Derecho a la vivienda
Fogares en baixos comerciais e alugueiros pola metade do soldo: vivir en Galiza tras catro lexislaturas do PP

Nun contexto inflacionista e de escaseza de espazos, a falta de regulación e a insuficiencia dun paquete público para alugar poñen en risco os estratos sociais máis empobrecidos.
alfonso rueda ángeles vázquez llaves
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, no acto de entrega das chaves de vivendas protexidas.
25 ene 2024 05:30

Os problemas para acceder a unha vivenda en arrendo medraron no último ano. Co prezo medio do aluguer cortexando os 500 euros de media nos sete grandes concellos galegos segundo os datos do Observatorio de Vivenda e a oferta nesta modalidade en mínimos, a Xunta de Galiza, gobernada polo Partido Popular, anunciaba para o último trimestre de 2023 a modificación das normativas de habitabilidade. Procurando a modificación lexislativa para facilitar que os baixos comerciais abandonados ou sen actividade, sitos en zona urbana, poidan ser reconvertidos en vivendas.

Iago Carro, do colectivo Ergosfera, un grupo de profesionais da arquitectura que desenvolven proxectos de investigación e intervención urbana desde A Coruña, contextualiza o problema da vivenda sinalando varios factores. Por unha banda, a falta de políticas públicas para incentivar o arrendo por parte dos propietarios privados; a escaseza de vivenda pública de nova construción e en restauración; a venda de vivenda pública a mans privadas e exponencial impacto da vivenda turística nas cidades. Ademais, a nivel técnico, critica a ausencia de estudos sobre solos edificables e sobre vivenda baleira, tamén o problema de entender a vivenda como un activo financeiro ou valor refuxio, que determina que o capitalismo popular fixe o prezo medio dos alugueres; e a chegada de fondos voitre e grandes compradores de vivenda que limitan o acceso a este recurso para o resto da poboación.

Urbanismo
Urbanismo Expropiacións e sobrecustos: os restos da xestión de Feijóo na reforma do hospital da Coruña
A ampliación do principal centro sanitario do norte de Galiza enfronta administracións e levanta en pé de guerra a corenta familias que poden quedar sen casa

Para entender como Galiza pode ampliar en catro anos nun 50% o parque público residencial, tal como se promete agora por parte do Executivo galego, débese tomar en consideración o historial de políticas públicas en materia de vivenda dende que no 2009, Alberto Núñez Feijóo gañou a súa primeira maioría absoluta. Mentres que entre 2006 e 2007 se levantaron 7.241 vivendas públicas, nos trece últimos anos de gobernos de dereitas edificáronse 6.313 novos fogares con esta condición. É dicir, case mil vivendas menos nun período 13 veces maior.

“En 2023, na Coruña entregáronse, despois de moitísimos anos sen que se fixera ningunha vivenda pública, 40 vivendas en réxime de aluguer construídas pola Xunta de Galiza no barrio de Xuxán. Paralelamente, o Concello, que tamén levaba unha chea de anos sen promover, pon en construción un edificio de 5 vivendas. Estamos falando dun total de 45 vivendas públicas en réxime de aluguer para unha cidade de máis de 240.000 habitantes”, reflexionan os expertos en vivenda de Ergosfera. Explican que, na práctica, “son medidas anecdóticas que denotan que non se está a entender o problema da vivenda como algo no que a administración pública teña que tomar postura”.

Segundo datos do Observatorio da Vivenda de Galiza, dende 2014 o importe medio da renda mensual por ano de contrato subiu na comunidade dos 364 euros, aos 511 euros en 2023, pouco menos da metade do salario mínimo interprofesional. Moito máis se poñemos o foco nas contratacións a tempo parcial das persoas máis precarizadas do país. Tomando os datos de decembro publicados polo organismo público, o prezo medio dos contratos de aluguer foi de 621 euros na cidade da Coruña, 599 euros en Vigo, 569 euros en Santiago de Compostela e 580 euros na cidade de Pontevedra. Arredor dos 500 euros en Ourense, Lugo e Ferrol, por esta orde.

En xaneiro de 2010 a Consellería de Medio Ambiente do Goberno galego comunicáballe a 18 concellos galegos que o chamado Plan Sectorial de Solo Residencial, deseñado polo bipartito en 2008, quedaba sen efecto. Con el, tamén o obxectivo de construír 45.600 vivendas protexidas en 57 municipios entre os anos 2009 e 2017. Para o Partido Popular de Galiza este plan era irrealizábel e contaba cunha forte contestación institucional.

