Iberdrola bloquea a subida do IPC aos seus traballadores mentres reparte outros 400 millóns á súa directiva

A plantilla, apoiada por ELA e CIG en Euskadi e en Galiza, declárase en folga para lograr unha subida salarial conforme ao IPC fronte ao récord de beneficios da compañía.
Huelga Iberdrola CIG
Mobilización da CIG en Bilbao canda o sindicato ELA. Foto: CIG.

A tensión laboral en Iberdrola volve escalar. Tras unha década de salarios conxelados e mobilizacións en Euskadi desde 2020, os sindicatos ELA e a CIG uníronse para unha nova xornada de folga. Esta vez coincidindo coa Xunta de Accionistas da enerxética, para denunciar o deterioro das condicións laborais e a perda de poder adquisitivo da plantilla, mentres a eléctrica encadea beneficios récord e aproba millonarios incentivos para a alta dirección. Alí estiveron presentes tanto fóra, con pancartas, coma dentro. Para iso, a CIG cedeu a súa presenza a ELA para que a súa representación puidese entrar e falar diante dos accionistas.

Os sindicatos sosteñen que a empresa mantén desde 2015 unha política salarial baseada en incrementos máximos do 0,7% anual, moi por baixo da inflación acumulada (que sería un 2,1% anual de media segundo o INE). Segundo os datos económicos facilitados pola CIG a O Salto, a plantilla tería perdido preto dun 20% de poder adquisitivo, cun IPC acumulado do 22,77% fronte a unha subida salarial total do 2,83%. Ao mesmo tempo, os beneficios netos de Iberdrola non deixaron de crecer: a compañía pasou de gañar 3.885 millóns de euros en 2021 a unha previsión de 6.285 millóns en 2025, o que suporía máis de 25.000 millóns de euros acumulados no período analizado.

Durante a súa intervención na Xunta de Accionistas, Gorka Lopez del Corral Gutierrez, delegado sindical de ELA en Iberdrola, cargou contra a política laboral da compañía e vinculou directamente o conflito ao incremento dos beneficios empresariais. “Mentres que nos últimos cinco anos os beneficios creceron un 62% e a retribución ao accionista aumentou un 61%, a plantilla de España baixo convenio sufrimos unha perda de poder adquisitivo de máis do 19% respecto ao IPC”, denunciou, e asegurou que “nunca estivera tan baixo o sentimento de pertenza e orgullo a Iberdrola”.

O representante sindical tamén criticou os incentivos aprobados para a dirección da empresa. “Están solicitando a aprobación dunha serie de pagos e incentivos para 400 persoas da dirección que supoñen máis de 400 millóns de euros de custo, mentres negan unha actualización salarial á súa plantilla, que suporía un incremento de dez millóns de euros para máis de 8.000 empregados baixo convenio”, afirmou o representante sindical en referencia a unha medida que desde ISS pediron non aprobar polo risco que supoñía para a compañía. Malia iso, os sindicatos adianten que foi votada a favor pola inmensa maioría dos presentes.

“Mentres a nós nos queren condenar a un empobrecemento perpetuo, a alta dirección da empresa repártese bonus de 280 e 400 millóns de euros”, denuncian desde a CIG.

“Non estamos pedindo nada descabelado”, indica a O Salto Fran Puch, delegado sindical da CIG e presente en Bilbao esta sexta feira. “Mentres a nós nos queren condenar a un empobrecemento perpetuo, a alta dirección da empresa repartiuse un bonus extraordinario de 280 millóns de euros e aproban nesta xunta outro bonus extraordinario de 400 millóns”, afirmou o representante, que non descarta ir á folga indefinida se a empresa segue sen negociar. “Cremos que a única maneira é a confrontación, porque está claro que sen loitar non imos lograr nada”, indica.

Desde o sindicato galego lembran que mentres levan 16 meses en negociacións polo convenio, a enerxética segue repartindo dividendos. “Os datos económicos que a propia empresa facilita din que a subida salarial que solicitamos é perfectamente asumible e non pon en risco a viabilidade nin os resultados empresariais”, sostivo.

huelga iberdrola ELA

Este é un novo capítulo de loita despois de que en febreiro, coincidindo co 125 aniversario da creación da compañía, CCOO, UGT e ELA convocasen os 10.000 empregados directos da enerxética a manifestarse en Madrid. E despois de xullo de 2025, onde se convocou a primeira folga da historia desta empresa. Este feito pon de manifesto o crecente malestar sindical pola negociación do convenio colectivo, as políticas retributivas e o reparto de bonus millonarios entre a alta dirección.

Laboral
Trabajadores de Iberdrola protestan por los salarios en el año de más beneficios para la energética
La empresa, de origen vasco, celebra su 125 aniversario con un convenio caducado y sin solucionar el conflicto laboral que llevó a su primera huelga por parte de CCOO, UGT y ELA.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...