Deportes
O caso da Romulea Autistic: pelexando por un fútbol inclusivo

Dende 2015 Roma conta cunha equipa moi especial, a Romulea Autistic Football Club. No histórico barrio de San Giovanni o fútbol defende o seu papel máis importante na sociedade: o de permitir xogalo a todo aquel que o desexe.

Romulea Autistic (2)
O Rolumea Autistic naceu no ano 2015 na cidade de Roma Lucas Méndez Veiga
14 sep 2019 13:00

A inclusión no deporte forma parte, cada día de maneira máis crecente, da nosa realidade. Cada vez son máis os conxuntos que rexeitan a deriva mercantilista e deciden centrarse no papel elemental que pode ter o deporte nas sociedades modernas: mellorar a vida das persoas, facelas sentir partícipes de algo, facer crecer e afianzar os seus vínculos afectivos e permitir ser á xente máis auténticos.

A Romulea Autistic: rompendo barreiras

Baixo o amparo da Xornada Mundial do Coñecemento do Autismo, naceu en 2015 un clube diferente. Case dende o comezo o fixeron da man dunha asociación futbolística das máis importantes dunha urbe como Roma. A Romulea Calcio é —dende 1921— unha das grandes escolas de fútbol da capital que compite nun grande recinto ao carón da gran Basílica de San Giovanni, nun dos barrios máis tumultuosos e singulares da Cidade Eterna. Logo de saber da existencia dun conxunto das características do Autistic —fundado dende cero por un grupo de rapaces aos que o tema tocaba de cheo— a Romulea volcouse e decidiuse a ser pioneira neste ámbito. Apoiarían con todo o necesario un conxunto tan especial. Desa naceu a Romulea Autistic Football Club.
Deportes
Liga Gallaecia: o poder do deporte mixto
No país dispútanse dúas competicións dun deporte que chegou de Irlanda para quedarse: o fútbol gaélico.
“O Autistic naceu primeiro dun grupo de rapaces e traballadores que daban apoio aos xogadores da equipa. Eles naceron aquí dentro, digamos. Cando iniciaron a actividade acollímolos aquí e tiñamos unha relación de colaboración: viñan e adestraban unha vez á semana. Isto durante dous anos. Ao terceiro xa lles preguntamos se querían formar parte da Romulea, ser un equipo noso. Debo dicir que o acolleron con moito entusiasmo e convertímonos nun, e isto é algo precioso”, narra o presidente Nicola Villela, cuxa familia leva décadas dirixindo o clube. Antes da Romulea Autistic existía unha relación comercial no sentido de que o clube debía xestionar os espazos, cos seus custos. Ou sexa que existía máis ben un apoio loxístico e unha relación de convenio. Foron pasando os anos e foron integrando o conxunto no organigrama das categorías inferiores. A relación coas familias comenzou a ir mellor e a confianza no proxecto creceu, a pesar de que ao principio houbo reticencias. É algo que destaca o adestrador e gran cabeza visible do proxecto, Tommaso Arrotta: “Para min isto é a consecución dunha idea que tiña. Sobretodo véndoo na miña muller —a quen se lle detectóu autismo— e nas familias dos xogadores, onde vimos a pouca fe que tiñan nos seus e na súa forma de facer as cousas. Decatámonos que moitos pais pensaban que os seus fillos eran diferentes aos outros”, comenta.

Decidiuse entón que as familias pagasen unha cota anual, como o resto. “Igualáronse en condicións co resto de rapaces que adestran fóra do aspecto autista. Isto é un xeito de poder incluílos e tratar os individuos no discurso da igualdade. No mesmo sentido, permitíanos poder levar adiante a actividade, pagar os gastos e dar a posibilidade a quen quixese de ser parte activa e realizalo no campo”, engade o presidente Villela. Esa pouca fe inicial dos pais no fútbol como elemento positivo para a vida dos seus fillos foi mudando co tempo a pesar de que é algo común en Italia. Nun país cun discurso futbolístico enfocado no negativo —violencia, curvas, racismo, ultras, diñeiro— ninguén valorou o poder do deporte nacional para mellorar a vida de persoas con estes problemas. “Cando isto botou a andar ninguén cría en nós. Pouco diñeiro, moita vontade e chegamos a dar unha lección, non de xeito presuntuoso, pero a nivel cultural fixemos unha mudanza tamén na Romulea. A Romulea é un microcosmos xa que son más de cincocentos federados coas súas cincocentas familias e xerouse un clima que non cría que fósemos capaces de crear. É a maior satisfación, xunto coa demostración a estas familias de que o deporte de equipa debe unir por forza. O aspecto difícil do autismo é o da comunicación, e no fútbol comunícase coa pelota. Non existen once balóns, existe un só que é a través do que se comunica” comenta orgulloso Arrotta.

