Análisis
O PP manda en Galiza e Feijóo non manda en Madrid

Os malos resultados do PSOE en Galiza decantan a vitoria do Partido Popular. O Bloque Nacionalista Galego acércase ao medio millón de votos.
Feijóo y Ayuso concentración contra la amnistía
Alberto Núñez Feijóo e Isabel Ayuso na concentración en Madrid convocada polo PP contra a amnistía e o pacto PSOE-Junts. Foto do PP da Comunidade de Madrid.
Pablo Elorduy
19 feb 2024 00:00

Os estadounidenses usan a palabra hype para subliñar a emerxencia dun fenómeno novo, excitante e apreciado. O BNG foi o hype dunha campaña electoral marcada por unhas declaracións de Alberto Núñez Feijóo que nada tiñan que ver con Galiza. Os de Ana Pontón son os únicos, salvando a entrada cun deputado de Democracia Ourensana, que suman escanos: cinco nunha noite electoral que deixa certo sabor agridoce.

A campaña do Bloque xerara expectación, paixóns alegres e unha corrente de optimismo que quería prevalecer sobre os teimudos datos, que seguen dicindo que o Partido Popular, por máis que os seus líderes teñan deslices, ten gañado o voto sénior, que arrasa nas zonas rurais e pode permitirse empregar técnicas tan sucias como a carretaxe ou ingresar nóminas, anunciar subas salariais, axudas e outros estímulos ao voto nas horas previas ao peche de campaña.

Elecciones
Eleccións O mellor resultado histórico do BNG é insuficiente para quitar a maioría ao PP
A forza do partido de Ana Pontón non consegue bater a Alfonso Rueda nin atopan apoio nun PSdeG que se afunde aos seus mínimos históricos. O partido do alcalde de Ourense entra no Parlamento, pero sen capacidade de condicionar o Goberno.

Xogamos como nunca, perdemos para sempre é, aínda que sexa obvio, o balance que pode facer o centro esquerda español e a esquerda galega no seu obxectivo compartido de tombar o Goberno do Partido Popular. Alfonso Rueda, candidato frouxo, seguirá sendo presidente da Xunta polo oficio que ten o PP nunha comunidade na que controla a narrativa oficial —a través dos medios de comunicación— e a infranarrativa semisecreta do caciquismo.

Os mellores resultados históricos do Bloque Nacionalista Galego foron o punto positivo dunha noite na que se depositaran varias esperanzas. A do BNG é clara: cambiar o país, adecualo aos novos tempo e desterrar o caciquismo.

A esperanza de Pedro Sánchez e o PSOE nos últimos días de campaña era máis ambigua: gañar perdendo. Só conseguiu o segundo. O PSdeG de Xosé Ramón Gómez Besteiro perdeu cinco escanos e obtivo o seu peor resultado histórico na Comunidade Autónoma. Queda con nove, como terceira forza e ve a irrupción dun BNG que chegou para quedar.

Pero dentro dos plans de Sánchez, un cogoberno en minoría co BNG era unha bicoca. No momento de maior tensión pola Lei de Amnistía, arrebatar ao PP unha comunidade que dirixe desde hai dezaseis anos e da que procede o seu líder nacional era unha esperanza demasiado ilusionante para ser verdade. E non o foi. En gran medida debido ao pobrísimo desempeño do PSdeG, que non acadou os doce deputados que terían aberto en canal a posibilidade do cambio de Goberno.

A falta das análises electorais, parece claro que o BNG absorbeu o que quedaba por tomar do espazo de En Marea. Cando menos a metade dos votantes da antiga Galicia en Común —que non chegaban ao 4% en 2020— foron ao Bloque. Pero tamén se deu un claro transvasamento de votantes socialistas ao BNG. A suma aritmética é sinxela: o PSdeG perde cinco e o Bloque gaña aínda máis, se cadra da abstención, se cadra incluso de votantes populares fartos do progresivo desapego do PP de Galiza á política autonómica. Alfonso Rueda non é Isabel Díaz Ayuso, pero a campaña errática do PP —non hai que esquecer que perdeu dous escanos— viu ao presidente da Xunta debilitado, como un turista accidental no seu propio territorio.

Elecciones autonómicas
Eleccións Sumar afúndese e Podemos desaparece nas eleccións galegas
Os de Marta Lois sitúanse arredor do 2% no conxunto de Galiza e Podemos non chega ao 0,5%. A esquerda estatal desaparece do mapa político galego.

A alta participación nas eleccións de hoxe é outro factor importante para a análise acerca das liñas que se trazan para o futuro en Galiza. O PP aumentou o seu voto respecto a 2020 en máis de 60.000 sufraxios. Pero o aumento do BNG é a mellor noticia para as esquerdas: son 150.000 votos máis e, cando remate de recontarse o voto CERA, é posible que se sitúe a poucos miles do medio millón de votantes.

Como sucede cando as eleccións autonómicas rematan, o foco volverá a Madrid, o que non é necesariamente malo para un BNG que critica exactamente esa visión colonial da política galega por parte do PP e as súas terminais nos medios dentro da M30.

O foco deixa unha paisaxe bastante parecida á que se intuía no comezo da campaña electoral. A declaración de Feijóo nun off the record sobre un posible indulto a Puigdemont non penalizou dramaticamente o seu partido, pero no resultado de Galiza pode lerse que fóra do ecosistema hiperventilado da capital, a paisaxe segue sendo moi parecida á do 23 de xullo. Núñez Feijóo seguirá oscilando entre a necesidade de pasar páxina na narrativa da apocalipse e a esixencia dos seus de seguir a estratexia aznariana de ir con todo e non afrouxar o ritmo ata recuperar o mando do Estado.

Sánchez xogaba a baza soterrada da plurinacionalidade, como sucederá nas próximas eleccións na Comunidade Autónoma Vasca. E, aínda que hoxe perdeu, a pregunta que se respondeu no fío e precariamente o verán pasado, segue aberta. É unha pregunta acerca de se o país realmente existente pode seguir funcionando moito máis tempo como un clúster de distintos caciques territoriais ou se hai que darlle unha volta á participación dos distintos pobos no modelo de Estado. A pesar da vitoria do Partido Popular de hoxe, esa cuestión segue enriba da mesa.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.