Medio ambiente
A Serra do Suído ao bordo do desastre ambiental

Máis de 20 aeroxeradores e varias minas proxectadas nunha zona que leva 15 anos esperando que se lle engada á Rede Natura. As irregularidades administrativas das concesións revelan a lóxica neoliberal coa que se rexen as autoridades.
Coto de Eira Galiza
Vista desde o Coto de Eira Sara Guerrero Alfaro
24 feb 2021 22:14

Baixando polo sur da provincia de Pontevedra, xirando xusto antes de chegar a Portugal para cruzar cara a Ourense, A Serra do Suído érguese até por encima de dous mil metros de altura sobre o nivel do mar. Forma parte da Dorsal Galega, a cadea montañosa de 210 quilómetros de lonxitude.

Ao longo dela pódense atopar hábitats naturais únicos na Galiza: petróglifos, construcións medievais nas que destacan os chouzos e varios foxos do lobo. A pesar de que a Serra do Suído non sexa tan coñecida, son os seus afluentes occidentais os que  dotan de auga potable á poboación metropolitana de Vigo; os orientais, desembocan na conca do río Miño.

No entanto, desde hai máis de dez anos, a riqueza natural e histórica da mencionada serra vese en constante ameaza por varios proxectos de explotación mineira e a implantación de aeroxeradores que chegaron a ser aceptados polas autoridades administrativas sen cumprir co requisito de facer estudos de impacto ambiental.

Na Serra do Suído, “hai bastantes parques eólicos proxectados. Estamos facendo agora unha listaxe e son sobre 20. É unha barbaridade porque non só son aeroxeradores, senón que levan aparelladas todas as liñas de evacuación de electricidade e subsestacións eléctricas, e as infraestruturas para chegar a eles como pistas e camiños. Entón o dano é maior. Iso soamente no Suído, nas serras contiguas tamén van facer máis. É dicir que vai quedar aquí unha mega instalación eléctrica. E, aparte dos proxectos eólicos, tamén hai proxectos de minas, de extracción de metais, de litio, niobio, wolframio e estaño”, comenta Alexandre Cendón, voceiro da Asamblea do Suído, un grupo ecoloxista de Covelo que leva 25 anos protexendo o seu territorio das explotacións ambientais.

A Rede Natura no territorio galego medrou 0.09% en dez anos

Ao respecto das implicacións medioambientais dos proxectos, o coordinador do grupo de Vigo de Ecoloxistas en acción, Cristobal López, advirte: “Se fan estes polígonos de aeroxeradores, (as empresas) van danar unha chea de turbeiras porque teñen que meter camións, facer camiños, vías de evacuación de enerxía e non van con coidado. Van ao que prima e logo se meten onde sexa. Ninguén os controla, a Xunta non lles fai nada, dálles carta branca. Xa alegamos o proxecto ante a Xunta, mais non sabemos nada aínda, non dixeron que alegacións toman en consideración. De momento pasan de nós e xa veremos se non temos que poñer un contencioso, porque as turbeiras están protexidas e os proxectos dese xeito implican un impacto severo, non son viables”.

As turbeiras son un tipo de hábitat húmido que se atopa no alto da serra. Son lugares pantanosos que acumulan auga ao longo de todo o ano. Teñen unha función primordial para a regulación hidrolóxica e para a regulación das canles dos ríos: “Son como esponxas xigantes que pouco a pouco soltan a auga que conteñen. Fai así que os ríos teñan auga. Tamén evitan que haxa crecidas do río cando chove moito. Estamos a falar dun hábitat que ocupa hectáreas e, na Serra do Suído nutren de auga ao río Oitavén, que está encorado máis abaixo e que nutre de auga de consumo doméstico á zona metropolitana de Vigo. É dicir, que a área metropolitana de Vigo depende da Serra do Suído. Polo tanto, os proxectos mineiros tamén son incompatibles coa auga porque  contaminaríana toda”, engade Cendón.

Coto de Eira Galiza 2
A Ponte de Rande desde o Coto de Eira Sara Guerrero Alfaro

As turbeiras, tanto polos seus servizos ecosistémicos, como por ser un refuxio da flora e fauna inusual que depende dos humidais, é quizabes unha das razóns máis fiables polas que se poda conseguir que a Serra do Suído se declare zona da Rede Natura 2000.


A Rede que non medra

No entanto, a ampliación da Rede Natura 2000 na Galiza está paralizada. A principios do 2011, a superficie protexida era do 11.65%. Hoxe, dez anos despois, é o 11.74%, unha das menores porcentaxes de todo o Estado español e de toda a Unión Europea.

