarios para acometer a ampliación, “un cambio que se concretará nun novo convenio que se prevé estea listo entre abril e maio”. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, quixo rebaixar as tensións políticas e cualificou de “cordial” o encontro. Destacou a concreción do mesmo “en solucións viables para despexar o camiño”, facendo referencia ao inicio das obras e a licitación das primeiras actuacións.

Aínda que tanto dende a consellería do ramo como os veciños afectados recoñecen contactos para “buscar alternativas”, as familias avisan de que farán “todo o posible” por manterse nos seus fogares. “Ademais xuntarémonos coas necesidades que sosteñen os profesionais sanitarios de dedicar toda esta cantidade de recursos na construción dun novo hospital”, recalca a voceira da Asociación de Veciños de Eirís. A terceira forza con maior representación no Pleno local, a Marea Atlántica, tamén se posicionou alegando contra esta fase do proxecto. Pediron “máxima transparencia nos plans de ampliación” e a súa voceira, María García, sinalou nun comunicado durante o proceso: “É imprescindible reformular a mobilidade e mellorar os accesos ao novo Hospital da Coruña, pero facelo non ten porque agredir ao núcleo protexido de As Xubias ou ao Pazo de Guyatt, construíndolles enriba unha rotonda de 20 metros de altura”.

Urbanismo
Movemento veciñal e urbanismo salvaxe na cidade máis grande de Galicia
O proceso de aprobación do plan urbanístico de Vigo está a reformular o tecido asociativo da cidade.
SOS Sanidade Ourense
Verín sen paridoiro por decisión da Xunta
Entre debates electorais cheos de preocupación pola España vaciada, e tertulias políticas concienciadas coa Galicia rural, os servizos van desaparecendo.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...