Urbanismo
Movemento veciñal e urbanismo salvaxe na cidade máis grande de Galicia

O proceso de aprobación do plan urbanístico de Vigo está a reformular o tecido asociativo da cidade. As expropiacións forzosas, os danos no medio natural e a redución dos espazos verdes son os puntos de encontro que fornecen esta loita civil.
BEADE 1 principal
FOTOGRAFÍA: BEA SAIÁNS
13 jun 2022 06:29

Adolfo Álvarez sae tódolos días da súa casa ás oito da mañá. É unha rutina forzada. O viario de alta capacidade que lle construíron a apenas trinta metros da súa vivenda condiciona o devir da súa vida e a da súa compañeira. O ruído dos camións ao chocaren as rodas contra as unións da ponte atravesa as fiestras, tamén as paredes, e cólase no seu cuarto. Tanto ten a hora. Durmir alén das sete resulta complexo. Por iso, malia estar xubilado, érguese moi cedo, almorza e fuxe da casa no primeiro autobús que pasa. Non atura o rumor e precisa relaxarse fóra do seu fogar. A súa historia non é anecdótica. Exemplifica como é a relación das institucións coa cidadanía afectada polos proxectos de dotacións e infraestruturas urbanísticas en Galicia. Non importa a institución competente: “En nome do mito do progreso poden facer de ti un pandeiro”, lamenta.

Arredor de 2005 inaugurouse a autovía de circunvalación de Vigo e, dende entón, centos de camións pesados transitan durante todo o día polo que é un dos pasos elevados máis grandes da comarca. No proceso previo á construción, cando os técnicos do Ministerio de Fomento propuxeron o trazado, a casa de Adolfo quedaba moi preto da ponte, pero lonxe abondo como para non ser expropiado de xeito forzoso. Aínda que, a priori, puidese parecelo, non foi unha boa nova para el e a súa familia: “A tódolos meus veciños que lle pasaba por riba expropiáronos e punto. Refixeron a súa vida noutro lugar. Pero a min devaluáronme a vivenda e a calidade de vida. Aínda que o digan, a isto non se afai ninguén”.  Non conseguiu nin un só euro de indemnización. Aqueles anos previos á execución desa enorme construción foron tempos de loita incesante, pero infrutuosa contra a Administración.  

A2 BEADE

Por iso, este histórico sindicalista do naval vigués vén de sumarse á reformulación do movemento veciñal da cidade que está nun momento decisivo a apenas un ano de que sexa aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Isto é: o proxecto que definirá con detalle como será a evolución urbanística da cidade máis grande de Galicia nas seguintes dúas décadas. Os veciños afectados pola construción de novas estradas, polas ampliacións de áreas industriais no núcleo urbano ou pola desaparición de espazos verdes estanse a organizar para defender a xestión do espazo público. A loitar contra o que o movemento veciñal adoita chamar “urbanismo salvaxe”.

As plataformas de afectados: o rexurdimento do movemento veciñal

Para as veciñas da parroquia de Beade -un dos poucos espazos xenuinamente rurais da cidade- observar o que lle aconteceu a Adolfo é case que mirar por un burato o futuro. Trala aprobación inicial do Plan Xeral o 26 de agosto de 2021, entre a veciñanza comezaron a agromar as primeiras preocupacións. Se o PXOM segue adiante e supera todas as fases ata a aprobación definitiva, un viario de alta capacidade atravesará toda a parroquia. Pasos elevados, tramos subterráneos e outros á mesma altura que as vivendas. Non só iso, a súa conexión directa entre a entrada sur da cidade coa Zona Franca -espazo industrial onde desenvolve a súa actividade Stellantis, antiga PSA Citröen- é garante do tránsito de tráfico pesado a altas velocidades. “Isto vainos quebrar a vida que levamos. Aos que expropien expulsaranos do seu fogar, e aos que non vannos empeorar a calidade de vida”, argumenta Ana Pascual, voceira da Plataforma de Afectados polo Vial de Beade (Avibe), punta de lanza de tódalas plataformas de afectados e asociacións veciñais prexudicadas polo plan urbanístico. “Imos utilizar tódolos medios ao noso alcance para paralo, aínda que rematemos no Tribunal Supremo”, engade. Pero antes da batalla xudicial vén a civil. E nesas están. As súas principais reclamacións son a desvalorización das propiedades achegadas ao viario, a expropiación de leiras e vivendas, o detrimento da calidade de vida, a recualificación do chan con perdas de ata o 80%, a perda de patrimonio histórico e natural e “a ausencia de información pública”.