Son varios os ecoloxistas que teñen denunciado que a Xunta está a impedir a ampliación da Rede para favorecer a instalación de parques eólicos e proxectos de explotación mineira, como sucedeu na serra do Xistral ou na Costa da Morte.

“A Unión Europea (UE) leva anos demandando ao Estado español e á Xunta de Galiza que amplíe a rede. É un mandato da UE porque na Serra do Suído hai unha serie de hábitats que son prioritarios e que están en perigo de extinción ou desaparición. Están pouco representados na Galiza e o único sitio onde están eses hábitats é no Suído. Por iso, a Serra é candidata á Rede Natura. Pero, como están adiando, non o queren aprobar para facilitar e facer todos estes proxectos”, comenta Alexandre Cendón.

A empresa modificou o proxecto con base ás razóns polas cales o negaron, cousa irregular porque o trámite administrativo tiñan que telo botado abaixo, e concedéronlle a licenza.

A impresión é a mesma para Xabier Cruces, membro da directiva da Comunidade de Montes de Sabaxáns, quen denuncia que xa hai 15 anos que se fixo unha petición de ampliación da Rede Natura para protexer a zona do Coto de Eira, parte da Serra do Suído, e que aínda non teñen resposta ningunha: “Eu considero que non amplían a Rede para poder utilizar o monte que é propiedade dos comuneiros. E como a administración non quere ter problemas de conceder parques eólicos ou canteiras, pois canta menos protección teña mellor, porque menos trabas vai haber no momento de conceder licencias para os proxectos”.

Corvos sobre o Coto de Eira

Un dos montes máis altos da Serra do Suído é o Coto de Eira en Sabaxáns, Mondariz. Tan só a 400 metros de distancia do pico, unha explotación de granito é case inminente.

O proxecto de nome Corvos, leva xestándoo a empresa Granitos del Val SL. desde o 2006, cando o presentáron á antiga directiva da Comunidade de Montes de Sabaxáns. Cruces, explica: “Os representantes da empresa mineira comentáranlle á antiga directiva da Comunidade de Montes que querían facer un estudo e, se saía favorable, unha explotación. A directiva considerou que era bo negocio rebentar o monte por catro pesos. Levaron o tema á asemblea e a xente accedeu realmente sen saber moi ben o que estaban autorizando porque non se comentaron as condicións do contrato. De feito, un veciño comuneiro solicitou ver o contrato e dixéronlle que non tiña dereito a velo, o cal é mentira. Eu imaxino que nesa reunión lle dixeron a todos os comuneiros que a empresa ía pagar 12,000 euros anuais e pois pensaron que era unha marabilla cando é unha parte ínfima do que pode sacar a empresa se se leva a cabo a canteira: un só bloque de pedra, pode valer vale 5,000 euros.”

Chozo Coto de Eira
Chouzo de Chambeiro. Arquivo Asamblea do Suído

As implicacións ambientais e culturais do proxecto Corvos, son moitas: a decantación da canteira estaría moi próxima ao río Furafollas, que ten afluencia no río Tea, o cal podería verter materiais pesados no río en caso dunha subida de auga; a zona de explotación lindaría cun foxo do lobo, invadiría a zona de protección dunha mámoa e afectaría unha zona de brañas e dun hábitat de lobo. Ademais, xusto debaixo de onde estaría a canteira, recóllense as augas dos mananciais da traída de auga de Sabaxáns, que abastece case a todas as casas da aldea.

Con todo, a empresa recibiu a licencia da Xunta, o que ocasionou que no 2010, a veciñanza de Sabaxáns coa axuda da Asamblea do Suído, por medio de manifestacións, conseguiran parar a canteira. Mais ninguén sabía que no contrato que lle presentaran no 2006 aos comuneiros de Sabaxáns, estaba contemplada unha segunda canteira.

“Nós cando entramos na directiva tiñamos asumido que se botaran abaixo as canteiras. E tíñamos consciencia dunha, non de dúas. Mais, en novembro do ano pasado, saíu unha concesión para unha canteira en Sabaxáns. Mandáronme a resolución e vin que había dous contratos para dous canteiras. Concederon a licenza para a segunda, que tamén estivera paralizada no seu día porque a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, quen ten os dereitos sobre o río Tea, non dera a autorización porque consideraba que o proxecto afectaba ás augas. A empresa modificou o proxecto con base ás razóns polas cales o negaron, cousa irregular porque o trámite administrativo tiñan que telo botado abaixo, e concedéronlle a licenza“, remata Cruces.