Ademais do acceso, outro problema importante derivado de non contar hoxe con un parque de vivenda pública o suficientemente amplo en Galiza como para poder ter algún impacto nos prezos é que non hai un sector público que manteña a titularidade sobre as obras que promove. “Con un parque inmobiliario tan ridículo que só aspira a ser útil para as capas máis desfavorecidas da poboación e non para o conxunto de galegos e galegas, nin temos impacto no sector inmobiliario nin temos capacidade para aloxar á xente que nos pide axuda”, razoan dende o colectivo adicado á intervención urbana.

Ana Pardo, presidenta da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN) e Directora de Provivenda en Galiza, afonda nisto último cando di que os datos de ocupación son mínimos en Galiza malia que si é esta unha preocupación manifestada polo goberno autonómico e que, por desgraza, foise xerando “un discurso sinxelo”, de calado fácil, que fomentou o medo na xente. Para a súa organización, o interesante do debate sería discernir o reparto de responsabilidades dos actores implicados. “Se unha familia non consegue ningunha alternativa. Vese na rúa. Non hai un parque de vivenda pública, nin a axuda social municipal dispón de acubillo para botar unha man, en que situación se ven? Na desesperación”, denuncian dende a Rede Galega contra a Pobreza.

“Cando as administracións, que son as responsábeis de garantir o dereito á vivenda, non son quen de dar unha resposta, non creo que debamos poñer o estigma nas persoas ou nas familias. Debemos pór o foco en que as administracións teñen os medios para dotarse, ben de vivenda social, ben de vivendas de transición nas que as persoas ou familias poidan reorganizarse, ben de vivendas de emerxencia para situacións límite”, afonda a tamén directora de Provivenda no país. Cantas máis alternativas, mellor, di Ana Pardo, porque o problema da vivenda é unha emerxencia, sentenza a experta, que engade que dende as entidades sociais teñen a sensación de que a responsabilidade se deposita moitas veces en Política Social, e Política Social non é Vivenda: “É verdade que nun momento determinado a vivenda fixo parte da xestión que se levaba dende os servizos sociais das administracións, pero esa parte xa se perdeu e por iso naceron as consellerías propias de vivenda e urbanismo”.

Para Pardo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a consellería do ramo perciben a vivenda dende unha mirada “moi da estrutura”, ocupándose de todo o relativo á planificación e edificación do ben privado, pero perdendo a perspectiva do uso social para o que está concibida. A presidenta da EAPN e Directora de Provivienda-Galiza explica que a vivenda está para darlle resposta á sociedade, ás persoas, e que polo tanto non debería entenderse como capital de especulación: “Cando se perde estoutra perspectiva, atopamos que hai grupos de poboación que observan dificultades para acceder a un teito digno”.

A presidente de EAPN pon o exemplo do Bono de Aluguer Social, que dende a Rede Galega contra a Pobreza valoran positivamente, pero que deposita toda a responsabilidade de conseguir unha vivenda na persoa vulnerable: “Díselles que se lle paga ao propietario da vivenda o prezo que este estipule, sempre que non supere os 550 euros nas principais cidades —de novo, como nada regula o prezo da vivenda, os prezos seguen a alza, e atopar espazo para unha familia por debaixo desta cifra xa sería complicado—, pero adoitan ser persoas que soportan un forte estigma social e sobre as que da igual que lles deas axudas económicas directas ou avais, que non lles alugan”.

Explica a representante de Provivienda en Galiza que finalmente o que percibe a persoa cando lle caduca a axuda porque non atopou vivenda é que de novo fracasou e que foi ela a que non o soubo facer. Cando a realidade é que non. Non é viable para certos grupos sociais conseguir vivenda: “Sacamos axudas que sobre o papel quedan moi ben pero logo deixamos toda a responsabilidade do lado da persoa en situación de precariedade”.

O voceiro de Ergosfera resúmeo nun tema ideolóxico de quen goberna: “Para eles as persoas son antes que cidadáns, propietarias”. Precisamente un dos debates contemporáneos nos que se ve a posición da Xunta, explica Carro, é o das zonas estarricadas que se definen na nova lei de vivenda: “O goberno galego fala, case en termos defensivos, da posibilidade de regular o prezo do aluguer delimitando zonas en tensión, cando podería tomar esta posibilidade que lle brinda o Estado para traballar e incidir dando solución a un problema”.