BEADE B foto 3

Malia estaren nun conflito aberto coa Administración local que dirixe o alcalde do PSdG-PSOE, Abel Caballero, a visibilidade da inmensa maioría do espectro dos medios de comunicación con influencia na comarca e as redes de apoio veciñais, o seu caso está chegar, aos poucos, a tódalas casas viguesas. Para iso fixeron falla moitas manifestacións e concentracións informativas. Pero, sen dúbida, eles mesmos recoñecen que o que máis lonxe lles fai chegar son os seus relatos vitais. 

Entre eles, o máis singular é o de Abel Mejuto. En xaneiro do pasado ano, a apenas sete meses de se aprobar no pleno do Concello a primeira fase do PXOM, este veciño de Beade conseguiu a licenza urbanística para construír a súa casa. Trinta anos de traballo para ter a capacidade económica de facelo e dous de tedio coa burocracia urbanística ata lograr o si de Urbanismo. Absolutamente ninguén en todo o proceso administrativo lle dixo que ía comezar a construír unha casa no medio e medio do trazado do viario que se aprobaría en Pleno seis meses despois. Dende a Concellería do ramo, a información relativa a esa dotación era coñecida dende facía case dous anos e iso é, precisamente, o que máis impotencia xerou en Mejuto, que coñeceu como lle afectaba o Plan Xeral de forma fortuíta mentres saíra a botar o lixo. Unha veciña achegouse a el para explicarllo: “Sabes que che van pasar unha estrada por riba da casa?”. 

Pero a mala nova érao en moitos sensos. O terreo que mercara este veciño dividiuno en tres. Un para el e os outros dous para cada unha das súas fillas. En total, noventa anos de hipotecas asinadas para levantar tres casas que, se as intencións do consistorio non mudan, quedarán reducidas a asfalto. As débedas, iso si, seguirán rubricadas cos seus nomes. 

BEADE 10

Coa mediatización do caso, dende Urbanismo defendéronse en varias ocasións dicindo que denegarlle a licenza sería “cometer un delito de prevaricación”, pero a Mejuto non lle convenceu a resposta: “Eu só digo que se sabían que existía esa proxección, poderíanmo ter dito”. Mais ninguén lle dixo nada. Esa “ausencia de comunicación” é unha das denuncias públicas máis fortes das plataformas de afectados. A inmensa maioría das duascentas persoas que compoñen Avibe decatouse de que estaban afectadas polo Plan Xeral cando o período de alegacións -único chanzo de participación pública no proceso de aprobación- estaba xa en curso. “Nós consideramos que hai vontade de ocultación. Ninguén comprende como é posible que unha obra destas dimensións non fora comunicada a toda a parroquia e, en especial, a tódolos veciños afectados de xeito individual”, denuncia a voceira de Avibe, Ana Pascual.

As argumentacións dende o Concello para fundamentar a “necesidade” desta infraestrutura foron mudando a medida que as protestas civís collían forza. Primeiro a necesidade de ampliar as conexións coa zona industrial; logo a desconxestión do tráfico da zona historicamente colapsada do Estadio de Balaídos; e máis tarde a mellora da entrada sur da cidade. “Non temos ningunha dúbida de que este viario non ten ningún interese para a mobilidade pública e foi proxectado unicamente para satisfacer a Citröen”, defende Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo e principal representante do espazo político á esquerda do PSOE na cidade. 

Sen reacción ante o deterioro do medio natural

Aínda que os cidadáns de Beade son os que están a liderar esta nova primavera para o movemento veciñal vigués, ao seu carón xa están, polo menos, outras cinco plataformas das parroquias e barrios de Teis, Valadares, Castrelos, Bembrive e Matamá. Estes últimos, pegados á factoría da antiga PSA Citröen, levan dezaoito anos denunciando a insalubridade da zona, a contaminación sonora e, especialmente, a emisión de partículas de pintura que sofren e, din, afectan á súa saúde. Aínda que estean a piques de facer dúas décadas documentando con denuncias, medicións acústicas e os propios datos de MeteoGalicia -dependente da Xunta de Galicia- sobre a calidade do aire, este deterioro do medio natural non cesa. Neste novo plan urbanístico, lonxe de abordárense a dispersión das actividades industriais dos núcleos urbanos, o Concello de Vigo prevé expropiar polo menos trinta casas para seguir ampliando o solo dedicado a uso industrial. Todo coa oposición manifesta da asociación de veciños do barrio e da plataforma de afectados constituída ex profeso para loitar contra esta ampliación: “Non só levamos soportando toda a vida cheiros vomitivos, ruídos incesantes e a pintura en suspensión. Agora, logo de tódolos prexuízos sufridos durante dúas décadas, resulta que deciden expropiarnos e, de paso, aumentar a actividade industrial. É incrible”, conta un dos veciños que prefire manterse no anonimato, pero que xa lle gañou dous xuízos a Stellantis por danos desas emisións de partículas nas súas propiedades.