Criticamos a centralización da enerxía eólica e que non se teña en conta á sociedade, ás persoas que vivimos aquí.

Agora, a actual directiva da Comunidade de Montes de Sabaxáns comenta con pesar que se senten con “pouca capacidade moral” para facer unha reclamación porque no seu día a Comunidade fixo a sesión do terreo.

Entre as medidas que están a tomar, interpuxeron un recurso, mais houbo silencio administrativo. Agora están pensando en presentar un recurso contencioso á administración, mais todo depende do custe do xuízo en caso de que o fallo fose negativo: “Ao mellor estamos falando de 3.000 euros. Se é iso, irá a asemblea, mais eu penso que poderíamos custealo. Pero se vale 12.000... levarémolo igual á asemblea pero, dende o noso punto de vista, aínda que nos doa moito, non podemos hipotecar a Comunidade de Montes para salvar esas 18 hectáreas. Non teríamos diñeiro para facer practicamente nada no monte, o que representa incrementar o risco de incendios”.

Mentres tanto, estableceuse contacto entre a mencionada Comunidade de Montes e a Asemblea do Suído, que foi quen lograra deter o proxecto da primeira canteira á que fai referencia Cruces en 2010.

Minas de ouro e empresas “pantalla”

En realidade, na súa traxectoria de 25 anos, A Asemblea do Suído logrou deter varios proxectos de parques eólicos e de minería na súa rexión. Cendón, en retrospectiva, pensa que o nivel de participación e implicación social subiu logo de que se entendese que non se opoñía á enerxía eólica, senón á localización dos aeroxeradores.

Canteira Coto de Eira Galiza
Canteira nas inmediacións do Coto de Eira Sara Guerrero Alfaro

“Tamén criticamos a centralización da enerxía eólica e que non se teña en conta á sociedade, ás persoas que vivimos aquí e aos propietarios dos montes. É un mero extractivismo, colonialismo e neoliberalismo: veñen roubarnos os recursos e logo aquí non queda nada. Rompen a paisaxe e rouban a propiedade da terra", engade Alexandre Cendón.

Mais, para Cristobal López, a paisaxe é o que menos lle importa á Xunta: “Acabámolo de ver coas Directrices sobre a paisaxe, que acaban de entrar en vigor: se se xustifica, se pode facer calquera explotación. É unha lei que non brinda nada, que deixa unha porta de atrás.... seguen dando licencias en lugares que teñen un problema ambiental e non se paran os proxectos. Non hai ningunha regulación. Non teñen actitude, non queren. Poderían, pero non queren”.

Sobre a mesma normativa, o voceiro da Asamblea do Suído, engade que esta reduce os prazos de información e avaliación ambiental dos proxectos: “Estanlle poñendo máis facilidade para penetrar o territorio e instalarse”.

A violenta aparición de decenas de proxectos de explotación non é unha coincidencia, é unha premeditación do mercado. “Agora hai unha necesidade de diñeiro para a transición enerxética. No MID enerxético o primeiro que entra é a enerxía eólica e a solar. Se tes unha planta de biomasa, enerxía nuclear ou térmica e hai alguén máis cunha eólica, ti nunca vas vender porque o Estado, por lei, ten que mercar primeiro todo o que sexa tipo, e todo o que sexa renovable. O problema é que todo isto se pode facer pero cun goberno que planifique e estea enriba das empresas para que non veñan ás rexións ambientais. Pero non hai ese control”, explica o coordinador do grupo vigués de Ecoloxistas en Acción.

Non todo pode ser a costa do medio ambiente, porque hai cousas más alá de conseguir pedra ornamental para construír unha casa ou para embaldosar a rúa dunha cidade.

Con todo, o mesmo Cristobal López engade que, ademais de coa administración, se están a enfrontar coas estratexias que as empresas adoptaron para non pagar as consecuencias económicas ou legais dos danos ambientais que poidan ocasionar: “As empresas que montan os parques eólicos ou as de minería son empresas pantalla. Se mañá hai un problema ambiental, québranas;quedas sen indemnizacións e sen ninguén a quen sancionar. É unha práctica usual. Ti ves que chegan cinco proxectos, cinco nomes de empresa distintos e todas teñen a mesma sede social. E logo vas ver e están os mesmos propietarios.E iso si que se lles permite. Eles chámanas empresas junior”.

