Memoria histórica
O PSOE négase a retirar unha cruz franquista na vila coruñesa de Neda que até o PP quere derrubar

A maioría absoluta que o PSdeG-PSOE ostenta no municipio coruñés de Neda foi suficiente para denegar unha moción do BNG que pedía a eliminación da Cruz dos Caídos franquista dunha das prazas centrais do concello. De feito, soamente o Partido Socialista negouse a que se botase abaixo un dos restos máis visibles da ditadura nesta vila mariñeira: até o Partido Popular votou a favor xunto ao BNG e Moveneda.
A pesar de contradicir a última lei de Memoria Democrática, aprobada polo seu propio partido en outubro de 2022, nun comunicado, o goberno local xustificou a súa decisión citando a creación dun “consello sectorial de memoria democrática”, anunciado durante a mesma sesión plenaria, o cal, din, busca fortalecer a participación de organizacións e expertos en proxectos relacionados coa memoria histórica.
Segundo os socialistas, o tema proposto polos nacionalistas sería o primeiro que o consello debería abordar en relación coa eliminación de símbolos da ditadura en espazos públicos. Por esta razón, decidiron non apoiar a proposta, algo que resultou incomprensible para o resto de concelleiros e concelleiras, pero tamén para un dos poñentes, Manuel Monge, sociólogo e membro do colectivo de presos políticos durante a ditadura, que participou na sesión plenaria criticando que o PSOE non brindase o seu apoio á proposta. Ademais, Monge tirou de hemeroteca para lembrarlle á Alcaldía que, en novembro de 2022, o PSOE tamén rexeitou unha proposta similar para retirar a simboloxía franquista e nese momento comprometeuse a convocar de inmediato a comisión municipal de memoria histórica nun texto socialista. Aínda hoxe, máis de ano e medio despois, ninguén sabe nada da amentada comisión.
Memoria histórica
Arquivada a querela contra o crime franquista de Moncho Reboiras
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!