BEADE 14 Veciñas

Entre o tecido civil da cidade e na maior parte do Pleno local -agás o Partido Popular, que representa o 14% do voto municipal- existe un consenso sobre a necesidade de aprobar o plan urbanístico para saír do estancamento especialmente acusado en materia de vivenda: a día de hoxe o que segue vixente data de 1993. Mais a construción deste viario, a ampliación do solo industrial e a potencial desfeita medioambiental asociada a ambas actuacións son os puntos de diverxencia: “Aquí ninguén quere botar abaixo o PXOM, pero si queremos ser escoitados e demostrar que estas actuacións son innecesarias”, remata a voceira da Plataforma de Afectados polo Vial de Beade. 

Eses posibles danos no ecosistema rural da cidade fixeron que tanto Greenpeace como Ecoloxistas en Acción se sumaran rapidamente a esta onda de protestas. Unha mina de auga bicentenaria, especies vulnerables no trazado do viario e dous dos principais ríos da comarca representan algunhas das riquezas patrimoniais que se verían afectadas polo PXOM e que os ecoloxistas defenderán “con todas as ferramentas posibles”. Pero non só iso: “Esta cidade ten un serio problema de mobilidade, de uso de vehículos privados, de deficiencias no transporte público e de emisións de gases nocivos para a atmosfera e a saúde das persoas”, recalca Manuel Santos, coordinador en Galicia de Greenpeace. Os argumentos de Santos fundaméntanse en dous datos clave: Vigo está á cabeza das cidades peninsulares con máis coches por habitante e a súa calidade do aire suspende, con creces, os parámetros recomendados pola Organización Mundial da Saúde. Durante 2021, a cidade de Vigo reportou niveis moi por riba dos considerados nocivos para o dióxido de nitróxeno e para as materias particuladas finas, asociadas aos sectores industrial e residencial e ao emprego excesivo de vehículos de combustión.

beade 12

A politización do conflito: a vista posta nas municipais

As numerosas mobilizacións e a visibilidade conseguida nos principais medios de comunicación de Galicia e algún estatal fixo que o conflito tornase nun símbolo político, especialmente entre as organizacións hexemónicas do bipartidismo. Malia que as plataformas cidadás se reuniron con tódalas forzas políticas con representación no Pleno do Concello de Vigo, os partidos tradicionais, PSdG-PSOE e PP, levárono ao marco de discusión do sempiterno conflito entre Concello e Xunta. O Partido Popular, o único que votou en contra do PXOM, xa anunciou que a Xunta lle denegara o 86% da financiación do viario que estaba prevista no plan. O Concello, pola contra, xa saíu en varias ocasións a defender “o grande consenso social” arredor deste proxecto de cidade. Segundo os calendarios previstos por Urbanismo, a aprobación definitiva do Plan Xeral caerá apenas uns meses despois da cita coas Eleccións Municipais de 2023. Nese escenario, todo apunta a que as partes máis polémicas do plan urbanístico serán, de vez, claves principais na campaña electoral.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Euskal Herria
Jon Urzelai Urbieta “El monopolio de Last Tour en Bilbao es inmenso y tiene mucho que ver con el modelo de ciudad”
El sociólogo gipuzkoano analiza en ‘Su festak’ (Susa, 2023) el fenómeno de los macrofestivales y de sus consecuencias en nuestro territorio, no solo a nivel musical, también en lo que a gentrificación y hegemonía cultural se refiere.
Culturas
Culturas Su gran evento cultural internacional destruye mi ciudad
La cultura se usa para promocionar un modelo de turisficación masivo que agota las ciudades españolas y siempre de espaldas o incluso perjudicando a los tejidos creativos locales.
Barcelona
Park Güell de Barcelona La mala suerte de que el parque de tu barrio sea patrimonio de la humanidad
La polémica sobre el uso del parque diseñado por Antonio Gaudí a comienzos del siglo XX para el empresario Eusebi Güell vuelve a enfrentar a vecinos de Barcelona con los empresarios del turismo.

