Elecciones
Galiza decide o seu futuro: a esquerda soña mentres a dereita mira o reloxo

Preto de 2,7 millóns de galegos e galegas están chamados a votar este domingo tras a campaña máis rifada dos últimos 15 anos. O soberanismo e a esquerda pechan filas co BNG de Ana Pontón e o PP trata de conter unha sangría inesperada.
ana pontón e alfonso rueda
O Presidente da Xunta do Partido Popular, Alfonso Rueda, e a líder da oposición e do BNG, Ana Pontón.

Todas as miradas están postas sobre Galiza este domingo. Probablemente, máis do que estivesen nos últimos 15 anos. Non só as que observan atentas desde o Estado español, senón tamén as dos case 2,7 millóns de electores e electoras que hoxe deciden, en parte, o seu futuro. Sempre o decidiron, non é que non houbese outras eleccións nos anteriores tres lustros. O que non había era esperanza de cambio entre o electorado progresista. Pero iso cambiou a unha velocidade inalcanzable ata para o máis ávido dos spin doctors, sobre todo, para os que facturan nas rúas Ferraz e Génova. Unha nova pulsión social estalou tras o desastre ambiental dos pellets que axitou a memoria emocional dun pobo, na última década, asentado na desidia da imposibilidade de cambio, aínda que a dicir verdade o taboleiro xa pegara unha boa viraxe en abril de 2022.

Análisis
Análise A atalaia autonómica: a construción do dominio do PPdeG en Galiza entra en crise
O Partido Popular elaborou durante anos un relato interesado de autonomía como historia do seu propio éxito ao tempo que favorecía o seu desleixo para conseguir o consentemento dun pobo ao que finxe parecerse.

Daquela, Alberto Núñez Feijóo creu deixalo todo atado e ben atado cando partiu cara a Madrid convencido de que sería o seguinte inquilino no Pazo da Moncloa. Levou un dous por un en equivocacións. A do 23 de xullo deixáronlla clara os seus militantes coreando o nome desa baronesa que confunde baías con rías e desfruta paseando polos solos ermos e inflamables dos bosques galegos de eucaliptos. A segunda constatouse na campaña electoral máis rifada desde 2005, a última vez que gobernou a Xunta unha coalición de esquerdas. Remataron, polo momento, as maiorías folgadas do Partido Popular en Galiza: ese é o denominador común do groso das enquisas e será decisivo algo que ningún barómetro pode medir con precisión: a participación.

Nos ríos das máis altas mobilizacións de voto pescou a esquerda galega os seus mellores resultados. En calquera dos comicios dos últimos 20 anos. Non hai excepción e, polo tanto, este domingo, non hai motivos, a priori, para que a haxa. O Partido Popular quería unha campaña tranquila, sen sobresaltos, sen barullo, e mallou en ferro frío. O Bloque Nacionalista Galego (BNG), baixo o liderado de fondo de Ana Pontón, conseguiu catalizar o descontento social de 15 anos de axenda neoliberal disfrazada de conservadorismo xunto á reacción a un Goberno e un partido que cada vez se parece menos ao pobo que di representar.

Pontón non só salvou o Bloque da forza das mareas que absorberon gran parte do seu electorado en 2016, senón que soubo reconstruír un partido cuxo aparato nunca temeu pola súa vida e ao que conseguiu volver atraer a súa principal escisión, a Anova de Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega. Unha forza política que foi parte importante na reconciliación do soberanismo galego, na activación do voto progresista e que, ademais, se negou a volver caer en pactos —logo incumpridos— coa esquerda federal española: chámese Sumar, chámese Podemos, deixándoos nun escenario, con sorte, testemuñal. Ou, cando menos, iso di o CIS.

Elecciones
Eleccións O voto desde o estranxeiro e outras claves das eleccións galegas
Unha análise das tendencias de voto por densidade de poboación, renda e orixe en vésperas das eleccións do 18 de febreiro.

De feito, os trackings internos do Partido Popular durante a última semana de campaña, na que non é legal publicalos, non parece que fosen en sentido contrario ao das tendencias xerais dos barómetros publicados: o PP e o PSdeG caen ou estáncanse e o BNG dispárase. De aí á reacción, aínda que, neste caso, non é conveniente confundir torpeza con desesperación. Durante os últimos tres días de campaña, o Partido Popular e as institucións galegas eran un só ente, como acontece desde hai 300 semanas coa Televisión de Galicia. Son feitos, non opinións. A menos de 72 horas de que abrisen as urnas, a Consellería do Mar de Alfonso Villares decidía ingresarlles a arredor de 7.000 mariscadores e mariscadoras un subsidio de 550 euros para paliar unha mala campaña, supostamente anterior á crise dos pellets, pero cuxa convocatorias se abriu no punto máis álxido do desastre. Pero ao talonario aínda lle quedaban follas. A só dous días das eleccións, este venres, a Xunta enviou a través da Consellería de Sanidade de Julio García Comesaña decenas de miles de SMS a todo o persoal sanitario de Galiza que traballa no Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciando subas salariais a médicos e médicas, enfermeiros e enfermeiras, técnicos e técnicas. Algunhas delas, acordadas durante marzo de 2023.