Cando isto botou a andar ninguén cría en nós

No eido técnico, o preparador sempre creu necesario adaptar os adestramentos ás capacidades dos seus xogadores. “Elaboro os adestramentos en función do nivel, o que non significa non adestrar”, incide. Conseguir chegar a competir en campionatos nacionais foi un risco que se correu e contou cos apoios necesarios para que non se botase todo ao traste. “Adestro dende fai quince anos e para min non cambia nada. Disto se trata. Ensino que debes estar puntual no campo, ter a túa camisola limpa e non doutra cor, debes vir aos adestramentos. É un aspecto que conseguimos: un 92% de presenzas nos adestramentos. Significa que queren xogar”, di.

Un dos xogadores máis destacados é Pietro Cirrincione. Amais de ser un dos fundadores, trátase do capitán e un dos máis veteranos. Comenta ledo que nunca pensou en chegar a estas cotas pero que, xa postos, non pensan parar de soñar. “Comezamos nun torneo feito nestes campos, cunha equipa integrada a medias por xente do espectro autista e a outra formadas por educadores, voluntarios ou amigos. A nosa é unha escadra inclusiva no sentido de que todos temos as mesmas opcións e oportunidades. Non existen regras especiais: o xogo é o ordinario da FIFA e para nós é importante o apoio para participar na equipa”, explica. No autismo en xeral as persoas que o padecen tópanse coas dificultades de non comprender as regras sociais porque é difícil entender a linguaxe non verbal.

Romulea Autistic (1)
A Romulea Autistic entende o fúbol como un motor de crecemento para todos Lucas Méndez Veiga
Durante o xogo, isto suma dificultades para interpretar dinámicas de xogo: por exemplo, cando un compañeiro está listo para recibir un pase ou cando outro debe decidir se atacar ou non o dianteiro que encara a propia meta. “Precisamos unha axuda máis pero en todo caso xogamos de xeito competitivo. O deporte é un dereito e levamos cara a diante este proxecto dende fai catro anos e hoxe podemos dicir que somos un equipo oficial da Romulea, que é unha sociedade deportiva histórica de Roma Capital dende fai un século. Isto aumentou a nosa visibilidade”, finaliza Cirrincione.

Matteo Gianmaruchi defínese a si mesmo dentro da equipa como un “grande rompepernas como central”. A dicir verdade, é un dos que máis piña fai dentro do vestiario, algo que sen dúbida agradecen os seus compañeiros. Basta con botar unha ollada ao entusiasmo co que o resto do plantel o saúda nada máis chegar ao campo de xogo. Á hora de porse serios, Gianmaruchi fala abertamente dos problemas que este trastorno lles acarrea no seu día a día e de como é o ambiente tan familiar dentro do vestiario. “O ambiente dentro do vestiario é difícil, como en todos os vestiarios. Neste sentido temos os mesmos problemas: estrés postpartido, as ganas de gañar, o saber que non deches o máximo, de non ter dado un pase correcto ou de non ter parado un tiro. Son moitas tensións pero despois xuntámonos no vestiario, facemos unión e conseguimos tirar cara a diante. Logo imos aos sitios onde xogamos, facemos festa, comemos unhas pizzas, catro brincadeiras, remata todo e voltamos comezar. E é unha cousa importante, moito máis do que se pensa. O vestiario crea unión tanto o máis que o que se fai no campo. É importantísimo para nós, despois dos adestramentos ou dos partidos, achar momentos dentro do vestiario, compartir momentos xuntos”, comenta.

Sabiamos que en Italia, como no resto do mundo, o fútbol podía ser un motor de crecemento para todos

A historia do clube que comezou por divertimento pouco a pouco foi tomando tintes de realidade e de posibilidade de proxecto serio e con futuro. “Cando decidimos facelo era porque nos xuntamos un día, xogamos un partidiño e pensamos que era bonito. Probamos a voltar facelo. Logo sabíamos que en Italia, como no resto do mundo, o fútbol é un vehículo para tantas cousas e este deporte podía ser un motor de crecemento para todos. Nese intre, tentamos facelo seriamente”, prosegue o veterano xogador. Ano a ano a Romulea Autistic tenta mellorar no plano técnico, elaborar de xeito conscienzudo os adestramentos… non so chegar e xogar: “Temos quecementos, a parte atlética na que tentamos mellorar fisicamente, a fase táctica onde melloramos os esquemas. Non é sinxelo pero decatámonos que se queremos medrar debemos facelo sempre e cada día máis a serio. Para isto debe ser algo verdadeiro, como calquer equipo. A nós interésanos proseguir con esta experiencia, que se nos recoñeza, e entrar a formar da Romulea é parte disto”, incide Matteo Gianmaruchi.