Provivenda e a Rede Galega contra a Pobreza teñen levado a cabo experiencias piloto innovadoras como é o caso dunha familia que foi vivir a un concello próximo á cidade da Coruña, onde a escola da localidade estaba ameazada de peche por falta de alumnos. “Nós tiñamos unha familia con pequenos que vivían na cidade da Coruña pero que non o estaban pasando ben —porque a cidade é complexa, difícil para integrarse, para acceder aos servizos, etcétera—, e a administración municipal fíxonos o acompañamento in situ”. O concello facilitou a integración da familia no pobo, tocou o tecido empresarial até conseguir un traballo para o pai e moveuse a opción da vivenda para poder instalárense. Hoxe vai para cinco anos que esta familia vive na localidade e están integrada e feliz: “Cónstame que tiveron a posibilidade de volver á cidade e non quixeron porque realmente senten arraigo e agradecemento á vila que lles facilitou o proceso”. Pardo pon así a nota positiva a unha situación que require dunha abordaxe holística, que entenda a vivenda como parte dunha existencia digna de ser vivida.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Literatura
Silvia Nanclares “Moratalaz nace como barrio franquista, solo que no contaban con la presión vecinal”
Con ‘Nunca voló tan alto tu televisor’ la escritora madrileña regresa a su barrio y examina lo que quedaba debajo de la cáscara de progreso que supuso la construcción del edificio de Torrespaña, aun hoy uno de los más reconocibles de la ciudad.
Alicante
Alicante Denuncian a un alto cargo de Mazón y al alcalde de La Nucía por prevaricación urbanística
AE-Agró acusa a Bernabé Cano, alcalde de la Nucia y al Director General de Urbanismo autonómico de haber cometido un delito de prevaricación urbanística y otro ambiental con el PAI la Serreta.
Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Opinión
Opinión La hidra de la lucha por la vivienda
Un sector del movimiento de vivienda pone el foco en los grandes propietarios y los fondos de inversión para entender la actual crisis de vivienda. Otro, a la clase media propietaria. Cada enfoque lleva a estrategias distintas.

Últimas

Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.
LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.
Navarra
Opinión Diez años de corralito progre en Navarra
VV.AA.
En las elecciones municipales y forales del 24 de mayo de 2015 se propagó la confianza en un futuro en el que la hegemonía conservadora del corralito foral diera paso a algo muy diferente y mejor.
València
València Víctimas de la dana comparecerán en la investigación del Congreso, pero no en la de Les Corts
Las asociaciones pactaron también en su reunión con Pedro Sánchez un funeral de estado laico y una reunión el próximo jueves con la vicepresidenta y ministra de Transición Ecológica, Sara Aagesen.
Comunidad de Madrid
Sanidad pública Una cita médica para dentro de 20 días: la ciudadanía vuelve a la calle contra las políticas de Ayuso
En la Comunidad de Madrid hay más de un millón de personas en las listas de espera hospitalarias y más de 700.000 sin médico de familia asignado. Este domingo 25 de mayo la ciudadanía vuelve a salir a la calle contra la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas que confluirán en Cibeles a las 13:00 horas.
Más noticias
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
València
València El País Valencià se prepara para la huelga general del 29 de mayo contra la gestión de Mazón
Siete meses después de la dana, mientras la justicia apunta al Consell, los sindicatos combativos preparan la huelga general con el respaldo de amplios sectores sociales.
Poesía
Poesía Por qué vive Roque Dalton: 50 años del asesinato del poeta de El Salvador
El poeta Roque Dalton sigue desaparecido desde que aquel día murió “muchacho” con 40 años de edad. Que Roque Dalton murió muchacho lo escribió su amigo Mario Benedetti, también poeta.

Recomendadas

México
México Desenterrar el dolor: los desaparecidos de Jalisco
El colectivo Guerreros Buscadores de Jalisco, el mismo que descubrió el campo de exterminio de Teuchitlán, halla un punto de venta de droga activo del Cártel Jalisco Nueva Generación con varios cuerpos enterrados.
Gordofobia
Lara Gil “Es más peligroso para la salud una cirugía de reducción de estómago que ser una persona gorda”
Lara Gil (Madrid, 1988) es antropóloga y activista antigordofobia. Ha escrito un libro, 'Manual para romper un cuerpo', en el que cuenta como una cirugía bariátrica ha destrozado su cuerpo. Denuncia que nadie habla sobre las consecuencias de mutilar el estómago cuando está sano.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.