O PSdeG-PSOE, namentres, intenta non caer máis abaixo do solo electoral no que leva anos. Fontes da súa máis alta dirección recoñecen, sen cámaras, que o mellor resultado para eles e elas é un cambio de Goberno. A pesar de que o seu candidato, Xosé Ramón Gómez Besteiro, é un dos poucos políticos rehabilitados tras padecer os rigores acusatorios de ‘lawfare’, o seu proxecto nunca chegou a despegar en Galiza. Sexa por ese chamado voto de castigo do seu electorado máis dereitizado polos pactos do Goberno do Estado co independentismo catalán, sexa porque foi incapaz de ilusionar como si o fixo a formación que, se hai cambio, será a súa socia maioritaria de goberno.

Como quedou Galiza tras 15 anos de xestión do PP?

Aínda que o control de aceiro do Goberno do presidente en funcións Alfonso Rueda sobre os medios de comunicación hexemónicos no país, tanto públicos como privados, fantasía cunha “Galiza que funciona”, nada máis lonxe da realidade. Deixaron unha educación peor que a que colleron en 2009. Pecharon 145 centros de ensino público, a meirande parte, escolas e institutos; autorizaron a creación da primeira universidade privada de Galiza, promovida polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas galegas que levou 9.000 millóns de euros de diñeiro público que nunca recuperaremos; eliminaron a gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio, malia que agora fagan a promesa de recuperala; e co mal chamado decreto do plurilingüismo, eliminaron a prioridade da lingua propia de Galiza nas aulas, forxando o seu primeiro retroceso legal na historia da autonomía.

Deixaron unha sanidade convalecente. Pecharon cinco centros médicos e 13 hospitais favorecendo a creación do primeiro hospital de xestión privada, o Álvaro Cunqueiro, cuxos déficits se seguirán pagando durante décadas; reduciron case o 15% de camas dispoñibles; cederon a meirande parte da xestión das residencias de maiores a empresas privadas; conxelaron a contratación de persoal médico en Atención Primaria; e ante as inconmensurables listaxes de agarda para os centros de saúde e para as cirurxías, conseguiron que a sanidade privada siga avanzando para quen poida pagala ou para quen desesperadamente gaste os seus aforros en salvar a vida.

Tamén deixaron a riqueza natural do país en mans alleas. Autorizaron a reactivación das minas de San Finx e de Penouta que envelenan as augas de rías e ríos; foron cómplices na intimidación do activismo ecoloxista que as enfronta; produciron algunhas das maiores fracturas sociais e fendas medioambientais cunha implantación descontrolada da enerxía eólica que arrasa espazos de alto valor ecolóxico, especies en perigo de extinción e ameaza a cada vez menor actividade vital no mundo rural; preitearon para conseguir manter a fábrica de celulosa de ENCE na ría de Pontevedra; e o máis recente: trataron de tapar o desastre medioambiental dos pellets transportando a sociedade galega a través da historia á peor parte da xestión política da catástrofe do Prestige.

E malia a súa afinidade coa patronal, non só dilapidaron miles de millóns cubrindo os disparates dos directores das caixas de aforros, senón que permitiron a destrución de máis de 2.200 empresas, reducindo a poboación activa en máis de 70.000 persoas e cargando máis presión sobre o resto de traballadores e traballadoras, algo que explica en boa medida non só que non conseguisen frear a sangría demográfica do país, senón que máis de 637.000 galegas e galegos vivan en risco de pobreza.

O Salto medra contigo
O Salto medra contigo Galiza precisa máis que nunca un xornalismo libre que estea financiado polas maiorías sociais
Depois das eleccións do 18 de febreiro, a deriva conservadora e neoliberal do país continúa. Por iso, ofrecémosche seguir traballando en contidos críticos que fiscalicen o poder político e económico. Para iso, precisámoste. Subscríbete ao Salto.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Rumanía
Rumanía El europeísta Nicușor Dan gana las elecciones en Rumanía
Tras haber perdido en la primera ronda electoral contra el ultranacionalista George Simion, el proeuropeo Nicușor Dan gana las elecciones en Rumanía.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Asturias
Asturias El Parlamento asturiano reclama que las corridas de toros se consideren maltrato animal
PSOE e IU aprueban una PNL de la diputada Covadonga Tomé (Somos Asturies) instando al Gobierno de España a modificar las leyes que excluyen a las corridas de toros de esta categoría.

Últimas

Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.
Laboral
Laboral “Se buscan figurantes para una película a cambio de la merienda”
El sindicato CGT denuncia ante Inspección de Trabajo a una productora cinematográfica por ofrecer trabajo de figurante en la película ‘Corredora’ a cambio de una merienda.
Más noticias
Opinión
Opinión Prohibir no es liberar: una reflexión feminista sobre el uso del hiyab
La idea de que prohibir el hiyab nos abrirá la puerta a una vida más libre no solo parte de un prejuicio, sino que se convierte en otra forma de imposición. Y ninguna liberación real puede construirse desde la fuerza o la exclusión.
Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.