Un futuro co que ilusionarse

A posibilidade de entrar a formar parte dunha asociación histórica como a Romulea foi un dos mellores estímulos para facer medrar persoalmente aos rapaces que integran a equipa autista. Ademais dos complexos xerados, os problemas familiares derivados da sobreprotección e os tabús da sociedade, a visibilidade que deu a este grupo de rapaces e rapazas un esférico foi poderosísima. “A sociedade non te comprende, compréndete se te enfrentas a ela, se te expós. Saen e pouco a pouco fan o seu camiño propio. Hoxe son coñecidos no fútbol de Roma e, cada vez máis, en Italia. Na súa vida diaria, ser parte dunha equipa así mellorounos. Levan orgullosos a equipación, as cores, falan de que son parte activa disto”, relata cun grande sorriso Tommaso, o adestrador. O grande soño do preparador romano sería o de participar nun campionato federal, algo que tamén comparte a plana directiva que se fai cargo da Romulea. “Isto significaría competir con trinta equipos, trinta realidades, ser coñecidos en trinta sitios. Probablemente darnos a coñecer máis na sociedade, aínda que sexa difícil a reacción dos outros e é algo co que xa convivimos. Haberá quen xogue con coidado e pense ‘pobriños’. Para min é o paso seguinte e deberiamos saír de aquí, informar do que estamos a xestar”, conclúe.
A visibilidade que deu a este grupo de rapaces e rapazas un esférico foi poderosísima

A visión dende a directiva do futuro e a deriva que tomará o conxunto non podería ser máis positiva e esperanzadora. Villela relata dende o seu despacho nas instalacións do clube que a idea é a de poder facer un conxunto que poida competir nun campionato oficial. Lanzar proxectos a “partidos de verdade”. Amais, cobra sentido a creación dunha sección de fútbol base, non como unha canteira ao uso, senón máis ben como vía de escape e que permita que todos os nenos e nenas aos que se lles detecta autismo podan entrar a formar parte da Romulea, se integren o máis axiña posible e establezan lazos de amizade co balón de por medio. “Canto máis pequenos son, maiores son as necesidades que teñen. A idea é facer medrar unha canteira, non como unha de fútbol ao uso, senon poder dar a oportunidade a nenos do espectro autísta de poder xogar ao fútbol. Temos tres nenos que están incluídos no noso sector de base, porque non existe un equipo dentro do espectro que os acolla aínda. A Romulea non fai moito tempo que desenvolve este tipo de actividades inclusivas a través do deporte. Decatámonos ao momento que non son tantas as asociacións que o levan a cabo, ou ben non se coñecen”, argumenta. O bonito, segundo o directivo, é centrar os esforzos en chegar ao máximo número de xente posible, darse a coñecer e expandir un proxecto que non vén recoñecido tanto como cren que debera ser. “ O obxectivo seguramente é mellorar, aumentar o número das actividades e participar incluíndo a máis asociacións. Cantas máis sexamos mellor será”, finaliza.

Romulea Autistic (3)
O grande soño do adestrador Tomasso Arrotta é participar nun campionato federal Lucas Méndez Veiga
Pola parte dos xogadores, Gianmaruchi leva a voz cantante e pensa en positivo do crecemento do conxunto e do proxecto, de gran calidade humana. “Sinceramente espero que todo medre moitísimo máis. Hoxe somos moitísimos, todos temos dificultades: a familia, o traballo, as ocupacións, o cansancio ou as lesións. Sería moi bonito conseguir chegar aos trinta ou corenta xogadores e poder pensar en chegar a competir en ligas anuais, torneos máis completos. Precisamos tamén os medios, económicos e tamén persoais. Chegaremos, neste último ano tivemos unha resposta positiva da xente, coñécesenos no territorio e noutras asociacións e máis xornalistas viñeron para coñecer que é como facemos as cousas. Isto espero que traia máis seguidores pero tamén máis xogadores que se animen a dar o paso”, di.

Deste xeito, a visión futura dun conxunto tan singular e cargado de sentido humano non podería ser máis esperanzadora. As sociedades hoxe viven de costas aos problemas de índole psicolóxica como o autismo, que pode chegar a afectar a un grande número de persoas e con diagnósticos totalmente diferentes. Desenvolver e fomentar as facetas e actividades que máis lles gustan a estas persoas permitirá o crecemento persoal, a apertura a un mundo exterior que xa bastante os degrada coa súa visión intencionada e cruel. O fútbol toma nestes casos un cariz vital para moitas persoas. Achégaos a unha realidade que crían descoñecer, na que se sinten acollidos, parte de algo moito máis grande e que os complementa. Permite desenvolver o seu afán de mellora, derrotar o conformismo coas ansias de victoria e de medre. Permite entablar amizades que quizais duren para a toda a vida e verlles recoñecida unha labor na que crían que xamais ninguén botaría unha ollada. Hoxe fálase do Romulea Autistic, un caso exemplar en Roma, lonxe das nosas fronteiras, pero mañá deberán ser máis: en máis deportes, en máis disciplinas, para máis personas con diversas necesidades. Hoxe, é un esférico o que permite sorrir e incluir a este colectivo.