Aproveitarse da vulnerabilidade

Os espazos naturais que non forman parte da Rede Natura ou son catalogados como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), non contan con ningún tipo de protección legal que poida impedir que se leven a cabo os proxectos de explotación.

Xabier Cendón considera que, ademais do xa mencionado, estes espazos naturais son vulnerables á explotación porque “a Administración divide toda a zona do monte en cuadrículas mineiras. Logo, calquera pode pedir unha licencia para investigar a zona e logo explotala, que é o que pasou en Coto de Eira, por exemplo. Polo visto, a Administración concede estas licenzas sen ningunha traba para que as empresas entren a explotar o monte. Eu entendo que é un recurso natural, que a pedra se utiliza para a construción e paréceme estupendo, pero non vale todo. Non todo pode ser a costa do medio ambiente porque hai cousas más alá de conseguir pedra ornamental para construír unha casa ou para embaldosar a rúa dunha cidade. Para min, o valor medioambiental está por encima de todo iso”.

López remarca que as empresas, ademais destas facilidades legais e administrativas, tamén sacan proveito da poboación. “Adoitan ir a sitios afastados onde hai pouca xente que as poida controlar ou onde hai catro aos que lles dan catro cousas e quedan contentos. O problema é que a Dirección que ten que controlalos parece que é cómplice deles. No lugar de ser cómplice da veciñanza para protexela”.

E é que este expolio non só repercute e violenta á flora e fauna do ecosistema, senón tamén ás poboacións do redor: “Isto non afecta só a nivel ambiental, tamén a nivel social. É completamente inxusto que fagan estes proxectos sen ter en conta á veciñanza da zona e aos propietarios do terreos. Se temos un recurso, porque non podemos explotalos nós? trátannos como se non soubesemos que facer”, comenta Alexandre Cendón, quen tamén apunta os prexuízos que os parques eólicos teñen na calidade de vida: “Os aeroxeradores teñen case 200 metros de altura, fan un ruído brutal e varios están pegados ás aldeas. Os que queren instalar agora son o dobre de alto e vannos poñer máis preto das casas. De feito, hai un parque eólico aquí en Covelo que está enriba dunha aldea. Isto ten consecuencias na saúde da veciñanza porque iso é insoportable”.

Fronte a este horizonte, os activistas coinciden en que a única protección que teñen hoxe estes espazos depende da organización veciñal e ecoloxista. “O que queda é seguir a loita que facemos de denuncia e manifestacións. Porque o que conseguimos até hoxe non nolo deu o goberno, houbo que gañalo. A Rede Natura non caeu do ceo, houbo que gañala a base de moita organizacion e traballo de conscienciación”.

Toda defensa da terra é tamén unha defensa da dignidade. Alexandre Cendón ten claro que non hai outra opción máis que se seguir organizando: “Estamos nesa loita de facerlles fronte aos que están aplicando as políticas neoliberais do territorio no noso país e non podemos quedar de brazos cruzados”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Mucho más que flores
Erika González Briz, coordinadora de la Confederación de Ecologistas en Acción y Laura Villadiego, del blog Carro de combate nos hacen entender que un ramo de flores puede ser un símbolo de explotación laboral y ambiental.
Ecologismo
II Certamen Ecotopías Habitar la posibilidad
“Habitar la posibilidad” forma parte del II Certamen de Relatos Ecotópicos de Ecologistas en Acción
#83589
25/2/2021 11:39

Sorte teñen nalgúns lados de Galicia. Polo meu, quen "defende" os intereses da comunidade son concelleiros do PP que presiden asociacións para negociar con Greenalia.

0
0
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
Medios públicos A TVG, condenada a rectificar por difundir unha información falsa sobre o BNG
A xustiza condena tamén ao director do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, pola nova onde se afirmaba erradamente que o BNG non enviara representantes a un evento organizado pola Xunta e mais a Fundación Castelao para dar inicio ao Ano Castelao.
OTAN
Europa Los líderes de la UE cierran filas con Zelensky en el contexto de derrumbe de la alianza con Estados Unidos
La cumbre de Londres del domingo 2 de marzo se cerró con una hoja de ruta para llevar a EE UU de nuevo la mesa de negociaciones con Ucrania. La UE apuesta por el rearme ante la amenaza rusa y el desfallecimiento de la Alianza Atlántica.
Huelga
Derechos laborales Los sindicatos en Renfe y Adif llaman a siete días de huelga por “incumplimientos” en el traspaso de Rodalies
Las organizaciones consideran que no se están cumpliendo los acuerdos que previnieron una primera huelga en 2023. El traspaso de competencias es un momento delicado y los sindicatos quieren asegurarse de que la plantilla no sale perdiendo.
Estados Unidos
Análisis Trump, la naranja mecánica
La rueda de prensa entre el presidente de los Estados Unidos y su homólogo ucraniano fue una muestra de una humillación pública al más alto nivel.
Mozambique
Neocolonialismo La expansión del eucalipto en Mozambique para la papelera europea
VV.AA.
La creciente demanda de celulosa en Europa está dando lugar a nuevos mercados y a la expansión de las plantaciones de eucalipto en Mozambique. Pero algunas comunidades rurales ahora quieren recuperar la tierra que han perdido.