Destacadas

Culturas
Opinión Unha noite atraquei un banco
A rúa, estreita e sen asfaltar, permitía a colocación das cadeiras coma nun fermoso cine de verán. Non pasaban coches impedindo o espectáculo.
Laboral
Laboral Una trabajadora de Decathlon denuncia represión sindical tras haberse presentado como delegada de CC OO
De los 170 centros de Decathlon en España, 42 tienen comité de empresa. De ellos, 18 tienen delegados sindicales de CC OO, UGT, USO o CGT. La mayoría sindical la ostenta SGCID, el sindicato independiente auspiciado por la empresa.
Iraq
Arte en Iraq “El arte florece en época de paz”: los artistas de Irak tratan de dejar atrás décadas de conflicto
De las galerías más tradicionales hasta nuevos espacios alternativos, la capital iraquí es escaparate de numerosas exhibiciones artísticas. En una época de relativa estabilidad, los artistas intentan mirar más allá de una vida marcada por la guerra.
Elecciones
Elecciones 23J Sumar alcanza un acuerdo agridulce que deja heridas abiertas
El acuerdo de confluencia ya es un hecho. Podemos es el gran damnificado respecto a los números de 2019 y puede obtener un máximo de siete diputados.
A Catapulta
Poesía Galega Edicións Malafera, o vindeiro luns en “A Catapulta”
O programa póderase seguir en directo o luns 12 de xuño ás 19.30. Estará conducido polo poeta Samuel L. París e conta tamén con versión en podcast.

Últimas

Entrevista La Poderío
Entrevista La Poderío “Las limpiadoras somos un sector maltratado y ¿quién nos ayuda? Nadie”
Ángeles Márquez Naranjo es trabajadora de la limpieza, uno de los sectores más feminizados y precarizados. La suya es la historia de la eterna luchadora, con una vida laboral dura. Ángeles se queja, sí, pero también denuncia y a veces, gana.
Opinión
Opinión Sagardui, implícate y abre vías de negociación
VV.AA.
Ante los conflictos laborales en general, y los que afectan a los servicios públicos en particular, el partido que dirige el Gobierno vasco se pone de perfil, mira para otro lado o se posiciona del lado de la patronal.
Ecología
Océanos As catro mil leguas de viaxe oceánica dunha fotógrafa galega para loitar contra a pesca ilegal
A fotógrafa e videógrafa pontevedresa Helena Constela leva máis de 11.700 millas a bordo de diferentes barcos de Sea Shepherd, unha ONG internacional que traballa na defensa dos océanos.
Elecciones
Elecciones 23J Pronóstico reservado: el acuerdo de Sumar y Podemos, difícil pero no roto
El posible veto a Irene Montero y la delicada situación de Podemos en la Comunitat Valenciana son los ejes sobre los que gravita la posibilidad de ruptura de un acuerdo de confluencia de cara a las generales de julio.
Crisis climática
Crisis climática Las emisiones de gases de efecto invernadero baten récord: el planeta se calienta a 0,2ºC por década
Un estudio publicado en la revista científica 'Earth System Science Data' alerta de que el planeta agota la cantidad de dióxido de carbono que se puede verter en la atmósfera para conseguir permanecer dentro del umbral de los 1,5 °C.
Inflación
Manipulación Avarinflación, excusaflación y las manos que dan de comer a los grupos mediáticos españoles
Un gran porcentaje de la inflación ha sido causada por la avaricia de las empresas, según señala la OCDE. Pero para la prensa española no es codicia, sino “ingenio”.
Francia
Francia La última maniobra para no votar la edad de jubilación precipita la derrota del movimiento social
Macron ha vuelto a impedir el voto legislativo sobre la edad de jubilación, acercando al movimiento social impulsado por los sindicatos franceses desde hace cinco meses a un punto y aparte con tintes de derrota.

Recomendadas

Actualidad árabe (y más)
Actualidad árabe (y más) Un niño palestino de dos años, la última víctima del ejército israelí
Las fuerzas de ocupación justifican la muerte del pequeño Mohammed alegando que perseguían a unos hombres armados, mientras preocupa la salud del poeta egipcio encarcelado Galal el-Behairy y el poder saudí lleva unos Juegos de Invierno al desierto.
Elecciones
Elecciones generales Avances y cuentas pendientes en bienestar animal: ¿y si PACMA aportara sus 300.000 votos a una confluencia?
En las anteriores generales no hubiera obtenido representación ni cambiando el tamaño de los distritos ni quitando el límite del 3% por su dispersión territorial: “No vamos a darle la espalda ni a los animales ni a nuestros votantes por un sillón”.
Literatura
Cory Doctorow “La ciencia ficción desafía lo inevitable y plantea que podríamos hacerlo de otra manera”
En ‘Walkaway’, el escritor Cory Doctorow presenta a unos personajes que viven una alegoría sobre el potencial de la cooperación para imaginar, frente a amenazas y coacciones, un mundo alternativo al margen de aquello preestablecido como inevitable.
Migración
Adelanto electoral La ILP por la regularización no se detiene con la convocatoria de elecciones
Desde Regularización Ya insisten en que la ILP tiene futuro, y piden que se vote a las formaciones políticas que apoyen la regularización en sus programas para obtener una buena correlación de fuerzas.