Memoria histórica
Zurdo e deportivista, até a última pinga
Falemos claro, o que aconteceu en Galicia despois da sublevación militar de xullo de 1936 foi un exterminio por motivacións políticas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Fútbol
Fútbol y política Las gradas de todo el mundo enseñan la tarjeta roja a Israel
La campaña ‘Show Israel the red card’ suma más de 170 acciones desde que, en febrero, el grupo ultra del Celtic de Glasgow hizo un llamamiento al mundo del fútbol para exigir que la FIFA cumpla sus estatutos y suspenda a Israel de sus competiciones.
Argentina
Argentina Balas de goma contra jubilados e hinchas
Las hinchadas de varios equipos de fútbol argentinos, enfrentadas entre sí por sus colores, participaron juntas en la concentración de los jubilados que acabó con una fuerte represión por parte de la policía.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Turquía
Pinar Selek “Turquía sigue gobernada en base al miedo”
La profesora y socióloga turca, quien ha sufrido además de cárcel, un acoso judicial por 27 años, habla de la falta de independencia del poder judicial, del adoctrinamiento social y de la formación de la sociedad turca.
Gasto militar
Gasto militar ¿De dónde sacará Sánchez el dinero para financiar el incremento del gasto en defensa?
La promesa de aumentar las partidas presupuestarias militares necesita redirigir 10.471 millones de euros para alcanzar el 2% del PIB. Cumplirlo este año abre a su vez un grave problema para hacerlo en 2026.
Salud
El precio justo La nueva ley del medicamento o estrategias para bajar el precio de los genéricos (que son caros)
En España pagamos de media un 10% más por los medicamentos genéricos que consumimos que en el resto de la UE. Al mismo tiempo, nuestro gasto farmacéutico ha aumentado un 33% en la última década.
Israel
España El Gobierno español vuelve a romper su compromiso de no comprar armas a Israel
El Ejecutivo de Pedro Sánchez adquiere armamento israelí por valor de 6,6 millones de euros a pesar de haberse comprometido a un “embargo total”.

Últimas

Israel
Israel Nuevos contratos de compra de armamento a Israel tensan la situación del Gobierno
El incumplimiento del compromiso al “embargo total” por parte del PSOE deja críticas de Sumar y la opción de romper la coalición por parte de Izquierda Unida. El Ejecutivo asegura que está buscando la manera de rescindir el contrato.
Gobierno de coalición
Carrera armamentística Izquierda Unida denuncia incumplimiento del PSOE y habla de “crisis de Gobierno”
El aumento del gasto en defensa y la compra de armas a Israel, a pesar del compromiso de no hacerlo, ha enfadado a tres pesos pesados de la coalición.
El Salto Radio
El Salto Radio A dos velas
El documental “A dos velas”, de Agustín Toranzo indaga en las causas de los cortes de suministro eléctrico sistemáticos e indiscriminados que varios barrios obreros de Sevilla vienen denunciando desde hace años.
Más noticias
There Is Alternative
There Is Alternative De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | TINA #1
Primer programa del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de la tecnología y sus alternativas éticas y responsables.
Opinión
Opinión Priorizar bombas sobre camas de hospital
El presupuesto público parece tener siempre un límite cuando se trata de contratar personal o mejorar infraestructuras en Sanidad. Pero no lo tiene cuando se trata de gasto militar.
Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Estados Unidos
Extrema derecha Los beneficios de Tesla caen un 71% y Musk anuncia que reducirá su colaboración con Trump
Las protestas contra Elon Musk funcionan y hacen caer los beneficios y el valor en bolsa de la compañía. El anuncio del millonario hace que las acciones de Tesla crezcan cerca de un 5% en apenas unas horas.

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?
A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.
El Salvador
El Salvador El caso Ábrego García destapa el turbio pacto de Trump con Bukele
El joven salvadoreño no ha sido condenado ni en Estados Unidos ni en su país de origen, pero es uno de los cientos de personas con la vida pendiente de un hilo por las políticas de Trump y Bukele.
Historia
Historia Miguel Martínez: “En Villalar, la izquierda arrancó los comuneros al franquismo”
Miguel Martínez, profesor de historia y literatura españolas en la Universidad de Chicago, analiza desde una óptica progresista la Edad Moderna, el momento histórico fetiche de las derechas españolistas.