Últimas

Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Las izquierdas rusa y ucraniana, ante un posible acuerdo de alto el fuego en Ucrania
Una de las principales demandas de la izquierda rusa es la liberación de los presos políticos. La ONU ha alertado de que la aplicación por parte de Ucrania del tipo de “colaboracionismo” está siendo excesivamente amplia.
Feminismos
En primeira persoa Relato dunha furgoneta roubada e un embarazo que perdemos
Temos que saber que para ter a liberdade de sentir sen morrer sepultadas no propio silencio é necesario que sexan habilitados, considerados e acompañados todos os xeitos, todas as dores, todas as dúbidas e todos os laios en tódolos ámbitos da vida.
Sphera
Soberanía alimentaria Sembrar zanahorias, recolectar comunidad
Una comunidad que sostiene la agricultura es un grupo de personas que alquila tierra y contrata a agricultores para cultivar. Es la forma de obtener frutas y verduras de kilómetro cero.
Opinión
Pueblo gitano 3 de marzo, 526 años de persecución racista antigitana
Ni los Reyes Católicos ni toda su ralea, incluidos los Borbones que aún detentan la Corona, consiguieron su propósito.
Más noticias
Estados Unidos
Genocidio Trump aprueba un paquete de armas de 3.000 millones de dólares para Israel
El presidente estadounidense ha alegado una “emergencia” para eludir al Congreso y aprobar un envío de armas que no llegará a Israel hasta 2026.
Madrid
Madrid Inquilinas despliegan decenas de piquetes para ampliar la lucha antirrentista e impulsar huelgas de alquileres
Estos grupos agitativos territoriales, que se mantendrán a lo largo de los próximos meses, se han distribuido por distritos y barrios de Madrid como Villaverde, Lucero, Vallecas o Leganés.
Nicaragua
Salvador Marenco “Los crímenes de lesa humanidad no solo deben ofendernos a nosotros como nicaragüenses”
El abogado, activista y miembro de la colectiva Nicaragua Nunca Más habla sobre las sistemáticas vulneraciones de DDHH y el silencio mediático entorno al régimen de Ortega
Opinión
Opinión Vitoria 3 de marzo. El memorial que soñamos
Cuando se cumplen 49 años de una de las masacres que marcaron el periodo postfranquista, se ha avanzado poco en la creación de un Memorial que establezca el relato preciso de lo que sucedió en Vitoria y por qué luchaban quienes estuvieron allí.
Migración
México México, la última frontera
En la frontera sur, la presencia de migrantes está aumentando, entre otras razones, debido a la política del gobierno mexicano de devolver a los migrantes sin documentación desde el norte del país hacia el sur.

Recomendadas

Urbanismo
Urbanismo salvaxe Un pobo contra o asfalto: Bembrive e Mos rebélanse contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde
Veciñas e veciños conseguen presentar 25.000 alegacións contra unha estrutura de dez quilómetros, defendida xa só polo PSOE en Madrid e en Galiza, que partirá en dous unha poboación enteira e forzará a expropiación de decenas de vivendas.
Feminismos
June Fernández “Estoy abierta a reconocer modelos en los que haya personas cuyo rol sea gestar”
La periodista June Fernández publica ‘Sueños y vasijas’, un volumen sobre la gestación subrogada que no quiere sacar a nadie de su posición, pero sí sumar elementos para analizarla con perspectiva feminista.
Turismo
Turismo depredador Poca agua, mucho turismo: la crisis hídrica amenaza las islas Eolias en Italia
Las islas italianas del Mediterráneo están acusando especialmente las consecuencias de la turistificación, pero también de una crisis hídrica sin precedentes provocada por el cambio climático. Es el caso de las islas Eolias, en el norte de Sicilia.